Casa Pereira
Casa Pereira | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Casa Pereira en Ferrol | ||||
Tipo | edificio ![]() | |||
Estilo | modernista | |||
Localización | ||||
Localización | Ferrol | |||
| ||||
Construción | ||||
Inicio | 1912 | |||
Dimensións | ||||
Plantas | 3 | |||
Implicados | ||||
Propietario | particular | |||
Arquitecto(s) | Rodolfo Ucha Piñeiro | |||
Promotor | familia Pereira | |||
[ Wikidata ] |
A casa Pereira é un edificio de estilo modernista, proxectado na cidade de Ferrol polo arquitecto galego Rodolfo Ucha Piñeiro en 1912.
Características
[editar | editar a fonte]A singularidade da fachada do edificio mostra unha concepción nova ao empregar dous módulos verticais claramente diferenciados entre si, en lugar do clásico esquema de tres ocos independentes.[1] O deseño de cada un dos elementos de ambos os módulos está individualizado a partir do uso de diferentes materiais como madeira, cemento, azulexo, ladrillo ou ferro, que conforman un amplo despregamento de elementos ornamentais e que dotan ao edificio dunha distinción moi por encima da súa dimensión e función real.[2]
A innovación no deseño do edificio evidénciase polo uso dun extenso repertorio de solucións nos vans, que vai desde o oco rectangular aos arcos ou os círculos, rematados con balcóns profusamente ornamentados, rejerías con sofisticadas formas e a profusión de decoración con motivos vexetais que intercalan elementos Secesión con outros de inspiración do modernismo centroeuropeo.[2] A casa Pereira pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena[3] e á ruta modernista de Ferrol.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía da arquitectura. Ferrol e comarca (1ª ed.). A Coruña: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 2007. p. 89. ISBN 978-84-96712-07-2.
- ↑ 2,0 2,1 Castelo Álvarez, Bernardo (2000). Ferrol: morfología urbana y arquitectura civil, 1900-1940 (1ª ed.). A Coruña: Universidade da Coruña. pp. 316–317. ISBN 84-95322-74-9.
- ↑ Turgalicia/Axencia Galega de Turismo. "Edificio singular Casa Pereira. Ferrol, A Coruña" (en español). Consultado o 18 de abril de 2020.
- ↑ Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol. "Ruta del Modernismo de Ferrol". Consultado o 18 de abril de 2020.