Saltar ao contido

David Chipperfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
David Chipperfield

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Alan Chipperfield Editar o valor en Wikidata
18 de decembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónArchitectural Association School of Architecture (pt) Traducir
Universidade de Kingston
Wellington School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario, deseñador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale
Escola Politécnica Federal de Lausana Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX887751 Dialnet: 2186252
Museo fluvial e do remo en Henley-on-Thames.
Literaturmuseum der Moderne (LiMo) en Marbach am Neckar.
Vivendas en Villaverde (2005).

David Chipperfield, nado en Londres o 18 de decembro de 1953 é un arquitecto británico residente en Corrubedo. En 2023 recibiu o premio Pritzker de arquitectura. En Galiza impulsou a Fundación RIA, centrada nos desafíos urbanísticos e de ordenación do territorio na ría de Arousa, a través da que colabora en diferentes proxectos coa Xunta e co COAG.[1]

En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura na Architectural Association School of Architecture de Londres, licenciándose en 1977. Entre os anos 1978 e 1984 traballou con arquitectos como Douglas Stephen, Richard Rogers ou Norman Foster, establecendo nese ano o seu propio estudio, David Chipperfield Architects, que ten as súas oficinas principais en Londres, Berlín e Milán e unha oficina de representación en Shanghai.

A súa arquitectura adoita englobarse dentro da corrente estilística coñecida como minimalismo, desenvolvendo o seu labor en edificación e urbanismo, ademais de no deseño de mobles e interiores. Gañou diversos premios, como o "RIBA" (Royal Institute for British Arquitects) en varias ocasións, destacando por museos, galerías de arte, bibliotecas, vivendas privadas, hoteis e oficinas.

En 1999, David Chipperfield foi galardoado coa Medalla de Ouro de Heinrich Tessenow, que foi seguida por unha exposición xunto con Andrés Jaque. O ano seguinte foi un dos arquitectos que representou ao Reino Unido na Bienal de Arquitectura de Venecia. En 2003 foi elixido membro honorario da Academia da Arte e o Deseño de Florencia, e no 2004 foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico (CBE) polos seus servizos prestados á arquitectura.

Tamén foi profesor de deseño en diferentes escolas de arquitectura do Reino Unido e profesor invitado en universidades europeas e estadounidenses.

  1. "Fálase de O arquitecto bri...". Praza Pública. Consultado o 2023-03-07. 
  2. Diario, Nós (2024-02-19). "David Chipperfield, Antón Costas e José Manuel Fernández ingresan na Real Academia Galega das Ciencias". Nós Diario. Consultado o 2024-02-20. 
  3. Casa en Corrubedo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]