Bruce Dickinson
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Paul Bruce Dickinson 7 de agosto de 1958 (66 anos) Worksop, Reino Unido (en) |
Outros nomes | Air Raid Siren Bruce Bruce |
Educación | Queen Mary University of London (pt) King Edward VII School (en) Birkdale School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, mestre cervejeiro (pt) , músico de rock, presentador de televisión, compositor, aviador, emprendedor, esgrimista, cantante de heavy metal |
Período de actividade | 1976 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Heavy metal e heavy metal tradicional (pt) |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | EMI |
Deporte | esgrima |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | screamforme.com |
|
Paul Bruce Dickinson, nado o 7 de agosto de 1958 e coñecido profesionalmente como Bruce Dickinson, é un cantante, compositor, músico, piloto, autor e locutor inglés. É o cantante da banda de heavy metal Iron Maiden e é coñecido polo seu amplo rango vocal e a súa enerxética presenza no escenario.
Nado en Worksop, Nottinghamshire, Dickinson iniciou a súa carreira na música liderando pequenos grupos nos anos 70 mentres estudaba, primeiro en Sheffield e despois na universidade en Londres. En 1979 uniuse á banda de New wave of British heavy metal Samson, coa cal gañou algunha popularidade co nome artístico "Bruce Bruce" e apareceu en dous álbums de estudio. Deixou Samson en 1981 para unirse a Iron Maiden, substituíndo a Paul Di'Anno, estreándose no seu álbum de 1982 The Number of the Beast. Durante a súa primeira etapa co grupo, Iron Maiden publicou unha serie de álbums que chegaron a ser discos de platinou ou ouro tanto no Reino Unido como nos Estados Unidos nos anos 80.
Dickinson deixou Iron Maiden en 1993 (sendo substituído por Blaze Bayley) para facer carreira en solitario, experimentando con varios estilos do heavy metal e do rock. Regresaría á banda en 1999, xunto co guitarrista Adrian Smith, publicando posteriormente cinco álbums de estudio. Dende o seu regreso a Iron Maiden editaría un álbum máis en solitario en 2005, Tyranny of Souls. O seu curmán, Rob Dickinson, é o antigo cantante da banda de rock alternativo británica Catherine Wheel, mentres que o seu fillo, Austin, é o líder do grupo de metalcore Rise to Remain.
Á parte da súa carreira na música, Dickinson é ben coñecido pola súa ampla variedade de actividades. Entre elas destaca a súa carreira como piloto comercial en Astraeus Airlines, which led to a number of media-reported ventures such as captaining Iron Maiden's converted charter aeroplane, Ed Force One, during their world tours. Tras o cesamento de actividades de Astraeus fundou a súa propia empresa de mantemento de avións e adestramento de pilotos en 2012, Cardiff Aviation. Dickinson presentou o seu propio programa de radio na BBC Radio 6 Music dende 2002 ata 2010, e tamén presentou documentais de televisión, escribiu novelas e guións de cine, creou unha exitosa cervexa con Robinsons Brewery e competiu internacionalmente como esgrimista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Paul Bruce Dickinson naceu en Worksop, Nottinghamshire.[1] A súa nai Sonia traballaba a tempo parcial nunha zapatería, e o seu pai Bruce era mecánico no exército.[2] O nacemento de Dickinson fixo que a parella, que naquel momento eran adolescentes, casase.[1] Inicialmente foi educado polos seus avós; o seu avó traballaba na mina de carbón local e a súa avoa era ama de casa.[1] Este feito aparece referido na súa canción "Born In '58" do álbum Tattooed Millionaire.[3]
Dickinson comezou o colexio no Manton Primary de Worksop mentres os seus pais se mudaba a Sheffield.[1] Pouco despois, cando tiña 6 anos, tamén marchou a Sheffield,[4] a onde foi a un colexio de primaria en Manor Top.[5] Despois de seis meses os pais decidiron matriculalo nun pequeno colexio privado chamado Sharrow Vale Junior.[5] Debido aos constantes movementos, Dickinson dixo que ese período da súa vida ensinoulle a ser autosuficiente xa que era incapaz de facer amigos íntimos.[6] Dickinson tivo unha irmá máis nova, a xinete profesional Helena Stormanns, que naceu en 1963.[7] Bruce tratou illarse dela o máximo posible cando era novo, supostamente resentido porque, a diferenza do seu, o embarazo e nacemento de Helena foi programado.[8]
A primeira experiencia musical de Dickinson foi bailando no salón dos seus avós co tema "The Twist" de Chubby Checker, cando aínda vivía con eles en Worksop.[9] O primeiro disco que lembra ter foi o sinxelo de The Beatles "She Loves You", conseguindo que o seu avó llo mercase e que o fixo interesarse máis na música.[9] Intentou tocar unha guitarra acústica que pertencía ao seu pai, pero se lle encheron os dedos de bochas.[5]
Na época na que se mudou a Sheffield, os pais de Dickinson gañaban uns bos cartos mercando propiedades, restaurándoas e vendéndoas posteriormente.[7] Como resultado, Dickinson pasou gran parte da súa infancia vivindo en lugares en construción, ata que os seus pais mercaron unha pensión nun garaxe en quebra onde o seu pai comezou a vender coches de segunda man.[5] Os ingresos dos seus exitosos negocios déronlles a oportunidade de enviar a Dickinson, que entón tiña 13 anos, a un internado, elixindo Oundle, un colexio privado en Northamptonshire.[5] Dickinson non se opuxo a afastarse da súa casa porque no construíra "ningún apego real" cos seus pais, ao ser criado polos seus avós ata os seis anos.[5]
En Oundle, Dickinson foi acosado continuamente polos rapaces maiores de Sidney House, a pensión á que pertencía,[10] algo que el describiu "como unha tortura sistemática" e fixo que se convertese nun paria.[8] Os seus intereses en Oundle eran frecuentementes militares; cofundou a sociedade de wargames do colexio xunto con Mike Jordan, e chegou a ter algún poder na forza de cadetes do centro,[10] coa cal tivo a oportunidade de manexar munición real, que usou para crear trampas.[11]
Oundle foi onde Dickinson comezou a interesarse polo hard rock tras escoitar a canción de Deep Purple "Child in Time" tocada noutra habitción de estudantes.[11] Como resultado, o primeiro álbum que mercou foi o In Rock de Deep Purple, que creou o seu interese na música rock.[12] Despois de In Rock, Bruce mercaría o Black Sabbath, o Aqualung de Jethro Tull e o Tarkus de Emerson, Lake & Palmer.[12] Cada semestre, unha banda podía tocar no colexio e a primeira delas que Dickinson viu chamábase Wild Turkey, que contaba co antigo baixista de Jethro Tull Glenn Cornick. Despois diso, viu a Van der Graaf Generator e a Arthur Brown.[12]
Dickinson inicialmente quería tocar a batería, pero despois conseguiu un bongos da sala de ensaio.[13] Bruce lembra tocar "Let It Be" co seu amigo Mike Jordan, momento durante o cal Dickinson descubriu a súa voz mentres animaba a Jordan a cantar as notas altas.[13] Pouco despois Dickinson foi expulsado de Oundle por participar nunha broma onde mexara na cea do director.
Tras volver a casa en Sheffield en 1976, Dickinson matriulouse na King Edward VII School, onde se uniu á súa primeira banda.[14] Escoitara a outros dous alumnos falar de que o seu grupo precisaba un cantante e ofreceuse inmediatamente.[14] Ensaiaban no garaxe do pai do batería, e a banda quedou impresionada coa forma de cantar de Dickinson, animándoo a mercar o seu primeiro micrófono.[14] O seu primeiro oncerto tivo lugar na Broadfield Tavern en Sheffield. Orixinalmente chamada "Paradox", a banda cambiou o seu nome despois de que Dickinson suxerise "Styx", inconsciente de que xa había un grupo estadounidense co mesmo nome.[15] Apareceron nos xornais locais cando un traballador do aceiro foi despertado mentres tocaban e intentou esnaquizar a batería do grupo.[16] Pouco despois a banda separaríase.[15]
Universidade
[editar | editar a fonte]Tras deixar a escola Dickinson confesou, "Non sabía realmente o que quería facer".[15] A primeira cousa que fixo foi unirse á reserva do exército durante seis meses.[15] Aínda que lle gustou o seu tempo na reserva, Dickinson decatouse de que non era unha opción de carreira, polo que solicitou matricularse no Queen Mary College de Londres para estudar Historia.[15] Os seus pais queríano no exército, pero díxolles que el quería ter un grao primeiro, o que funcionou como a súa "historia de cobertura", e inmediatamente comezou a tocar en bandas.[15]
Na universidade Dickinson participou co Comité de Entretementos: "un día eras roadie para The Jam, ao seguinte estabas poñendo un pano de fondo de Stonehenge para Hawkwind ou calquera cousa".[17] En 1977 Dickinson coñeceu a Paul "Noddy" White, un multiinstrumentista que tiña algún equipo de son, e co cal Dickinson, xunto co batería Steve Jones, formaría unha banda chamada Speed.[17] Segundo Dickinson, a banda chamouse así polo xeito no cal tocaban, e vez de como unha referencia á droga.[17] En Speed Dickinson comezou a escribir o seu propio material despois de que White lle ensinase a tocar tres acordes coa guitarra.[17]
Aínda que Speed realizaría varios concertos no pub Green Man en Plumstead, a banda non durou moito, aínda que animou a Dickinson a continuar traballando para converterse en músico.[17] Dickinson viu un anuncio en Melody Maker que dicía: "Búscase cantante para proxecto de gravación" e respondeu inmediatamente.[17] Gravou unha cinta demo e enviouna cunha nota que poñía: "Por certo, se credes que o canto é unha merda, hai algunhas cousas de John Cleese gravadas na outra cara que poderíades atopar divertidas".[17] Aos membros do grupo gustoulles o que escoitaron e convidaron a Dickinson ao estudio para facer "Dracula", a primeira canción que gravou. A banda chamábase Shots e estaba formada por dous irmáns, Phil e Doug Siviter.[18] O tema apareceróa posteriormente no segundo disco do recompilatorio The Best of Bruce Dickinson. Os irmáns quedaron impresionados coas habilidades vocais de Dickinson e pedíronlle unirse ao seu grupo.[19]
Dickinson tocou en pubs con Shots regularmente para pequenas audiencias.[19] Unha noite en particular, Dickinson parou de súpeto nunha canción e comezou a entrevistar a un home entre o público, dicíndolle que non prestaba a suficiente atención.[19] Conseguiu unha resposta tan boa que comezou a facelo todas as noites ata que se converteu nunha rutina usada para captar a atención do público. Dickinson afirma que esa experiencia ensinoulle como ser un líder.[19]
O seguinte paso na carreira de Dickinson déuse nun pub chamado Prince of Wales en Gravesend, Kent, onde Shots tocaba frecuentemente, cando Barry Graham ("Thunderstick") e Paul Samson fixeron unha visita.[20] Impresionados pola actuación falaron con Dickinson e convidárono a ser o seu novo cantante.[21] Dickinson aceptou unirse á súa banda, Samson, pero só cando rematase os exames finais de Historia dúas semanas despois. Ata ese momento estivera descoidando os seus estudos, e como resultado a universidade intentara expulsalo por suspender os exames do segundo ano e non pagar as taxas de aloxamento, pero salvouse polo seu papel como Oficial de Entretementos. Despois de facer os traballos de todo o semestre en tan só 2 semanas e de estudar para os exames no último momento finalmente aprobaría.[21]
Samson: 1979-1981
[editar | editar a fonte]Despois de coñecer a Paul Samson e a Barry Purkis no Prince of Wales, e mentres aínda estaba faceno os seus exames finais, Dickinson uniuse no escenario a Samson en Bishop's Stortford para interpretar unha das súas cancións, "Rock Me Baby", cementando o seu papel como novo vocalista.[22]
A banda xa publicara o seu álbum de estrea, Survivors, en 1979 a través dun selo independente, dous meses antes de que chegase Dickinson.[21] Tras rematar os seus traballos na universidade reuniuse co grupo nos estudios Greenwich's Wood Wharf para aprenderse o álbum.[23] Aínda que os temas non encaixaban co seu estilo vocal,[24] a banda compuxo rapidamente a meirande parte os temas do seu seguinte traballo, Head On, nas primeiras sesións de ensaio,[25] algúns dos cales foron inmediatamente incorporados á listaxe de cancións dos seus concertos.[24]
Foi durante eses primeiros ensaios cando xurdiu o alcume "Bruce Bruce", derivado do "Bruces sketch" dos Monty Python.[25] O nome volveuse moi fastidioso cando o representante da banda comezou a enviar continuamente dubidosos cheques a nome de "Bruce Bruce" como broma.[26] Dickinson posteriormente comentou que non lle gustaba pero considerábao unha "especie de nome artístico" e aceptouno.
Dickinson quedou consternado aao aprender que non todos os intérpretes de rock eran "grandes artistas"; el sentiu que algúns, como Samson, só estaban interesados en mulleres, drogas e alcol, e non quería relacionarse con iso. Aínda que fumara porros antes, Dickinson descubriu que era imposible comunicarse con outros membros da banda se estaba sobrio, decidindo que ese era "o prezo que tiña que pagar".[26]
Mentres lideraba a banda, Dickinson atopouse con Iron Maiden por vez primeira cando abriron concertos de Samson no Music Machine en 1980.[27] Como Dickinson lembra; "Estaba véndoos, e eran bos, fodidamente bos, e nese intre lembro que pensei, 'Quero cantar para esa banda. De feito, vou cantar para esa banda! Sei que vou cantar para esa banda!' ... Só pensei, 'Iso son eu realmente. Non Samson'".[27]
Dickinson estivo na banda outro ano máis, gravando dous álbums de estudio con eles (Head On e Shock Tactics).[26] Porén, Samson tivo ao pouco tempo dificultades co seu selo discográfico, Gem, que deixou o negocio e non lles financiou a súa xira europea abrindo os concertos de Iron Maiden.[28] O grupo foi entregado a RCA que comezou a descoidalo, polo que ao pouco tempo despediron ao seu equipo de representantes o que significou que reclamaron o seu equipamento e non se lles pagou polos seus concertos. O derradeiro concerto de Samson foi no Reading Festival, despois do cal Dickinson achegouse ao representante de Iron Maiden, Rod Smallwood, ao cal lle pediu unha audición para ser o seu novo vocalista.[29]
Iron Maiden
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Iron Maiden.
Comezos e éxito: 1981-1985
[editar | editar a fonte]Dickinson foi a unha audición para Iron Maiden nunha sala de ensaio en Hackney en setembro de 1981 e inmediatamente descubriu que era unha operación moito máis profesional que con Samson.[30] Na sala de ensaio a banda tocou "Prowler", "Sanctuary", "Running Free" e "Remember Tomorrow" antes de pedirlle a Dickinson que cantase os mesmos temas novamente nun estudio de gravación, e inmediatamente foi incluído no grupo.[30]
Iron Maiden tiña unhas rutinas estritas e organizadas que se adptaban ao estilo de composición da banda, que Dickinson describiu como un "calendario". Despois duns poucos concertos comezaron a compoñer material novo para o seu terceiro traballo, The Number of the Beast, publicado en 1982. A raíz dos problemas contractuais de Samson, Dickinson non podía aparecer legalmente acreditado nas cancións do disco,[31] tendo que facer o que el chamou unha "contribución moral", revelando posteriormente que contribuíra creativamente de xeito limitado na composición de "The Prisoner", "Children of the Damned" e "Run to the Hills".[32] O álbum foi un grande éxito, chegando á cima das listas británicas[33] e conseguindo o diso de platino no Reino Unido e nos Estados Unidos. Tras o seu lanzamento a banda iniciou unha xira de promoción por todo o planeta.
Nos seguintes álbums, Piece of Mind de 1983 e Powerslave de 1984, rexeitaron o monopolio compositivo de Steve Harris en favor das ideas doutros membros, contribuíndo Dickinson en varios temas como os sinxelos "Flight of Icarus" e "2 Minutes to Midnight".[34] Durante a xira World Slavery Tour, como parte dos novos elementos teatrais incorporados no espectáculo da banda, Dickinson vestiu unha máscara de plumas durante "Powerslave". Esta foi a xira máis longa do grupo ata esa data, durante a cal Dickinson considerou marchar a casa á metade, debido ao gran número de concertos.[35] Os representantes de Iron Maiden estaban continuamente engadindo datas, ata que Dickinson demandoulles que parasen ou marcharía do grupo.[36]
Crecentes tensións e saída: 1986–1993
[editar | editar a fonte]Despois dunha pausa de seis meses, que Dickinson pasou principalmente practicando esgrima,[37] Iron Maiden comezou a compoñer o seu seguinte álbum, Somewhere in Time. Dickinson estaba decepcionado co esfozo, xa que sentía que a banda precisaba afastarse dramaticamente do estilo dos anteriores discos para ser relevante, a pesar da introdución de baixos e guitarras sintetizadas.[38] Non tivo créditos na composición do traballo, xa que o seu material, baseado nas súas suxestións de que o disco debería ser máis acústico, foi rexeitado polo resto da banda. Pola outra banda, Steve Harris declarou que o seu material foi rexeitado porque non era o suficientemente bo, e que Dickinson "estaba probablemente máis queimado que ninguén ao final da última xira".[39]
Tras unha xira posterior Iron Maiden comezou a traballar no seu seguinte álbum de estudio, Seventh Son of a Seventh Son, que contaba con máis elementos do rock progresivo que os anteriores discos.[40] Aínda que se concerteu no seu segundo traballo en chegar á cima das listas británicas,[33] tamén foi o primeiro álbum de Dickinson coa banda que non chegou a ser platino nos Estados Unidos. A diferenza de Somewhere in Time, Dickinson estaba moito máis entusiasmado con este traballo debido ao seu concepto e a que tiña varios créditos na composición.[41] Tras a posterior xira en 1988 a banda decidiu tomarse un ano de descanso.[42]
Durante a etapa de composición do seguinte álbum Adrian Smith deixou Iron Maiden, sendo substituído por Janick Gers. O oitavo álbum de estudio, No Prayer for the Dying (1990), tiña un son cru que, segundo AllMusic, non se "mantiña ben" comparado con traballos pasados,[43], ao ser gravado nun graneiro que tiña Steve Harris, cun estudio móbil dos Rolling Stones.[44] O disco contaba co tema de Dickinson "Bring Your Daughter... to the Slaughter", composto orixinalmente para a banda sonora dunha película, que a pesar de recibir un premio Golden Raspberry pola peor canción orixinal en 1989, converteríase no primeiro e único sinxelo da banda en acadar o número 1 no Reino Unido.[33] Cara 1992 Harris convertera o seu graneiro nun estudio de verdade, e o seguinte álbum, Fear of the Dark, gravuse alí,[45] conseguindo un mellor son que No Prayer for the Dying,[46] aínda que Dickinson afirma que tiña limitacións debido ao seu tamaño.[44]
Despos da Fear of the Dark Tour, Dickinson decidiu deixar Iron Maiden para concentrarse na súa carreira en solitario.[47] Nese momento a banda xa tiña reservada a xira seguinte en 1993, algo que non lle gustou a Dickinson. Ao longo da xira recibiu moitas críticas dos seus compañeiros, dicindo Steve Harris, "Realmente quería matalo".[48] Segundo Harris, Dickinson so cantaría cando a prensa estaba alí,[49] mentres que no resto dos concertos so murmuraba nas cancións. Dickinson ten negado estas acusacións argumentando que era imposible facer unha actuación decente algunhas noites debido á atmosfera. O seu derradeiro concerto coa banda foi filmado pola BBC nos Pinewood Studios e publicado como un vídeo ao vivo, titulado Raising Hell.[50]
Regreso: 1999–presente
[editar | editar a fonte]Xunto con Adrian Smith, Dickinson volvou a Iron Maiden en 1999 estando aínda Janick Gers no grupo, despois de que fose abordado polo representante Rod Smallwood.[51] Smallwood tamén falou con Steve Harris sobre o regreso de Dickinson, o cal inicialmente tiña dúbidas sobre esa posibilidade, pero ao pouco tempo pensando sobre a idea, deliberou que coñecían as súas habilidades e que era un caso de "mellor malo coñecido". Harris e Dickinson accederon a reunirse na casa de Smallwood en Brighton en xaneiro de 1999 para a súa primeira conversa dende 1993.[52] Aínda que ámbolos dous estaban nerviosos poloo encontro, tras verse tensión disipouse inmediatamente e accederon a que Dickinson regresase ao grupo.[52]
Despois de embarcarse nunha pequena xira, a banda comezou a gravar Brave New World, o seu primeiro álbum de estudio con Dickinson dende 1992. Dickinson insistiu en que atopasen un substituto para Martin Birch, o xa retirado produtor habitual do grupo, e gravasen nun estudio diferente ao que usaron para No Prayer for the Dying e Fear of the Dark, ao que Harris accedeu.[53] O álbum gravouse nos Guillaume Tell Studios, en París, co produtor Kevin Shirley.[54] Tras a gravación Iron Maiden realizou unha xira de promoción que culminou cunha actuación no festival Rock in Rio ante 250.000 persoas.[55]
En 2003 gravaron e editaron Dance of Death nos SARM Studios de Londres con Kevin Shirley, agora o produtor habitual da banda.[56] Despois de dúas xiras máis, Dance of Death World Tour e Eddie Rips Up the World Tour, Iron Maiden regresou a SARM en 2006 para gravar o seu seguinte traballo, A Matter of Life and Death,[57] e iniciou unha xira promocional. En 2008 e 2009 a banda realizou a Somewhere Back in Time World Tour,[58] que foi descrita como "innovadora"[59] polo uso do Ed Force One, o personalizado Boeing 757 do grupo pilotado polo propio Dickinson,[58] e que conduciu ao documental Iron Maiden: Flight 666, que foi lanzado de forma limitada nos cines en abril de 2009.[60] Iron Maiden realizou outra xira mundial en 2010 e 2011 para promocionar The Final Frontier,[61] o seu primeiro disco gravado nos Compass Point Studios, de Nassau, Bahamas dende o Somewhere in Time de 1986,[62] o cal chegou ao número 1 en 28 países.[63]
En setembro de 2014 Iron Maiden comezou a gravar o seu décimo sexto álbum de estudio, The Book of Souls, nos estudios Guillaume Tell de París.[64] O disco conta con dous temas ompostos unicamente por Dickinson por vez primeira dende Powerslave, "If Eternity Should Fail" e "Empire of the Clouds",[65] a primeira delas escrita orixinalmente para un posible álbum en solitario.[66] "Empire of the Clouds" destaca por ser a canción máis longa da banda, con 18 minutos de duración,[67] e nela aparece Dickinson ao piano por vez primeira, que é como foi composta a canción. A banda promocionaría o álbum en 2016 unha xira durante a cal Dickinson pilotaría novamente o propio avión do grupo, o Ed Force One (desta vez un Boeing 747-400).
Carreira en solitario
[editar | editar a fonte]A comezos de 1989 a descográfica Zomba pediulle a Dickinson producir un tema para a película A Nightmare on Elm Street 5: The Dream Child,[68] proporcionándolle un presuposto, un estudio e un produtor, Chris Tsangarides. Dickinson aproveitou a oportunidade e chamou a un vello amigo seu, o antigo guitarrista de Gillan Janick Gers, e, pouco despois de reunirse, tiñan "Bring Your Daughter to the Slaughter" lista para o estudio,[69] que entón gravaron coa axuda do baixista Andy Carr e o batería Fabio del Rio.[70] Impresionada co resultado, Zomba preguntoulle a Dickinson se estaba tamén disposto a gravar un álbum enteiro.[71] Coa mesma formación e produtor o disco de estrea en solitario de Dickinson, Tattooed Millionaire, compúxose e gravouse en dúas semanas, e publicouse en maio de 1990,[71] seguido por unha xira de promoción.[72]
Posteriormente ese mesmo ano Dickinson participou nunha gravación do tema de Deep Purple "Smoke on the Water", como parte da iniciativa humanitaria Rock Aid Armenia. Apoiado pola banda Skin, realizou unha cversión da canción de Alice Cooper "Elected", xunto con Rowan Atkinson (caracterizado como Mr. Bean), que foi usada en 1992 pola ONG Comic Relief,[73] e cinco anos despois na banda sonora de Bean.[74]
Para o seu segundo traballo en solitario Dickinson tivo a colaboración do produtor estadounidense Keith Olsen, e, mentres traballaba no disco nos Ánxeles, decidiu deixar Iron Maiden.[47] Descontento coa dirección que estaba collendo con Olsen, Dickinson comezou a traballar co guitarrista de Tribe of Gypsies Roy Z, comezando o álbum novamente de cero. Balls to Picasso foi gravado con Tribe of Gypsies como banda de apoio, e publicouse no ano 1994. Ese mesmo ano Dickinson gravou unha versión de "Sabbath Bloody Sabbath" co grupo Godspeed para o álbum tributo a Black Sabbath Nativity in Black.[75] Tribe of Gypsies seguiu traballando no seu propio material e Dickinson buscou outra banda, que incluía ao seu novo compañeiro de composición e guitarrista, Alex Dickson. Mentres estaba de xira co novo conxunto en 1994, Dickinson actuou en Saraxevo, entón baixo asedio durante a Guerra de Bosnia; un documental baseado no concerto, titulado Scream For Me Sarajevo, rematouse de filmar en decembro de 2015.[76]
Despois de que rematase a xira promocional de Balls to Picasso comezou a traballar nun novo álbum de estudio, Skunkworks. Dickinson decidiu que Skunkworks tamén sería o nome da banda, pero a discográfica rexeitou publicar o disco sen o seu nome na portada.[77] Dickinson contratou ao produtor Jack Endino, coñecido por producir o primeiro álbum de Nirvana. A entidade "Skunkworks" deixou de existir en canto rematou a xira. "Estaba devastado polo asunto Skunkworks", afirmou Dickinson, "Skunkworks foi un disco polo que me esforcei moito e semella que a ninguén lle importou unha merda".[Cómpre referencia]
Tras un breve período de inatividade, Dickinson uniuse novamente a Roy Z e Tribe of Gypsies para gravar o seu seguinte traballo, Accident of Birth; "Realmente foi Roy o que me arrastrou á reunión, porque me chamou e me dixo, 'Escoita, teño algunhas cousas e é como un disco de metal'. E eu non estaba emocionado, non estaba realmente seguro de que eu tivese algo que ofrecer... Entón tocoume algúns dos temas que foxo para o que sería Accident of Birth polo teléfono e penseie 'Hai algo aí.'" Prguntáronlle ao antigo guitarrista de Iron Maiden, Adrian Smith, se quería participar como convidado no disco, pero quedou como membro permanente da banda en solitario de Dickinson.[78] O álbum marcou un regreso de Dickinson ao heavy metal, with Sputnikmusic comentando, "O sensacion pesada do álbum é moi satisfactoria, e definitivamente enche ese baleiro deixado pr Maiden durante os 90".[78]
O seu seguinte traballo, The Chemical Wedding, foi un álbum semi-conceptual sobre a alquimia, inspirado nos escritos de William Blake, con algunhas cancións como "Book of Thel" tendo o mesmo título que algún dos seus poemas, e aparecendo na portada unha das súas pinturas. O disco foi incluso máis exitoso que o anterior, comentando Sputnikmusic, "Bruce esnaquizara todas as expectativas para crear un álbum que incluso podería ser mellor que o anterior".[79] Durante a xira de promoción de The Chemical Wedding gravouse o álbum ao vivo Scream for Me Brazil en São Paulo, tras o cal Dickinson e Smith regresaron a Iron Maiden en febreiro de 1999.[Cómpre referencia]
No ano 2000 Dickinson cantou na canción "Into the Black Hole", para o álbum de Ayreon Universal Migrator Part 2: Flight of the Migrator.[80] Posteriormente nese mesmo ano colaborou co líder de Judas Priest, Rob Halford, gravando "The One You Love to Hate", para o álbum de estrea deste, Resurrection.[81] Un recompilatorio, titulado The Best of Bruce Dickinson, foi publicado a finais do 2001, e incluía dous temas novos e un disco extra de rarezas.[82] O seu último álbum en solitario, Tyranny of Souls, apareceu en maio de 2005. Desta vez a composición realizouse entre Roy Z e Dickinson e moitas cancións escribiunas Z que lle envou gravacións de riffs a Dickinson mentres estaba de xira co Iron Maiden. O 21 de xuño de 2005 a súa discografía en solitario completa foi reeditada, contando con discos extra con rarezas e temas remasterizados. Ese mesmo ano Dickinson contribuíu no tema "Beast in the Light" do álbum de Tribuzy Execution. Unha caixa de tres DVD, titulada Anthology, foi editada o 19 de xuño de 2006, contendo concertos e vídeos promocionais de toda a súa carreira en solitario, ademais dun vello vídeo de Samson, "Biceps of Steel".[83]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Wall 2004, p. 198
- ↑ Shooman 2007, p. 11
- ↑ Shooman 2007, p. 119
- ↑ Wall 2004, p. 200
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Wall 2004, p. 201
- ↑ Wall 2004, p. 202
- ↑ 7,0 7,1 Shooman 2007, p. 12
- ↑ 8,0 8,1 Wall 2004, p. 203
- ↑ 9,0 9,1 Wall 2004, p. 199
- ↑ 10,0 10,1 Shooman 2007, p. 13
- ↑ 11,0 11,1 Wall 2004, p. 204
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Wall 2004, p. 205
- ↑ 13,0 13,1 Wall 2004, p. 206
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Wall 2004, p. 207
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 Wall 2004, p. 208
- ↑ Shooman 2007, p. 17
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 Wall 2004, p. 209
- ↑ Shooman 2007, p. 21
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 Wall 2004, p. 210
- ↑ Shooman 2007, p. 33
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Wall 2004, p. 211
- ↑ Shooman 2007, p. 35
- ↑ Shooman 2007, p. 36
- ↑ 24,0 24,1 Shooman 2007, p. 40
- ↑ 25,0 25,1 Shooman 2007, p. 38
- ↑ 26,0 26,1 26,2 Wall 2004, p. 213
- ↑ 27,0 27,1 Wall 2004, p. 214
- ↑ Wall 2004, p. 216
- ↑ Wall 2004, p. 217
- ↑ 30,0 30,1 Wall 2004, p. 218
- ↑ Wall 2004, p. 224
- ↑ Shooman 2007, p. 82
- ↑ 33,0 33,1 33,2 Official Charts (ed.). "Iron Maiden nas listas británicas". Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ Allmusic (ed.). "Piece of Mind". Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ Stenning 2006, p.104
- ↑ Wall 2004, p. 255
- ↑ Shooman 2007, p. 100
- ↑ Wall 2004, p. 260
- ↑ Wall 2004, p. 261
- ↑ Wall 2004, p. 264
- ↑ Wall 2004, p. 265
- ↑ Wall 2004, p. 273
- ↑ Allmusic (ed.). "No Prayer for the Dying". Consultado o 9 de xaneiro de 2017.
- ↑ 44,0 44,1 Berelian, Essi (xuño de 2000). "The Wicked Man". Classic Rock (15): 36–43.
- ↑ Wall 2004, p. 289
- ↑ Allmusic (ed.). "Fear of the Dark". Consultado o 9 de xaneiro de 2017.
- ↑ 47,0 47,1 Wall 2004, p. 293
- ↑ Wall 2004, p. 296
- ↑ Wall 2004, p. 297
- ↑ Wall 2004, p. 298
- ↑ Wall 2004, p. 328
- ↑ 52,0 52,1 Wall 2004, p. 329
- ↑ Wall 1999
- ↑ Wall 2004, p. 342
- ↑ Wall 2004, p. 349
- ↑ Wall 2004, p. 368
- ↑ Metal Hammer (ed.). "New Iron Maiden album". Archived from the original on 04 de xullo de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 58,0 58,1 Metal Hammer (ed.). "Iron Maiden Announce Final ‘Somewhere In Time’ Dates". Archived from the original on 04 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Metal Hammer (ed.). "Killer Iron Maiden Photobook To Be Released". Archived from the original on 04 de xullo de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ The Guardian (ed.). "Iron Maiden to release tour documentary". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Bezer, Terry. Metal Hammer, ed. "Iron Maiden ‘The Final Frontier’ Album Details Emerge". Archived from the original on 02 de xuño de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Lawson, Dom (1 de agosto de 2010). "Iron Maiden – The Final Frontier EMI". Classic Rock (145).
- ↑ Birmingham Mail (ed.). "Music: Iron Maiden's final frontier". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Ferguson, Neil. Glide Magazine, ed. "Iron Maiden's Janick Gers Talks New Album, Tour Plans". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Childers, Chad. Loudwire, ed. "Iron Maiden Announce New Album ‘The Book of Souls’ Read More: Iron Maiden Announce New Album 'The Book of Souls'". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Lombardelli, Tiphaine. Radio Metal, ed. "Bruce Dickinson (Iron Maiden) : la générosité dans l'âme". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Grow, Kory. Rolling Stone, ed. "Iron Maiden Announce New Double Album 'The Book of Souls'". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Banda sonora de A Nightmare on Elm Street 5: The Dream Child". Archived from the original on 24 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Shooman 2007, p. 116
- ↑ Shooman 2007, p. 117
- ↑ 71,0 71,1 Wall 2004, p. 281
- ↑ Shooman 2007, p. 122
- ↑ Discogs (ed.). "(I Want To Be) Elected". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Allmusic (ed.). "Original Soundtrack Bean: The Album". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Parisien, Roch. Allmusic, ed. "Nativity in Black: Tribute to Black Sabbath". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Bravewords (ed.). "Bruce Dickinson Shoots Documentary Feature Scream For Me Sarajevo; Radio Sarajevo Interview Airing Today". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Shooman 2007, p. 155
- ↑ 78,0 78,1 Stagno, Mike. Sputnik Music, ed. "Bruce Dickinson - Accident of Birth". Consultado o 12 de xaneiro de 2017.
- ↑ Stagno, Mike. Sputnik Music, ed. "Bruce Dickinson The Chemical Wedding". Consultado o 12 de xaneiro de 2017.
- ↑ ArjenLucassen.com Ltd. (ed.). "Ayreon – The Universal Migrator (parts 1 and 2)". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2017.
- ↑ Adams, Bret. Allmusic, ed. "Halford - Resurrection". Consultado o 12 de xaneiro de 2017.
- ↑ dmne.net (ed.). "Interview with Bruce Dickinson October 2001". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ Blabbermouth (ed.). "Iron Maiden Frontman Talks About Upcoming Anthology DVD Set". Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruce Dickinson |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Shooman, Joe (2007). Bruce Dickinson: Flashing Metal with Iron Maiden and Flying Solo. Independent Music Press. ISBN 0-9552822-4-1.
- Stenning, Paul (2006). Iron Maiden: 30 Years of the Beast. Chrome Dreams. ISBN 1-84240-361-3.
- Wall, Mick (2004). Iron Maiden: Run to the Hills, the Authorised Biography (3ª ed.). Sanctuary Publishing. ISBN 1-86074-542-3.