Festival Aéreo de Vigo
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Patrulla_%C3%81gula_FAV09.jpg/220px-Patrulla_%C3%81gula_FAV09.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Helic%C3%B3ptero_Sikorsky_76_C%2B_%28EC-JES%29_%22Pesca_1%22_del_Servicio_de_Guardascostas_de_Galicia.jpg/220px-Helic%C3%B3ptero_Sikorsky_76_C%2B_%28EC-JES%29_%22Pesca_1%22_del_Servicio_de_Guardascostas_de_Galicia.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Canadair_CL-215T%2C_Vigo.jpg/220px-Canadair_CL-215T%2C_Vigo.jpg)
O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo.[1] Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.
Descrición[editar | editar a fonte]
O festival era un espectáculo público, de participación internacional e gratuíto, que se facía na praia de Samil, inda que era perfectamente visible dende outros lugares próximos.
Cheganban a participar máis de cincuenta aeronaves, entre as habituais están a Patrulla Águila, os Canadair CL-215, EF-18 Hornet e a patrulla PAPEA (paracaidista) do Exército do Aire español, o helicóptero Sikorsky S-76C+ Pesca 1 da Xunta de Galicia, as patrullas Asas e Rotores de Portugal, outros paracaidistas, patrullas francesas, italianas e diferentes aparatos acrobáticos.
Inda en cada edición sempre había algunha aparición sorpresa, coma os A-10 Thunderbolt II ou B-52 Stratofortress da USAF, Harrier da Armada española, Eurofighter etc.
Despois de que o concello da cidade renunciara a organizar as edicións de 2013 e 2014, o festival pasou a celebrarse na cidade da Coruña.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Flip-flap do par da patrulla Águila, 2004.
-
Patrulla Rotores coa illa de Toralla ó fondo, FAV 2007.
-
A praia en 2008.
-
Pioner Team de Italia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Festival Aéreo se va al norte tras renunciar Vigo a organizarlo". Atlántico Diario (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2018.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival Aéreo de Vigo ![]() |