Saltar ao contido

Charles Robert Richet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Robert Richet

(1913) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Charles Richet Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1850 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de decembro de 1935 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
235º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1933 – 31 de decembro de 1933
← Robert Bourgeois (pt) TraducirÉmile Borel → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Director de teseCharles Philippe Robin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, Fisioloxía, alergologia (pt) Traducir, Anafilaxe, fisiologia humana (pt) Traducir, psicoloxía, esperanto, Euxenesia e Parapsicoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, escritor, immunólogo, fisiólogo, psicólogo, esperantista, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioCharles Epheyre Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVictor Pachon (pt) Traducir e Józefa Joteyko (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCharles Richet Editar o valor en Wikidata
PaiAlfred Richet Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рише Шарль)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1334297 WikiTree: Richet-2 Find a Grave: 188986224 Editar o valor en Wikidata

Charles Robert Richet, nado en París o 20 de agosto de 1850 e finado na mesma cidade o 4 de febreiro de 1935, foi un médico francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Alfredo Richet e da súa esposa Eugenia. Estudou na súa cidade natal, graduouse como Doutor de Medicina en 1869, Doutor en Ciencias en 1878 e como o seu pai, profesor, neste caso da Cátedra de Fisioloxía na Facultade de Medicina de París a partir de 1887.

Durante 24 anos, desde 1878 a 1902, foi editor da Revista Científica e desde 1917, coeditor do Xornal de Fisioloxía e Patoloxía Xeral. Publicou artigos sobre fisioloxía, química e patoloxía experimental.

En fisioloxía traballou sobre os mecanismos da termorregulación en animais de sangue quente. Antes das súas investigacións (1885-1895) sobre polipnea e tremor debido a temperaturas, pouco era coñecido sobre os métodos polos cales os animais privados da súa transpiración cutánea poden protexerse do exceso de calor e como animais arrefriados podían quentarse a si mesmos.

En terapéutica experimental, Richet demostrou que o sangue de animais vacinados contra unha infección, protexe contra a mesma (novembro de 1888). Aplicando estes principios á tuberculose, fixo a primeira inxección seroterapéutica no home, o 6 de decembro de 1890.

Inventou a palabra anafilaxe para nomear a sensibilidade desenvolta por un organismo despois de recibir unha inxección parenteral dun coloide, substancia proteica ou toxina (1902), podendo así afirmar que a inxección parenteral de substancias proteicas modifica profunda e permanentemente a constitución química dos fluídos corporais.

As aplicacións da anafilaxe en medicina son extremadamente numerosas. Máis adiante demostrou os fenómenos da anafilaxe pasiva e a anafilaxe in vitro. A maioría dos traballos de fisioloxía de Charles Richet, publicados en diversas revistas científicas foron recompilados e publicados en *Travaux du Laboratoire da Faculté de Médecine de Paris (Alcan, París, 6 vols. 1890-1911).

Catedrático de Fisioloxía e profesor da Sorbona, Membro do Instituto de Francia, Presidente da Sociedade de Bioloxía, o 11 de decembro de 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións sobre anafilaxe.

Richet foi tamén un dos máis representativos pioneiros da investigación chamada no seu tempo "metapsíquica", termo substituído despois polo acuñado por Max Dessoir: Parapsicoloxía. Richet publicou as súas conclusións no seu voluminoso Tratado de Metapsíquica. Corenta anos de traballos psíquicos, así como en O porvir e a premonición, traducidos ambos os ó castelán pola Ed. Araluce: en 1923 o primeiro, con eloxioso prólogo do inmunólogo catalán Jaime Ferrán, e en 1932 o segundo.

Así mesmo, dedicou parte do seu tempo a escribir obras de arte dramática e foi un forte defensor da lingua internacional esperanto.[1]

  1. Ivan Širjaev; Ludoviko Kökény; Vilmos Bleier; Kálmán Kalocsay (1933-1934). Enciklopedio de Esperanto. Literatura Mondo.