Stone Gossard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1966 (58 anos) Seattle, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Carpenter Newton |
Educación | Northwest School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións |
Período de actividade | 1984 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Monkeywrench Records (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | stonegossard.com |
Stone Carpenter Gossard, nado o 20 de xullo de 1966 en Seattle, Washington, é o guitarrista rítmico e membro fundador da banda de rock Pearl Jam.
Stone é coñecido polo seu traballo en bandas de grunge baseadas en Seattle durante os anos 80 previas a Pearl Jam e ten feito importantes contribucións á industria musical dende entón.
En maio do ano 2012 a revista Spin situouno no número 85 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiras bandas
[editar | editar a fonte]Stone formou a súa primeira banda, March of Crimes, a principios da década dos 80, coa cal se introduciu na emerxente escena musical de Seattle. Stone estableceu unha forte amizade co guitarrista Steve Turner, o cal ía á súa mesma escola. Stone foi membro fundador de bandas tan influentes no grunge como Green River e Mother Love Bone (onde tamén estaba Jeff Ament, que tamén formaría parte de Pearl Jam). Despois da morte do cantante Andrew Wood e da disolución de Mother Love Bone, as súas novas cancións e demos convertéronse en significantes contribucións ao proxecto Temple of the Dog, e á formación de Pearl Jam en 1990.
Pearl Jam
[editar | editar a fonte]Na fundación de Pearl Jam as composicións de Gossard foron a base das primeiras cancións da banda. Oito das once cancións de Ten, o álbum de estrea de Pearl Jam eran músicas escritas por Gossard, incluídas "Alive", "Even Flow" e "Black". Dende entón el só ven facendo contribucións no traballo da banda, a pesar de que é unha parte importante á hora de colaborar nos temas. El foi o compositor dalgúns dos máis recentes hits da banda, como "Do the Evolution" en 1998 e "Life Wasted" en 2006.
As súas principais influencias son Led Zeppelin, Kiss e Jimi Hendrix, así como tamén o funk e o rap.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "100 mellores guitarristas de todos os tempos segundo Spin". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2012. Consultado o 04 de maio de 2012.