Exposición Nacional da Construción Naval
Exposición Nacional da Construción Naval | |
---|---|
Coordenadas | 43°28′57″N 8°13′52″O / 43.482507, -8.231125 |
País | España |
Cidade | Ferrol |
Tipo | Naval, tecnolóxico |
Inauguración | 2008 |
Superficie | 4000 m² |
Na rede | |
https://www.exponav.org | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Exposición Nacional da Construción Naval, tamén coñecida como Exponav, é un museo marítimo de Ferrol, adicado á historia da construción naval. Foi inaugurado o 10 de marzo de 2008, e está situado na base naval da cidade departamental.
Características
[editar | editar a fonte]O proxecto naceu dunha iniciativa conxunta da Armada Española e a Asociación de Enxeñeiros Navais de España. Contou coa colaboración de entidades como o Ministerio de Fomento, a Consellería de Industria e de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o concello de Ferrol, a autoridade Portuaria de Ferrol, o campus universitario de Ferrol (Universidade da Coruña) ou Navantia. É unha mostra técnica dirixida tanto ás persoas especializadas no campo da construción e enxeñaría naval, como ao público en xeral.
A apertura do museo culminou a restauración do edificio de Ferreirías, dirixida polo arquitecto Font. A exposición foi comisariada polo contraalmirante enxeñeiro da armada José Castro Luaces.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exposición Nacional da Construción Naval |