Saltar ao contido

Chouzán, Chouzán, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chouzán

Vista da Igrexa desde o Miño.
ParroquiaChouzán
ConcelloCarballedo
Coordenadas42°31′10″N 7°43′25″O / 42.51958333, -7.72361111
Poboación0 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

Chouzán é un lugar da parroquia de Chouzán, no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE[1], en 2015 estaba deshabitado.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo está relacionado cun antigo mosteiro de frades Flauzani (dun nome Flaudianus). Ningún outro lugar de Galicia leva este nome [2].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa mosteiral de Chouzan data do século XII, é de estilo románico. O mosteiro tiña canles de auga que nutrían de peixe á comunidade beneditina e aos veciños, ademais de moveren muíños e regaren as hortas. A igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1950. Coa construción do encoro dos Peares a antiga igrexa trasladouse predra a pedra ata a súa actual localización.[3]

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  2. "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 09/10/2017. 
  3. "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017. 

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Chouzán

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Chouzán no concello de Carballedo (Lugo)

A Cela | Chouzán | A Grixoá | Pacios | Paradela | A Pena | A Poxa | A Voutureira

Parroquias de Carballedo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)