Saltar ao contido

Castro de Vilasanche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Vilasanche
ParroquiaSerantes
ConcelloFerrol
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15036008
Cronoloxía
Períodos de escavaciónescavado parcialmente
Estado actualabandono
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Vilasanche é un castro de cumio situado no val de Serantes, no concello de Ferrol[1].

Descrición

[editar | editar a fonte]

O castro ocupa todo o cumio do monte aínda que a croa é de pequenas dimensións, os antecastros e defensas aproveitan os socalcos do monte como defensas naturais. O recinto principal mide de norte a sur uns 30 m e de leste a oeste uns 26 m. O primeiro antecastro ao oeste cun ancho duns 19 m, e o segundo antecastro ao leste duns 120 m e un ancho duns 50 m. As medidas totais do poboado serían duns 240 metros de norte a sur e de 70 metros de leste a oeste leste. O acceso orixinal estaría ao sur da croa e ascende en espiral. Téñense atopado anacos de cerámica na zona.

  1. "Catálogo de Castros de Ferrolterra. Vilasanche". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 07 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]