Conversa usuario:Lameiro/arquivo 11
Wikirreto
[editar a fonte]Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!
Ola Lameiro. Ando coa Galería de imaxes de Galicia e na sección cultura non estou convencido coa división "Entroido / Festas / Gastronomía / Mitoloxía" e "Cultura popular galega". Pensei en agrupar todo baixo o epígrafe "Cultura popular galega" e que del colguen "Entroido / Festas / Gastronomía / Mitoloxía" e "Etnografía galega" (ou "Cultura tradicional", este título tampouco acaba de gustarme). Como ti creaches case todos os artigos dese tema quizais poidas botarme unha man co teu coñecemento para organizar mellor o material dispoñible. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 3 de xaneiro de 2017 ás 18:46 (UTC)
RE:(San Xoán de) Poio
[editar a fonte]Tes razón, pero hai un problema, que hai San Xoán de Poio, Poio e San Salvador de Poio, Poio e no Nomenclátor ningún deles ten o santo :) Foron movidos de Poio (San Salvador), Poio e de Poio (San Xoán), Poio, quizais eran máis correctos os nomes antigos xa que desa forma non se engade nada ó nome, si hai que poñer o santo entre parénteses para diferenciar as dúas parroquias. Se che parece ben fago eu o cambio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2017 ás 21:56 (UTC)
- Listo, non era sen tempo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2017 ás 02:10 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)
Borrar cousas en Wikimedia Commons
[editar a fonte]Non, non podo. Non son administrador en Wikimedia Commons. Síntocho. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2017 ás 21:18 (UTC)
Acisclo Manzano
[editar a fonte]Poñereime logo con el un día destes. Saúdos! --Xas (conversa) 22 de xaneiro de 2017 ás 19:50 (UTC)
- Iniciado. --Xas (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 16:44 (UTC)
Re: Virxe? en Fornelos
[editar a fonte]Foi unha dedución. É a única figura na fachada dunha igrexa adicada a Santa María (e a min paréceme unha figura feminina).
Podería ser a imaxe doutro santo, pero penso que é improbable. Con todo, non atopo ningunha fonte, nin en papel, nin na web, que o acredite.
A diocese de Tuy-Vigo, dende hai anos, ten na súa páxina web, a disposición de quen queira consultalos, uns arquivos pdf con información detallada da historia e patrimonio de mais de oitenta das parroquias (de feito cambiaron o deseño da web pero mantiveron o acceso a eses contidos, cousa que non é nada habitual). Tristemente, non é o caso da parroquia de Estacas. Curiosamente o que ligan no hipervínculo "información" é, precisamente a miña fotografía!: http://www.diocesetuivigo.org/diocese/parroquias%20e/parroquias%20E.html
Eu teño unha cuñada mestra no colexio de Fornelos. Cando a vexa voulle pedir que me procure información na biblioteca do centro.
Outra curiosidade, nun tempo, hai moitos anos, tiven trato, cando él era administrador do Seminario de Tui, co que agora é copárroco, Andrés Fuertes Palomera. Que ten un master en restauración e rehabilitación de patrimonio diocesano e é delegado de patrimonio e arte sacra. Así que, non descarto, se teño ocasión, preguntarlle directamente polo tema.
Por último, unha recomendación. Ao carón da igrexa está Casa Chalán, onde preparan, entre outras cousas, un xabaril con arroz delicioso. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2017 ás 22:02 (UTC)
RE:Nova encarga
[editar a fonte]Queda apuntada a tarefa na conversa do artigo, a ver cando o podo facer. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2017 ás 22:09 (UTC)
Carrizos
[editar a fonte]En canto á categoría Passeriformes eu non a creei. Se poñemos os taxons maiores en galego, o DRAG dá paseriformes como equivalente en galego de Passeriformes, polo que o lóxico sería poñelo así.--Miguelferig (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 21:21 (UTC)
- Supoño que Prunellidae equivalerá a prunélidos.--Miguelferig (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 21:46 (UTC)
Xudeus
[editar a fonte]Boas Lameiro! Ti que controlas (ou interésache o tema), sabes como anda a cultura popular galega de expresións sobre o pobo xudeu? É por se habería material para facer un artigo propio, e en caso de habelo meter unha ligazón ao hipotético artigo no Modelo:Pobo xudeu en Galicia. Xa de paso, se hai material anímote a crear o artigo, eu algo atopei sobre expresións relacionadas coa cidade de Monforte de Lemos para facer o seu artigo, pero non sei se hai moito máis (supoño que si). Graciñas! Piquito (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 21:16 (UTC)
- Ben! Grazas pola túa colaboración! Se algunha vez te animas a investigar o tema avísame porfa, co tempo irei facendo artigos do tema e se cadra podemos colaborar (do mesmo xeito que atopei expresións e refráns de Monforte de Lemos pode que atope doutros lugares, ou non...). Unha aperta e grazas de novo! Piquito (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 21:52 (UTC)
Wikimaratón urxente maña
[editar a fonte]Boas, pídovos o voso apoio para organizar un wikimaratón para mañá, máis info en Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Wikimarat.C3.B3n_para_ma.C3.B1.C3.A1 Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)
Eirugas
[editar a fonte]Ola. Dígoche a miñla opinión. Primeiro empezo pola foto. Non é un insecto senón un crustáceo, o único crustáceo de vida totalmente terrestre. Trátase dun bicho bóla ou cochinilla de la humedad. En canto á palabra eiruga, para min é, propiamente falando, a larva dos lepidópteros (bolboretas e avelaíñas). Por extensión o DRAG di que tamén se lle chama eiruga (penso que na lingua común, pero non en textos científicos) a calquera larva de corpo cilíndrico e con aneis, como as que teñen ALGÚNS insectos (calquera que sexan estes, pero na práctica só son algúns), xa que se parecen ás eirugas propiamente ditas das bolboretas. Por exemplo, algunhas larvas de coleópteros parécense a eirugas superficialmente. Non é igual larva que eiruga; a eiruga é un tipo de larva. Por exemplo, ás larvas das libélulas ou dos mosquitos, que son acuáticas, ninguén lles chama eirugas nin se parecen ás eirugas, tampouco as larvas que crecen dentro dos favos das colmeas de abellas ou as das formigas. En caso de fusionar as páxinas eu fusionaria as dúas dentro de "larvas".--Miguelferig (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 19:41 (UTC)
Linguaxe non sexista nos modelos e categorías
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
RE:Fotografías de 1905 e 1913
[editar a fonte]Sobre Dolores Aleu, esta teño dúbidas de que sexa ela porque atopei a foto aquí e non está o seu nome. O que si se pode poñer sen problema é a capa da súa tese, o seu contido e tamén o do seu outro libro (se queres subo eu esa portada, non me custa nada). O que si atopei é esta páxina que pon que unha foto é de 1890, pero vou preguntar unha dúbida para asegurarme, logo che conto. Mentres non me responden vou mirando as outras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 00:29 (UTC)
- Acabo de atopar unha data de publicación para Dolores, nesta web teñen un xornal cunha foto súa que foi publicada en 1919, polo que xa pasaron máis de 80 anos dende esa publicación co cal xa está en Dominio Público. Algo xa imos ter, pero cando me contesten en Commons xa miramos que fotos podemos usar.
- Nesa web tamén está a foto de Elena Maseras, que, polo mesmo de antes, pode pasarse a Commons sen problema porque xa está en Domino público. Nese caso simplemente hai que poñer a ligazón a esa páxina web e poñerlle o modelo {{PD-old-80}}. Se queres fágoo eu que non me custa nada e logo bótaslle un ollo cando queiras. Vou mirar a terceira agora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 01:03 (UTC)
- Sobre a obra de Nicolasa, non hai problema ningún, non é unha foto dela, é unha transcrición da súa obra que xa está en dominio público. Vou subir esta imaxe e máis a de Elena e así xa queda o choio feito. Cando saiba algo das fotos de Dolores xa che aviso tamén. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 01:40 (UTC)
- Confirmáronme en Commons que non hai problema en subir as fotos de Dolores, en canto teña un momento xa as paso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 16:57 (UTC)
- Xa está. A mandar :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 22:29 (UTC)
- Confirmáronme en Commons que non hai problema en subir as fotos de Dolores, en canto teña un momento xa as paso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 16:57 (UTC)
Nó de Salomón
[editar a fonte]O nó de Salomón xa o fotografaras ti aquí :), pero se queres imaxes esquemáticas del tes esta e esta con formas simples, e esta con máis liñas. Se queres fotos da súa realización tes este mosaico un pouco máis complicado, en pedra, a mesma que fixeches ti con outra orientación, e aquí un pequeno debuxo. Se precisas outras fotos con diferentes detalles avísame e busco máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 02:33 (UTC)
RE:Sanxenxo
[editar a fonte]Boas! O marcador de wikificar foi principalmente polas ligazóns externas na sección Turismo e na nota 5. Hainas que adaptar ó formato de notas ó pé e engadirlles a información correspondente, ou senón recuperar o marcador para que se faiga máis adiante. O marcador de sen referencias é porque agás a sección de "Sanxenxo na literatura popular", o resto do artigo precisa de máis referencias en case tódolos contidos. O marcador de revisión foi principalmente para que alguén máis afeito á edición wiki lle botase un vistazo ós formatos e contidos, en base a eses marcadores e como comentas ás edicicións dese usuario. Se non detectaches nada particularmente incorrecto no contido pode retirarse sen máis, deixando os outros marcadores pertinentes segundo corresponda. ☣Banjo tell me 21 de febreiro de 2017 ás 19:50 (UTC)
Re: Categoría poboación 2016
[editar a fonte]Xa a creei eu. Se te fixas en Categoría:Sanxenxo poboación 2016 verás que é unha categoría oculta e que colga de Categoría:Pontevedra poboación 2016. Cando necesites crear unha categoría dese tipo tes que engadir o marcador {{Categoría oculta}} e a categoría da provincia poboación ano. Con mirar o código fonte deste exemplo xa está. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 15:26 (UTC)
- Faise así, dun modo transparente para o usuario (só se decata no momento de crear a primeira entrada), para facilitar a clasificación, para coñecer en todo momento cales son os artigos cos datos de poboación máis antigos, polo tanto, aqueles que urxe actualizar. Tamén para saber os artigos que carecen do dato de poboación ou para detectar problemas. Como é unha categoría oculta non interfire coas categorías "normais" nin require dun coñecemento especial para quen non estea advertido do sistema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 15:44 (UTC)
Elementos químicos
[editar a fonte]Ola Lameiro. Sobreira achegou referencias para os nomes oganesson e ténnesso. Antes de precipitarme e mover nada quería preguntarche se estás de acordo ou pensas que o tema debe seguir aberto na Taberna. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 16:23 (UTC)
- Se así o establece o CIRP, non teño nada que obxectar, por suposto. ¿Como ía discutirllo ós meus mestres? Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 16:25 (UTC)
- Ok. Grazas. --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 16:28 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)
Catorce aniversario da Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
cabalo / egua?
[editar a fonte]Ola, Pedro! Como vai? Acabo de subir esta foto que tomei hoxe en Tenorio. Prestaba máis atención ao edificio que ao animal, e no momento no me fixei en se era macho ou femia; Por ser eu burro, chameille cabalo, pero igual me trabuquei, abusando do masculino xenérico. Ti distingues se é cabalo ou femia? Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de marzo de 2017 ás 21:20 (UTC)
RE:categorías ¿repetidas? de escudos
[editar a fonte]Tes razón. É evidente. Cando a evidencia de que algo está mal é tal, non precisas contactar previamente comigo: Fai e desfai ao teu antollo. Pensa sempre que, se non tes razón, outro virá que a ti e amin nos faga mellores. Apertas. Grazas pola túa consideración-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de marzo de 2017 ás 18:44 (UTC)
- Inda que a evidencia non fose tan clara, penso que tes a suficiente experiencia nas túas costas como para que eu confíe en que o teu traballo mellora o meu: Non vou revisar o teu traballo inda que desfaga o que eu fixen. Sería unha incoherencia e falta total de respecto facer tal cousa. Adiante-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de marzo de 2017 ás 18:53 (UTC)
- En conclusión: Agradézoche que fagas o que consideres adecuado ou mellor. Estou convencido de que contigo a Galipedia é mellor. Non é preciso, de ningunha maneira, que a min me pidas permiso para absolutamente nada. Eu, unicamente, estou encantado de que colabores.-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de marzo de 2017 ás 19:00 (UTC)
- Espero que estas palabras de ánimo que pretendo manifestarche non sexan unha illa perdida dentro do proxecto e que, consecuentemente, recibas moitas máis palabras de ánimo dos teus -outrora quizais os meus- compañeiros-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de marzo de 2017 ás 19:06 (UTC)
- En conclusión: Agradézoche que fagas o que consideres adecuado ou mellor. Estou convencido de que contigo a Galipedia é mellor. Non é preciso, de ningunha maneira, que a min me pidas permiso para absolutamente nada. Eu, unicamente, estou encantado de que colabores.-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de marzo de 2017 ás 19:00 (UTC)
Falamos cando desexes. Eu encantado. Encantado con serche útil. Encantado co teu trato. Encantado, simplemente encantado.-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)
- Como estás ocupado cos lugares movín co bot os escudos de pedra de Categoría:Imaxes de escudos da provincia de Pontevedra a Categoría:Imaxes de escudos en pedra na provincia de Pontevedra. Agora Categoría:Imaxes de escudos en pedra na provincia de Pontevedra quizais deba colgar de Categoría:Imaxes de escudos da provincia de Pontevedra porque nesta categoría hai outros escudos ademais dos de pedra. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2017 ás 22:17 (UTC) Corrixo, non o teño claro. Polo que vexo, as categorías de imaxes dos escudos están un pouco enguedelladas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 6 de marzo de 2017 ás 22:34 (UTC)
Ola, Pedro. Como sería? Chícharo de olor? Grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 8 de marzo de 2017 ás 10:03 (UTC)
- Moitas grazas. Dúbida aclarada. --Atobar (conversa comigo) 8 de marzo de 2017 ás 16:52 (UTC)
RE: Correo
[editar a fonte]Boas Lameiro! Desculpa pero non teño a opción de enviar correos a outros usuarios (xa me pasou con Elisardojm, é raro pero certo...) o meu correo téñeno Elisardojm e Estevoaei, calquera deles pode darcho, ou se prefires mándocho polo WhatsApp, o que prefiras, a min tanto me ten. Graciñas pola info!! Piquito (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 20:49 (UTC)
Opinión
[editar a fonte]Ola Lameiro! Veño de facer unha proposta na taberna. Gustaríame coñecer a túa opinión, xa que es un usuario con experiencia na Galipedia. Mil grazas! Piquito (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 21:29 (UTC)
conto contigo
[editar a fonte]Ola, Pedro! Ao indicar a poboación dos lugares, usa mellor a fórmula "tiña tantos habitantes", posto que o verbo contar con ten outro significado.
De paso, se podes, vailles chantando aos lugares o marcador de {{cómpren coordenadas}} para llas meter nun futuro.
Cando teña vagar a ver se me meto coas etimoloxías, que estou vento topónimos chulos polo Salnés.
Apertas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de marzo de 2017 ás 14:11 (UTC)
coordenadas
[editar a fonte]Ola, Lameiro; para os concellos adoito poñer as coordenadas da casa consistorial; para as parroquias, os da igrexa; para os lugares... os que a ti che prougueren. Como nos contidos dos artigos, a relevancia do enciclopédico varía en función do criterio persoal, e eu confío no teu criterio (e no do resto de usuari@s). Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de marzo de 2017 ás 08:06 (UTC)
- @Estevoaei: De onde sacas as coordenadas? Hai datos por aí? Eu só teño os de GeoNames; teriamos que falar de porse coas etimoloxías, eu comezara un pouco con User:Sobreira/topo#Etimoloxías galaicas. @Lameiro: Aínda non entrei no tema e non sei. Creo que si e que non. A explicación máis simple é que van por libre, e que cada un se actualiza a diferentes ritmos. Precisamente con datos baixados sáenme 1737 lugares con 0 habitantes. Entendo que o Nomenclátor sería para habitadas (ou non) nunha data antiga determinada e mantén aínda que se deshabiten. O que importa son os nomes, non se inclúen nomes "modernos" (Zona franca, urbanizacións, estacións eléctricas ou de esquí). O censo faise cada pouco e renóvase, o seu obxectivo é distinto, céntrase en se está habitado (oficialmente, é dicir, que quen viva alí queira que se saiba admintvament), aínda que o topónimo sexa un número. polo que supoño que por iso se descompensan. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 17 de marzo de 2017 ás 14:43 (UTC)
- @Sobreira: Ola, Víctor. as coordenadas dun lugar podes atopalas a través de Google Earth (segundo vas pasando o rato por riba dun lugar, indícache as coordenadas e a altitude) ou mesmo de Google Maps (clicando co botón dereito). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2017 ás 15:00 (UTC)
- estudo sobre deshabitadas, artigo no Faro na Voz nun bo foro
- @Estevoaei: Respecto ás coordenadas é por se atoparas unha base de datos como GeoNames. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 17 de marzo de 2017 ás 18:10 (UTC)
- @Estevoaei: Respecto ás coordenadas: necesitamos unha precisión de centésimas de segundo como nA Cañiza que creo que distingue arredor de 30 cm. (or here), mentres que en contraste nA Guarda dá só os minutos ~ 1.5km (e non apunta á casa do concello, senón á estrada ó monte de Santa Trega)? ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 21 de marzo de 2017 ás 09:39 (UTC)
- Sobreira, se me preguntas a min :), eu adoito poñer as coordenadas só con horas, minutos e segundos, e o que fago para atopalas é usar o Google maps como di Estevo. Tamén adoito poñer as coordenadas centradas nos sitios que indicou arriba Estevo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 11:20 (UTC)
- Non sei quen puxo as coordenadas nos artigos da Cañiza e A Guarda. Eu adoito pór horas, minutos e segundos, que dá precisión abonda. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2017 ás 12:59 (UTC)
- @Estevoaei: @Elisardojm: Recomendacións sobre precisión; En [1], saen as coordenadas (en UTM) do Concello, (se sabes buscar, porque hai que ter en conta que é o único nome de lugar que non está asignado a ningunha parroquia). Tamén acabo de facer a proba e podes buscar a cadea "concello" sen especificar o municipio. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 30 de marzo de 2017 ás 11:51 (UTC)
- @Estevoaei: @Sobreira:, acabo de revisar tódolos artigos da provincia da Coruña e todos teñen coordenadas, iso si, non sei cara onde apuntan. Como xa dixen, eu as que puxen sempre as apuntei á casa do concello e con precisión de horas, minutos e segundos. Nos artigos da Coruña non todos teñen esa precisión, uns só teñen HHMM e outros teñen ata décimas de segundo. Se queredes unificalos todos, decidimos un criterio e poñémonos con iso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 12:24 (UTC)
- @Elisardojm: Se queres, para revisalos, non necesitas ir páxina por páxina. Como menciono en User:Sobreira/topo#Censo, superficie, webs, coordenadas e toponimia dos concellos de Galicia, xa están extraídas todas aí de hai unha semana ou dúas. A precisión aproximada da seguinte columna dá o longo da cadea de coordenadas, polo que é indicativo do número de segundos e decimais que se dan. Eu aplicaría o formato do estilo 42º02'01"N,08º01'02"O (22 metros), pero non máis, e procurar non usar decimais de grao (só minutos e segundos), pero os poucos que había xa os cambiei eu. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 30 de marzo de 2017 ás 12:49 (UTC)
- Ah, xa o entendín @Sobreira:, pero hai unha chispa deles que non teñen os 34 caracteres!, que son os que teñen o formato HHMMSS... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 22:31 (UTC)
- @Elisardojm: Engadín o formato de datos especificados nas coordenadas detrás de cada longo de cadea. O primeiro é a efectos prácticos, o segundo entre parénteses é o formato exacto. Acabo de decatarme de que (merde!) o longo de cadea é aproximado porque nas cadeas de coordenadas considera os lugares en branco! (non así o formato que acabo de engadir) ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 31 de marzo de 2017 ás 07:16 (UTC)
- Ah, xa o entendín @Sobreira:, pero hai unha chispa deles que non teñen os 34 caracteres!, que son os que teñen o formato HHMMSS... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 22:31 (UTC)
- @Elisardojm: Se queres, para revisalos, non necesitas ir páxina por páxina. Como menciono en User:Sobreira/topo#Censo, superficie, webs, coordenadas e toponimia dos concellos de Galicia, xa están extraídas todas aí de hai unha semana ou dúas. A precisión aproximada da seguinte columna dá o longo da cadea de coordenadas, polo que é indicativo do número de segundos e decimais que se dan. Eu aplicaría o formato do estilo 42º02'01"N,08º01'02"O (22 metros), pero non máis, e procurar non usar decimais de grao (só minutos e segundos), pero os poucos que había xa os cambiei eu. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 30 de marzo de 2017 ás 12:49 (UTC)
Lugares e etnografía
[editar a fonte]Ola Lameiro. Semella que o tema dos lugares vai dar moito choio antes de resolver a cuestión e completar os lugares. A solución que atopaches para a redacción dos lugares abandonados paréceme sinxela e brillante, soluciona dos problemas dunha tirada. Por outra banda, creei a Galería de imaxes da etnografía de Galicia (a maioría dos artigos cara aos que apunta son obra túa) se ves que hai que tocar algo, aínda que ten o marcador en uso, non hai problema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17 de marzo de 2017 ás 17:25 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! ☣Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)
Re: Imaxes de ¿vacas?
[editar a fonte]Ola Lameiro. Se é por Ficheiro:Baixorrelevo de Vilamarín. Fin séc I a mediados séc II. Becerreá. Museo Provincial de Lugo.jpg, collín as categorías de Ficheiro:Gallaecia petrea 01-30c.JPG. Nesa rama de categorías paréceme que non creei ningunha, limiteime a seguir o que estaba feito, o que ti digas paréceme ben. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de marzo de 2017 ás 19:08 (UTC)
- A min paréceme ben o que ti dis. Neste caso, como as dúas imaxes son iguais puxen as categorías que xa existían, non cheguei a reflexionar sobre o tema. Queres que cree dentro de Categoría:Imaxes de esculturas de animais en Galicia > Categoría:Imaxes de esculturas de bóvidos en Galicia e que dela colgue Categoría:Imaxes de esculturas de vacas en Galicia? Un saúdo. --Prevertgl 21 de marzo de 2017 ás 19:32 (UTC)
- Feito. Supoño que tamén haberá que refacer a árbore de Categoría:Imaxes de vacas de Galicia. Iso deixocho a ti que agora teño que atender a outra cousa. Un saúdo. --Prevertgl 21 de marzo de 2017 ás 19:43 (UTC)
- Respecto á clasificación destas imaxes en concreto, o que ti fagas ben feito está. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de marzo de 2017 ás 15:19 (UTC)
- Feito. Supoño que tamén haberá que refacer a árbore de Categoría:Imaxes de vacas de Galicia. Iso deixocho a ti que agora teño que atender a outra cousa. Un saúdo. --Prevertgl 21 de marzo de 2017 ás 19:43 (UTC)
Vilanova de Arousa
[editar a fonte]Grazas por corrixilos e parabéns polo teu traballo cos lugares. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 22:07 (UTC)
Industria
[editar a fonte]Creei algunhas categorías para ir preparando a estrutura. O esquema que fixen na taberna das imaxes tiña en conta tres ramas de categorías, o da arqueoloxía industrial quizais necesite unha cuarta rama pero a min estas tres ramas xa me deron moito traballo. Case todas as categorías de Imaxes de edificios e estruturas de Galicia teñen a preposición de, son moitas, penso que é mellor deixalas. Ao fío diso o tema do uso da preposición en ou de ás veces cómpre aclaralo. Un saúdo. --Prevertgl 15 de abril de 2017 ás 22:14 (UTC)
- Tiven que modificar a clasificación de Categoría:Imaxes sobre a produción de enerxía eléctrica en Galicia despois de engardirlle a palabra eléctrica porque é unha actividade económica independente. Agora colga de Categoría:Imaxes sobre economía de Galicia >
[[:Categoría:Imaxes sobre a subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado en Galicia]](Categoría:Imaxes sobre a subministración de enerxía eléctrica e gas en Galicia). As subcategorías de produción, transporte, comercialización corresponden á nova categoría subministro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17 de abril de 2017 ás 22:37 (UTC)
- Grazas. A actividade relacionada coa subministración de auga, o saneamento, a xestión de residuos e a descontaminación ten unha estrutura semellante, colga directamente de economía. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17 de abril de 2017 ás 23:09 (UTC)
- O principal é subministración de auga, o resto son as actividades relicionadas. É así por causa das redes de subministración, o mesmo que a subministración de enerxía eléctrica e as actividades relacionadas son procesos independentes da industria manufactureira. --Prevertgl 17 de abril de 2017 ás 23:18 (UTC)
Nesta subpáxina fixen unha lista con todas as categorías raíz do documento Statistical Classification of Economic Activities in the European Community. Acurtei o nome da categoría de subministración de enerxía porque, polo de agora, penso que non é necesario incluír vapor e aire acondicionado. En Galicia non debe haber moitas empresas que se dediquen "á produción, captación e distribución de vapor e auga quente para calefacción, enerxía e outros fins; a produción e distribución de aire refrixerado; á produción e distribución de auga fría con fins de refrixeración; á produción de xeo, incluíndo tanto para consumo humano como con outros fins (por exemplo, refrixeración)”. Se é necesario podemos crear unha categoría específica para subministración de vapor e aire acondicionado e que tanto esta como enerxía eléctrica e gas colguen doutra categoría común. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18 de abril de 2017 ás 13:54 (UTC)
- Mirei o tema da arqueoloxía industrial, non é doado definir unha estrutura, en parte, por causa dalgunha categoría raíz. Na subpáxina incluín un apartado para traballar o asunto. Bótalle unha ollada a ver que che parece. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20 de abril de 2017 ás 13:48 (UTC)
Re: O/A Barbanza
[editar a fonte]Ola Lameiro. Agora estou rematando unhas edicións e vou marchar, xa o mirarei outro día. Un saúdo. --Prevertgl 28 de abril de 2017 ás 20:47 (UTC)
- Unha resposta rápida: lembro que cando creei a páxina da comarca usei O Barbanza pero logo coa referencia da páxina das comarcas de Galicia (xa non existe) movérona. Andei á procura do Decreto 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aprobou definitivamente o mapa comarcal de Galicia para ter polo menos un dato http://www.xunta.gal/dog/Publicados/1997/19970403/DOG_19970403_NUM_63_gl.PDF Aí aparece A Barbanza. Agora non teño tempo para máis. Un saúdo. --Prevertgl 28 de abril de 2017 ás 21:36 (UTC)
- Respecto a O/A Barbanza cres que abonda a referencia de onte ou consideras que hai que achegar outras? Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 16:26 (UTC)
- A que acheguei eu é en exclusiva para comarca da Barbanza, quero dicir para o nome que lle asignou a Xunta de Galicia, máis nada. No resto non me meto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 16:33 (UTC)
- Quero dicir que ademais do nome oficial aprobado pola Xunta hai unha serie de usos que alternan a utilización do O e do A, é niso no que non quero entrar, no nome que se poida usar noutros contextos. Para o nome oficial da comarca a fonte principal é a Xunta, aínda que semella que se deixaron caducar o sitio web non lle dan moita importancia ás comarcas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 16:46 (UTC)
- A min non me tes que convencer de que hai un problema. Eu so respondo do que fixen, se pensas que fixen mal non teño inconveniente en que desfagas as miñas edicións nese aspecto concreto, o que non me podes pedir é que resolva eu todos os asuntos que estean pendentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 17:04 (UTC)
- Quero dicir que ademais do nome oficial aprobado pola Xunta hai unha serie de usos que alternan a utilización do O e do A, é niso no que non quero entrar, no nome que se poida usar noutros contextos. Para o nome oficial da comarca a fonte principal é a Xunta, aínda que semella que se deixaron caducar o sitio web non lle dan moita importancia ás comarcas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 16:46 (UTC)
- A que acheguei eu é en exclusiva para comarca da Barbanza, quero dicir para o nome que lle asignou a Xunta de Galicia, máis nada. No resto non me meto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 16:33 (UTC)
- Respecto a O/A Barbanza cres que abonda a referencia de onte ou consideras que hai que achegar outras? Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 16:26 (UTC)
Xa non sei como dicilo, non me pareceu mal. Só que ando noutras cousas e non quería dedicar tempo a esa cuestión, dixen o de reverter porque eu non teño preferencia por ningunha das formas, de feito nunha das mensaxes sinalei que eu mesmo creei a páxina coa forma O. Polo miña banda, todo o fío vai sobre evitar entrar no asunto para non roubar tempo a outras edicións que estou facendo. Trato de colaborar en todo o que podo, paréceme que xa o demostrei, que non queira dedicar tempo a isto non significa que lle quite valor nin nada parecido. Semella que non fun quen de me expresar correctamente, por iso pídoche desculpas outra vez. Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de abril de 2017 ás 19:29 (UTC)
Pomatomus saltatrix
[editar a fonte]Ola, Pedro. Isto que é? Anchoa, bocarte, outro? Grazas. --Atobar (conversa comigo) 1 de maio de 2017 ás 11:05 (UTC)
- Quedo un pouco como estaba, pero secundado polas túas sensatas argumentacións. Vou escribir a Lexicografía da RAG, a ver que solución me dan (que intúo que non pasarán do que xa me sinalas ti). Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 1 de maio de 2017 ás 11:51 (UTC)
- Cópioche a resposta que me dá Lexicografía:
- A forma validada pola sección de Termigal para esta especie é “anchoa” igualmente (http://www.cirp.es/pls/bal2/f?p=121:8:4605662763856128114::NO::P8_IDT:29747 ), aínda que no Dicionario non se recolle máis ca a acepción relativa ao bocarte. Por ese motivo, vaise valorar se se engade outra acepción na entrada “anchoa”. Atentamente, Seminario de Lexicografía. --Atobar (conversa comigo) 8 de maio de 2017 ás 21:07 (UTC)
- É dicir, que vai haber dúas "anchoas": o bocarte (Engraulis encrasicolus) enlatado, e o Pomatomus saltatrix sen enlatar. Vai preparando a páxina de homónimos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de maio de 2017 ás 22:28 (UTC)
- A forma validada pola sección de Termigal para esta especie é “anchoa” igualmente (http://www.cirp.es/pls/bal2/f?p=121:8:4605662763856128114::NO::P8_IDT:29747 ), aínda que no Dicionario non se recolle máis ca a acepción relativa ao bocarte. Por ese motivo, vaise valorar se se engade outra acepción na entrada “anchoa”. Atentamente, Seminario de Lexicografía. --Atobar (conversa comigo) 8 de maio de 2017 ás 21:07 (UTC)
- Cópioche a resposta que me dá Lexicografía:
Cruceiro en Cortegada
[editar a fonte]Mira, en Cortegada#Galer.C3.ADa_de_imaxes engadiron unha foto dun cruceiro con baldaquino, e no pé de imaxe puxeron "Milladeiro de San Benito do Rabiño." Milladeiro é correcto? Non coñezo ese termo e non o atopo no dicionario en liña da RAG. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de maio de 2017 ás 12:50 (UTC)
- Tes razón, é iso, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de maio de 2017 ás 21:19 (UTC)
Texto alleeiros
[editar a fonte]Boa tarde, son a creadora do texto "Alleeiros" e quería consultarlle porque motivo me aparece un aviso de "vandalismo" cando quero introducir ligazóns internas, a miña intención é simplemente facilitar a busca de información nesta páxinas,
Garzas de antemano. Andrius97 (conversa) 14 de maio de 2017 ás 14:34 (UTC)
RE:borrar foto en Commons
[editar a fonte]Puxen que é un duplicado, a ver se así a borran. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de maio de 2017 ás 13:15 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)
Encarga
[editar a fonte]Boas! Procurei facelas, aínda que vou tardar un tempo que este mes ando con moito choio. Saúdos!--Adorian (conversa) 11 de xuño de 2017 ás 19:05 (UTC)
Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia
[editar a fonte]Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo
[editar a fonte]Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Alfombras de sal
[editar a fonte]Ola, Pedro. Onte pola tarde, paseando por Muros, vin que para o Corpus fixeron unhas alfombras non florais senón de sal. Sabes se é específico de alí, das vilas mariñeiras, desa costa en concreto? Quitei unha foto. Se coñeces algo ao respecto, poderías ampliar a información no artigo Corpus Christi] para despois colocarlle a imaxe? Moitas grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19 de xuño de 2017 ás 08:39 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)
Terceira malla de artigos da Galipedia
[editar a fonte]Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! ☣Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)
Imaxe que falta
[editar a fonte]Boas Lameiro, na túa subpáxina Usuario:Lameiro/Escultura relixiosa parece que hai algún problema co nome dun ficheiro porque non se visualiza a imaxe. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2017 ás 09:00 (UTC)
Lonxitude de artigos curtos
[editar a fonte]Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Asociación de amigas e amigos da Galipedia
[editar a fonte]Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)
RE:Marrovi e Judcosta
[editar a fonte]Concordo contigo, hai que tomar unha decisión do que facer con eses artigos e logo cumprila, pero creo que este tema é importante abondo como para que sexa tratado na taberna e decidido entre todos. Se se decide borrar os artigos que non se amañen en x tempo bórranse e listo. O problema é dicir que están amañados, porque Marrovi fixo un montón de modificacións nos artigos que o único que conseguiron foron dificultar aínda máis o traballo de revisión. Pero un punto de inflexión sería, como fixen con Marrovi, pedirlle que non faga artigos novos ata que se amañen os que teñen problemas, con iso xa temos algo, non se estende máis o mal. Vouno comentar na taberna e imos falando alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 22:22 (UTC)
- Ah, dos artigos de Marrovi non te preocupes, xa os estou revisando eu, agora xa quedan poucos e cada vez borro máis porque xa sei como están "montados". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 22:24 (UTC)
- Xa está creada a proposta na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de agosto de 2017 ás 00:24 (UTC)
Boas, xa están revisados/amañados/borrados os artigos de Marrovi, agora había que poñerse cos de Judcosta. Podes comentar o que che parece a proposta da taberna para ver se podemos avanzar co tema? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 17:30 (UTC)
Frase feita patrimonial
[editar a fonte]Ola, Pedro. Ti que sabes, coñeces algún equivalente patrimonial e referenciado para a frase "Pensa o ladrón que todos son da súa condición"? Moitas grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15 de agosto de 2017 ás 16:50 (UTC)
locomoción acuática
[editar a fonte]Ola. O artigo aínda está en tradución e sen terminar, pero si, tes razón, a frase é mellor modificala, e xa está feito. Grazas.--Miguelferig (conversa) 24 de agosto de 2017 ás 20:09 (UTC)
Emendas artigo Cantroxo
[editar a fonte]Fixen unhas mudanzas relevantes no artigo Cantroxo, sobre o que discutistes ti e Atobar na conversa 34 ¿Lavandula? do primeiro trimestre do 2009. Podedes botarlle un ollo á miña argumentación da conversa? Grazas. Marcio (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 18:46 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! ☣Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)
DOP, IXP e outras gastrogaitas
[editar a fonte]Sabes cales son realmente Denominacións de Orixe de Galicia fronte a I.X.P. e Modelo:Denominacións de Orixe de Galicia, segundo a lista que se dá en cada unha e gastronomíadegalicia.com e wikidog?
Nótese especialmente Pemento de Padrón, Licor café, crema de licor/crema de bagazo segundo Termigal, Torta de Santiago e outros nomes oficiais castelán Queixo de tetilla/Ternera gallega/Lacón gallego. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 13 de setembro de 2017 ás 12:50 (UTC)
- Cada vez chego máis á conclusión que en viños hai 5 DO + 3 IXP (aquí e no sector chamados Viños da Terra). Pementos: Herbón (=Padrón) DO + 4 IXP; Queixos: todos DO; Mexillón: DO; para todo o demais: IXP (ou VISA). Co cal os artigos DO, a inclusión do exemplo do pemento de Padrón en IXP e o artigo de cadanseu IXP na Galipedia son un disaster. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 14 de setembro de 2017 ás 20:53 (UTC)
Buscar por imaxes
[editar a fonte]Boas, para buscar por imaxes tes que ir a esta páxina web. Logo, para facer a busca tes que premer na icona da cámara, iso fai que apareza unha pantalliña na que podes indicar a dirección web da foto ou carguar unha imaxe que teñas no teu ordenador (tamén a podes arrastrar ata esa zona e xa a busca, pero iso non o fixen nunca), e xa está. Se tes calquera problema, avisa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 07:34 (UTC)
Quince aniversario da Galipedia
[editar a fonte]Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Cestola na cachola
[editar a fonte]Non sei se xa viches esta páxina, pero como eu atopeina hoxe de casualidade e como preguntaras por isto, pois..., aí vai. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2017 ás 18:10 (UTC)
Peixe morrudo
[editar a fonte]E as fotos están aquí e aquí, teñen as coordenadas por se che fan falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 22:03 (UTC)
Cento cincuenta artigos de calidade para o décimo quinto aniversario da Galipedia
[editar a fonte]Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Homónimos de Fernán Perez de Andrade
[editar a fonte]Ola Pedro, como vai?
En Santuario de Santo André de Teixido engadiches isto. A cousa é que Fernán Pérez de Andrade o temos como páxina de homónimos. Poderías concretalo?
Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 7 de novembro de 2017 ás 11:28 (UTC)
- Xa está: é Fernán Peres de Andrade o Boo. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 7 de novembro de 2017 ás 11:34 (UTC)
Portico do Paraíso
[editar a fonte]Ola Pedro, bótaseche en falta.
Lembras que o contido inicial de Pórtico do Paraíso trasladáchelo desde Catedral de Ourense? Pos ben, teño unha dúbida. Aquí engadiches, entre outras cousas, un parágrafo que agora mesmo está así: "En realidade, esta inscrición, "Juan Evangelista fecit", figura nun anxo trompeteiro hoxe conservado no Museo da Catedral e que nada ten que ver co Pórtico, tal como acreditan expertos como Serafín Moralejo, Ramón Yzquierdo Perrín ou Valle Carrero, polo que xa ninguén apoia esa atribución.[Cómpre referencia]"
¿Quen carafio é ese tal "Valle Carrero"? Non dou atopado ningún experto na materia que teña ese nome! --. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2017 ás 18:17 (UTC)
Ola, Pedro. É correcta esa denominación en galego? Pódeste ocupar de achegar unha referencia? Moitas grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 25 de novembro de 2017 ás 16:33 (UTC)
- Xa está amañado Atobar, é escribenta das hortas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2017 ás 22:05 (UTC)
Linneo
[editar a fonte]Boas, cando poidas, podes comentar na conversa de Carl von Linné se debemos cambiar o nome do artigo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2017 ás 08:57 (UTC)
Gaivota con peixe
[editar a fonte]Boas!, ti non saberás por un casual, que peixe está pillando esta gaivota? Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2017 ás 09:36 (UTC)
- Vale, grazas igualmente, era por dar máis detalles na descrición e por curiosidade :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 01:31 (UTC)
A greleira de 50 pés
[editar a fonte]Non sei se xa o sabías, eu acabo de atopar esta nova sobre o tema. Xa vin outro mural deste estilo, que aínda non sei seguro se é del, en Sigüeiro, en canto teña oportunidade fágolle unha foto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2017 ás 10:43 (UTC)