Centro de Arte Fotográfica de Vigo
C A F V I | |
---|---|
Antigo Centro de Arte Fotográfica de Vigo, agora é sede da Deputación de Pontevedra en Vigo | |
Coordenadas | 42°14′18″N 8°43′40″O / 42.23825556, -8.72769167 |
País | España |
Cidade | Vigo |
Tipo | Exposición fotográfica |
Administrador | Concello de Vigo |
Inauguración | 2015 |
Visitantes | 3032 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Centro de Arte Fotográfica de Vigo (CAFVI) foi un espazo expositivo que abriu as súas portas en maio de 2015[1], e que pechou o 17 de agosto dese mesmo ano.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicialmente o proxecto chamouse Centro Galego de Fotografía.[2] Foi concibido como centro de exposición e investigación de referencia da fotografía galega, e estaba destinado a albergar as colección municipais (arquivo Pacheco, Ksado, Fotobienal e Vigo Visión) e promover a fotografía contemporánea.[3]
A idea xurdiu da Concellaría de Cultura, a cargo entón do BNG, (cando, xunto ó PSdeG, formaba parte do goberno municipal bipartito). O investimento inicial, dun millón de euros, do Ministerio de Cultura de España, procedeu de fondos do Plan-E. Logo, o proxecto estivo detido durante case tres anos, ata que o Concello destinou 379.000 euros para equipamentos.[4] Finalmente o centro abriu o 7 de maio de 2015, dúas semanas antes das eleccións municipais dese mes.
"Vigo, a cidade retratada", de comisariado non divulgado,[3] foi a exposición inaugural, formada por unha pequenísima mostra de cincuenta fotografías, das cento corenta mil que compoñen o Arquivo Pacheco.[5] A primeira mostra do centro só estaba programada durante os seus tres primeiros meses de funcionamento, e ocupaba a planta baixa do inmoble (pois o resto non foi acondicionado).
Despois das eleccións, o PSdeG, que obtivo unha maioría absoluta no Concello, xa non dependía do BNG para constituír un goberno municipal, e a Concellería de Cultura volveu ás mans do PSdeG. A consecuencia disto, o centro pechou ao termo da exposición inaugural o 17 de agosto do mesmo ano de xeito provisional, á espera de que o Concello decida cal será o seu destino definitivo.[6]
Durante a súa apertura e nas semanas posteriores ao seu peche, a corporación municipal escusábase en que se estaba a redactar un plan director para fixar os seus usos e contidos estables (chegaron a dicir que antes de que rematase o 2016 produciríase a súa reapertura).
En xaneiro de 2020 trasladouse ao edificio a sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Abre el Centro de Arte fotográfico de Vigo" Televigo 8/5/2015.
- ↑ "O vindeiro ano inauguraráse o Centro Galego de Fotografía" Arquivado 02 de abril de 2016 en Wayback Machine. TVG, 4/12/2013.
- ↑ 3,0 3,1 Bragado, Manuel. "A cidade retratada" en Faro de Vigo, p. 26, 2/6/2015.
- ↑ "Las obras del Centro Galego de Fotografía se reanudan tras dos años y medio paradas", Faro de Vigo, 26/4/2014 (en castelán).
- ↑ Lamas, Jorge: "El Concello desvirtúa el proyecto original del Centro de Arte Fotográfica" La Voz de Galicia, 8/5/2015 (en castelán).
- ↑ "El Centro de Fotografía cumple un año cerrado a la espera de plan director". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2018-03-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro de Arte Fotográfica de Vigo |