Dave Abbruzzese
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1968 (56 anos) Stamford, Estados Unidos de América |
Educación | North Mesquite High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | batería, músico |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Batería |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | freeassociationrecords.com |
Dave Abbruzzese (nado o 17 de maio de 1968 en Stamford, Connecticut) foi o batería de Pearl Jam de 1991 a 1994. Substituíu a Dave Krusen en 1991, pouco antes da edición do primeiro álbum da banda Ten, despois de ser recomendado polo batería temporal Matt Chamberlain, e tocou nos seguintes dous discos Vs. e Vitalogy. En 1994 Pearl Jam despediuno alegando diferenzas artísticas.
Moitos falan del como unha influencia para unha nova xeración de baterías de rock a principios dos anos 90. Trazos característicos de seu na forma de tocar de Abbruzzese son un uso forte dos splash, o dobre redobre, e un pé dereito rápido; Abbruzzese rexeita usar dous bombos ou pedal dobre, porén concéntrase nun bo uso do pedal sinxelo. Abbruzzese é tamén coñecido por ter un golpeo forte, o cal se reflicte no seu síndrome de túnel carpiano (co resultado de dor, debilidade ou entumecemento da man e o pulso).