Saltar ao contido

Compostela Aberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compostela Aberta
Candidatura municipal
Dirixentes e organización
LíderMaría Rozas
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Galeguismo
Esquerdismo
Representación
Concelleiros en Compostela
2 / 25
[1]
Outros datos
Na rede
compostelaaberta.org
Twitter: compostelaberta Editar o valor en Wikidata

Compostela Aberta (CA) é un movemento cidadán e político creado na cidade de Santiago de Compostela que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos ou Equo.[2]

O médico e alcalde de Teo, Martiño Noriega, foi o candidato de CA nas eleccións municipais do 25 de maio de 2015,[3] nas que obtivo a maioría simple co 34,58% dos votos emitidos (16 327 votos), que lle valeron a asignación de 10 concelleiros.[4]

Os membros da candidatura que obtiveron acta de concelleiro, ademais de Noriega, foron María Rozas (consultora en xestión económica e membro de EU-IU), Jorge Duarte (arquitecto, expresidente do COAG), Branca Novoneyra (escritora e coreógrafa), Xan Duro (ecoloxista de Verdegaia, membro do Espazo Ecosocialista Galego), Concha Fernández (ex-dirixente local do BNG, profesora de Intervención Sociocomunitaria no CIFP Compostela e ex-sindicalista), Manuel Dios Diz (presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e membro tamén do Espazo Ecosocialista), Marta Lois (profesora de Políticas e integrante do ANPA do Colexio de Fontiñas), Rafa Peña (responsable da CIG no Aeroporto da Lavacolla) e Noa Morales (experta en relacións internacionais e membro de EU-IU).[5] A maiores, lograron unha acta na Deputación da Coruña que foi ocupada por Manuel Dios Diz.

Por fin, o 13 de xuño Martiño Noriega foi investido alcalde de Santiago. O correspondente repartimento das concellarías foi como segue:[6]

  • Martiño Noriega Sánchez. Alcalde. Portavoz da Xunta de Goberno Local. Competencias directas en Réxime Interno (Persoal, Contratación, Arquivo, Innovación e Informática), Lingua e Participación e Relacións Veciñais.
  • María Rozas Pérez. Concelleira responsable da Área de Economía e Facenda, con competencias en Planificación Económica e Financeira, Xestión Tributaria, Xestión presupostaria e Política Fiscal. Primeira tenente de alcalde.
  • Jorge Duarte Vázquez. Concelleiro responsable da Área de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, con competencias en Cidade Histórica, Rehabilitación, Planeamento, Urbanismo, Dereito á Vivenda e Mobilidade. Segundo tenente de alcalde.
    Martiño Noriega na asemblea postelectoral de Compostela Aberta o día 28 de maio de 2015, na oficina electoral do Cantón do Toural.
  • Branca Novoneyra. Concelleira responsable da Área de Acción Cultural, con competencias en Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Rede de Centros Socioculturais e Festas. Terceira tenente de alcalde.
  • Xan Duro Fernández. Concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente e Convivencia, con competencias en Sostibilidade (RSU, Auga, Enerxía e Consumo), Parques e Xardíns e Convivencia (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil). Secretario da Xunta de Goberno.
  • Concepción Fernández Fernández. Concelleira responsable da Área de Políticas Sociais e Diversidade, con competencias en Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Economía Social, UMAD, UAMI e Cooperación.
  • Manuel Dios Diz. Concelleiro responsable da Área de Educación e Cidadanía, con competencias en Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos. Deputado provincial.
  • Marta Lois González. Concelleira responsable da Área de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, con competencias en Igualdade, Promoción Económica, Emprego, Mercados, Comercio e Turismo.
  • Rafael Peña Vidal. Concelleiro responsable da Área de Medio Rural e Equilibrio Territorial, con competencias en Medio Rural e Brigada de Obras.
  • Noa Morales Sánchez. Concelleira responsable da Área de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, con competencias en Xuventude, Deportes e Refuxio de Animais.

Nas eleccións municipais de 2019, tamén con Martiño Noriega como candidato á alcaldía, foron derrotados polo PSdeG-PSOE encabezado por Xosé Sánchez Bugallo, obtendo tan só 5 concelleiros e pasando á oposición,[1] perdendo ademais a súa acta na Deputación. En xullo de 2020 Noriega renunciou á súa acta de concelleiro, sendo substituído na portavocía por Marta Lois. Esta renunciou á portavocía en outubro de 2022, á fronte da cal foi substituída por María Rozas.

Nas eleccións municipais de 2023 a formación, encabezada por María Rozas, pasou de 5 a 2 edís (Rozas, e Xan Duro). Porén, volveu a formar parte do goberno local tras formar unha coalición co BNG de Goretti Sanmartín. Desta forma María Rozas pasou a ser Primeira Tenente de Alcaldesa e Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, mentres que Xan Duro pasou a ser Concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Resultados eleccións municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 03 de xuño de 2019. 
  2. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/03/11/galicia/1426103240_401630.html
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  4. "Ministerio de Interior, resultados das eleccións municipais 2015.". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  5. La Voz de Galicia, de 24-3-2015, artigo titulado "Nueve de los diez primeros candidatos de Compostela Aberta son afines a Noriega" (en castelán).
  6. Web do Concello de Santiago Arquivado 19 de abril de 2015 en Wayback Machine.. Consultado o 16/06/2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]