Conversa usuario:Piquito/Arquivo 2
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Piquito. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 29 de maio de 2013 ás 09:16 (UTC)
Bótalle unha ollada a ver que che parece. Saúdos! --JaviP96 30 de maio de 2013 ás 14:47 (UTC)
- Vou por partes, o artigo pódelo mover ti, poderás facer isto na maioría dos casos, non poderías cando a paxina cara a que moves o artigo ten historial (non contan as redireccións). A ver se se soluciona pronto o dos artigos sobrantes, e en canto ao crecemento, aparecerá na páxina de meta o día 3, pero aproximadamente pódoche dicir que quedaremos preto dos 32 puntos (ao redor de 31,8), fronte aos 27,63 deste mes, grazas ao esforzo de moita xente e tamén a que agora pasaremos a multiplicar os caracteres dos artigos por 1,2 e non 1,1, a explicación disto tela na páxina de conversa do wikiproxecto. Saúdos! --JaviP96 30 de maio de 2013 ás 15:13 (UTC)
Paréceme estupendo! --. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2013 ás 08:40 (UTC)
RE:Problemas cos portais
[editar a fonte]Non te preocupes, non me dás brasa ningunha, no portal da ópera está todo perfecto, o único que non ían eran as curiosidades, porque crearas Portal:Ópera/Curiosidades sobre a Ópera/xuño 2013, pero no portal tiñas Portal:Ópera/Curiosidades sobre ópera/xuño 2013, polo que non ía, pero non te preocupes, xa o cambiei. Acabo de miralo e vai todo, se aínda non o vés ben, non te preocupes, iso é da memoria do navegador, se probas a miralo con outro probablemente o vexas ben. No portal do hóckey tamén vai todo perfecto, por certo para os portais xa trouxen o modelo {{Selección aleatoria de portal}}, pódeche ser útil sobre todo para as seccións nas que teñas menos contido, coma a de curiosidades, ten un exemplo no Portal:Segunda Guerra Mundial, que teño en construción. Saúdos! --JaviP96 1 de xuño de 2013 ás 17:04 (UTC)
- Eu véxoo ben.
- Tes activado o Reloxo UTC?: Preferencias → Trebellos → Aparencia → Reloxo UTC: Engade un reloxo na barra de ferramentas persoal que mostra a hora actual en formato UTC, xunto cunha ligazón para purgar a páxina.
- Premendo nese reloxo púrgase a páxina, igual che axuda. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2013 ás 17:46 (UTC)
- É unha pena, pero creo que é o mellor, non teñen nada como artigos ou imaxes destacadas, se aínda tiveran unhas cantas algúns meses, poderíase utilizar o trebello aleatorio. Creo que o mellor é que poñas un aviso na páxina de conversa dos respectivos portais, poñendo algo así como: "Se nun me non aparece ningún editor interesado, o portal poderá ser borrado nun mes", ou algo polo estilo, e se transcorrido ese tempo non apareceu ninguén, marcalos como lixo, ou propoñelos para borrar. Se aparecera alguén no futuro, non sería problema, poderíaos volver crear, o portal en si non leva nin unha hora facelo, o que ocupa tempo é engadir o contido. Saúdos! --JaviP96 3 de xuño de 2013 ás 17:12 (UTC)
Conversar sobre Bruxelas
[editar a fonte]Non hai nada na páxina de conversa.
Se hai algo que debater, porqué non hai nin unha palabra na páxina de conversa do artigo, pregunto.
Seguimos falando alí do asunto.
En canto o tema estea claro pódense facer as mudanzas que fagan falta, xa o sabes. --. HombreDHojalata.conversa 3 de xuño de 2013 ás 22:46 (UTC)
- Insisto. Podes trasladar o debate á paxina de conversa do artigo? E alí falamos. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xuño de 2013 ás 08:30 (UTC)
- Trasladada conversa a: Conversa:Bruxelas. Vémonos ;-) --. HombreDHojalata.conversa 4 de xuño de 2013 ás 08:56 (UTC)
Boas novas
[editar a fonte]Ola Piquito! hai boas novas respecto ao wikiproxecto, subimos 7 postos na clasificación, mira Wikipedia:A Taberna (novas)#Gran avance da Galipedia na medición da lista de artigos que toda Wikipedia debería ter. Saúdos!! --JaviP96 4 de xuño de 2013 ás 20:14 (UTC)
RE:IC
[editar a fonte]Sí, estou ultimamente dándolle forte porque a wiki está moi frouxa nese tema. Por min OK, non sei canto tempo vou ter, pero tentarei ir mellorándoo con material doutras wikis e restruturándoo. Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 6 de xuño de 2013 ás 15:36 (UTC)
- Por certo, adiqueille bastante esforzo ao artigo da Humanae Vitae, ¿poderías, cando teñas tempo, botárlle un ollo? Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 7 de xuño de 2013 ás 07:04 (UTC) E, xa que estás, mira a ver se podes mirar isto, é un pouco o que penso facer: Usuario:Norrin_strange/Obradoiro_2#Igrexa_Católica. Teño un pouco de medo a reformalo porque é un tema polémico, e ademáis hai moito que facer no artigo (é un caos). --Norrin_strange (Fala-me) 7 de xuño de 2013 ás 07:57 (UTC)
Athletic Club
[editar a fonte]Gústame moito como quedou! :) Grazas pola axuda e se queres cambiar calquera outra cousa non o dubides. Saúdos!--Adorian (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 16:31 (UTC)
- Está moi ben! Se libre de cambiar o que queiras :) Agora mesmo estou editando unha sección, se queres poñoa cando remate.--Adorian (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 21:26 (UTC)
Obradoiro de edición na Coruña
[editar a fonte]Boas, mira, vou dar un obradoiro de iniciación á edición da Galipedia na Coruña e precisaba que a cousa tivera a máxima participación posible, se coñeces algunha persoa que poda estar interesada, ¿poderías comentarlle esta posibilidade? Tes máis información na taberna e tamén podes preguntarma directamente na miña conversa.
Sei que non vos queda perto pero coméntocho por se a alguén lle puidera interesar a pesares da distancia. Tamén estou avisando de que estou a pensar en organizar un grupo de editores organizado na Coruña, non sei se che interesaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 13:32 (UTC)
- A idea de facer un grupo de editores é para poñer en contacto físico a xente que pode reunirse de forma periódica de forma presencial para organizar diferentes actividades dentro e fóra da wiki. Podemos organizar contactos con institucións para conseguir a liberación de contidos e fotografías, falar con museos ou entidades para facer actividades de promoción da Galipedia, colaborar con concellos para difundir o proxecto, ou o que se nos ocorra.
- E un favor que che quería pedir. Este venres hai unha actuación de balde en Carballo, na praza do concello, actuarán Federico Pérez e Pepo Suevos ás 21:30, tes información nesta páxina. ¿Poderías achegarte por alí e sacarlle unhas fotos xa que non teñen no artigo? Só se che cadra ben, que se non é desta xa caerán outro día :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 21:09 (UTC)
Elitserien
[editar a fonte]Adiante cos arranxos que vexas precisos. Por min no teñas dúbidas. -- JonnyJonny (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 19:26 (UTC)
RE:Portal Historia
[editar a fonte]Si efectivamente, xa o corrixín, grazas polo aviso. Saúdos! --JaviP96 15 de xuño de 2013 ás 08:46 (UTC)
RE: Arranxo Liceo
[editar a fonte]Boeno, a foto xa caerá para outra, cando teña un momento miro a táboa esa a ver se lle vexo algo raro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 08:46 (UTC)
- Mirei o artigo co exploter que teño eu agora e saía como dis ti, cambiei o tamaño da imaxe e agora xa me aparece ben, a imaxe ó lado da táboa. Pola noite probo co firefox a ver como queda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 09:10 (UTC)
- Ah, xa vin o que pasaba, pola noitiña mirareino con calma. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 09:37 (UTC)
- Fixen algunha modificación no cadro e xa non vexo o problema que dicides nin en Chrome nin en Firefox nin en Explorer. A ver se así está a gusto. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17 de xuño de 2013 ás 09:50 (UTC)
Topónimos
[editar a fonte]Si, tes toda a razón. Desculpa. É moi tarde xa... Mellor será que vaia prá cama e espabile a cabeciña. --Xabier Cid Talk 2 me, please 19 de xuño de 2013 ás 00:05 (UTC)
RE:Problemas técnicos
[editar a fonte]No sei porque tiraban as imaxes para abaixo, só sucedía co Explorer, pero xa o solucionei; se che volve suceder tenta facer o que fixen eu, a ver se se soluciona. Saúdos! --JaviP96 4 de xullo de 2013 ás 08:51 (UTC)
Portal
[editar a fonte]Recibin a túa mensaxe sobre o portal da ópera. Xa o estivera vendo anteriormente e é moi interesante. Pero ten en conta que eu non son moi entendido en ópera. Teño afección a escoitar discos de ópera e de música clásica (e gústame a música en xeral), pero só son un afeccionado. Non sei se poderei axudar moito aí, pero podo intentalo na medida que poida. A min tamén me propuxeron facer un portal sobre bioloxía, pero pareceume un pouco complicado facelo e ademais o problema despois é mantelo actualizado e varialo, etc., e eu non teño tempo para tanto. Igual acabo facéndoo de todos modos, pero...--Miguelferig (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 10:50 (UTC)
RE:Imaxes
[editar a fonte]Creo que podo retocalas sen problema, que si é un problema é o francés e a ópera, dous temas dos que non sei case nada :) Ía traducir o primeiro pero coa primeira palabra xa teño problemas. Vou comezar co ficheiro Ficheiro:Ti aveudesir.png e teño estas opcións para as traducións:
- aveu: confesión ou declararse
- désir: desexo
- accord de Tristan: acorde de Tristán
Cres que están ben así? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 00:10 (UTC)
Logo nas outras hai:
- regard: mirada, ou mirada penetrante?
- philtre d'amour: filtro/bebedizo de amor?
- poison: veneno?
- philtre de mort: filtro/bebedizo de morte?
- délivrance: liberación, expedición, concesión, rescate?
- mort de Tristan: morte de Tristán
- douleur d'Isolda: dolor de Isolda
- le jour: día?
- Liebestod (mort dans l'amour): morte no amor? (deixamos tamén o nome en alemán? É dicir: Liebestod (morte no amor)?)
- transfiguration dans l'amour: transfiguración/transformación no amor
Eu usei un tradutor de Internete pero como non sei de que vai esta ópera non estou seguro de que as traducións sexan correctas, cando podas revísaas e logo xa fago as versión dos ficheiros que iso non leva nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 07:45 (UTC)
- Xa están as imaxes, son Commons:File:Ti aveudesir gl.PNG, Commons:File:Ti delivrance gl.PNG, Commons:File:Ti jour gl.PNG, Commons:File:Ti liebestod gl.PNG, Commons:File:Ti morttristan gl.PNG, Commons:File:Ti philtreamour gl.PNG, Commons:File:Ti philtremort gl.PNG, Commons:File:Ti poison gl.PNG, Commons:File:Ti regard gl.PNG. Creo que están todos, se atopas algún problema ou queres que cambie o tamaño da letra ou a posición dos textos ou calquera cousa, avísame e doulle un retoque. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2013 ás 09:13 (UTC)
- A mandar! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2013 ás 23:14 (UTC)
Varias cousas sobre o portal da Ópera
[editar a fonte]Ola Piquito, fíxenlle algúns arranxos ao portal da Ópera, movín a páxina das curiosidades Portal:Ópera/Curiosidades sobre a Ópera, para que concordara coas subpáxinas, cambiei o cabezallo, para que non sucedera o que pasaba coas curiosidades deste mes, a imaxe quedaba fora da caixa. Tamén lle metín un par de ligazóns ao artigo destacado do mes.
Agora unhas cantas propostas:
- Cambiar no portal o título de "Artigo destacado sobre a Ópera" a "Artigo destacado", penso que non é necesario dicir que é sobre a ópera.
- Engadir unha ligazón ao artigo destacado, ven nun apartado que poña ler máis ou, senón, no corpo do artigo. Engadir un par de ligazóns máis no artigo destacado deste mes, e poñer en negra o título do artigo.
- Nas imaxes poñer:
[[Ficheiro:nome da imaxe|aquí podes poñer none, aínda que non é necesario|tamaño da imaxe|Pequena descrición da imaxe.]]
, así, ao pasar o rato por riba da imaxe vese unha pequena descrición desta.
Saúdos e parabéns polo traballo que estás a facer no portal e na wiki en xeral. --JaviP96 9 de xullo de 2013 ás 00:23 (UTC)
Ola Piquito, nesa imaxe non especificaches nin autor nin orixe, supoño que o collerías dunha web e haberá que borrala, pero quero asegurarme antes de facelo. Saúdos! --JaviP96 11 de xullo de 2013 ás 20:00 (UTC)
- É certo que só son formas xeométricas simples, pero ti non es o autor, preguntareille a Elisardo, a ver que di.--JaviP96 12 de xullo de 2013 ás 21:57 (UTC)
RE:Dereitos dunha imaxe
[editar a fonte]Non estou seguro, en principio parecería que si, pero a cousa é que na wiki en finlandés ten un aviso de copyright e de uso só con fair-use así que vou preguntar a un usuario que coñezo ali a ver o que nos di. Xa che comento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xullo de 2013 ás 11:12 (UTC)
RE: Votacións
[editar a fonte]Non é un problema de propoñelo ou non. O problema é como facelo. Teño que buscar algunha páxina de axuda que explique o proceso. Ata entón, se non hai outra persoa que o descubra antes, hai que seguir facendo o traballo á man. --Toliño Fala aquí comigo 16 de xullo de 2013 ás 10:24 (UTC)
Imaxes de calidade
[editar a fonte]Expliquei na páxina porque así vale para outros. Non sei se a explicación é suficiente. Pídeme todas cantas aclaracións consideres oportunas. Grazas por responderes. Apertas-- Lmbuga / Conversa comigo 16 de xullo de 2013 ás 23:28 (UTC)
Pechar votación
[editar a fonte]Desfixen o teu peche:
- Porque non a pechaches adecuadamente e varios membros da comunidade seguen a debater nela despois de "pechada".
- Unha vez que o debate está tan avanzado é mellor que se cumpra o prazo mínimo de peche que marca a política.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xullo de 2013 ás 12:22 (UTC)
- Pediríache que non o fixeras. Se a votación fora favorable a pecharías tamén? --. HombreDHojalata.conversa 17 de xullo de 2013 ás 12:30 (UTC)
RE:Portal Ópera
[editar a fonte]Non son precisamente o máis indicado para falar de Ópera, pero sen dúbida é un bo momento para incluílo, e o artigo merece ser destacado, agora no portal, e creo que cun pouco máis de contido tamén na Galipedia. Xa que se dedica o mes a esa ópera, penso que estaría indicalo nalgún lado, quizais xusto despois da introdución. Por último, desculpa, porque me vou de viaxe a Francia e estarei bastante inactivo estes días, xa me informarás das novidades :). Saúdos! --JaviP96 19 de xullo de 2013 ás 23:08 (UTC)
santos e santas
[editar a fonte]Ola, Piquito! En lingua galega, úsase a variante san ante consoante (san Pedro) e a variante santo ante vogal (santo Estevo); tanto o masculino como o feminino van en minúsculas, ao seren substantivos comúns. Podes mirar a entrada para "santo" no dicionario da RAG aquí. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xullo de 2013 ás 20:06 (UTC)
San/santo
[editar a fonte]Boas Piquito! A norma en galego é sinxela: se comezan por vogal é "santo", senón "san". En canto ao das maiúsculas a verdade non teño idea... No dicionario da RAG, nos exemplos, emprégase con minúscula. Supoño que será o mesmo que reis, papas, etc... --Norrin_strange (Fala-me) 22 de xullo de 2013 ás 06:22 (UTC)
pé de foto
[editar a fonte]Ola, Piquito! Creo que xa está; a culpa era do comando <small> ao comezo e final da explicación. Fixen tamén un par de correccións ortográficas. O artigo está moi guai, méteslle ti as categorías?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xullo de 2013 ás 08:53 (UTC)
Nematodos/Anuros
[editar a fonte]Incluín nematodos na lista dos 1000 artigos principais no apartado bioloxía/organismos. Deixei anuros polo momento, pero supoño que o haberá que eliminar desa lista, non?Miguelferig (conversa) 4 de agosto de 2013 ás 15:54 (UTC)
tradución da cita de Puccini
[editar a fonte]Boas: non falo italiano, pero ultimamente non fago máis que traducir dese idioma e púxenme co teu texto xa que estaba. A ver se che vale:
Ledicia suprema, paraíso, edén, empíreo, «turris eburnea», «vas spirituale», palacio... habitantes 120, 12 casas. País tranquilo, con espléndidas matogueiras fronte ao mar, poboadas por gamos, xabaríns, lebres, coellos, faisáns, arceas, merlos, pimpíns e pardais. Pantanos inmensos. Postas de sol luxuriosas e extraordinarias. Aire oportuno en verán, espléndido en primavera e outono. O vento dominante, de mistral no verán, no inverno o nordés ou o suroeste. Ademais dos 120 habitantes anteditos, as canles navegábeis e as cabanas trogloditas de xunca, hai diversos galeiróns, asubiadores, mergullóns e culleretes, certamente máis intelixentes ca os habitantes, pois a aproximación a eles é difícil. Din que na Pineta "latrica" tamén un animal raro, chamado «Antilisca»[1], para máis informacións dirixirse a...
- ↑ A antilisca naturalmente non existe: Puccini fixéralle unha burla a un amigo cazador, deixándoo no medio do bosque durante horas a esperar o fantástico paxaro.
--Servando2 (Dime) 7 de agosto de 2013 ás 12:02 (UTC)
LGT
[editar a fonte]Boas compañeiro. No que atinxe ó deporte do remo a páxina de referencia é todoremo.com. Nela tes tódolos datos que precises. Eu levo uns días moi atarefado e non teño tempo para editar. Un saúdo. - JonnyJonny (conversa) 14 de agosto de 2013 ás 08:01 (UTC)
Título de artigo
[editar a fonte]Ola, Piquito!
Que che parece mover o artigo que creaches do nome "Copa do Xeneralísimo (A Coruña)" a "Copa do Xeneralísimo de remo"? Coido que resulta máis explicativo e se axusta mellor ao formato. Moi bo artigo, por certo!
Outra cousa. Vexo que tes moitas mensaxes na túa páxina de conversa. Se queres, podes arquivar as máis vellas, creando unha subpáxina.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de agosto de 2013 ás 00:08 (UTC)
- Ola de novo! Para arquivares mensaxes, podes facelo en subpáxinas persoais, por exemplo "Conversa usuario:Piquito/arquivo1", ou "Conversa usuario:Piquito/2011"... Eu arquívoas de ano en ano; na parte superior da miña páxina de conversa podes ver un acceso aos arquivos. Recoméndoche que non movas todo dunha vez, deixa as máis recentes por se alguén quere consultar as últimas mensaxes. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de agosto de 2013 ás 01:22 (UTC)
RE:Imaxes do novo portal
[editar a fonte]Pois ben, pouco a pouco vou regresando, con respecto ás imaxes, probei incluíndo <center>
ao comezo e ao final, non sei se che vale así o resultado, senón, tento facelo doutra forma e con respecto aos artigos que teño pendentes, ireinos facendo aos poucos, e tentarei non crear máis ata ter algún acabado. Un saúdo!! --JaviP96 18 de agosto de 2013 ás 00:19 (UTC)
Tristan und Isolde
[editar a fonte]Recibín a túa mensaxe. Os discos que teño en casa desa obra (que en realidade son do meu irmán, pero están na miña casa) son un de Deustsche Grammophon nun só disco, que é un disco de extractos de partes destacadas (non é a ópera enteira), ten un libriño dunhas poucas páxinas con algunha información xeral, pero non é o libriño máis gordo que traen outros discos, polo que non trae moita información (debe de ser porque é un disco de extractos). Tamén teño a obra completa desa ópera en catro discos, pero son discos copiados, que o meu irmán debeu de copiar dalgún orixinal que lle prestaron ou que baixou dalgún sitio, polo que non teñen libriño. En canto ás traducións, se me dis algo en concreto (algunha parte) igual podería axudar, pero ten en conta que eu non teño coñecementos avanzados en música, polo que se me pode escapar algunha terminoloxía, quero dicir, saber cal é a palabra máis apropiada para traducir eses termos. Por exemplo, nos documentais científicos que botan pola tele as traducións adoitan ser malas, porque traducen os termos por palabras (posibles como traducións) pero que non son os termos "que se usan" no campo científico, e iso pasa porque o tradutor non ten coñecementos científicos. En canto a propoñer o artigo eu como de calidade o problema é máis ou menos o mesmo: o aspecto do artigo parece moi impresionante e eu creo que é un artigo de calidade, pero unha vez máis eu non son experto en óperas, e non podo dicir se o contido incluído ten algún erro ou non, ou se lle falta algo ou non; o mesmo me pasou co artigo da catedral de Santiago, que tamén me parece moi bo, pero que eu non sei se o que din das esculturas e demais partes da catedral e da historia está ben ou non, polo que non me atrevo a votar (co das listas de óperas foi distinto polo formato de lista que tiñan, que aí o máis importante é que a recompilación sexa o suficientemente completa e ben presentada). O lóxico é que se eu presento algunha vez un artigo como de calidade este sexa un artigo de bioloxía (dos que non fixen eu), do cal entendo algo.Miguelferig (conversa) 19 de agosto de 2013 ás 11:35 (UTC)
- Vexamos, a frase orixinal inglesa non é moi clarificadora, e todo depende o que se entenda por concert ending (final do concerto). Eu entendo o seguinte:
- Wagner escribiu o Preludio como versión de concerto, pero inicialmente parece que non tiña un final.
- Hans von Bülow estreou ese preludio en 1859 e como non tiña final, compuxo el o final.
- Wagner autorizou ese final para aquel evento, pero non quedou moi convencido da composición de Bülow e despois compuxo el o seu propio final para o Preludio.
- Iso é o que eu entendo, pero tampouco podo estar totalmente seguro coa información que se dá no texto.
- O CD de extractos de Tristan und Isolde do que che falei ten un libriño de cinco folliñas no que di o seguinte (tradúzoo do inglés): "O Preludio foi presentado (performed) baixo a dirección de Bülow en 1859 e baixo a de Wagner en 1860, pero a ópera non se representou ata o 10 de xuño de 1865, cando o rei Luis II de Baviera financiou a produción na Corte Real e Teatro Nacional de Munich, a súa capital. Dirixiuna Bülow. Exactamente dous meses antes, a esposa de Bülow, Cosima, dera a lua á súa filla, Isolde, cuxo pai era Wagner". Parece ser que Wagner se levaba ben con Bülow (e, cotilleos á parte, parece que tamén coa súa muller). Entón, se había tanta cercanía entre ambos, parece posible que Wagner autorizase a Bülow a "rematar" o seu Preludio, aínda que despois el o volvese a compoñer. Pero sen saber máis da historia dese Preludio é difícil dicilo con seguridade baseándose só no parágrafo que estamos intentando traducir.
- Tamén teño en casa un libro gordísimo (do meu irmán, que é o verdadeiro afeccionado á música) titulado The book of 101 Opera Librettos onde ven a letra completa desa ópera (e doutras 100 máis), pero non di nada da histora da súa composición.Miguelferig (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 18:16 (UTC)
Sen dúbida. É moi antiga, o copyright xa expirou. --. HombreDHojalata.conversa 21 de agosto de 2013 ás 07:41 (UTC)
RE:Votación dos cambios de políticas
[editar a fonte]Canta cousa :)! Vamos por partes: Se queres comezar unhas votación podes facelo premendo aquí, colocando ao principio {{Wikipedia/Votación}} indicando o período de 30 días. Nesta páxina incluirías todos os puntos, facendo un apartado para cada un, tamén poderías poñer a ligazón cara a páxina de debate, por se alguén quere comentar algo despois de ver as votacións. Tendo en conta a pouca participación na Taberna e nas distintas votacións creo que sería mellor agardar un pouco, para que haxa máis participación. Sobre se as listas poden ser ou non de calidade poderías simplemente abrir un fío na Taberna, ou engadir un apartado para isto na páxina de debate dos cambios nos artigos de calidade e poderíase tamén votar aí. Sobre os artigos bos, xa foron aprobados na Taberna, só quedaría debater os pormenores nunha páxina, cousa que xa debería ter feito, pero aínda non fixen, non teño ningún inconveniente en que a fagas ti se queres. Por último, coa sección de actualidade, penso que o mellor sería que crearas unha subpáxina de usuario (algo así como Usuario:Piquito/Actualidade) que funcionaría como se fose a sección da portada, para que todos os interesados na sección de actualidade (eu incluído) traballaran nesa páxina, uns cantos meses de bo funcionamento, probablemente quitaran as reticencias que hai respecto a ter esa sección, e entón creo que sería o momento de propoñelo. Espero que non me quedara nada por responder. Saúdos!! --JaviP96 23 de agosto de 2013 ás 15:16 (UTC)
Ola, Piquito; onte mandeiche un correo electrónico, pero non sei se che chegou; podes confirmar recepción? Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 18:53 (UTC)
- Ok, escribireicho de novo; porfi, vai a 'preferencias' e edítaas, poñendo un enderezo electrónico que teñas activo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 22:04 (UTC)
- Ola de novo! Revisa as preferencias, porque agora de feito non é posible mandarche un mail. Podes mandarme un a miin co teu enderezo? Hai uns meses tiven problemas co computador e non gardo o teu correo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 22:34 (UTC)
- Para que se che poida mandar un mail, tes que confirmar a nova conta; seguramente recibiches un mail da wikipedia nesa nova conta que indicaches, para poder confirmar que queres recibir correos nese enderezo. De momento non se che pode enviar nada. --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 23:36 (UTC)
- Non hai maneira, meu. A ver, comprobemos que tes todo ben: no apartado 'opcións de correo electrónico' aparece o teu enderezo; é ese? Abaixo debería poñerche "Confirmación do correo: O seu enderezo de correo electrónico foi autenticado en tal momento". E debaixo, tes que marcar o recadro de "Admitir mensaxes de correo electrónico doutros usuarios". Si? --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de agosto de 2013 ás 00:36 (UTC)
En uso
[editar a fonte]Ola Piquito. Os artigos Der Ring des Nibelungen e Lista de composicións de Jean Sibelius levan máis dun mes co modelo {{en uso}}, posto por ti. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 28 de agosto de 2013 ás 02:10 (UTC)
Votacións
[editar a fonte]Piquito, xa está ben!
As votacións a destacados de portada duran 15 días (mínimo). Non 30. Pecheina porque considerei oportuno pechala, e respectando a política correspondente.
Que problema hai?
Fai favor. --. HombreDHojalata.conversa 28 de agosto de 2013 ás 15:29 (UTC)
RE:Votación artigos de calidade
[editar a fonte]Boas Piquito! Fíxenlle algunhas pequenas modificacións, pero vouche consultar un par de cambios:
- Incluír un apartado ou senón metelo dentro doutro para que se inclúe ao principio da votación o día de comezo e de peche.
- No apartado traducións dis que "se non ten referencias a Galiza xa non se pode considerar completa", pero o escrito na política non é de todo así, di "incorporar información adicional, especialmente referida á relación entre o obxecto do artigo e Galicia", polo que a frase non é de todo correcta. O que tamén se podería propoñer é que despois disto se inclúa unha frase que aclare que tampouco se debe caer nunha galeguización excesiva ou artificial.
Se se me ocorre algún cambio máis xa cho comento, polo momento, que che parecen estes? --JaviP96 29 de agosto de 2013 ás 21:10 (UTC)
Tradución do alemán
[editar a fonte]Xa empecei a revisar algunhas traducións, agora teño que deixalo, cando poida retomareino, vale? Unha aperta!--Paradanta (Cóntame) 31 de agosto de 2013 ás 10:58 (UTC)
- Ola, Piquito. A segunda parte da escena I do acto III titúlase en alemán Die alte Weise; a tradución que ti fixeches, "O vello xeito", en principio é correcta, pero non ten moito sentido. Weise tamén pode significar "melodía". Eu non coñezo a ópera, pero ti quizáis poidas saber se, polo contexto, aquí Weise significa "xeito" ou "melodía". Polo demáis, o resto das traducións xa están revisadas e correxidas. No tocante ao deseño da táboa é mellor que lles preguntes aos que controlan máis destas cuestións técnicas, quizais Toliño, HombreDHojalata ou JaviP96 poidan axudarche. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 31 de agosto de 2013 ás 17:03 (UTC)
RE:Tristan und Isolde
[editar a fonte]Levoume un chisco, pero finalmente acordeime como era. Déixocho explicado por se che fai falta para outra ocasión: Para unir unha cela ca de abaixo tés que poñer |rowspan=nºde celas a unir|
e se o que queres é unir celas en horizontal, na mesma fila o que tés que poñer |colspan=nºde celas a unir|
Podes ver aquí como o fixen. Tamén che comentarei mañá un par de pequenos detalles neste artigo e mirarei de participar na proposta que fixeches. Saúdos! --JaviP96 1 de setembro de 2013 ás 00:35 (UTC)
- Pois aí que van:
- Na primeira cita do artigo escribiches: "Esforzárase, de feito, en dar prominencia ás fases máis lixeiras do romance mentres que era a súa traxedia que todo o domina o que me impresionou tan profundamente que me convencín de que debe destacar con groso relevo, independentemente dos detalles menores." Cambiei que todo o domina por omnipresente, e eu cambiaría debe destacar con groso relevo por algo como destacar claramente (sobre o resto da obra).
- Seguindo nese apartado, na última cita puxeches "Debo dicirche cun corazón sanguento", nunca escoitei está expresión en galego e penso que sería máis apropiado traducilo como emocionada, sensible, non sei se se che ocorre algo mellor.
- Segue pendente o tema de meterlle algunhas ligazóns internas no argumento, creo que llas podes poñer ós personaxes e tamén a outros artigos como Bretaña, caza...
- Tamén no argumento, no acto I, puxeches: "que ela o sandara empregando os seus poderes curativos." entendo que se eses poderes non son máxicos ou sobrenaturais sería máis correcto traducir facultades ou habilidades.
- Que che parece? Polo momento iso é todo, se me xorden máis dúbidas xa che comento. Saúdos!! --JaviP96 1 de setembro de 2013 ás 22:15 (UTC)
- Non é que poderes sexa incorrecto, pero creo que pode inducir á xente á pensar en poderes sobrenaturais, por iso creo que para evitar confusións sería mellor cambialo por un dos que puxen antes, pero repito que ser non é incorrecta. --JaviP96 1 de setembro de 2013 ás 22:42 (UTC)
- Cando poida acábolle de pegar repaso completo e se teño algunha dúbida xa cho comento. Penso que podes contar co meu voto positivo na escolla como artigo de calidade. Saúdos!! --JaviP96 4 de setembro de 2013 ás 23:23 (UTC)
- Non te preocupes, non creo que sexa ningún problema nin que lle afecte á votación. Por certo aí un par de dúbidas máis sobre o artigo, mírao cando poidas:
- No apartado de representacións, no terceiro parágrafo pon: "O estrés de representar Tristan und Isolde tamén reclamou as vidas", reclamar as vidas non me parece a mellor expresión, creo que polo menos debería estar entre comiñas coma na wiki inglesa. Dous parágrafos máis adiante pon: "mais a ópera só se ofreceu", non me cadra moito o verbo ofrecer para unha ópera, non sería mellor representar?
- En reaccións, na primeira cita dun xornal cambiei por unha respiración por exhalación, que creo que dá máis idea de brevidade, que entendo que é ao que se refire e na mesma cita non me queda claro o de "vivir a vida das rulas", que se refire a namorados?
- No parágrafo seguinte: "cuxos intestinos se desenrolan lentamente do seu corpo nun rolo." paréceme algo redundante, non se pode quitar o de "nun rolo"?
- No parágrafo no que fala de Mark Twain, creo que é mellor cambiar "comunidade" por sociedade e "sa" por corda.
- Xa me dirás o que che parecen estes cambios e mira tamén os que fixen eu. Perdoa se son algo pesado, por poñerme a buscar unha mellor tradución nalgunhas palabras, pero creo que todo detalle conta para ser de calidade. Se me xorden máis dúbidas segundo vaia lendo o artigo xa che comento. Saúdos!! --JaviP96 8 de setembro de 2013 ás 16:22 (UTC)
- Non te preocupes, non creo que sexa ningún problema nin que lle afecte á votación. Por certo aí un par de dúbidas máis sobre o artigo, mírao cando poidas:
Ola Piquito!! penso que dou xa por rematada a revisión do artigo cunha cuestión. No apartado Extractos de concerto e composicións derivadas da frase da wiki inglesa " Leopold Stokowski made a series of purely orchestral "Symphonic Syntheses" of Wagner's operas during his time as conductor of the Philadelphia Orchestra, bringing to concert audiences of the 1920s and '30s music they might not otherwise have heard." ti traduciches " Leopold Stokowski realizou unha serie de "Sínteses Sinfónicas" puramente orquestrais das óperas de Wagner durante os seus anos como director da Philadelphia Orchestra, polo que as audiencias dos concertos dos anos '20 e '30 do século XX pode que non tiveran escoitado a música doutro xeito." Creo que a tradución correcta para a frase en negra sería: proporcionado (dando, levando...) ao público (ou audiencias como ti dis) dos concertos un tipo de música que nunca escoitaran. Saúdos!! --JaviP96 13 de setembro de 2013 ás 21:47 (UTC)
- Parabéns polo traballo! Tristan und Isolde converteuse no décimo oitavo artigo de calidade da Galipedia. Saúdos! --JaviP96 21 de setembro de 2013 ás 19:35 (UTC)
RE:Artigos de calidade
[editar a fonte]Mira, voulle preguntar a Xosé Antonio o que lle parece a idea xa que el é o que mellor coñece o artigo e así imos máis seguros. Eu en canto teña un momento revisarei o dos virus e logo tentarei atopar algún que poida ser interesante. Unha idea que se me acaba de ocorrer, poderíamos mirar entre os artigos de calidade da wiki en castelán e inglés por se hai algún que nos poda valer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 22:21 (UTC)
- Ok coa proposta, coma ti xa tes experiencia nestas votacións podes encargarte? O:) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 22:48 (UTC)
- Pois tes razón neses detalles e como non sei se dará tempo a amañalos para que saia escollido penso que o mellor será esperar. O que podes facer, se che parece ben, é poñer eses comentarios na conversa do artigo para que non se perdan e que se alguén os pode revisar que os amañe. E se queres non o sigas revisando porque eu polo momento tampouco o vou propoñer, polo menos ata que esté un pouco máis revisado.
- Sobre o de traducir artigos doutras wikis tes razón que sempre hai que revisar ben os artigos orixinais porque varían moito na súa calidade, o que vou facer cando remate o do virus (que aínda non comecei) será buscar un artigo que sexa de calidade nas dúas wikis, inglesa e castelá, e así coller contidos das dúas para tentar asegurar unha boa calidade e logo cun repaso a ver se conseguimos que vaia para adiante. Pero veremos se atopo un artigo así, claro. Xa che contarei cando remate o do virus. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 19:41 (UTC)
- Eu tamén estou dacordo en nivelar un pouco os artigos de calidade, e tamén estou dacordo cos comentarios que fixeches na taberna sobre os potenciais artigos a calidade. Cando faga o do virus revisarei os outros candidatos e comentareino na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 21:47 (UTC)
Ligazón morta
[editar a fonte]O marcador de "Ligazón morta", empregado segundo se expresa en Modelo:Ligazón morta/uso, está ben, non lle fai mal. Indica que esa páxina xa non existe (accedese a ela mediante unha copia de arquivo).
Déixallo estar. Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 3 de setembro de 2013 ás 16:49 (UTC)
Laura Alonso
[editar a fonte]Piquito, un encargo para ti
- Laura Alonso Padín, soprano (Vilagarcía de Arousa, 1973) con artigo na GEG wp:en — wp:de — WP GALEGAS — WP TBIOG --. HombreDHojalata.conversa 15 de setembro de 2013 ás 11:55 (UTC)
Ancho de columna
[editar a fonte]Era porque tiñas limitado o ancho de columna. Por exemplo: width="70 px"
Nun caso amplieino e noutro quiteino. Eu son partidario de non especificalo. Que o texto colla por si mesmo, automaticamente, o ancho que precise. --. HombreDHojalata.conversa 16 de setembro de 2013 ás 10:11 (UTC)
Laura Alonso e votacións
[editar a fonte]Bo traballo en Laura Alonso, grazas.
En de.wiki, en.wiki, es.wiki e Wikimedia Commons os contidos foron achegados polo mesmo usuario/a (a súa única contribución ás wikis), posiblemente alguén achegado a ela (en es.wiki foi borrado por iso mesmo).
Déixoche o artigo da GEG por se lle queres botar un ollo: [1]
Co das votacións non te fagas mala sangre, están ben anunciadas. O que non participa é porque non quere. As que non prosperan sempre se poden volver propoñer, aos tres meses. --. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2013 ás 14:04 (UTC)
RE: Se podes...
[editar a fonte]Si que podería ir un día, ou dous. O que pasa é que sen poder usar o flash non van sair gran cousa, podo levar o trípode para ver se saen máis apañadas aínda que a min as fotos de interior non me saen demasiado ben. Poderá levarse o trípode? O que si me tes que dicir é como hai que facer para entrar porque eu nunca fun a un ensaio, a que persoas queres que lles faga fotos e os días e horas ós que se pode ir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2013 ás 21:23 (UTC)
- Vale, a ver se non me perdo! :) Cando saibas cando son os ensaios avísame e achegareime por alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2013 ás 00:36 (UTC)
- Non te preocupes de nada, eu vou e a ver que pasa. E só hai ese día de ensaio? Porque podía tentar ir outro día por se algunha foto saía regular. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 15:06 (UTC)
- Pois xa fun polo pazo e non me deixaron pasar! :D Pilloume a conserxe da entrada e preguntoume que qué ía facer, se coñecía a algún socio ou algo, se tiña permiso e..., para fóra! :) Díxome que falara cos Amigos da Ópera para ver se me daban un permiso para mañá. Pero non te preocupes, vou mandar un correo ós Amigos da Ópera a ver que me din, e mañá pasarei de novo por alí. O que si fixen foron as fotos do pazo, teño que revisalas un pouco e cando as suba xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 23:13 (UTC)
- Non te preocupes de nada, eu vou e a ver que pasa. E só hai ese día de ensaio? Porque podía tentar ir outro día por se algunha foto saía regular. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 15:06 (UTC)
Xa me responderon os Amigos da Ópera e déronme permiso :), hoxe vou ir de novo e a ver como vai a cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 09:20 (UTC)
- Boeno, primeiro espera a ver como saen :) Entón, queres unha foto xeral na que saia a orquesta e máis o coro? Dime algunhas das cousas que che interesaría ter foto e que poidan ser sinxelas de identificar para un nulo en ópera :) Porque ademais non sei nin como van estar colocados, nin onde poderei poñerme eu (aínda que tentarei poñerme onde me dixeches ti), nin nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 11:06 (UTC)
- Ok, tomo nota e a ver como saen, que xa che aviso que as fotos de interior teñen unha calidade bastante mala coa miña cámara e a miña man :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 11:20 (UTC)
Feito! :) Agora teño que revisalas e retocalas un pouco, penso que haberá algo decente para salvar. Tiñas toda a razón co do correo, non me querían deixar pasar de novo, pero ó final co permiso non houbo problema. Se che parece ben subirei as fotos o luns para dar tempo a que aparezan as fotos profesionais, total nós non temos présa, ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 21:21 (UTC)
Datos dunha imaxe
[editar a fonte]Ola Piquito.
Por favor. Poderías completar a caixa de datos de Ficheiro:Vihreän liiton logo.svg.png.
Graciñas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 24 de setembro de 2013 ás 12:40 (UTC)
RE:Imaxe para borrar
[editar a fonte]Feito! Saúdos! --JaviP96 25 de setembro de 2013 ás 14:07 (UTC)
Aí tés xa a votación para o cambio nas políticas sobre artigos de calidade. Asina o texto e xa podes votar nas propostas. Se che parece, mira de mandar unha mensaxe aos usuarios que participaron no debate para que poidan votar agora. Saúdos! --JaviP96 25 de setembro de 2013 ás 19:22 (UTC)
- Ti mesmo me dixeches:"Se che parece ben todo ou xa modificaches o que querías, podes retirar os concordos que puxen, copiala e crear ti a votación se queres." non vexo logo porque non a ía presentar, cando non expresaras ningunha desconformidade co texto. Tentarei aclarar os puntos que non están claros. Un saúdo! --JaviP96 7 de outubro de 2013 ás 16:34 (UTC)
- Concordo co cambio de nome, aínda que eu non o vexo como de calidade, paréceme demasiado longo, apartados coma interpretacións históricas non teñen referencias, impacto cultural ten só unha frase, e dende logo, fai falta unha referencias para afirmar que "impactou todas as áreas e practicamente a tódolos artistas dun modo ou doutro." o de "represores famosos" simplemente non o acabo de ver... en fin que para min non pode ser tal e como está de calidade, pero todo se pode mellorar, e tamén pode haber outras opinións. Saúdos! --JaviP96 12 de outubro de 2013 ás 11:37 (UTC)
- Tentarei de amañar o do portal cando teña un momento. Saúdos! --JaviP96 14 de outubro de 2013 ás 18:11 (UTC)
- Mira a ver como che parece que quedou e disme se queda algo por facer. Saúdos! --JaviP96 23 de outubro de 2013 ás 18:22 (UTC)
- Tentarei de amañar o do portal cando teña un momento. Saúdos! --JaviP96 14 de outubro de 2013 ás 18:11 (UTC)
- Concordo co cambio de nome, aínda que eu non o vexo como de calidade, paréceme demasiado longo, apartados coma interpretacións históricas non teñen referencias, impacto cultural ten só unha frase, e dende logo, fai falta unha referencias para afirmar que "impactou todas as áreas e practicamente a tódolos artistas dun modo ou doutro." o de "represores famosos" simplemente non o acabo de ver... en fin que para min non pode ser tal e como está de calidade, pero todo se pode mellorar, e tamén pode haber outras opinións. Saúdos! --JaviP96 12 de outubro de 2013 ás 11:37 (UTC)
Pode ir perfectamente á Wikimedia Commons co modelo {{PD-textlogo}}. Penso eu. --. HombreDHojalata.conversa 26 de setembro de 2013 ás 19:48 (UTC)
Cuestionario onomástica
[editar a fonte]Ola, Piquito! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.
Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.
Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:02 (UTC)
RE:OSG
[editar a fonte]Si, esta semana estiven liado co WLM e coa charla de Santiago pero espero que hoxe ou mañá poida telas listas e xa che aviso. E o de Tristán e Isolda foi unha pasada :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2013 ás 15:46 (UTC)
- Xa están subidas as fotos pero aínda teño que organizalas (polo momento están na categoría do Palacio da Ópera). Teño pendente subir as do exterior do Palacio que fixen o día anterior. Ó revisar agora as fotos decateime de que ó final non puiden facerlle foto a Jukka, é que só cantou tres ou catro frases durante todo o tempo que estiven alí e non quedaba no escenario, dicía a frase no seu momento e volvía a marchar, e sempre me pillaba despistado, foi o único dos cantantes que se me escapou :(. O coro da OSG case non o pillo porque non participou no ensaio das 19:30, pilleino de casualidade porque fun un pouco antes desa hora. E o que non vin por ningures foi o logo da OSG. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2013 ás 01:45 (UTC)
-
Esta é a única foto da OSG co Coro, e fíxena xusto antes de que marcharan todos.
- Na categoría de Commons que che dixen hai máis fotos, máis ou menos todas do mesmo estilo, as que che puxen aí son recortadas das outras. Coméntocho por se ves algunha que poida ser interesante, hai algunhas con varios dos cantantes. A mandar! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2013 ás 08:55 (UTC)
Os dereitos de autor das fotografías son dos fotógrafos
[editar a fonte]Ola Piquito.
Os dereitos de autor dunha fotografía son do fotógrafo, non da persoa ou persoas fotografadas (en caso de que as haxa, claro).
No caso das persoas fotografadas poderíamos falar do dereito a propia imaxe, o dereito á intimidade... pero non é iso o que nos ocupa.
Igualmente, o dereito da propiedade intelectual dunha obra calquera, por exemplo unha escultura, é do autor, no exemplo o escultor, non da persoa representada (se é que a escultura representa a alguén), etc. --. HombreDHojalata.conversa 12 de outubro de 2013 ás 18:28 (UTC)
- Para o aspecto do portal, porqué non lle pides axuda a JaviP96? Vaille resultar moito máis doado modificar o que coñece (porque o fixo el) que poñerme eu a fedellar no código, que igual me volvo tolo. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de outubro de 2013 ás 18:39 (UTC)
- Á pregunta do 12 de outubro: Obviamente non. Non debes cargar imaxes que non son obra túa poñendo que son obra túa.
- Á pregunta do día 14 de outubro: O convenio internacional di que as fotos pasan a dominio público 70 anos despois da morte do fotógrafo ou 70 anos dende a publicación no caso de que non se coñeza quen é o fotografo. En España, a lei, en lugar de 70 anos, marca 80 anos. Moitos outros países teñen lexislación propia. Tes máis información en Commons:Copyright rules by territory, resumido na seguinte imaxe:
- Así que, para as imaxes que dis, ou para calquera outra ... bota contas. --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2013 ás 19:23 (UTC)
Also sprach Zarathustra
[editar a fonte]Pla, Piquito. Temos o artigo Also sprach Zarathustra (Strauss) marcado como artigo con problemas desde que se creou. O único que controla do tema que me veu á cabeza es ti. Anímaste a botarlle un ollo? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de outubro de 2013 ás 08:28 (UTC)
RE:Deportivo
[editar a fonte]Ola, Piquito. Ese artigo era un dos que tiña en mente, sen dúbida. Pero moitas grazas por recordarmo! Unha apertiña. --Krisko (conversa) 8 de novembro de 2013 ás 20:36 (UTC)
Marcador ortografía
[editar a fonte]Foi JaviP96 quen puxo un marcador referente á ortografía, en xullo. Pregúntalle a el, por favor.
Eu só mudei o marcador xenérico ({{Atención|Ortografía}}) por un específico ({{Ortografía}}).
Un saúdo, e a seguir. . HombreDHojalata.conversa 12 de novembro de 2013 ás 22:06 (UTC)
RE:Ortografía?
[editar a fonte]Corrixín isto agora. No momento no que lle puxen o marcador tamén tiña outros erros coma maestro ou aportación, pero xa está todo solucionado. Saúdos! --JaviP96 13 de novembro de 2013 ás 19:03 (UTC)
RE:Axudiña
[editar a fonte]Pois creo que non se pode porque os ficheiros de son están metidos co modelo {{son}} e non teñen ningún parámetro para incluir imaxes. Revisei a versión en inglés do modelo e tampouco atopei que teña esa posibilidade. Se atopas algún artigo que o faga dalgunha forma rara dimo e bótolle un ollo. Sinto non poder axudarche máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de novembro de 2013 ás 23:28 (UTC)
- Hoxe estiven pensando que ó mellor non entendín ben o que me quixeches dicir sobre este tema. Queres que modifique o modelo son para que se lle poidan incluír imaxes? Esa sería a única forma de que as imaxes apareceran no mesmo cadro, se esta era a túa idea tentarei revisar o modelo por se son capaz de facerlle ese engadido. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2013 ás 01:37 (UTC)
- É que o outro día estaba un pouco espeso, agora xa o pillei :) Botarreille un ollo pola noitiña a ver se podo facer algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2013 ás 08:37 (UTC)
Fixen fai un tempo uns cambios no modelo e o único que conseguín foi que a imaxe apareza no cadro pero á esquerda, dinlle varias voltas e non puiden facer que a imaxe aparecera arriba. Podes ver o exemplo na páxina que me dixeches ti. Queres que o deixe así ou será mellor deixalo como estaba? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:51 (UTC)
- Ok, queda así entón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 09:23 (UTC)
Votacións calidade
[editar a fonte]Hola Piquito, propuxen o día 14 un artigo para calidade Estados Confederados de América, mais vexo que carece de total interese por parte dos usuarios e estou pensando en retirala para que non se repita o que sucedeu co artigo RMS Titanic. ¿Espero uns días para ver se alguen se amima? Pregunto, por que ti fuches o que máis interese mostrou daquela e retiraches un artigo hai pouco (aínda que agora esta para votar de novo). Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 16 de novembro de 2013 ás 16:00 (UTC)
- Grazas pola resposta. A verdade penso que tes toda a razón co de abrir un pouco o tema dos artigos de validade, por iso propuxen este. Estiven lendoo e penso que está completo comparandoo coa versión en castelán. Eu tampouco lie quixen meter man por iso da autoproposta, pero penso que non habería problema ao non crear eu o artigo non?--AMPERIO (conversa) 16 de novembro de 2013 ás 16:36 (UTC)
- Perfecto vouno ler para comprobalo. Moitas grazas de novo. Unha aperta!--AMPERIO (conversa) 16 de novembro de 2013 ás 16:45 (UTC)
- Efectivamente, creo que a wiki inglesa é na que nos deberíamos fixar. Ó artigo fáltalle contido (vasta con mirar algunhas seccións coma a de economía), penso que viría ven traer contido desa wiki nos lugares nos que se vexan carencias (aínda que quizais o artigo inglés é extenso de máis). Porén o principal problema penso que é falta de seccións nas que ampliar a información; o artigo só conta cun véxase tamén cara a Guerra de Independencia, fronte aos máis de dez que debe ter a wiki inglesa. Tamén se botan en falta referencias no texto, en lugar de na bibliografía. Isto é o que puiden ver, sen ler por completo o artigo. Saúdos! --JaviP96 20 de novembro de 2013 ás 19:40 (UTC)
Logo liiga
[editar a fonte]Penso que se pode subir sen problema. . HombreDHojalata.conversa 24 de novembro de 2013 ás 10:18 (UTC)
tradución do francés
[editar a fonte]Xa fixen a tradución que pedías, pégalle unha ollada, con todo, non acabo de estar seguro sobre as pezas das que están composttos os tutús, non sei se esa é a terminoloxía correcta. Un saúdo --Servando2 (Dime) 3 de decembro de 2013 ás 17:44 (UTC)
Manuel Quiroga nas enciclopedias
[editar a fonte]Das seis enciclopedias que consultei, Manolo só ten artigo de seu na GEG. Podes velo aquí. --. HombreDHojalata.conversa 6 de decembro de 2013 ás 09:21 (UTC)
Also sprach Zarathustra
[editar a fonte]Ola, Piquito! Perdón pola tardanza na resposta, pero estiven desconectado da Galipedia na última semana. Botareille unha ollada cando teña tempo e a ver se podo aportar algo. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 9 de decembro de 2013 ás 16:50 (UTC)
Xuntanza Pontevedra
[editar a fonte]Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna, amaña ou comenta o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:39 (UTC)
iws categorías
[editar a fonte]Ola, Piquito; por favor, ao creares categorías, ten en conta que cómpre incluír as interwikis mediante wikidata. Por exemplo, para a Categoría:Ostrobotnia, está esta páxina. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de decembro de 2013 ás 23:44 (UTC)
RE: Proposta nova
[editar a fonte]Grazas pola proposta, pero a min o tema da música galega non me atrae. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 12 de decembro de 2013 ás 14:40 (UTC)
- Vale, pois a ver se ccreo algún como o de Chicho Moldes, para o que xa teño foto, que teño que subir.
RE:Proposta nova
[editar a fonte]Feito! Por certo tras uns cantos días de ausencia, terei máis tempo para editar nas vacacións. Saúdos!! --JaviP96 18 de decembro de 2013 ás 15:49 (UTC)
RE:Axudiña cunha táboa
[editar a fonte]Para cambiala só hai que cambiar as filas por columnas, poñendo os anos na cabeceira. Xa o fixen pero non queda moi alá, no meu navegador (Exploter) sae do ancho do artigo porque son moitos datos, ó mellor habería que dividir a táboa en dúas. Revisa que deixara os datos correctos porque metinos a correr sen fixarme moito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 12:20 (UTC)
- Non che entendo que queres dicir con "facer dúas táboas cos equipos" do artigo Liiga, esa táboa non é o número de asistentes globais da liga? Ademais como ten unha imaxe ó lado penso que así xa queda ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 13:04 (UTC)
- Ah, vale, xa me decatei. Fíxenlle uns apaños ás táboas do artigo Liiga, mira a ver se quedan ben así, eu agora no Exploter véxoas ben, e creo que non se perdeu información (habería que mirar que siguen saíndo as mesmas liñas e tal, eu agora non o podo revisar que teño que marchar). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 14:19 (UTC)
Conservatorio
[editar a fonte]Ola, Piquito; Fareille a foto un día destes pois. Unha cousa: mudei o título ao artigo quitándolle as aspas, pois non son necesarias; o formato debería sen elas, igual que existe por exemplo IES Manuel Chamoso Lamas ou Estadio Santiago Bernabéu. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de decembro de 2013 ás 02:09 (UTC)
RE:Período de votacións
[editar a fonte]Agora acabo de decatarme, ó revisar amodo a política Wikipedia:Votacións atopei que os prazos de votación dos artigos da portada teñen un prazo mínimo de 15 días, pero o que pasa é que non se di nada dun prazo máximo. ¿Será bo poñer un comentario na política que diga que as votacións deben ter un prazo máximo de 30 días? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2013 ás 00:32 (UTC)
- Xa aclarou o tema do período de votación HombreDHojalata, creo que agora quedou bastante claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2013 ás 02:23 (UTC)
Páxinas arquivadas
[editar a fonte]Tes que ir a un servicio de arquivo, como: http://web.archive.org e buscar a dirección da páxina, despois, de entre os resultados que che de, sinxelamente tes que copiar a dirección da versión que che interese, se é que che ofrece algunha que che vala, que non é sempre, é empregar a dirección de web.archive (por exemplo, esta é a versión da nosa portada capturada o 20 de agosto de 2006: http://web.archive.org/web/20060820212644/http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada ) en lugar da dirección morta. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2013 ás 17:05 (UTC)
Proposta artigos de música
[editar a fonte]Síntoo moito, Piquito, pero non ando moi sobrado de tempo e quería facer nos próximos 30 días tódolos artigos do sistema de 55 Cancri (a ver se podo), ademais non teño nin idea de música clásica .... se fose algo máis estelar. Un saúdo e a ver se algún día podo serche de axuda nalgunha cousa que controle algo.--Xabier Cancela (fálame) 7 de xaneiro de 2014 ás 15:54 (UTC)
Reino de León
[editar a fonte]Concordo co que dis na túa explicación de que ambas versións deben estar na Galipedia. E son dos que pensa que os dous reinos conviviron ata chegado un momento no que un impuxose sobre o outro, pero como poño a continuación todos estes reinos foron incluídos na Coroa de Castela. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 15:26 (UTC)
Favor en Redondela
[editar a fonte]Boas Piquito, preciso axuda cun detalle do apartado sobre deporte do artigo Redondela, a ver se lle podes botar un ollo. Resulta que nese apartado pon: "Outra modalidade deportiva de gran tradición é o remo, sendo o club máis destacado o Club de Remo Chapela, que compite na máxima competición galega na categoría de traiñeiras, a LGT-A e Cuba traiñeira é chamada "Chapela". " Para min a parte e Cuba traiñeira é chamada "Chapela". non ten senso, habería que borrala? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2014 ás 13:22 (UTC)
- Ah!, era iso, non caía :) Graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2014 ás 22:46 (UTC)
lingua galega
[editar a fonte]Ola, Piquito! Non me atrevo a meterlle man ao artigo. Aínda hai moito que mellorar en artigos relacionados, especialmente no relativo á fonética e fonoloxía (aspecto este que comentei hai un mes co usuario Servando). Hai xente bastante máis preparada ca min para atacarlle ao artigo; así de primeiras ocórrenseme o propio Servando, Sobreira ou Ramiro Torres. Pero si que sería interesante facer del un artigo de calidade. En fin... outro artigo que sumar á lista de prioridades pendentes.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de xaneiro de 2014 ás 07:13 (UTC)
Zona de probas
[editar a fonte]A Wikipedia:Zona de probas é unha páxina na que fedellar, o malo é que so hai unha con ese nome no proxecto (noutras wikis teñen máis dunha: es:Wikipedia:Zona de pruebas, pt:Wikipédia:Página de testes....) e alguén pode editar doutro tema por riba do que ti estás a editar.
Eu recoméndoche, mellor, que fagas unha subpáxina de usuario (Usuario:Piquito/Zubin Mehta) e, cando acabes, simplemente a tes que mover ao espazo de nomes principal, e marcar con {{lixo}} a orixinal.
Tamén podes facer unha Usuario:Piquito/Zona de probas e xa che queda para sempre. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2014 ás 20:07 (UTC)
- Exemplo: Esta é a miña páxina de probas: Usuario:HombreDHojalata/Probas. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2014 ás 20:08 (UTC)
borrado de artigos
[editar a fonte]Ola, Piquito; mirei a mensaxe que deixaches o outro día nunha votación de borrado. Os posibles motivos que existen como predeterminados para borrar artigos aparecen nos botóns de administradores, pero para coñecelos podes consultar Wikipedia:Eliminación rápida. Bótalle un ollo tamén a Wikipedia:Borrar. Espero que che sexa de utilidade. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xaneiro de 2014 ás 13:54 (UTC)
RE:Malla de artigos
[editar a fonte]Tamén se podería probar, pero non sei moi ben como funcionaría. O que pasa é que penso que habería que esperar un pouco, non se pode "achuchar" demasiado á xente con estas cousas.
A dúbida que teño é se esa actividade se podería facer ó mesmo tempo que a votación a calidade do artigo, porque podería levar a unha votación un pouco condicionada. Quizais habería que escoller primeiro un artigo, traballar nel e logo propolo para que a votación estivese un pouco separada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 23:45 (UTC)
- Eu o que pensara sobre os artigos de calidade, e que ía propoñer un destes días na taberna, é que cando se poña un artigo de calidade para votar que se anunciara na cabeceira dos artigos, como se está facendo esta semana co da malla. Polo menos desa maneira daríaselle publicidade xa que hai usuarios que non revisan habitualmente as votacións, e tamén valería para que os usuarios novos entraran máis rápido nos procesos. Habería que asegurar un tempo mínimo de permanencia, por exemplo unha semana, por se hai varias propostas en pouco tempo pero penso que nada máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2014 ás 00:15 (UTC)
RE: Mahler
[editar a fonte]Boas, concordo no teu criterio pero coido que quizais, tendo en conta que non aparece ningunha referencia á mesma no artigo e que este é un artigo orfo, non está de máis incluila para que calquer usuario que busque información sobre Mahler teña acceso ao artigo sobre esa obra. Un saúdo. Woden (eh ho?!) 20 de xaneiro de 2014 ás 16:41 (UTC)
RE:Artigo de calidade
[editar a fonte]Coas poucas referencias coas que conta ata agora non pode ser de calidade, se podo tentarei traballar un pouco niso. Tamén é esencial que se aclare a orixe da información; segundo Amperio é da wiki francesa (aínda non o comprobei), de ser así, hai que indicalo na conversa e tamén estaría ben mirar a evolución do artigo nesa wiki dende que o artigo foi traducido no 2005. Saúdos! --JaviP96 21 de xaneiro de 2014 ás 15:01 (UTC)
Motivos frecuentes de borrado
[editar a fonte]Avisei na taberna dunha modificación pequena na política Wikipedia:Eliminación rápida para poñer o que preguntaras. A respecto do tema dese borrado ó mellor éche interesante a páxina Wikipedia:Criterios de notoriedade que está traducida da política de es.wiki pero que podería servir de base para facer unha política para a Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 10:58 (UTC)
re:propostas
[editar a fonte]Gracias por dar el aviso, xa vin que HombreDHojalata o moveu a destacados sobre Galicia. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 21:07 (UTC)
Sinfonía fantástica
[editar a fonte]Ola Piquito.
Poderías botarlle un ollo a Sinfonía fantástica, para quitarlle o marcador de mantemento?
Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 19:52 (UTC)
- Todo o tempo do mundo ;-) --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 21:10 (UTC)
Proposta na taberna
[editar a fonte]Boas Piquito, deixei unha proposta en Wikipedia:A Taberna (técnica) que creo que é da interese de todos. Agradeceríache que deras a túa opinión. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 10:56 (UTC)
Modelo Compositor e Artista musical
[editar a fonte]Boas Piquito! Temos dous modelos, Modelo:Compositor e Modelo:Artista musical, que creo que poderíamos adaptalos ao Modelo:Infobox. Qué che parece? Anímaste? --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 12:35 (UTC)
Die schweigsame Frau
[editar a fonte]Ola, Piquito! Traducín o artigo Stefan Zweig, e vin que hai información que pode ser interesante para Die schweigsame Frau, relativa ás súas primeiras representacións e posterior prohibición por parte do réxime nazi. Anímaste a completar o artigo da ópera?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xaneiro de 2014 ás 21:20 (UTC)
- Hai referencias desa sección no artigo en castelán, do que podes traducir directamente. Faino cando che vaia ben, non hai présa. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de xaneiro de 2014 ás 07:52 (UTC)
Referencias
[editar a fonte]Nin idea; aparentemente está correcto; quizais Toliño che poida botar unha man. --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de xaneiro de 2014 ás 10:44 (UTC)
- Xa o tes amañado. Eu prefiro engadir sempre as comiñas e evitar acentos e caracteres raros. Ten en conta que os caracteres estranos o ordenador os le como varios caracteres, e pode estar a alterar o código. Saúdos! --Norrin_strange (Fala-me) 31 de xaneiro de 2014 ás 11:05 (UTC)
Categoría:Poboación en...
[editar a fonte]Boas noites Piquito.
Imos darlle a volta :-)
Podes explicar ti, porqué creaches categorías coa forma "Categoría:Poboación en..." ? (lista das que creaches)
Na Galipedia incluímos os artigos relativos a lugares xeográficos en categorías do tipo Categoría:Xeografía de....
Despois de máis de dez anos e cen mil artigos, queres cambiar iso e crear toda unha estrutura nova? Porqué?
Dáste conta do que supón iso? Dende Categoría:Poboación na Terra ata Categoría:Poboación_na_ultima_parroquia_do_mundo?
Cando se fan categorías novas, hai que procurar construír sobre o que xa temos. Os criterios válidos poden sen moitos, porén non podemos mudalos a cada momento. Con todo, realmente, o que propós é un criterio valido? A comunidade chegou a un acordo sobre iso?
Supoñamos que a Galipedia comezara hoxe, que non é o caso. Imos falar de implantar ese sistema de categorías. Porqué "poboación en"? poboación é polisémica, polos artigos que metiches dentro (ollo, son de cidades e localidades, non de demografía) asemella que ti tomas a terceira acepción do DiRAG, porén en galego non creo que sexa a máis común. De feito "pobo", que moitos galegofalantes usan mal, non se debe empregar para falar dun lugar, porque non fai referencia a un lugar, senón a un conxunto de persoas.
E aínda máis, e seguimos supoñendo que a Galipedia comezou hoxe e que non hai nada feito e que temos que comezar de novo unha estrutura de categorías. Porqué "Poboación en..." e non "Poboación de..."
Porqué "Poboación en" e non "Poboacións en" ou "Poboacións de"?
As categorías van sempre en plural, porque definen o que conteñen. Unha categoría faise para conter artigos. Varios artigos.
En fin, penso que terías que ter sido ti o que expuxera os porqué, a necesidade e a conveniencia desa nova forma de categorizar. Non te parece?
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2014 ás 23:02 (UTC)
RE:Enciclopedias
[editar a fonte]A ver se podo mirar pola noitiña na GEG, se ten algo xa cho mando. Saudos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 17:13 (UTC)
RE:Borrados
[editar a fonte]Deixeille unha mensaxe na conversa, sen non responde haberá que esperar a que pasen os 30 días sen editar para borralo, xa mo apunto para controlalo, non te preocupes del. Grazas polo aviso, saúdos de novo, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 17:51 (UTC)
- Mira, díxome Xas que o artigo é sobre o libro dese título de Ortega y Gasset para un traballo de clase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 21:54 (UTC)
Armenios
[editar a fonte]Boas Piquito! Os armenios, mais ou menos, organízanse en dúa Igrexas, a católica e a Igrexa Apostólica Armenia, que ás veces é chamada "ortodoxa" por formar parte da ortodoxia oriental. Así que, neste caso, a tradución é correcta ;). Saúdos! --Norrin_strange (Fala-me) 7 de febreiro de 2014 ás 07:43 (UTC)
- Aquí tes un exemplo. --Norrin_strange (Fala-me) 7 de febreiro de 2014 ás 07:47 (UTC)
revogación de dereitos
[editar a fonte]Ola, Piquito; o proceso que seguiches é o correcto. Se tres usuarios expresan o seu acordo, a solicitude pasará a votación. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de febreiro de 2014 ás 09:38 (UTC)
- Pois as políticas non din que se se fai se se pronuncian usuarios en contra, polo que entendo que se tres persoas se manifestan a favor, abonda para levalo a votación. Respecto ao tempo, no momento en que haxa tres persoas a favor xa se pode levar a votación, pero non sei canto tempo habería que deixar para pechar a solicitude no caso de que non haxa apoios. Bótalle un ollo ao arquivo de solicitudes. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de febreiro de 2014 ás 10:08 (UTC)
Re:Desculpa
[editar a fonte]Non pasa nada, Piquito, non me molestou. Unha aperta. --Paradanta (Cóntame) 9 de febreiro de 2014 ás 13:08 (UTC)
Votación España
[editar a fonte]Boas Piquito, tratei de engadir un pouco de información na liña do que dis na conversa do artigo, a prehistoria... Con respecto ao dos deportes, non sei que se pode cambiar nese apartado, a táboa a importei da wikipedia en castelán. Se pensas que falta algo máis non dubides en dicilo. --AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 13:13 (UTC)
- Eu o dos clubs si que o deixaría, por que, aínda que como dis, hai quen non se sinte español no canto aos clubs, o que é certo é que estes están inscritos na Real Federación Española de Fútbol e como tal son equipos españois, polo tanto, no tocante a iso si que se poderían considerar como un éxito. Outra cousa xa é de onde sexan os xogadores se o equipo é de España, o éxito, en certo modo, é do país. Ademais que, na miña opinión serve para aumentar o prestixio da Liga de Fútbol española, polo tanto non vexo por que non poñelo. No tocante ás referencias vou buscar algunha máis.. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 14:58 (UTC)