Conversa usuario:Banjo/Arquivo 5
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Arquivo 5: Do 06/02/2015 ao 25/06/2015
Ola Banjo, promecio e prometio son sinónimos segundo o DiRAG.
Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 6 de febreiro de 2015 ás 08:36 (UTC)[responder]
Ola, Banjo! Que ledicia verte editar de novo! :)
A maioría dos modelos de lugares de parroquias (quizais o 95 %?) non teñen o formato Navbox, de forma que se ve sempre o contido. Penso que mellor sería homoxeneizar ao revés, pór os modelos que actualmente teñen formato Navbox con recadro simple. De feito cando atopo con algún deles procuro facelo, e vexo que quedaban varios pendentes no concello das Pontes. Xa que logo, vou reverter as túas edicións, vale?
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de febreiro de 2015 ás 14:04 (UTC)[responder]
Boas, puxen na Wikipedia:A Taberna (técnica) un problema que me xurdiu cun novo modelo que creei, e quería pedirche axuda para ver se se pode arranxar. Un saúdo --Breogan2008 (conversa) 14 de febreiro de 2015 ás 11:47 (UTC)[responder]
Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)[responder]
Por certo, xa estás no mapa :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 11:55 (UTC)[responder]
Boas Banjo, teño unha reunión mañá na FIC para facer outro wikimaratón en abril, animaríaste a dar unha charla de introdución ós bots (unha cousa básica, o que son, o que poden facer e algo máis, 30 ou 45 minutos...)? Sería un día de semana pola tarde, que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 18:32 (UTC)[responder]
- Moi ben, xa che contarei entón o que me din na reunión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2015 ás 08:56 (UTC)[responder]
Hoxe ocorréuseme unha idea e pensei que ó mellor ti ó mellor poderías facela funcionar. O caso é que de cando en vez é necesario mandar mensaxes ós usuarios da Galipedia para que se decaten de cousas importantes que se poñen na taberna porque algúns non revisan esas páxinas a cotío ou o que sexa. A única forma que temos ata o de agora para solucionar isto é que o que queira dar un aviso xeral ós usuarios ten que poñelo nas conversas de todos, o cal é un traballo considerable. Entón a solución é o que fai a Fundación Wikimedia coas mensaxes que nos mandan e coas novas de Tech news, que un bot deixe os comentarios nas conversas. Podería facerse un bot que tivera unha páxina para apuntarse, de forma similar ó que fai o MediaWiki message delivery, e unha páxina para deixar as mensaxes a enviar, iso ten que ser sinxelo de facer, non?. A única pega é que cada vez que se quixera mandar unha mensaxe habería que avisar ó controlador do bot para que o executase e se mandaran os avisos, supoño que haberá algunha forma de automatizar isto pero xa se me escapa como podería ser. Que che parece a idea, interésache? Se non queres liarte con isto dimo sen problema que non te quero agobiar nin nada polo estilo :)
Por certo, sabes que se poden facer contas de bot aloxadas no servidor da Fundación? Creo que desa forma si se podería automatizar ese bot de mensaxes, podería ter un cron que o activara tódolos días á hora X, que revisara se ten algunha mensaxe que enviar na páxina de "avisos" e de ter algo enviaría o aviso a tódolos usuarios que estiveran apuntados ó servizo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2015 ás 16:04 (UTC)[responder]
Grazas Banjo, xa atopei como usar o envío de mensaxes! ;) Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 12:27 (UTC)[responder]
A ver como se me dá isto! --Ghazafelho1977 (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 15:38 (UTC)[responder]
Grazas por axudarme a manter ós meus alumnos cos comezos da edición. Un saúdo,--Agremon(contacto) 25 de febreiro de 2015 ás 16:55 (UTC)[responder]
... levo cousa de dúas horas longas de revisión, edición grosa, notas de conversa, envío de correos, e falta a maioría... :) Saúdos, --Agremon(contacto) 25 de febreiro de 2015 ás 18:17 (UTC)[responder]
Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:14 (UTC)[responder]
Doce aniversario da Galipedia
[editar a fonte]Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.
Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.
Boas Banjo, vin a túa imaxe da casa do concello de Castro de Rei, por se non o coñeces, temos este proxecto Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2015 ás 21:53 (UTC)[responder]
Ola, Banjo! Como vai? Teño tres encargos para o teu bot; dous deles son ortográficos, e un é técnico.
O primeiro é mudar *sudoeste por suroeste; o segundo é mudar *Celandia por Zelandia.
O terceiro é mudar <br>==Ligazóns externas==<br> (é dicir: cando nunha liña só hai este texto) por <br>==Véxase tamén==<br>===Ligazóns externas===<br>.
Non sei se me expresei ben :D
Mil grazas! A tarefa que pode facer un bot é inestimable, certamente! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de marzo de 2015 ás 00:24 (UTC)[responder]
Bango, arquivaches en 2015 votacións que son de 2014.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2015 ás 22:28 (UTC)[responder]
Máis ben penso que o que habería que facer sería buscar esas direccións en archive.org, Internet Archive, ou un sitio deses, e cambialas, o que pasa é que dende o sitio no que estou agora non me permite entrar nesas webs, a ver se as podo atopar pola noitiña. E creo que habería que poñerlle Modelo:Ligazón morta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]
- Mola!, grazas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2015 ás 09:51 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Grazas polas túas indicacións. Non era consciente diso (cando se fai unha ampliación, non unha primeira edición). Creo que tal como quedou agora, na páxina de conversa, cumprín. --XoioÉche o que hai 11 de marzo de 2015 ás 18:37 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Estou vendo como variar a grafía de separador de milleiros "." por espazo. Evidentemente, é tedioso, pero non sei se un bot podería facelo (a máis de non ter idea de facer bots). Entón, despois dalgunha proba, atópome con cousas como {{NUMBEROFARTICLES}} que sinxelamente non sei como cambiar e que está en notación con separador ".". Mirei algunha cousiña, pero polo momento non dou no método. Sabes dicirme onde tería que ferregachar para facer o cambio? Saúdos, --Agremon(contacto) 11 de marzo de 2015 ás 19:57 (UTC)[responder]
Banjo, polo de engadir espazo onde non o hai non te preocupes moito, son unha ínfima minoría. Nesa liña, non sei se ir cambiando pouco a pouco nomes de modelo (p.ex., 'Cidades de x de máis de 100000 habitantes"), porque pódome meter nun embrollo forte por todas as ligazóns a modelos... Saúdos,--Agremon(contacto) 11 de marzo de 2015 ás 20:47 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. O bot vai perfecto. Hai un tema sen definir abondo, que é nos números con catro díxitos enteiros, que se poden poñer xuntos, sen separación, pero precisamente por non confundir, non puxen ningunha observación no libro de estilo, ou sexa que perfecto.
En canto a {{NUMBEROFARTICLES}}, enterouse Elisardo e hai un procedemento, segundo pon en Conversa_Wikipedia:Libro_de_estilo#Formato_dos_n.C3.BAmeros.2C_sen_separador_entre_grupos_de_tres_d.C3.ADxitos. Nestes momentos aínda non fixo a proposta da que fala alí. Saúdos,--Agremon(contacto) 15 de marzo de 2015 ás 20:16 (UTC)[responder]
Boas Banjo! Acabo de ver a túa mensaxe na taberna sobre os botóns de administrador. Se queres propóñote eu, pero non sei moi ben como abrir unha nova votación cando houbo unha votación anterior, as veces que o fixen foi un pouco chafulleira, se mo indicas xa te propoño agora. Unha aperta! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 09:43 (UTC)[responder]
- Xa está feita a proposta e puxen un comentario na taberna. Tes todo o meu apoio para mudar o tema das autopropostas de usuarios para a administración, creo que é unha desas cousas que quedan na Galipeda que non teñen sentido, polo que se inicias algunha votación para mudar eso avísame e a apoiarei con gusto. Por outra banda, onte creei o artigo Lista de cantatas de Johann Sebastian Bach a partir do artigo da Wikipedia en inglés, o caso é que hai uns modelos para ordenar algunhas columnas da táboa que non sei se temos, poderías botarlle un ollo e se fora necesario traelos? Moitas grazas! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 11:03 (UTC)[responder]
- Moitas grazas! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 11:20 (UTC)[responder]
- Unha cousa... o modelo que se emprega na táboa para ordenar as datas hai xeito de facer que queden invisibles, de xeito que só se vexa a data que non está dentro do modelo? Non sei se me explico ben. Graciñas de novo!! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 11:53 (UTC)[responder]
- Perfecto! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2015 ás 12:17 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Aproveitando o tema.
Na Galipedia, que eu saiba, nunca tivemos un bot con permisos de administrador e, como sabes, sería útil para facer certas cousas, como movementos masivos de categorías nas que hai que borrar as categorías de orixe.
Como ves o tema? Sería bo propoñer a Usuario:BanjoBot 2.0 para engadirlle a bandeira de administrador? --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2015 ás 18:31 (UTC)[responder]
Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:25 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
¿Anímaste a meterlle man a JavaScript, que leva o cartel de "atención" dende hai sete anos?
Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2015 ás 09:27 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Ola, Banjo!
Moitas grazas por axudares a categorizar as parroquias segundo a advocación. Son varios os casos en que o topónimo indica o nome dun santo pero a advocación da igrexa é outro. En ocasións hai un lugar da parroquia que leva o nome do primeiro santo, ou hai unha capela a el adicada, ou simplemente houbo un cambio posterior na advocación que non trascendeu no topónimo (caso de santos "recentes"). En calquera caso fíome do Nomenclátor, e ese é o criterio que estou a seguir.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de marzo de 2015 ás 23:57 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2015 ás 11:22 (UTC)[responder]
- Correcto. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2015 ás 12:10 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
- Banjo, mandeiche onte un correo sobre isto cun par de preguntas, cando poidas a ver se podes responder e así pecho algunhas cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 03:01 (UTC)[responder]
Boas, se queres fedellar no sistema podes botarlle unha ollada ó do Wikipedia:Filtro de abusos para ver se lle damos caña ás IPs. Poden importarse filtros da wiki.es ou da wiki.en e adaptalos logo aquí. Eu tentarei miralo tamén un pouco para a semana. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 14:09 (UTC)[responder]
- Oki, descansa, e vandalismo 0! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 14:20 (UTC)[responder]
Síntoo, Banjo, pero non me enterei da votación como novo administrador. Por iso falta o meu voto afirmativo nesa lista. Por iso, aínda que sei que non che fai ningunha falta, gustaríame que constase en acta o meu "Concordo". Parabéns e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de marzo de 2015 ás 18:33 (UTC)[responder]
- Parabéns! :D. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2015 ás 02:31 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Preciso axuda do bot para mudar image e image2 por imaxe e imaxe2 en tódalas Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Modelo:CaixaAnatomía.
Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2015 ás 19:53 (UTC)[responder]
- Nalgunhas desas mesmas páxinas tamén hai que mudar "caption" por "lenda". Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2015 ás 20:16 (UTC)[responder]
- Noutros deles tampouco aparece a lenda da imaxe porque empregan "pé=". Habería que mudalo, tamén, por "lenda=". --. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2015 ás 20:18 (UTC)[responder]
Parabéns pola elección, Banjo. Sinto non ter votado por non me decatar do aviso a tempo. Xa tes dados os permisos. :) Apertas --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de marzo de 2015 ás 20:52 (UTC)[responder]
Caro Banjo, gracias por el aviso en esta pagina. Yo no ablo Gallego, y te pido, por favor, si por esta vez me ajuda en traduzir en Gallego correcto la pagina. Por favor, me ajuda?
Muchas gracias para la tu colaboraciòn preciosa
Rei Momo (conversa) 30 de marzo de 2015 ás 14:01 (UTC)[responder]
- Hola de nuevo, desculpas el encomode. He visto que nuestro amigo Castelao (conversa) tiene hecho la trduciòn en Gallego. Es possible, ahora, retirar l'aviso? Muchas gracias y hasta luego! Rei Momo (conversa) 30 de marzo de 2015 ás 21:38 (UTC)[responder]
- Grazie mille !!! Rei Momo (conversa) 31 de marzo de 2015 ás 06:58 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Cando se sube un ficheiro e se pon a caixa de datos:
{{Information |Description= |
se se deixa algún campo sen encher, como o da orixe, o software, automaticamente clasifica en Categoría:Imaxes sen Orixe, por exemplo.
A miña pregunta é, como se muda esa clasificación automática? (Quero mudar "... Orixe" por "... orixe", en minúscula). É dicir, para que automáticamente clasifique en Categoría:Imaxes sen orixe e non en Categoría:Imaxes sen Orixe.
Ti sabes como se fai? --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2015 ás 06:48 (UTC)[responder]
- Creo que xa está feito, modifiquei o modelo Information. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2015 ás 08:03 (UTC)[responder]
- Grazas Elisardo. Era ben doado!
- Cando galeguices a caixa hai que facelo de xeito que siga sendo compatible cando se transfiren ficheiros da Galipedia a Wikimedia Commons.
- Outra cousa que hai que facer (que teño falado con Toliño pero non amañamos nada) é que cando cargas en Wikimedia Commons sae precargada a caixa para os datos, e a nós non. Nós temos que poñela a man.
- Como se faría iso? --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2015 ás 09:54 (UTC)[responder]
- Parabéns! Bo traballo! --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2015 ás 18:38 (UTC)[responder]
Bos días, Banjo. No respecto a esta imaxe e a imaxe Image:20101002-Daniel Kessler.jpg, xa puxen que son obra miña e o permiso é do propio autor nas respectivas fichas. Volvín a cargar de novo as fichas e puxen PD-propia, aínda que xa estaba sinalado noutro apartado fora da explicación. Elimino eu o ti a caixa de advertencia de borrado? Un saúdo!--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 10:58 (UTC)[responder]
- Ola de novo. O caso é que xa estaba posto que é obra propia, por duplicado: na licenza e na descrición. Onde dis ti que hai que voltar a poñelo? Saúdos--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 11:06 (UTC)[responder]
- Por exemplo: para a imaxe de Paul Banks puxen na descrición:
{| class="wikitable" |- {{Information |Description= Fotografía de Paul Banks (Interpol) a noite do 1 ao 2 de outubro de 2010 na Rúa da Fonte de Santo Antonio (Santiago) |Source= |Date= 2 de outubro de 2010 |Author=[[Usuario:Castelao|Castelao]] |Permission= '''PD-propia''' |other_versions= }} |}
- E logo seleccionei no cadro de Licenzas o correspondente a PD-propia. Así que, onde máis?--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 11:13 (UTC)[responder]
- Feito! Gracias por as aclaracións e un saúdo!--Castelao (conversa) 7 de abril de 2015 ás 11:19 (UTC)[responder]
Boas Banjo!! Primeiro de todo noraboa polo teu regreso como administrador á Galipedia, a ben seguro que farás un gran traballo!! Lin o artigo de Slipknot que propuxeches para destacado e fixen algúns arranxiños, bótalle un ollo se queres a ver se te convencen. Por outra banda quería propoñerte, se te interesa, revisar o artigo engadindo algúns contidos da Wikipedia en inglés (basicamente ampliando algunha sección) de cara a que puidera ser proposto para calidade. Creo que o artigo ten unha boa base e mesmo podería ser proposto xa, pero se cadra era mellor traer algo máis da nosa irmá en inglés para ter máis garantías. Eu perdinlles a pista logo de "Iowa" e controlo máis de clásica, pero podo tentar axudarte, aínda que teño moitas frontes abertas, e mesmo podemos tentar convencer a Beninho se fora necesaria máis axuda ;) --Piquito (conversa) 7 de abril de 2015 ás 17:25 (UTC)[responder]
- Non hai fallo! Cando podas, non hai presa! Eu non creo que vaiamos curtos de artigos destacables para a portada, o que pasa é que moitos artigos non interesan e a xente non participa nas votacións... eu por exemplo propuxen para calidade varios artigos o ano pasado que poderían ser destacados perfectamente na portada pero non saíron para calidade porque non chegaron aos 5 votos en total, logo se queres propoñer hai varios artigos de calidade que non apareceron na portada (Harvey Milk, Claudio Abbado e Sinfonía nº 8 (Sibelius), aínda que este último mellor non propoñelo porque en decembro vai Sibelius) Eu antes de propoñer un artigo para a portada o propoño para calidade, así vai coa estrela á portada e dá publicidade á Galipedia, podería dicirche algún se queres, o problema é que a maioría son de música clásica e se saturaría a portada co mesmo tema, e de hóckey sobre xeo (os dous xa os propuxen e un pasou con máis pena que gloria cun único voto, e o outro foi rexeitado por 1-2, logo estaría Tiny Thompson, que é traducido do artigo en inglés -de calidade- pero que xa nin me atrevín a propoñer aquí), tamén poderías propoñer núcleo celular (que o proporei para calidade prontiño)... Para min o problema é que nun ano só podemos poñer 12 artigos destacados, e se a maioría de artigos destacables son dunha temática... Eu hai tempo tentei que se suprimira o artigo destacado sobre Galiza (que ahí si que imos curtos) para destacar un artigo na portada e que esta cambiara cada semana, pero a comunidade non quere renunciar aos artigos destacados sobre Galiza e esto frea tamén a posibilidade de destacar máis artigos na portada (se xa tendo que sacar 12 artigos destacados sobre Galiza nun ano nos custa, imaxínate para meter un por semana! Imposible) Bueno, total, que cando precises axuda con Slipknot ou o vaias presentar para calidade conta comigo para o que sexa. Unha aperta!! Piquito (conversa) 8 de abril de 2015 ás 12:37 (UTC)[responder]
Xa vin que os números non coincidían, pero xa está feito.--Miguelferig (conversa) 9 de abril de 2015 ás 11:26 (UTC)[responder]
Boas Banjo! Se tes un momento poderías traer este modelo ao noso artigo dos Calgary Flames? Está na sección de "Xogadores" en "Plantel actual". Se non podes avísame e busco a outro usuario que me axude, e se o fas avísame e así o poño noutros equipos. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 10 de abril de 2015 ás 22:14 (UTC)[responder]
- Grazas!! Piquito (conversa) 13 de abril de 2015 ás 21:17 (UTC)[responder]
Ola.
Podes poñer o bot a borrar comas (, etc
por etc
)? Antes de etcétera (ou etc.), que significa "e o demais", en galego, non se pon coma ([1]).
Grazas! --. HombreDHojalata.conversa 11 de abril de 2015 ás 17:08 (UTC)[responder]
- Outra: Mover tódolos que levan Categoría:Ornamentais a Categoría:Plantas ornamentais. Grazas! --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2015 ás 18:30 (UTC)[responder]
- Ola Banjo. En efecto, deixei nas mans de HombreDHojalata que fixera os cambios necesarios na ficha etcétera porque eu non estou familiarizado coa gramática galega. Crin que era mellor que desenvolvese el as fontes ou aducise aquilo que corresponde, ou recomprobase con máis criterio a exactitude do cambio. Todo o que sexa eliminar erros da Galipedia, benvido sexa! Un saúdo!--Castelao (conversa) 13 de abril de 2015 ás 10:29 (UTC)[responder]
Coordenadas
[editar a fonte]a ver se lle podes botar unha ollada á páxina ASTANO por que pon esto -> {{#coordinates:}}: Latitude incorrecta —o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.124.11.42 (conversa • contribucións)
Hi Banjo,
can you add please two steps on Commons, if an image will be featured on the GL-Wiki too:
- 1) please add on Commons the category to the image: Featured pictures on Wikipedia, Galician
- 2) and add on Commons the glwiki=1 tag, like {{Assessments|glwiki=1}}
Grazas e saúdos, --Alchemist-hp (conversa) 14 de abril de 2015 ás 07:32 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Espero que non te moleste, pero mudei o ficheiro co mapa para o artigo Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela), para dar cabida á numeración dos edificios e o marcado da rúa. Empreguei como base o plano de Open Street que ti subiches, eliminando a publicidade. Gracias de veras pola túa colaboración e un saúdo! :) --Castelao (conversa) 14 de abril de 2015 ás 18:51 (UTC)[responder]
Grazas pola benvida, meu. Un saúdo.--88.9.169.5 15 de abril de 2015 ás 11:56 (UTC)[responder]
RE: Páxinas de Ficheiro:AS1-arquitecturas-no-distribuidas.pdf con dereitos reservados
[editar a fonte]Feito. Graciñas polo aviso. Nin conta me dera. Saúdos! --Manoel.folgueira (fálame) 17 de abril de 2015 ás 19:26 (UTC)[responder]
¡Grazas Banjo!
[editar a fonte]Moitas grazas pola túa benvida, compañeiro!
Estou tentando a facer unha grande aportación á Galipedia, mais non dispoño de demasiada información ó respecto da colección Arealonga.
Dado que semellas un usuario importante en canto a aportación nesta, nosa páxina, ¿Poderías axudarme ó respecto? ¡Viríame de perlas!
Achégote o meu correo en caso de que decidiras axudarme, amigo: rubenvp95 @ live. com
¡Un saúdo, espero a túa resposta! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rptraballando (conversa • contribucións)
Tan só é unha opinión persoal, pero non sei ata que punto é interesante ter este trebello activado por defecto para todos os usuarios. Para xente experimentada no wiki e/ou afeita a escribir en linguaxes de programación é unha ferramenta moi boa, mais a xente novata pode atopar todo isto aínda máis estraño (lembremos que a sintaxe wiki xa é complicada abondo ao principio). Que opinas? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 21 de abril de 2015 ás 13:50 (UTC)[responder]
- Pero entón haberá que anuncialo nalgún lado non? Ou xa o fixéchedes e non me decatei? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2015 ás 16:12 (UTC)[responder]
- Xa me decatei do lio despois :). Si, hai que anunciar todas as ferramentas que se traen porque se non a xente non se decata de que existen, cando poidas pon unha notiña e así o que queira pode probala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2015 ás 16:37 (UTC)[responder]
Boas Banjo! Ti que controlas do tema, animaríaste a mellorar ou crear algún artigo sobre informática? Nas categorías dos artigos de calidade temos varias valeiras e unha delas é a de "Tecnoloxía", na que creo que sería interesante ter algo (aínda que sexa un artigo). Hai algúns relacionados co tema na sección de "Ordenadores e Internet" de Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debería ter (case todos por certo son bosquexos que estaría ben ampliar). Seino, son un pesado cos artigos de calidade, non o collas se non queres, é unha proposta sen compromiso :) Apertas!! Piquito (conversa) 21 de abril de 2015 ás 17:01 (UTC)[responder]
- Jajaja. Está ben que haxa usuarios que vos centredes nun só artigo e non fagades coma min, poñendo marcadores "en uso" en multitude de artigos!! :O Piquito (conversa) 21 de abril de 2015 ás 17:28 (UTC)[responder]
Hoxe é a segunda vez que me pasa, agora estame pasando no artigo Crónica Geral e Crónica de Castela, no elemento de wikidata non ten nada pero saen interwikis a es.wiki e af.wiki en vermello cando no artigo non hai ningún interwiki. Saberás de que pode ser? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2015 ás 16:39 (UTC)[responder]
- Iso é porque aínda non ten activo o tradutor automático, cando o teña outro galo cantará :) Pedín que o meteran pero non me dixeron cando comezará a funcionar, ó mellor iso tarda máis porque creo que é outro módulo (aínda que non debería ser moi complicado porque penso que xa funcionará na versión en catalá e usa o mesmo sistema, o Apertium). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2015 ás 17:31 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Adxuntar exemplares das revistas escaneados
[editar a fonte]Ola,
gustaríame saber si sería posíbel adxuntar ao artigo exemplares escaneados da revista As Roladas e As Roladas 2, os exemplares da primeira desccargueinos de internet, os da segunda saqueinos eu dun exemplar físico.
Si é así, gustaríame saber tamén como fago para poñelos, porque estiven a ler o de subir arquivos a Common mais di que teñen que ser estrictamente creacións propias, co cal esto xa non valería.
Grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ares.Alonso.D1 (conversa • contribucións)
Dear Banjo, Please help creation this article in your Language and start this article. Thank you very much. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 82.113.121.67 (conversa • contribucións)
Ola, creo que xa quedou arranxado o meu erro de novato, gheghe:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa:Guerra_dos_%C3%93sos
Atte.
--Biologo2001 (conversa) 28 de abril de 2015 ás 16:29 (UTC)[responder]
Grazas pola túa axuda co artigo dej oint venture e polas túas recomendacións Banjo! Son nova nisto.
Un saúdo,
--Afafaifa (conversa) 29 de abril de 2015 ás 16:16 (UTC)[responder]
Grazas Banjo pola túa axuda co artigo joint venture e polas túas recomendacións!
Son nova nisto.
Un saúdo desde Pontevedra,
--Afafaifa (conversa) 29 de abril de 2015 ás 16:19 (UTC)[responder]
Pero xa metiches as mans, menos mal! ;) Eu cambiei no artigo a bibliografía e as citas pero aínda hai algunhas que non funcionan e non sei por que. Ademais mete a páxina na categoría de Páxinas con referencias con parámetros obsoletos, mirei por riba e non si por que a mete aí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2015 ás 23:24 (UTC)[responder]
- Máquina! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2015 ás 23:30 (UTC)[responder]
- Creo que agora xa están todas agrupadas, espero que non me trabucara. Se queres que mire eu algo avisa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2015 ás 23:45 (UTC)[responder]
Boas Banjo! Fixeches uns cambios neste modelo e agora as cousas saen cambiadas... por exemplo, cando poño o campo "editor" (pola editorial), se non hai autor pónseme diante e non queda ben... (exemplos: David Macaire, Gerhard Ludwig Müller... Se se pon unha lista das súas obras, sae a editora diante no canto do título, non sei se me explico ben...).--Norrin (Fálame) 30 de abril de 2015 ás 13:30 (UTC)[responder]
Xa rematei de recuperar as citas do reino de galicia. Os outros artigos que traducira foron o do caso do metílico e o do estatuto do 36, pero xa vin que os amañaches ti. Unha aperta--Breogan2008 (conversa) 3 de maio de 2015 ás 13:06 (UTC)[responder]
Hola Banjo! Grazas polo aviso, creo que xa está arranxado o tema do recoñecemento cando se fai unha tradución doutras Wikipedias, se cadra podes velo aquí. Agradezo a túa axuda, e prestarei atención para non cometer o mesmo erro no futuro ;) Saúdos!! --Supino in albis (conversa) 3 de maio de 2015 ás 21:17 (UTC)[responder]
Boas Banjo, parece que non quedaron ben algúns modelos de concello ó meter o separador de miles con espazo, mira o historial do artigo Bande. O bot cambiou o número de habitantes e iso fixo que quedara mal a densidade. Hai que revisar os concellos que estean modificados por se hai que amañar algún máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2015 ás 23:34 (UTC)[responder]
- Moi ben, se precisas axuda para revisar algún grupo de artigos avisa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2015 ás 07:25 (UTC)[responder]
Mira, no artigo Antonio de Nebrija da un aviso de que ten parámetros redundantes en páxina e páxinas, pero non debería dalo porque páxina é para indicar o número de páxina da referencia e páxinas é para indicar o número de páxinas do libro. A maiores na referencia aparece "|página= y |páginas= redundantes (axuda)." Habería que cambiar o conector y e a ligazón á axuda apunta a "Axuda:Erros_nas_referencias#redundant_parameters" pero esa sección non está nesa páxina. Mirei o módulo Cita e non atopei por onde están esas cousas, podes dicirme onde se pode amañar esas cousas? Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2015 ás 11:28 (UTC)[responder]
- Vale, amañei a referencia do artigo, se atopas as outras cousas dime onde están para ir vendo onde están as cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2015 ás 12:25 (UTC)[responder]
- Moi ben, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de maio de 2015 ás 23:02 (UTC)[responder]
Hola Banjo! Hoxe estaba editando algunhas cousas e decidín crear un artigo sobre a Organización Mundial de Boxeo. Pero non me decatei e creeino en "OMB" (OMB). Non sei se vale así pero, se cadra, habería que mover a páxina a Organización Mundial de Boxeo ou redireccionala, non si?? --Supino in albis (conversa) 10 de maio de 2015 ás 13:02 (UTC)[responder]
- OK, grazas por avisarme de que xa está arranxado. Saúdos :) --Supino in albis (conversa) 10 de maio de 2015 ás 17:56 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Cando empregues {{Atención}} non esquezas meterlle o "Subst
" ({{subst:Atención}}), para que categoríce os artigos por ano e mes, dentro de Categoría:Wikipedia:Atención e non vaian a Wikipedia:Artigos que requiren atención desde unha data descoñecida.
Grazas, saudos. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2015 ás 07:30 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:45 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Este artigo foi traducido a partir da páxina en Inglés. Quen pode axudar a corrixir os erros? Eu só así ocorrer de ser un fan da serie. É unha serie emocionante. Os dous xemelgos son os mellores amigos, a pesar de ser diferente, como a película The Fox and the Hound (que é a mellor película de sempre). Gustaríame aprender galego moito. Grazas por entender. 2602:306:CD0A:8DD0:D0B8:5D66:98B9:7CB2 21 de maio de 2015 ás 08:00 (UTC)[responder]
In English:
This article was translated from the page in English. Who can help correct the errors? I just so happen to be a fan of the series. It is a heartwarming series. The two twins are best friends, despite being different, like the movie The Fox and the Hound (which is the best movie ever). I would like to learn Galician very much. Thanks for understanding. 2602:306:CD0A:8DD0:9006:B2AC:F85:F3DF 22 de maio de 2015 ás 07:11 (UTC)[responder]
Moitas grazas por arranxalo tan axiña. Un saúdo.--Chairego apc (conversa) 22 de maio de 2015 ás 12:32 (UTC)[responder]
Ola rapás, terías un momento para revisar as citas Harvard do artigo Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela). É que nalgunhas notas Castelao engadíu citas Harvard pero non ligan ó libro da bibliografía, non sei se porque están mal ou porque non se pode. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 10:02 (UTC)[responder]
- Non te preocupes, ventílate home, ventílate :) Xa vin o amaño, pero aínda quedaban algunhas referencias mal porque tiñan o autor incorrecto xa que eran obras de VV.AA. Agora xa está todo niquelado, moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2015 ás 01:26 (UTC)[responder]
Gracias, Banjo. Non hai problema, se consideras que é mellor así. O único que tes que ter en conta é que aínda estou desenvolvendo a relación de cadros, polo que podería acadar unha cifra final algo alta, que non sei se faría algo incómodo ollar o artigo. Pero, como dis, o formato "Anexo" vino na Wikipedia en castelán, e se é algo que na Galipedia non se estila, pois non hai máis que dicir. Estou sempre para aprender. Gracias polos ánimos e non te cortes en dicirme as cousas. Un saúdo!--Castelao (conversa) 30 de maio de 2015 ás 09:31 (UTC)[responder]
Non creo que sexa forma
[editar a fonte]Ola. Hai semanas que traballo en páxinas de lingua e literatura desta Wiki e trato de axudar e de ir lendo todas as instrucións, con achegas que intento sexa rigorosas e construtivas. Agradecería que repoñas o que fixen ata o punto no que cito a decadencia do espectáculo teatral e a Ditadura de P. de Rivera, aí polas seis e corenta e cinco da tarde. Un saúdo.
PS: Agora que o comprobo parece que o que eliminas son unha ou dúas horas de traballo, con información contrastada e extraída de tres fontes diferentes. Son licenciado en Filoloxía Galega, profesor de Lingua e a creación desta páxina responde a un traballo pedagóxico cun curso de 2º de Bach. A razón de que o traballo sexa inicialmente de varios alumnos/as e de que como é obvio contemplemos a participación doutras persoas (anónimas) en cada unha das páxinas abertas, esa razón é a que nos move a non publicar esta páxina baixo ningún nome de usuario. Así que se es tan amable, as miñas alumnas e mais eu che rogamos que nos devolvas o choio desta tarde. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Cordal (conversa • contribucións)
Grazas pola túa axuda co artigo "Julián Gil" joint venture e polas túas recomendacións! I was not satisfied with translation tools. So I tried carefully to take into account biographies on famous actors. But it is not sufficient. Who can help me to correct the errors, please? I am a fan of spanish-speaking series. I would like to discover Galician to create other articles on actors, series and movies. Do you know good translation tool or a rapid method to learn basics of this language ? Thanks for understanding. --Gilles2014 (conversa) 3 de xuño de 2015 ás 22:52 (UTC)[responder]
Ola, Banjo! Como vai?
Podes dicirlle ao teu bot que mude [[Florencia - Firenze|Florencia]] por [[Florencia]] e (se existe) [[Florencia - Firenze]] por [[Florencia]]?
Graciñas de novo, e unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xuño de 2015 ás 22:33 (UTC)[responder]
Boas Banjo! Poderías revisar a segunda referencia do artigo Montreal Canadiens? Vese algo raro ao visualizala no apartado de "Notas". Graciñas!! Piquito (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 16:18 (UTC)[responder]
- Moitas grazas!! Como podo ver a data de arquivo dunha páxina web? Piquito (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 16:46 (UTC)[responder]
- Moitas grazas de novo!! Piquito (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 17:04 (UTC)[responder]
Boas!, mira, atopei unha ferramenta para editar as árbores xenealóxicas pero non me funciona, ti poderías botarlle un ollo a ver se lle atopas algún problema? Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2015 ás 00:57 (UTC)[responder]
- Ó final funciona a medias, co modelo árbore xenealóxica non vai pero trouxen o modelo chart, Modelo:Diagrama, e con ese si vai, podes miralo en Usuario:Elisardojm/Árbore xenealóxica Álvarez - Bóveda. Teño que revisar unhas cousas e despois o comento na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2015 ás 09:34 (UTC)[responder]
O primeiro: incrible traballo o que fixeches coas referencias, es un crack! :) E agora ven a pregunta ;) Que vin na axuda isto "A referencia emprega parámetros obsoletos (Mensaxe oculta por defecto)", hai algún sitio no que o usuario poida configurar algo para que a mensaxe non estea oculta? É que así podería atopar as referencias que teñen problemas máis doadamente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2015 ás 09:29 (UTC)[responder]
- Un detalle, atopei alomenos dúas categorías de mantemento que conteñen *térmos (p.ex. "Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias con térmos traducidos sen o orixinal") no nome, hai que cambialas a "termos", sen til. Mellor que o fagas ti porque son categorías que se enchen automaticamente e xa sabes onde hai que fedellar, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2015 ás 09:35 (UTC)[responder]
- Grazas por toda a información :) Se son poucos entón está ben que polo momento estean ocultos, non teño nin idea deles porque aínda non comecei a miralos, cando me poña con eles e non os dou amañado entón ó mellor temos que volver falar do tema :) Grazas a ti!, saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2015 ás 10:29 (UTC)[responder]
Perdoa, é que levo toda a finde con este problema e xa a tiña medio preparada :). Si, é convinte mandar unha mensaxe a todos os usuarios porque este é un problema moi serio se vai para adiante, en canto teña un momento xa a mando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:04 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Ola Banjo, grazas polas modificacións no artigo faneca brava. De todos os xeitos, dúas cousas; o artigo non está baseado na Wikipedia en catalán coma pos na discusión, senón maiormente na inglesa, que ten bastantes referencias, ou máis que na maioría de artigos; mesmo eliminaches algunha. Un saúdo.Nachonion (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 11:51 (UTC)[responder]
Xa fun creando o artigo La Unión (As Pontes de García Rodríguez) cos datos que atopei. Seguirei buscando máis datos, sobre todo o da data de peche do xornal. Grazas por poñerme sobre a pista. Saúdos. --Xas (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 17:08 (UTC)[responder]
Ola, Banjo;
lembra que o criterio usado na Galipedia para os topónimos galegos é o Nomenclátor de Galicia, que para o lugar da parroquia de Vilavella dá "Pena Porreira", e non "Pena *Purreira". O INE ten desaxustes con respecto ao Nomenclátor, validado por personalidades da toponimia.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xuño de 2015 ás 00:07 (UTC)[responder]
Boas Banjo! Poderías revisar o Modelo:Tempadas equipos NHL? Creeino a partir do Modelo:NBA, case non modifiquei nada pero non vai. Graciñas!! Piquito (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 10:39 (UTC)[responder]
- Grazas! E como pode facerse para que as tempadas dos antigos equipos (agora aparece á dereita de todo) aparezan ocupando a fila de abaixo das outras catro columnas? Como aparecen os outros acontecementos no da NBA... non sei se me explico. Piquito (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 10:58 (UTC)[responder]
Boas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Detecteino nun artigo dunha estación de tren: [2]
Xa está reparado. Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xuño de 2015 ás 22:04 (UTC)[responder]
Boas, seríache doado co bot cambiar o Modelo:Smallcaps polo Modelo:Versaleta? É simplemente para que o nome estea traducido... Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2015 ás 08:56 (UTC)[responder]
- Grazas :)! O que non teño claro é se deixar a redirección *Versalita, en galego, segundo o dicionario en liña da RAG, é versaleta, pola noite miro noutro dicionario a ver se tamén pode usarse ese nome. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2015 ás 09:43 (UTC)[responder]
- Borrei o de *versalita porque iso é en castelán. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2015 ás 16:28 (UTC)[responder]