Castelo de Himeji
(ja) 姫路城 | |||||
Tipo | castelo xaponés hirayamajiro (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | three great castles (en) 100 Fine Castles of Japan (en) Japan's Top 100 Cherry Blossom Spots (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Harima Plain (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Himeji, Xapón e Shikitō district, Xapón (en) | ||||
Localización | Himeji Park (en) | ||||
| |||||
Bañado por | Senba River (en) | ||||
Composto por | Kōko-en (en) Northwest Small Keep (en) Main Keep (en) West Small Keep (en) Ro Watariyagura (en) Ha Watariyagura (en) I Watariyagura (en) Ni Watariyagura (en) East Small Keep (en) | ||||
Características | |||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 107 ha zona de protección: 143 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 1993 (17ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) | ||||
Identificador | 661 | ||||
Sitio Histórico Especial | |||||
Data | 26 de novembro de 1956 | ||||
Sitio histórico do Xapón | |||||
Data | 20 de setembro de 1928 | ||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
Ni Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
Ni Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
| |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
Ha Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
Ha Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
| |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
I Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
I Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
| |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
Ro Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
Ro Watariyagura (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
| |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
Northwest Small Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
Northwest Small Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
| |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
Main Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
Main Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
| |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
West Small Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
West Small Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
| |||||
Tesouro Nacional do Xapón | |||||
East Small Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 9 de xuño de 1951 | ||||
Ben Cultural Importante do Xapón | |||||
East Small Keep (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 19 de xaneiro de 1931 | ||||
Data de remate | 9 de xuño de 1951 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1346 e 1609 | ||||
Cronoloxía | |||||
1580 | construción | ||||
1601 | Expansão predial (pt) | ||||
abril de 2010-27 de marzo de 2015 | Conservación e restauración | ||||
Estado de conservación | preservado (pt) | ||||
Actividade | |||||
Uso | domain office (en) | ||||
Fundador | Akamatsu Sadanori (en) e Ikeda Terumasa (en) | ||||
Propietario | Governo do Japão (pt) | ||||
Premios | 100 Landscapes of Heisei (en) | ||||
Páxina web | himejicastle.jp | ||||
O castelo de Himeji (en xaponés: Himeji-jo, 姫路城), tamén coñecido como Hakurojō ou Shirasagijō debido ao seu exterior branco relucente, é un complexo palaciano de 82 edificios de madeira situado na cidade de Himeji, prefectura de Hyogo, no Xapón.[1]
Este castelo é unha das estruturas máis antigas que se conservan do período Sengoku, está considerado un tesouro nacional do Xapón e foi clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en decembro de 1993.[2] Xunto co castelo de Matsumoto e o castelo de Kumamoto, é un dos "Tres castelos famosos" do Xapón e o máis visitado do país.
Historia
[editar | editar a fonte]O castelo foi deseñado e construído durante a era Nanboku-cho do período Muromachi. Daquela chamábase Himeyama-jo (castelo de Himeyama). En 1331, Akamatsu Sadanori planeou un castelo na base do monte Himeji, onde Akamatsu Norimura construíra o templo Shomyoji. Despois da caída de Akamatsu durante a guerra Kakitsu, o clan Yamana asumiu brevemente os planos do castelo; a familia Akamatsu regresou despois da guerra de Ōnin.
En 1580, Toyotomi Hideyoshi tomou o control do castelo mal coidado, e Kuroda Yoshitaka construíu unha torre de tres pisos. Despois da batalla de Sekigahara en 1601, Tokugawa Ieyasu concedeu o castelo de Himeji a Ikeda Terumasa, quen levou a cabo un proxecto de expansión de nove anos que levou o castelo á súa forma actual. "Só a porta leste dunha sección da segunda muralla" sobrevive do período anterior [1] . As últimas grandes incorporacións, o Western Circle, foron completadas en 1618.
O castelo de Himeji foi un dos últimos dominios do tozama daimyō a finais do período Edo. Estivo en poder dos descendentes de Sakai Tadasumi até a Restauración Meiji . En 1868, o novo Goberno do Xapón enviou ao exército de Okayama, baixo o mando dos descendentes de Ikeda Terumasa, a orde de bombardear o castelo con cartuxos baleiros e expulsar aos seus ocupantes.
Cando o sistema Han foi abolido en 1871, o castelo foi vendido nunha poxa por 23 iens (actualmente 153 dólares). Non obstante, o custo do desmantelamento do castelo foi insignificante e, como consecuencia, o complexo quedou abandonado.
O Décimo Rexemento de Infantaría ocupou o complexo en 1874 e o Ministerio da Guerra fíxose co control do mesmo en 1879 . A torre principal foi restaurada en 1910, a un custo de 90.000 iens tomados de fondos públicos.
A cidade de Himeji foi bombardeada en 1945, ao final da segunda guerra mundial. Aínda que a maior parte da zona circundante foi queimada até o chan, o castelo sobreviviu ileso, con excepción dalgúns impactos das explosións próximas.
Os esforzos para restaurar o castelo comezaron en 1956, e durante o proceso só se utilizaron equipos e métodos tradicionais, e a restauración completouse en 1964.
Características
[editar | editar a fonte]O castelo de Himeji serve como un excelente exemplo do prototipo do castelo xaponés, que contén moitas das características arquitectónicas defensivas e militares máis asociadas a estes castelos. Os altos alicerces de pedra, os muros brancos e a organización interna dos edificios do complexo son elementos estándar de calquera castelo dese país, e o monumento tamén mostra moitos outros exemplos de deseño típico xaponés, incluíndo a colocación de armas e buratos para soltar pedras.
Un dos elementos defensivos máis importantes do castelo de Himeji, e quizais o máis famoso, é o confuso labirinto de camiños que conducen á fortaleza principal. As portas, muros exteriores e outros muros do complexo están dispostos para confundir as forzas invasoras e permitir un ataque máis rápido e eficiente. A espiral ao redor do castelo, con moitos camiños sen saída, permitía observar e atacar os enimigos desde a fortaleza ao longo do seu camiño de aproximación. con todo, o castelo de Himeji nunca foi atacado deste xeito, polo que o sistema nunca foi probado.
Seccións e portas
[editar | editar a fonte]Nishinomaru
[editar | editar a fonte]É un dos tramos máis famosos, ademais da torre principal, que se atopa na ala oeste do castelo. Neste sector vivía en 1615 Senhime, a filla do shogun Tokugawa Hidetada, que foi esposa durante once anos de Honda Tadatoki, aínda que a súa morte en 1626 obrigou a Senhime a regresar a Edo, a capital do shogunato.
Aínda que a maior parte da ala está actualmente en ruínas, hai algúns pavillóns en mellor estado, como o Hyakkenroka (gran corredor) e o Keshō yagura (pavillón das mulleres); crese que este último foi o salón onde se vestía Senhime.
Aburakabe
[editar | editar a fonte]Neste tramo, situado despois da porta Ho, os muros non son de xeso branco senón de barro, cal e grava. Crese que esta sección foi construída na época de Toyotomi Hideyoshi.
Pozo de Okiku
[editar | editar a fonte]Este pozo está a carón da torre Bizenmaru. Conta a lenda que nese pozo está a pantasma dunha criada do castelo, que foi executada cando foi acusada de roubar un prato valioso.
Xardín de Koko-en
[editar | editar a fonte]Este parque foi reconstruído a partir das escavacións das ruínas da gran mansión da zona Oeste. A partir do citado parque reconstruíronse as rúas, casas, muros de barro, a porta de Nagayamon, a porta principal da entrada do parque e, ademais, nove xardíns no seu interior.
Festividades
[editar | editar a fonte]Anualmente dedícanse dous días especialmente ao castelo de Himeji:
- O Festival Kanokai (primeiro domingo de abril), no que se celebra o hanami, ou observación de flores de cerdeira;
- Festival do castelo de Himeji (principios de agosto), no que todo o público pode visitar o castelo, tanto no exterior como no interior.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]O castelo de Himeji aparece con frecuencia na televisión xaponesa. O histórico Edo-jo non dispón na actualidade de fortaleza, e por iso, cando as tramas de ficción demandan a súa representación, como por exemplo no Abarenbo Shogun, cómpre recorrer a un magnífico substituto, recorrendo os produtores ao castelo de Himeji.
O castelo de Himeji foi escenario de varias producións cinematográficas e televisivas, entre elas:
No cine
[editar | editar a fonte]- 1967 - You Only Live Twice, película de James Bond protagonizada por Sean Connery. Aparece como a escola secreta de adestramento ninja e centro de desenvolvemento de mísiles de Tiger Tanaka;
- 1980 - Kagemusha, de Akira Kurosawa;
- 1985 - Ran, de Akira Kurosawa, tendo sido utilizado en gran parte da película;
- 2003 - The Last Samurai, protagonizada por Tom Cruise, que rodou escenas exteriores no castelo de Himeji, usando neve artificial.
Na televisión
[editar | editar a fonte]- 1980 - Shógun - miniserie protagonizada por Richard Chamberlain, na que o castelo de Himeji foi usado como castelo de Osaka, sen ser visto realmente desde a auga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Viagens: Castelo de Himeji". Viagens. Consultado o 2022-04-11.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Himeji-jo". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2022-04-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Himeji |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benesch, Oleg. "Castles and the Militarisation of Urban Society in Imperial Japan," Transactions of the Royal Historical Society, Vol. 28 (Dec. 2018), pp. 107-134.
- Benesch, Oleg and Ran Zwigenberg (2019). Japan's Castles: Citadels of Modernity in War and Peace. Cambridge: Cambridge University Press. p. 375. ISBN 9781108481946.
- De Lange, William (2021). An Encyclopedia of Japanese Castles. Groningen: Toyo Press. pp. 600 pages. ISBN 978-9492722300.
- Mitchelhill, Jennifer (2013). Castles of the Samurai:Power & Beauty. USA: Kodansha. ISBN 978-1-56836-512-1.
- Schmorleitz, Morton S. (1974). Castles in Japan. Toquio: Charles E. Tuttle Co. pp. 123–125. ISBN 0-8048-1102-4.
- Motoo, Hinago (1986). Japanese Castles. Toquio: Kodansha. ISBN 0-87011-766-1.