Conversa Wikipedia:Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller
Detalliños legais de cara á actividade e a súa promoción no 2019
[editar a fonte]Ola, escribo para deixar unha nota-recordatorio de que os novos cambios na Lei de protección de datos, que está en vigor dende decembro de 2018 aféctanlle directamente ás actividades de Galipedia e en especial no relativo ós dereitos das persoas menores de idade. Calquera dato ligado á identidade da persoa (inclúese audio, video, imaxe ademáis dos habituais nome apelidos, email, etc.) require o consentemento explícito, que se realiza polo centro educativo a través do formulario de consentemento para os menores de 14 anos. A partir dos 14 eu entendo que a persoa xa pode asinar o consentemento por si mesma. Hai que ter coidado con isto e estaría ben consultar cos de Wikimedia España nestas cuestións e tamén ter en conta que se é preciso o consentimento dos pais/nais, debe programarse con antelación á actividade.
Un saúd oMaria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 14:59 (UTC)
- Artículo 92. Protección de datos de los menores en Internet.
Los centros educativos y cualesquiera personas físicas o jurídicas que desarrollen actividades en las que participen menores de edad garantizarán la protección del interés superior del menor y sus derechos fundamentales, especialmente el derecho a la protección de datos personales, en la publicación o difusión de sus datos personales a través de servicios de la sociedad de la información.
Cuando dicha publicación o difusión fuera a tener lugar a través de servicios de redes sociales o servicios equivalentes deberán contar con el consentimiento del menor o sus representantes legales, conforme a lo prescrito en el artículo 7 de esta ley orgánica.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversa • contribucións) 27 de xaneiro de 2019 ás 18:47
- Grazas pola nota Maria zaos, porén entendo que se temos coidado de non usar esa información, non sería de aplicación. É dicir, se non publicamos ningún dato persoal dos menores que participen nin lles facemos fotos entón non hai que facer nada. Tes razón que habería que preguntar que alcance ten todo isto dentro das nosas actividades para telo claro, preguntarei a outros compañeiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 10:08 (UTC)
- Si, o maior problema é o colexio ou quen grave. Ver acó Maria zaos (conversa) 18 de febreiro de 2019 ás 12:43 (UTC)
Proposta efemérides ourensás
[editar a fonte]Boas, como probablemente o evento se faga na biblioteca que ten a) colección completa (agardo) na hemeroteca do xornal La Región e un cento de enciclopedias, dicionarios, etc., fago esta proposta, que permite colaborar no evento sen estar constantemente cos ollos na pantalla. Xa me diredes que vos parece; a redacción-explicación precisa unha volta e as mulleres abarcan toda a provincia, non só a capital. Un saúdo Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 17:21 (UTC)
- Unha idea estupenda Maria zaos, logo doulle unha volta ó apartado de abaixo para engadilo na proposta da Wikimaratona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 18:22 (UTC)
Que día foi? Efemérides ourensás
[editar a fonte]Unha forma de visibilizar o traballo das mulleres ourensás é poder lembralas cada día do ano. Un bo xeito é a través das efemérides. Para esta tarefa é necesario obter fontes fiables para indicar as datas de nacemento e mortes correspondentes, tanto en Galipedia como en Wikidata. A través da edición das entradas poderemos facer unha lista de efemérides máis diversa.
Hai unha táboa máis completa en: Wikipedia:Lista de mulleres nadas na provincia de Ourense segundo Wikidata. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2019 ás 22:51 (UTC)
- Si, é de onde tirei os datos desta. Non puxen máis porque semellabanme abondo para unha mañá e bueno, está a lista de galegas xa e un cento de cousas máis na páxina do Wikimaratón. Igual podiamos reducir un pouco as listas de mulleres que aparecen aí e substituíla coa que dis, HombreDHojalata. Sería unha maneira de "personalizar" o evento ao ámbito xeográfico de quen organiza, que opinas, Elisardojm?Maria zaos (conversa)--- 1 de marzo de 2019 ás 23:06 (UTC)
- Como vexades, pero quizais habería que sacar algo para que non se "recargue" de cousas a páxina... Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 23:20 (UTC)
- Non me expliquei ben. Falaba de retirar unha táboa completa, por exemplo, a segunda táboa de outros artigos, para facerlle sitio. Nunha mañá non se poden crear moitos artigos de cero, igual habería que centrarse en mellorar ligazóns azuis? Un saúdo Maria zaos (conversa) 4 de marzo de 2019 ás 11:39 (UTC)
- Paréceme ben, copio aquí abaixo o contido desa táboa para usos futuros ou por se alguén a quere consultar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de marzo de 2019 ás 15:57 (UTC)
Nas columnas "Wiki es" e "Wiki en" podemos poñer unha ligazón á versión do artigo nesas linguas, indicando se alí está marcado como artigo bo ou de calidade. Os artigos non teñen ningunha orde predeterminada.
A min gustábame a foto do Pórtico do Paraíso
[editar a fonte]Boas, non entendo por que se eliminou a foto do Pórtico do Paraíso, para min si era relevante. Non poderán convivir as dúas, cando menos? @Lles:@Elisardojm:Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:39 (UTC)--Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:40 (UTC) A maiores non me gusta a) que saia unha foto de Pamplona, polo menos que sexa de Ourense ou de Galicia b) que se dea a entender que vai ligado a calquera reivindicación específica do día. Editar edítase todo ano, sexas home ou muller, da ideoloxía ou tendencia que máis che pete e ademais pódese editar sobre calquera cousa. Neste caso, por homenaxe ao día e por necesidades propias da Galipedia, escolleuse esta temática para esta actividade, tal como eu o entendo, pero de aí a vincular a Galipedia a paros, folgas, manifestacións, etc. hai, con todo respecto, un mundo. Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:40 (UTC)
- Maria zaos, si, claro poden poñerse as dúas fotos sen problema, hai sitio abondo! Xa a engado.
- Que a foto sexa de Pamplona ou de Londres non me parece relevante, iso non se reflicte na imaxe, tan só se amosa unha concentración reivindicativa de mulleres, non se pode saber dunha ollada en que lugar é, cousa que tampouco me parecería relevante xa que é o Día "Internacional"... Sobre ligar o tema ás reivindicacións do Día Internacional da Muller, eu penso que si pode engadirse, este evento está asociado a ese día, e nese día o máis visible son esas cousas, as manifestacións, etc... Pero se quitades a foto tamén me parece ben, quero dicir que son neutro :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:09 (UTC)
- Ben defendido. Elisardojm. Que queden as dúas, pero o texto debaixo da foto da manifestación, que pon "Na foto mobilización de mulleres. En marzo, achégate á Galipedia en Ourense!". Non o vexo, polos argumentos anteriores, para min abonda con que poña mobilización de mulleres polo Día Internacional ...(se é que é, no o sei). En todo caso, os textos están duplicados entre as dúas fotos.Un saúdo e grazas polos cambios.Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:17 (UTC)
- Maria zaos, cambiado o pé a "Mobilización polo Día Internacional da Muller.". Si, a foto é da manifestación do 8 de marzo de 2018. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:27 (UTC)
- Ben defendido. Elisardojm. Que queden as dúas, pero o texto debaixo da foto da manifestación, que pon "Na foto mobilización de mulleres. En marzo, achégate á Galipedia en Ourense!". Non o vexo, polos argumentos anteriores, para min abonda con que poña mobilización de mulleres polo Día Internacional ...(se é que é, no o sei). En todo caso, os textos están duplicados entre as dúas fotos.Un saúdo e grazas polos cambios.Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:17 (UTC)
Dirección curta
[editar a fonte]Dirección curta desta páxina:
https://gl.wikipedia.org/wiki/WM_DIM2
--. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2019 ás 21:06 (UTC)