Comarca de Carnota
A comarca de Carnota é o nome dunha comarca histórica situada na costa occidental de Galicia, entre os ríos Xallas e Tambre. Comprende aproximadamente os actuais municipios de Carnota, Muros, Mazaricos, Outes, Negreira, A Baña, Santa Comba, e parte do Val do Dubra, En distintos momentos da historia funcionou como división territorial administrativa, e tamén coma división relixiosa diferenciada ata a actualidade, co nome de arciprestado de Entíns.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a Naturalis historia de Plinio o Vello, antes da romanización de Galicia a zona estaba poboada pola tribo galaica dos supertamarcos (de alén do Tambre), que despois quedaron integrados no conventus lucensis. Esta denominación foi seguida por Ptolomeu e Estrabón.
Promunturium Celticum, amnes Florius, Nelo. Celtici cognomine Neri et super Tamarci, quorum in paeninsula tres arae Sestianae Augusto dicatae, Copori, oppidum Noeta, Celtici cognomine Praestamarci, Cileni. ex insulis nominandae Corticata et Aunios.Promontorio Céltico, ríos Florius e Nelo, Célticos tamén chamados Nerios e súper Tamaricos, en cuxa península hai tres aras Sestianas dedicadas a Augusto, Coporos, a cidade de Noeta, Célticos chamados Praestamarcos, Cilenos, fóra as illas chamadas Cortegada e Ons.
Pomponio Mela foi outro dos autores que no século I describiu a tribo dos supertamarcos no seu De Chorographia:
Totam Celtici colunt, sed a Durio ad flexum Grovi, fluuntque per eos Avo, Celadus, Nebis, Minius et cui oblivionis cognomen est Limia. Flexus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit fluvios Laeron et Ullam. Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem. Cetera super Tamarici Nerique incolunt in eo tractu ultimi. Hactenus enim ad occidentem versa litora pertinent.Toda a habitan os Célticos, salvo desde o Douro á baía dos Grovios, e flúen por alí Avo, Celado, Nebo, Miño, e o que é chamado Esquecemento, o Limia. A baía da cidade Lambriaca recibe o abrazo dos ríos Lérez e Ulla. A parte que sobresae é habitada polos Praesamarcos, non lonxe de onde desembocan os ríos Tambre e Sars, o Tambre polo porto de Ebora, o Sars xunta á torre de Augusto, monumento memorábel. E máis alá habitan os Supertamaricos e os Nerios nos últimos treitos. Ata aquí a costa mira ao occidente.[2]
Estelas funerarias
[editar | editar a fonte]Consérvanse cinco estelas funerarias que conteñen referencias á tribo dos celtas supertamarcos, curiosamente todas elas aparecidas moi lonxe da situación orixinal desta tribo:
- Estela de Crecente (AE 1976, 286). É unha das estelas funerarias máis singulares das aparecidas en Galicia, polo seu enorme tamaño e por conter unha inscultura da familia da defunta. Procede do lugar de Crecente (San Pedro de Mera, Lugo), e consérvase no Museo Provincial de Lugo.
APANA AMBOLLI F(ilia) CELTICA SVPERTAM(ARICA) MIOBRI AN(Norum) XXV H(ic) S(ita) E(st) APANVS FR(ater) F(aciendum) C(uravit)Apana, filla de Ambolo, Céltica Supertamárica, do Castro de Miobri, de 25 anos, xace aqui. Apano, o seu irmán, mandou erixir este dedicatoria.
- Estela de Eburia, atopada en Andiñuela de Somoza (León) (AE 1997, 873).
EBVRIA CALVENI F(ILIA) CELTICA SUP(ERTAMARICA) [de] LUBRI AN(NORUM) XXVI H(IC) S(ITA) E(ST)Eburia, filla de Calveno, Céltica Supertamarica do castro de Lubri, de 26 anos de idade, xace aqui.
FVSCA COEDI F. CELTICA SVPERTA(MARICA) 'C' [.]LANIOBRENSI SECOSILIA COEDI F. SOROR SVA POSVIT.Fusca, filla de Coedi, Céltica Supertamarica do castro de (B)Laniobrensi. Fixo (este monumento) Secosilia, filla de Coedi, a súa irmá.
CLARINVS CLARI F. CELTICUS SUPERTAMA(RICUS) ANN. VI S. E. E. S. T. T.Clarinus, fillo de Clari, Céltico Supertamárico de 6 anos de idade, xace aqui. Que a terra lle sexa leve.
(CE)LTI(CUS) SUPERTAM(A)RICUS AN. XL H. S. E. S. T. T. L.[...] Céltico/a Supertamárico/a de 40 anos, xace aqui. Que a terra lle sexa leve.
Condado de Carnota na Idade Media
[editar | editar a fonte]A primeira referencia a este territorio despois da ocupación romana é no século IX coma freguesía cedida a bispos lusitanos fuxidos ao norte das invasións árabes[3].
No ano 830, nunha relación de igrexas da zona[4], noméanse varias en Carnota: Pintani (posibelmente a ermida do Monte Pindo), Gaudiosi (descoñecida), Santo Ourente de Entíns, Santa Tasia de Entíns, San Pedro de Outes, San Xoán de Roo, Santa Mariña de Esteiro e Zendimiri (descoñecida).
In Carnota ecclesia Pintani in Sentes et ecclesia Gaudiosi. ecclesia ad Gentines. ecclesia sca. Talasie. ecclesia in Autis. ecclesia ad Rodo. ecclesia ad Stario ad Zendemiri.
O 18 de maio de 952 Ordoño III doa ao arcebispo de Compostela Sisnando II o Commiso (Condado) de Cornatum[5]. Cando Sisnando II manda fortificar as costas galegas para defendelas dos ataques por mar de normandos e árabes, fai construír nesta zona o Castelo de San Xurxo, entre outros. Porén mentres outras fortificacións desaparecen rapidamente da documentación medieval, San Xurxo mantense ata entrado o século XIV polo que debeu tratarse da máis importante fortaleza costeira sita na rexión.
A Igrexa nomeou tenente deste castelo ao incipiente nobre Pedro Froilaz de Traba, fundador da Casa de Traba, quen en 1091 xa asina[6] coma Conde dun territorio coñecido na altura coma terra ou commisso de Carnota, Carinota ou Karnota. Desde esta posición foi acumulando poder e riquezas para si e para a súa familia. Pedro Froilaz deixa a fortaleza e os seus dominios nesta zona ao seu fillo Rodrigo Pérez de Traba, quen tamén recibiu o título de Conde e posteriormente sería alférez na coroación do futuro rei Afonso VII.
Os dominios do Condado de Carnota eran famosos polas súas rendas, que resultaban sumamente gravosas á Igrexa, así coma polos seus bancos pesqueiros[7], polo que as propiedades nesta área eran moi cobizadas e obxecto de múltiples doazóns, permutas e mandas testamentarias da época.
Nos anos posteriores o castelo e as terras baixo o seu goberno cambiaron en varias ocasións de mans, circulando do poder nobiliario ao eclesiástico e á coroa alternativamente, e perdendo relevancia ao tempo que os centros de poder se ían concentrando na contorna da incipiente Santiago de Compostela. Finalmente, no primeiro treito do século XIV, o Castelo foi demolido por orde do nobre Lope Sanchez de Ulloa.
Século XIX
[editar | editar a fonte]Esta grande configuración comarcal debeuse manter coma mínimo ata o século XIX. Así, na cartografía[8] de 1812 de Luis López Ballesteros, o territorio aparece coa denominación de Partido do Pindo (en clara alusión ao macizo granítico carnotán) coma nome dunha rexión con forma de partido cuxa capital situaba en Outes e que remataba polo interior no río Dubra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ o Vello, Plinio (79). Naturalis Historia, liber IV.
- ↑ Mela, Pomponio (40). De Chorographia. Liber Tertius.
- ↑ Proxecto Carnota. Seminario permanente. (1994). Guía de itinerarios. Carnota.
- ↑ CODOLGA. Santiago de Compostela. 830.
- ↑ FLOREZ. Esp. Sag. T. XIX, Sant.Tumbo A, fol 14. Antonio LOPEZ FERREIRO. Hist. S. A. M. I de Santiago de Compostela vol.II; apén. Nº LXIII, p.114.
- ↑ Manuel Recuero Astray. Documentos medievales del Reino de Galicia: Doña Urraca, 1095-1126.
- ↑ Tombo de Celanova. 938.
- ↑ López Ballesteros, Luis (1812). Mapa geográfico del Reyno de Galicia que manifiesta particularmente la antigua provincia de Santiago dividida en 13 partidos de primera instancia y 2 incompletos: dispuesto por la Comisión particular de la Provincia de Santiago con arreglo a lo dispuesto por la ley de 9 de Octubre de 1812.