Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Proposta de axustes para o Libro de estilo
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: - — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Ver resultados individuais |
- Motivación desta proposta
O traballo na Galipedia adoita ser bastante "individualista". Cadaquén traballa nos ámbitos e temas que máis lle gustan, apetecen ou ten coñecemento e tempo para adicarlles, moitas veces sen comunicación ou organización directa con outros colaboradores. Isto de por si só non é malo, cadaquén ten liberdade editorial e non hai "interrupcións" organizativas nas súas tarefas, que eles mesmos se marcan. Porén, este método de traballo ten unha cousa negativa, cada usuario segue un determinado "estilo" propio, que aínda sendo válido na gran maioría de casos, fai que os artigos perdan "coherencia" entre eles. Tamén pode chegar a dificultade da lectura dos mesmos. Cando un deles ten unha estrutura, formatos e estilo determinados e o lector pasa a outro con moitas diferenzas nestes aspectos, pode resultarlle complicado atopar a información ou identificar seccións e contidos neles por mor de devanditas diferenzas.
O libro de estilo faise entón necesario, para que tódolos editores e artigos sigan, na maior medida posible, unhas mesmas guías de edición que contribúan á estandarización dos contidos, estilos e formatos dos artigos. Isto axuda a "crear unha imaxe de marca" ou "unha imaxe corporativa", por dicilo dalgunha forma, que facilita a lectura e navegación polos contidos da Wikipedia, contribuíndo desta forma á calidade xeral da mesma.
O noso libro de estilo está relativamente pouco desenvolvido, polo que dende fai un tempo veño anotando cuestións que considero importante definir no mesmo. Nas diferentes seccións desta páxina están as diferentes propostas de cuestións a engadir no noso libro de estilo. Algunhas delas presentan unha decisión simple, incluír a definición ou non, mentres que outras teñen varias posibilidades xa que fan referencias a cuestións máis "estéticas" nas que as opinións e gustos persoais poden variar en maior medida.
- Instrucións para a votación
- Votacións simples, con unha única opción "a favor" e outra "en contra": 5 votos mínimos a favor para aprobar a proposta, 2/3 dos votos positivos.
- Votacións múltiples, con varias opcións "a favor" e ningunha opción "en contra": A proposta escollida será a que máis votos teña das opcións presentadas, e requírense 5 votos mínimos a favor nela para que saia aprobada.
Cada apartado ten unha sección "comentarios" para incluír comentarios breves sobre a proposta concreta nese apartado. Non hai votos neutros, polo que se poden usar esta seccións de comentarios para indicar a opinión neutra nalgunha das propostas. Para cuestións e debates máis extensos é mellor levar o debate á páxina de conversa, para non "liar" as votacións
Para evitar posibles conflitos de edición, particularmente nos momentos de maior actividade, recoméndase emitir cada un dos votos editando a sección concreta no lugar de editar a páxina completa. Isto é, premer nos botóns de "editar" ou "editar a fonte" que se atopan ó caron de cada unha das cabeceiras "A favor"/"En contra"/"Comentarios" no canto de premer na lapela xeral de "editar" ou "editar a páxina".
- Propostas
Votación PECHADA: Preferencia do NOMIG nos títulos dos artigos
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 11 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por Unhanova (conversa · contribucións)
Engadir a seguinte indicación para os títulos dos artigos:
- Cando as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego dan, entre as opcións aceptadas, unha opción preferente, emprégase a opción preferente.[1]
Comentarios
[editar a fonte]- Comentario Creo que isto máis ben que no libro de estilo debería poñerse en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 13:03 (UTC)[responder]
- Non é excluínte. O WP:LE tamén contén indicacións sobre os títulos dos artigos. Se esa outra política se oficializa nalgún momento deberá ser consecuente co que se escolla aquí. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 13:07 (UTC)[responder]
- Comentario Entón os que escriben Galiza terán que escribir Galicia, por exemplo. Ou estou enganado? --Dodro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 13:42 (UTC)[responder]
- Ollo! Este punto afecta unicamente aos títulos dos artigos, non ao texto dos artigos. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2017 ás 16:00 (UTC)[responder]
- Ademais de ser só para os títulos dos artigos é só para aquelas preferencias que están explicitadas nas Normas. As Normas non marcan preferencia entre Galicia/Galiza. Si o fan entre sin/sen, mentras/mentres, pra/para, cos sufixos en -ería/-aría e -pór/-poñer (polas segundas).Unhanova (conversa) 16 de xaneiro de 2017 ás 08:05 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Colocación das referencias e notas
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 12 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Indicar a colocación de referencias e notas despois dos signos de puntuación |
Indicar a colocación de referencias e notas despois dos signos de puntuación[editar a fonte]
As etiquetas de referencias e notas ( Excepcións: As etiquetas de referencias colócanse antes dos guións, e antes do peche de parénteses cando a nota ou referencia aplica a un dato dentro deles. Exemplos:
A favor[editar a fonte]
|
Indicar a colocación de referencias e notas antes dos signos de puntuación[editar a fonte]
As etiquetas de referencias e notas ( Exemplos:
A favor[editar a fonte] |
Non incluír unha indicación sobre a colocación de referencias e notas antes ou despois dos signos de puntuación[editar a fonte]Non hai unha convención sobre a colocación das etiquetas de referencias ( A favor[editar a fonte]
|
Comentarios
[editar a fonte]- Hai casos en que hai referencias detrás dunha palabra que non ten signos de puntuación e a referencia só afecta a esa palabra. Por exemplo: "A teoría da evolución foi presentada por Darwin [1], pero tamén contribuíron a ela Wallace [2] e outros." Tamén se poderían poñer as dúas referencias ao final, pero ás veces quérese especificar o máis posible.--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 00:29 (UTC)[responder]
- A referencia debe acompañar o texto da forma máis próxima sempre, e poden existir casos nos que non interveñan signos de puntuación. Este apartado proposto é especifico para os casos nos que sí hai signos de puntuación involucrados. De todas formas, segundo a opción que votaches, o exemplo que indicas debería ser: "A teoría da evolución foi presentada por Darwin,[1] pero tamén contribuíron a ela Wallace[2] e outros." ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:38 (UTC)[responder]
- Si, tes razón. Quixen buscar un exemplo sen signo pero ao final escapouseme un.--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 13:07 (UTC)[responder]
- A referencia debe acompañar o texto da forma máis próxima sempre, e poden existir casos nos que non interveñan signos de puntuación. Este apartado proposto é especifico para os casos nos que sí hai signos de puntuación involucrados. De todas formas, segundo a opción que votaches, o exemplo que indicas debería ser: "A teoría da evolución foi presentada por Darwin,[1] pero tamén contribuíron a ela Wallace[2] e outros." ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:38 (UTC)[responder]
- En distintos textos galegos de carácter filolóxico atopamos as notas antes do punto. Véxase, por exemplo, esta publicación conxunta: Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias.--Isili0n (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 11:51 (UTC)[responder]
- E, en moitos outros, despois. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2017 ás 16:02 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Indicar a separación entre notas e referencias
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 5 — NON: 4 — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Non aprobado |
Para separar as notas explicativas das referencias, inclúese unha separación dentro da cabeceira "Notas". Exemplo:
==Notas== {{Listaref|group=nota}} ;Referencias {{Listaref}}
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte]
|
Comentarios
[editar a fonte]- Faise imprescindible, xa que logo, definir clariño, clariño, que é unha nota e qué é unha referencia. Eu teño a miña idea, e por iso coincido con HdH. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 19:01 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Incluír unha indicación explícita de idioma nas referencias e na bibliografía
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 6 — NON: 1 — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Aprobado |
Para as obras, webs e publicacións empregadas como referencias, bibliografía e ligazóns externas, cómpre incluír unha indicación do idioma no que están cando este sexa distinto do galego. Cando se empregan os modelos de citas, esta indicación inclúese no parámetro |lingua=
, preferentemente usando o código de lingua correspondente. Exemplos:
- Evans, Richard J. (2005). The Third Reich in Power (en inglés). Nova York: Penguin Group. ISBN 978-0-14-303790-3.
- Michel, Henri (1990). La Segunda Guerra Mundial. T. I, Los éxitos del eje: septiembre de 1939-enero de 1943 (en castelán). Akal. ISBN 9788476006207.
No caso de que as maioría das referencias empregadas nun artigo estean nun mesmo idioma, distinto do galego, poden obviarse as indicacións deste idioma nelas e incluír unha indicación do idioma xeral das referencias. Exemplo:
== Notas == ''Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.'' {{Listaref}}
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte]
|
Comentarios
[editar a fonte]- Véxoo un pouco innecesario. Polo título xa adoita deducirse de que lingua se trata.--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2017 ás 18:33 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Uso da versaleta ou maiúsculas para os autores na bibliografía e referencias
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 6 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Indicar que non se debe usar a versaleta ou maíusculas para os autores |
Indicar o uso da versaleta ou maíusculas para os autores[editar a fonte]As entradas bibliográficas na sección "Bibliografía" ou nas referencias dos artigos deben indicar os autores en versaleta ou maiúsculas. Para isto pode empregarse o modelo {{versaleta}}. Exemplos: {{Cita libro |título= Teodosio Vesteiro Torres. Aproximación á súa vida e á súa obra|nome= {{Versaleta|M.}}|apelidos= {{Versaleta|Álvarez de la Granja}} |ano= 1998|editorial= Instituto de Estudios Vigueses|isbn= 84-89599-06-8|ref=harv}}
{{Cita libro |título= Teodosio Vesteiro Torres. Aproximación á súa vida e á súa obra|nome= M.|apelidos= ÁLVAREZ DE LA GRANJA |ano= 1998|editorial= Instituto de Estudios Vigueses|isbn= 84-89599-06-8|ref=harv}}
A favor[editar a fonte] |
Indicar que non se debe usar a versaleta ou maíusculas para os autores[editar a fonte]As entradas bibliográficas na sección "Bibliografía" ou nas referencias dos artigos non deben incluír os autores en versaleta. Exemplo: {{Cita libro |título= Teodosio Vesteiro Torres. Aproximación á súa vida e á súa obra|nome= M.|apelidos= Álvarez de la Granja |ano= 1998|editorial= Instituto de Estudios Vigueses|isbn= 84-89599-06-8|ref=harv}}
A favor[editar a fonte]
|
Non incluír unha indicación sobre o uso da versaleta ou maíusculas para os autores[editar a fonte]Non hai unha convención sobre o uso da versaleta ou maiúsculas para os autores nas entradas bibliográficas ou referencias. O artigo debe seguir o mesmo criterio en tódalas entradas bibliográficas das referencias e bibliografía, pero mantense o criterio escollido polo primeiro editor. A favor[editar a fonte]
|
Comentarios
[editar a fonte]- Non é por prohibir, é por tentar ter un sistema único cohesivo para tódolos artigos. De todas formas entendo que sí é común en moitas obras o seu uso, aínda que considero que é algo puramente estético. Entendo tamén que non hai maior problema nun sistema ou outro, sempre que dentro do propio artigo se manteña esa cohesión. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 15:32 (UTC)[responder]
- E preferiblemente, primeiro o apelido e logo o nome, como nos exemplos.--Dodro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 17:24 (UTC)[responder]
- Por suposto: Apelidos, Nome (completo, non só a inicial). Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 19:06 (UTC)[responder]
- E non se podería apañar o modelo para que xa puxera el o texto con versaleta para non ter que poñelo en tódolos sitios? Desa forma sería unha preocupación menos... (Se houbera que quitar o versaleta nos artigos creo que aínda así compensaría, creo que non hai nin 1000 artigos que usan este modelo) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2017 ás 08:33 (UTC)[responder]
- Por suposto: Apelidos, Nome (completo, non só a inicial). Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 19:06 (UTC)[responder]
- Estou a favor de non usar a versaleta, entendéndoo como recomendación, non como imposición. É dicir, indo no mesmo sentido que se recomenda de xeito maioritario, pero non impoñendo nin facendo cambios obrigados no xa feito.--Agremon(contacto) 10 de febreiro de 2017 ás 19:03 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Indicar o uso dos parámetros para o Modelo:Listaref nas referencias e notas
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 5 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Aprobado |
Cando se use o modelo {{Listaref}} na sección de "Notas" para as referencias e notas, nalgúns casos cómpre indicar un parámetro de anchura para dividir en columnas a sección segundo a pantalla e resolución da pantalla do lector, particularmente nos casos nos que o artigo posúa moitas referencias ou notas aclaratorias.
- Referencias
- Para un artigo con ata unhas 10-15 referencias esta indicación habitualmente non é necesaria.
{{Listaref}}
- Para un artigo con máis de 15-20 referencias emprégase o valor "30em", que divide as referencias en dúas ou tres columnas segundo a resolución da pantalla do lector.
{{Listaref|30em}}
- Se todas ou a gran maioría das referencias están en formato curto tipo Harvard, emprégase o valor "20em", que divide as referencias en 4 ou máis columnas segundo a resolución da pantalla do lector.
{{Listaref|20em}}
- Notas
- Para un artigo con poucas notas aclaratorias ao pé habitualmente non fará falta indicar a anchura do grupo de notas:
{{Listaref|group=nota}}
- Para un artigo con abundantes notas aclaratorias ao pé, habitualmente non moi longas, pódese indicar o valor "40em" para dividir o grupo en 2 ou 3 columnas, segundo a resolución da pantalla do lector:
{{Listaref|group=nota|40em}}
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]- Para as referencias podería indicarse un caso adicional "mixto", cando se mesturan referencias tipo harvard e outras completas, de
{{Listaref|25em}}
, que divide a lista en 3-4 columnas segundo a resolución de pantalla do lector. ☣Banjo tell me 25 de xaneiro de 2017 ás 11:20 (UTC)[responder] - Mellor non me apunto á votación. Coa norma aplicada saerá todo máis bonito, pero pensando na funcionalidade para os editores (si, pensando en min ou en xente que se incorpore a editar, non nos vellos aplicados votantes currantes), o que se me pasou pola cabeza é a cantidade de páxinas de manual que hai que memorizar para editar conforme a todo o que se leva votado.--Agremon(contacto) 10 de febreiro de 2017 ás 19:09 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Barra portal e Control de autoridades
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 5 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Aprobado |
Os artigos relacionados con algún portal adoitan levar o marcador {{portal}} na sección "Véxase tamén", inmediatamente despois dos modelos de proxectos irmáns. Para aqueles artigos con máis de dous portais relacionados, ou que teñan unha sección "Véxase tamén" moi curta, recoméndase o uso do modelo {{barra portal}} no seu lugar. Este modelo irá situado ó final do artigo, xusto despois de calquera caixa de navegación e antes do marcador {{control de autoridades}}, os marcadores de "en progreso"/"sen imaxe" e as categorías.
O control de autoridades na Galipedia lévase a cabo por medio de Wikidata e o modelo {{Control de autoridades}}. Este modelo engádese sen parámetros ó final dos artigos, antes das categorías e os marcadores "en progreso"/"sen imaxe". Os valores dos diferentes identificadores usados neste modelo van directamente no Wikidata.
- Exemplo
{{Navbox1}} {{Navbox2}} {{Barra portal|portal1|portal2|portal3|...}} {{Control de autoridades}} {{En progreso}}/{{sen imaxe}} {{ORDENAR:...}} [[Categoría:...]]
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]- Non o entendo. Paréceme chinés. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]
- Pedro, aí vai un exemplo en cristiano: En Aeroporto de Vigo sería:
{{De interese en Vigo}} {{Aviación en Galicia}} {{Aeroportos de España}} {{Barra portal|Vigo|Aviación}} {{Control de autoridades}} {{Historia en progreso}} [[Categoría:Aeroportos de Galicia|Vigo]] [[Categoría:Transporte en Vigo]] [[Categoría:Arquitectura civil en Vigo]]
- que tería este aspecto:
Federación | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Campos de voo |
| ||||||||
Aeroliñas comerciais operando en Galicia | |||||||||
Accidentes |
| ||||||||
Eventos anuais |
Aeroportos de España | |
---|---|
Maiores internacionais | |
Menores internacionais | |
Domésticos | |
Outros |
- Grazas, HombreDHojalata. Eu vou máis lento que Lameiro aínda.A ver se recupero o atraso de normatica. Mentres, mellor non voto.--Agremon(contacto) 10 de febreiro de 2017 ás 19:15 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Cambios nos formatos e tamaño do texto
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 6 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Aprobado |
As modificacións no tamaño da fonte, espazos en branco e cor do texto resultan problemáticas para o estilo xeral da Wikipedia e deben reservarse só para casos específicos.
O uso de fontes cun formato específico diferente do xeral pode causar o seguinte:
- Reducir a consistencia, provocando que o texto non pareza uniforme
- Reducir a usabilidade, provocando conflitos con CSSs de usuario á medida e diferentes skins da interface, así como causando inconveniencias para usuarios con deficiencias visuais.
- Provocar disputas, xa que outros editores poden non estar de acordo na elección do estilo estético para o texto.
Fóra do corpo dos artigos, si é máis habitual empregar textos de diferentes tamaños, en caixas de navegación e información, táboas ou lendas de imaxes e táboas. O tamaño destas fontes debe especificarse en valores relativos (por exemplo en CSS co código font-size: 85%
) no lugar de en valores absolutos(por exemplo font-size: 8pt
).
Cores no corpo e texto dos artigos
[editar a fonte]Na Wikipedia, as cores adoitan atoparse dentro de modelos ou táboas. Por norma xeral, os textos coloreados, con fondos de cores ou símbolos con cores no texto principal dos artigos deben evitarse na medida do posible. Un exemplo de uso pouco axeitado é o seguinte:
: A estrada EX-389 é de titularidade da Xunta de Estremadura. A súa categoría é local. A súa denominación oficial é EX-380 , de EX-203 a EX-A5 por Serrejón.
: A estrada EX-389 é de titularidade da Xunta de Estremadura. A súa categoría é local. A súa denominación oficial é EX-380, de EX-203 a EX-A5 por Serrejón.
O máis axeitado e limitar o uso deste tipo de símbolos textuais coloreados ( EX-380 / EX-203 ) ós modelos (infobox/navbox) e táboas ou listas dos artigos, para que o texto principal manteña a claridade e facilidade de lectura.
Os artigos e outras páxinas que usen cores dentro de modelos ou táboas deben ter en consideración varios aspectos de accesibilidade:
- As cores non deben ser o único método usado para transmitir información importante. Cómpre ter precaución á hora de usar textos e fondos de texto con cores, para que os lectores con deficiencias visuais ou que accedan ó contido impreso ou nun dispositivo sen cor non perdan información importante.
- Cómpre que o lector poida identificar as ligazóns sen dificultades.
- Algúns lectores da Wikipedia poden ter algunha deficiencia visual parcial ou total que lles impida percibir as cores correctamente. Os textos deben ter un contraste axeitado co seu fondo.[2]
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]Votación PECHADA: Seccións e cabeceiras das seccións
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 5 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Niveis das seccións
As seccións comezan a dividirse no segundo nivel de cabeceira (==cabeceira==), xa que o primeiro nivel resérvase para o propio título do artigo e pode dar lugar a confusións na lectura do mesmo. Polo xeral, as seccións dos artigos deberían dividirse nos niveis 2,3 e 4 de cabeceiras, e non se recomenda pasar deste nivel. Se hai algún caso excepcional no que se supere o cuarto nivel de cabeceiras (====cabeceira====), a partir dese punto recoméndase empregar os títulos en negra (;Cabeceira
), ou o modelo {{TOC límite|4}}, para que non se inclúan no índice e este non quede sobrecargado.
- Cabeceiras das seccións
- Asúmese que as seccións fan referencia ó tema principal do artigo, polo que xeralmente as cabeceiras das seccións non deben referirse de forma redundante ó tema do artigo ou a cabeceiras de niveis superiores, agás en casos concretos nos que sirva para clarificar o contido. Ex: Traxectoria é preferible a A súa traxectoria.
- As cabeceiras das seccións non deben conter ligazóns internas ou externas. Se fan referencia a un artigo que se considera axeitado ligar, debe facerse por medio dun modelo de tipo {{Artigo principal}} ou no propio corpo do texto.
- As cabeceiras das seccións e subseccións deberían ser únicas dentro da páxina na medida do posible, para evitar que as posibles ligazóns cara seccións non dirixan á incorrecta e que os resumos de edición non sexan ambiguos.
- As cabeceiras das seccións non deben incluír referencias ou notas ao pé. As referencias e notas relevantes deben ir incluídas no texto do artigo.
- As cabeceiras das seccións non deben conter imaxes, incluíndo iconas de bandeiras e símbolos
<math>...</math>
. - Salvo en casos específicos, como títulos de obras ou semellantes, as cabeceiras das seccións non deberían incluír frases e puntuación interrogativa ou de exclamación.
- Cómpre tentar evitar comezar as cabeceiras das seccións por números (agás por exemplo cando se indica un ano), para reducir a posible confusión coa preferencia global de numeración automática de cabeceiras.
- Modelos Véxase tamén e Artigo principal
Cando se inclúan os marcadores {{Artigo principal}} (ou {{AP}}) e {{Véxase tamén}} (ou {{VT}}), estes deben colocarse directamente debaixo das cabeceiras da sección correspondente, antes de calquera imaxe ou texto desa sección. Estes marcadores permiten múltiples artigos como parámetros, polo que deben usarse desa forma e non con múltiples instancias do modelo en cuestión. De usarse ámbolos dous tipos nunha mesma sección {{Artigo principal}} irá antes que {{Véxase tamén}}. Exemplo:
===Sección=== {{Artigo principal|A Coruña|Lugo|Pontevedra|Vigo}} {{Véxase tamén|Provincia}} [[Ficheiro:....]] Texto da sección
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]Votación PECHADA: Ligazóns externas nas caixas de información na introdución dos artigos (Infobox)
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 2 — NON: 1 — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Non aprobado |
Por norma xeral, as caixas de información na introdución dos artigos de tipo {{Infobox}} non deben incluír ligazóns externas. Unha ligazón externa na parte inicial dun artigo distrae da lectura do propio artigo, "invitando" ó lector a consultar información nunha web externa no lugar de centralo no propio texto do artigo. En xeral e agás excepcións, as ligazóns a páxinas web persoais, oficiais, de Twitter/Facebook/etc. ou a outras wikis ou sitios webs con información sobre o tema do artigo deben limitarse ás referencias (de empregarse como tal), ás ligazóns externas ó final do artigo, e ó {{control de autoridades}} se coinciden con algún dos seus identificadores.
Poden darse casos de caixas de información que constitúen excepcións particulares a esta norma pola súa propia natureza, como por exemplo {{doenza}} que emprega ligazóns a varias webs relacionadas con identificadores únicos, nunha especie de "control de autoridades" particular.
A favor[editar a fonte] |
En contra[editar a fonte]
|
Comentarios
[editar a fonte]- Entendo por tanto que deberíamos eliminar as ligazóns as webs que aparecen nas caixas de información das cidades? De ser así discordo nese caso. --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2017 ás 18:39 (UTC)[responder]
Outras consideracións para as caixas de información na introdución dos artigos (Infobox)
[editar a fonte]Votación PECHADA: Outras consideracións para as caixas de información na introdución dos artigos (Infobox)
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 1 — NON: 1 — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Non aprobado |
Por norma xeral as caixas de información na introdución dos artigos de tipo {{Infobox}} deben cumprir as seguintes condicións:
- O título inclúese no parámetro
|above=
, con ou sen cor de fondo distintiva, nun tamaño de letra lixeiramente maior que o dos parámetros (Isto faino o propio modelo de forma automática). - O título non debe levar ningunha nota ao pé aclaratoria ou referencia que valide o mesmo. No seu lugar, estas notas ou referencias deben incluírse no lugar correspondente do corpo do artigo, ben na introdución ou nunha sección específica que trate sobre o propio termo empregado para o título do artigo.
- As cabeceiras tipo
|header=
ou as etiquetas tipo|label=
por norma xeral non deben incluír notas ao pé aclaratorias ou referencias. No seu lugar este tipo de indicacións incluiranse nos campos propios do infobox definidos para elas ou nos datos indicados para cada un dos parámetros na chamada ó modelo. - Os modelos de tipo Infobox polo xeral non deben incluír unha sección de notas. No seu lugar, as notas aclaratorias ou referencias indicadas nos valores do modelo trataranse da mesma forma que as do corpo do artigo, ligando a entrada correspondente da sección "Notas".
A favor[editar a fonte] |
En contra[editar a fonte]
|
Comentarios
[editar a fonte]- Coido que é máis elocuente que a 10 de febreiro haxa só un voto a favor e outro en contra que moitos razonamentos que se poden facer. --Agremon(contacto) 10 de febreiro de 2017 ás 19:28 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Imaxes e ficheiros multimedia
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 2 — NON: 3 — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Non aprobado |
As seguintes recomendacións aplican en xeral tanto para imaxes e fotografías como para vídeos e ficheiros de son:
- As caixas de información (infobox), imaxes e contido semellante na introdución deben colocarse á dereita do texto da mesma.
- As imaxes e ficheiros deben ter un pé de foto que clarifique a relevancia do ficheiro con respecto do artigo.
- As imaxes e ficheiros deben situarse dentro da sección principal (nivel 2) que contén a información á que están relacionadas, e polo xeral non encima da cabeceira da sección.
- Cómpre evitar facer un "bocadillo" co texto entre dúas imaxes, entre unha imaxe e unha caixa de información ou táboa.
- De ser posible, é aconsellable situar as imaxes de facianas de maneira que a cara ou ollos apunten cara ó texto. Isto non significa que sexa necesario inverter unha imaxe por este único motivo.
- As imaxes poden colocarse de forma alterna ou semi-alterna á dereita e esquerda ó longo do artigo.
- As imaxes deben ter un tamaño razoable en comparación co texto ó que acompañan. Habitualmente emprégase a opción
miniatura
, que asigna un tamaño predefinido ás imaxes segundo a preferencia de cada usuario. Por norma, as imaxes non deberían superar os 300 píxeles de tamaño agás en casos excepcionais. - Evita facer referencia ás imaxes da forma "a imaxe da dereita" ou "a imaxe da esquerda". A colocación das imaxes pode variar para os lectores que usen a versión para móbiles da Wikipedia e non é útil para lectores que usen software de lectura.
- Recoméndase incluír un texto alternativo ("alt text",
|alt=
) na imaxe para que os lectores que usen axudas de lectura, tras un proxy ou con algún outro impedimento para ver unha imaxe poidan facerse unha idea de que está a representar a imaxe. - A información textual debería en case tódolos casos incluírse en forma de texto no lugar dunha imaxe. As imaxes non contan para as procuras, son máis lentas na súa descarga e o software de asistencia de lectura non as ten en conta. Calquera información importante da imaxe debería incluírse no texto alternativo ou noutro texto do artigo situado preto da imaxe.
- Pés das imaxes
As imaxes e outros gráficos deben ter en case tódalas situacións un pé de foto que explique a imaxe, agás cando a imaxe é auto-explicativa ou cando son unha representación non ambigua do tema tratado no artigo. Por exemplo, nun artigo dunha biografía non sería necesario un pé de foto para un retrato do suxeito, pero pode incluírse de todas formas para indicar, xunto ó seu nome, o ano da foto, a idade do suxeito no momento da foto, ou calquera outra circunstancia relevante da imaxe.
- Os pés das imaxes xeralmente comezan por maiúscula.
- Os pés das imaxes, mapas, táboas e demais ficheiros só levan punto final cando se trata dunha oración completa, dunha oración con puntuación interna ou de máis dunha oración.[3]
- O texto dun pé de imaxe non debe levar ningún formato especial, agás nos casos nos que o levaría tamén se estivese no corpo do artigo (por exemplo no título dunha obra).
- Os pés de foto deben ser sucintos. O groso da información debe ir no propio texto do artigo que está relacionado coa imaxe.
- Os gráficos e diagramas poden, e en moitas ocasións deben, levar unha lenda ou pé de foto máis longo ca o resto de imaxes, no que se describan os elementos da imaxe e indiquen o significado da mesma.
A favor[editar a fonte] |
En contra[editar a fonte]
|
Comentarios
[editar a fonte]- A primeira norma é confusa: "Os pés das imaxes xeralmente comezan sempre por maiúscula" ¿xeralmente ou sempre? A segunda non é correcta: "Os pés das imaxes... non adoitan levar punto final". ¿Por que non? Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 20:10 (UTC)[responder]
- Aclarei a redacción deses dous puntos. A explicación do segundo está na nota indicada, aínda que nestes intres non funciona a web. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 20:16 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Listas de puntos e listas numeradas
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 8 — NON: 0 — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: aprobado |
Por norma xeral é preferible presentar a información en forma de parágrafo continuo no lugar de en forma de elementos dentro dunha lista. En determinadas ocasións si pode ser conveniente manter o formato de lista, en particular cando se precisa destacar os elementos da propia lista.
- Ó incluír unha lista de puntos ou numerada, debe usarse o código wiki axeitado para a mesma. (
* / ** / **
e# / ##
) - Non se deben deixar liñas en branco no código wiki entre elementos dunha mesma lista, xa que o software wiki interpreta este código como listas independentes.
- O uso de listas numeradas resérvase para os casos nos que existe a necesidade de facer referencia ós elementos da lista segundo o seu número, a secuencia dos elementos é de particular importancia ou a numeración ten algún significado particular (como por exemplo nunha listaxe de temas dun álbum musical).
- Nas enumeracións de elementos sinxelos normalmente non se utiliza signo de puntuación despois de cada membro da enumeración, pero pódese incluír un punto ou punto e coma cando os elementos da lista son oracións completas.[3]
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]Votación PECHADA: Espazos duros
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Aprobado |
En determinadas ocasións é recomendable forzar un segmento de texto a que apareza por completo nunha soa liña, previndo que se dea un salto de liña dentro desa parte do texto. Para este propósito pódese usar un espazo duro (
), que nunca se usará como punto de salto de liña. A diferenza dos espazos normais, espazos duros múltiples adxacentes non se comprimen nun só espazo. Tamén se pode empregar os marcadores {{nowrap}}
ou {{nobr}}
para envolver un texto que se desexe manter nunha soa liña.
Por norma xeral é desexable previr os saltos de liña cando isto pode dar lugar a confusións na lectura ou dificultala, como nos seguintes casos de exemplo:
17 kg
2:50 pm
{{nobr|5° 24′ 21″ N}}
Boeing 747
Segunda Guerra Mundial
Papa Benedito XVI
O uso de espazos duros é axeitado segundo o contexto. Aínda que pode ser axeitado usar 12 MB
no corpo do texto, pode resultar contraproducente nunha táboa (onde o espazo horizontal é limitado) ou innecesario nun parámetro curto dun infobox (no que o salto non se daría de tódalas formas).
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]- Non creo que isto teña que ser obrigatorio. Non é produtivo á hora de editar. Pode facerse despois nos artigos de calidade, pero comonorma xeral é moi traballoso e confunde na ventá de edición.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Miguelferig (conversa • contribucións)
- Non o é. É unha recomendación, como se indica na propia redacción. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 13:20 (UTC)[responder]
- Creo que, dos seis exemplos hai algún desacertado, como
Segunda Guerra Mundial
. Teño visto que algúns editores fan precisamente este uso para que frases queden na mesma liña coa súa resolución de pantalla, inconscientes de que noutras resolucións o aspecto vai ser diferente. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2017 ás 15:18 (UTC)[responder]
- Creo que, dos seis exemplos hai algún desacertado, como
- Igual é mellor deixar os exemplos desta outra forma, por exemplo:
17 kg
565 a.C.
2:50 pm
11 millóns
{{nobr|5° 24′ 21″ N}}
Boeing 747
123 Fake Street
- Sempre hai que revisar caso por caso de todas maneiras, a proposta só fornece unha guía xeral. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 15:25 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Artigos con categoría propia
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 8 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Categorizar os artigos con categoría propia só nesa categoría |
Categorizar os artigos con categoría propia só nesa categoría[editar a fonte]Os artigos que posúan unha categoría propia de seu só se inclúen nesa única categoría, deixando o resto de categorías relevantes incluídas na páxina da categoría e non no artigo.
O artigo Xapón só debe ir na categoría Categoría:Xapón. Esta categoría inclúese dentro de Categoría:Países de Asia, pero o artigo non. A favor[editar a fonte]
|
Categorizar os artigos con categoría propia nesa categoría ademais de nas outras categorías relevantes[editar a fonte]Os artigos que posúan unha categoría propia de seu inclúense nesa categoría ademais de nas categorías "nai" desta, ó igual que a propia categoría.
O artigo Xapón vai incluído tanto na categoría Categoría:Xapón coma na categoría Categoría:Países de Asia, aínda de que a primeira categoría sexa filla da outra. A favor[editar a fonte]
|
Categorizar os artigos con categoría propia só nas outras categorías relevantes, non na propia[editar a fonte]Os artigos que posúan unha categoría propia de seu só se inclúen nas categorías "nai" desta, e non na propia categoría.
O artigo Xapón vai incluído na categoría Categoría:Países de Asia, pero non na categoría filla desta Categoría:Xapón. A favor[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]- Por poñer outro exemplo, neste caso cunha personalidade: Na primeira opción Castelao só levaría a Categoría:Castelao, mentres que esta iría dentro das categorías "nai"; na segunda levaría a Categoría:Castelao ademais das outras categorías "nai", Categoría:Nados en Rianxo, Categoría:Debuxantes de Galicia etc.; No terceiro caso non levaría a Categoría:Castelao, só as outras. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 12:50 (UTC)[responder]
- Non entendo o comentario. Eu creo que se Nepal non ten categoría propia irá directamente dentro da Categoría de Países de Asia, pero se xa se creou a categoría Nepal, pois ponse só Nepal. Igual que o cabalo o poño na categoría Mamíferos, pero se xa se creou a categoría Equinos pois poño só a categoría Equinos. Outras categorías relacionadas pero que non teñen que ver con esta tamén se poñerían. Por exemplo, poñería categoría Equinos e tamén Categoría Animais Domésticos ou categoría Representacións pictóricas de animais, xa que estas non están relacionadas coa taxonomía dos mamíferos, senón con outras cousas relacionadas cos cabalos. Por iso, penso que votando polaprimeira opción habería que poñer a Cagtegoría Castelao (en vez da categoría escritores de Galicia), pero tamén habería que poñer a Categoría Nados en Rianxo, xa que non ten nada que ver con Escritores de Galicia. Unha cousa son as categorías "fillas" da mesma temática e outra as categorías relacionadas pero doutra temática.--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 13:27 (UTC)[responder]
- @Miguelferig: A primeira opción indica que o artigo só leva a súa categoría propia. Nesa proposta o resto de categorías relacionadas engádense na páxina da propia categoría, non no artigo. Xusto como está nestes mesmos intres o artigo Castelao, por iso puxen ese artigo de exemplo no comentario. O que ti comentas ven sendo (máis ou menos) o que se indica na segunda opción, aínda que no exemplo que dis de Nepal, por exemplo, con esa segunda opción o artigo levaría as dúas, Categoría:Nepal e Categoría:Países de Asia. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 13:33 (UTC)[responder]
Cómpre unha clarificación do verdadeiro alcance deste punto no caso de mudar o sistema actual de clasificación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de xaneiro de 2017 ás 15:46 (UTC)[responder]
- Off topic: Creo que non existe nada que poidamos chamar, sen ruborizarnos, "sistema actual". Hai moi poucos editores que lle dediquen tempo a crear categorías e a categorizar correctamente. En xeral o sistema de categorización na Wikipedia en galego está pouco desenvolvido e é bastante desastroso. O proxecto está, nese eido, por detrás mesmo doutras moitas wikipedias con menor numero de falantes. Son prácticas habituais poñer categorías demasiado xeralistas; crear categorías para incluír un único artigo feito por un mesmo; crear categorías cunha soa categoría nai (cando lles corresponderían tres); crear categorías sen analizar antes as relacionadas que xa existen e as das outras wikipedias; non poñer a interlingüística en Wikidata; non poñer o {{Artigo principal}} nin o {{Commonscat}} … etc. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2017 ás 16:26 (UTC)[responder]
- É que parece que no exemplo que pos de Castelao estás considerando Castelao como a categoría nai, o que non me parece moi loxico. Castelao terá que ser unha categoría filla doutra máis grande, pero dunha nai concreta, non de 50 nais, é dicir, por exemplo, a categoría Equinos é filla só das categorías de taxonomía e non doutras, por iso as outras aparecerán tamén. Se a glicosa a poño na categoría monosacáridos, xa non a poño na categoría máis grande de glícidos, porque os glícidos xa comprenden os monosacáridos e na árbore de categorías xa aparece esa relación. E Nepal ao poñer a categoría Nepal non vexo por que hai que poñer tamén a categoría grande da que depende de Países de Asia. De todas maneiras, a cousa se complica cando unha categoría se fai filla de varias. De todos modos eu non son moi bo poñendo categorías.--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 16:35 (UTC)[responder]
- @Miguelferig: "categoría Equinos" non atopo cal é, non sei moi ben a qué te refires nese caso. Glicosa non ten categoría propia (non existe a categoría:Glicosa), polo que non aplica ó que se indica neste punto proposto, terá que ter as categorías máis específicas que apliquen para o artigo. E a duplicidade do exemplo de Nepal, ou o do Xapón, e da segunda opción en xeral responde a unha motivación de aforro e comodidade para o lector á hora de procurar artigos relacionados. Se poñemos Nepal tanto na categoría:Nepal como na categoría:Países de Asia, dende o propio artigo o lector pode acceder a outros artigos relacionados con Nepal e con países de Asia, sen ter que pasar polo paso intermedio de categoría:Nepal para acceder a outros países de Asia. Deixando o artigo só na súa propia categoría "limítase" o acceso a eses outros artigos engadindo un paso adicional. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 17:08 (UTC)[responder]
- É que parece que no exemplo que pos de Castelao estás considerando Castelao como a categoría nai, o que non me parece moi loxico. Castelao terá que ser unha categoría filla doutra máis grande, pero dunha nai concreta, non de 50 nais, é dicir, por exemplo, a categoría Equinos é filla só das categorías de taxonomía e non doutras, por iso as outras aparecerán tamén. Se a glicosa a poño na categoría monosacáridos, xa non a poño na categoría máis grande de glícidos, porque os glícidos xa comprenden os monosacáridos e na árbore de categorías xa aparece esa relación. E Nepal ao poñer a categoría Nepal non vexo por que hai que poñer tamén a categoría grande da que depende de Países de Asia. De todas maneiras, a cousa se complica cando unha categoría se fai filla de varias. De todos modos eu non son moi bo poñendo categorías.--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 16:35 (UTC)[responder]
- É certo, no meu exemplo non existe a categoría glicosa (aínda), pero podería perfectamente existir, e nese caso poñería só Categoría:Glicosa en vez de Categoría:Monosacáridos. Hai o Modelo:Carbohidratos para ir a toda unha serie de páxinas relacionadas. En xeral, se poño Categoría:Glicosa accedo a todos os artigos relacionados coa glicosa (potencialmente moitos); se poño Categoría:Monosacáridos a todos os relacionados cos monosacáridos (coas categorías fillas incluídas); se poño Categoría:Glícidos a todos os relacionados cos glícidos (e ás categorías fillas incluídas) etc. Cando limitamos o número de categorías que se poñen sempre pasa iso, pero é unha forma de racionalizar o uso das categorías nos artigos. Tampouco é que teña un interese especial en que se faga así, pero penso que é mellor non poñer moitas categorías da mesma temática nos artigos (é repetitivo); outra cousa son categorías de distintas temáticas relacionadas co artigo.--Miguelferig (conversa) 18 de xaneiro de 2017 ás 20:20 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Notas de cabeceira
Período de votación: 15/01/2017 - 14/02/2017
SI: 6 — NON: - — NEUTRO: - — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Véxase tamén: Wikipedia:Homónimos.
As notas de cabeceira son notas curtas situadas na cabeceira dos artigos ou das seccións do mesmo. Estas notas de cabeceira axudan ó lector a localizar un artigo diferente que pode que estean a procurar. O lector pode chegar a un artigo que conteña unha destas notas por medio dunha redirección, porque o artigo desexado emprega un título máis específico ou porque o artigo procurado e o artigo no que recae o lector teñen nomes moi semellantes. As notas de cabeceira fornecen unha ligazón interna ó artigo que pode estar buscando o lector ou a unha páxina de títulos homónimos.
As notas de cabeceira adoitan indicarse en letra cursiva, xusto antes do texto da introdución inicial e das caixas de información e imaxes que poida ter o artigo no inicio. Os modelos máis empregados habitualmente neste tipo de notas son {{Outros homónimos}}, {{Non confundir}} e {{Redirección}} para a cabeceira dos artigos, e {{Artigo principal}}, {{Véxase tamén}} e {{Véxase tamén categoría}} para as notas de cabeceira das seccións.
As normas xerais para a inclusión deste tipo de notas de cabeceira son as seguintes:
- As notas deben ligar, na medida do posible, directamente a os títulos dos artigos ou páxinas de homónimos, sen empregar ligazóns con máscaras (usando o carácter "|"). As ligazóns a redireccións tamén deben evitarse na medida do posible.
- As explicacións deben manterse no mínimo posíble, incluíndo só a información vital necesaria para dirixir ó lector, deixando que sexa o propio texto e introdución do artigo o que axude a clarificar o tema tratado no artigo que contén a nota.
- Só se deberían mencionar artigos doutros temas nos casos nos que hai unha alta posibilidade de que o lector chegue ó artigo por erro na procura dun tema completamente diferente.
- Nos casos nos que un tema notable adoita coñecerse cun termo determinado, pero o artigo que leva ese termo no seu título trata sobre outro tema distinto, é moi recomendable engadir unha nota de cabeceira que ligue co tema concreto ou cunha páxina de homónimos dende a que se poida chegar a ese outro artigo.
- Na medida do posible, deben limitarse as notas de cabeceira a unha por inicio de páxina. Isto tamén debe aplicarse na medida do posible ó uso deste tipo de notas de cabeceira nas seccións do artigo.
A favor[editar a fonte]
|
En contra[editar a fonte] |
Comentarios
[editar a fonte]Notas
[editar a fonte]- ↑ Real Academia Galega (2012) [1982]. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (PDF) (23ª ed.). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-87987-78-6. VG 82-2012.
- ↑ "Understanding SC 1.4.3: Contrast (Minimum)". W3 (en inglés).
- ↑ 3,0 3,1 "Puntuación I". Criterios lingüísticos. USC.