Castro da Roda
Castro da Roda | |
---|---|
Parroquia | Albixoi |
Concello | Mesía |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15047003 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro da Roda é un poboado castrexo situado no lugar da Castro na parroquia de Albixoi (Mesía).
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O castro consta dun só recinto circular, defendido na metade meridional, isto é, na parte alta da pendente, por dous foxos cos seus respectivos parapetos. O primeiro ten unha altura aproximada de 3 m, e o dorso mide 11,5 m. O segundo parapeto levanta menos, uns 2 m cara ao foco, que ten 10 m de ancho, e moi pouco no interior do recinto. No norte, a defensa redúcese a un parapeto, que acada uns 2 m, con terraplén de forte caída duns 15 ou 20 m.
O xacemento mide no eixo S-N, dende o inicio do primeiro foxo ata o interior do parapeto setentrional 121 m. Unha escavación con palas fixo un corte no eixo N-S e grazas a iso observouse que a estrutura dos parapetos fora feita con terra. A uns 30 m do parapeto interior, en dirección norte, apréciase no perfil estratigráfico no que se observan capas dun ancho de 15 cm, consistentes, de restos de carbóns sobre de terra roxa. Esa capa esténdese ao longo duns 6 metros, e serían posibles restos de cerámica[1].
Unha pista que bordea o asentamento polo norte, cortou parte do terraplén. No corte quedou á vista un muro, de dirección N-S, con cara clara na parte occidental, onde está en contacto cunha bolsada de cascallo. Nun nivel inferior, hai unha capa fina de carbóns, que se interrompe antes de chegar o muro. Na zona oriental do corte hai unha acumulación de pedras, posiblemente procedentes do derrubamento do muro. A simple vista o muro ten un trazada diferente o do parapeto e terraplén setentrional, polo que é posible que houbese nesta zona algún tipo de estrutura , hoxe desaparecida[1].
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Fixéronse campañas de inspección no 1988 e aplicáronselle arranxos ese ano. Na actualidade non se pode visitar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |