Edith Sohlström
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1870 Pori, Finlandia |
Morte | 24 de agosto de 1934 (64 anos) Pori, Finlandia |
Lugar de sepultura | cemiterio de Käppärä |
Actividade | |
Ocupación | escritora, mestra, compositora, escritora de literatura infantil |
Familia | |
Pai | Gustaf Sohlström |
Irmáns | Gösta Sohlström |
Edith Sohlström, nada en Pori (Finlandia) o 23 de xullo de 1870 e finada na mesma cidade o 24 de agosto de 1930 foi unha compositora e escritora que exerceu como mestra de ximnasia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Edith Sohlström naceu o 23 de xullo de 1870 en Pori, daquela pertencente ao Gran Ducado de Finlandia, era filla de Maria Wilhelmina Lindeqvist e dun conselleiro comercial chamado Gustaf Adolf Sohlström.[2] Tiña un irmán máis vello, Gösta Sohlström (1849–1925), foi director de coro e licenciado en dereito.[3]
Logo de finalizar na universidade a súa licenciatura como profesora de ximnasia de xeito excepcional a principios da década de 1890, e do mesmo xeito que as súas compañeiras, tivo que solicitar unha exención de xénero.[4]
Durante case trinta anos Sohlström traballou como mestra de ximnasia na súa cidade natal, tanto en escolas finesas como suecas, e converteuse nunha figura respectada na cidade, impulsora da música, os deportes e a vida cultural. A súa faceta musical fíxoa moi popular, cantando e acompañándose cunha guitarra tanto nas principais celebracións deportivas como nas noites locais.[4]
En 1893 fundou o primeiro club de ximnasia feminina de Pori, ao que seguirían outros moitos clubs de ximnasia.[4]
Morreu o 24 de agosto de 1934 e está enterrada no cemiterio de Käppärä en Pori.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Edith Sohlström foi practicamente esquecida na historia da música finlandesa, se ben o seu nome permaneceu na lembranza grazas á súa Elegia, a súa composición máis coñecida, cunha sonoridade romántica, na que fala no seu ensoñamento, e da que se fixeron numerosos arranxos.[6][7]
Produción literaria
[editar | editar a fonte]Edith Sohlström escribiu tamén varios libros en lingua sueca baixo o pseudónimo de Vivian Holme:[8]
- Lill-Brita och hennes bröder: några berättelser om en hurtig flicka. Söderström, Helsinqui 1916
- Hejan Stjärna. Schildt, Helsinqui 1917
- Falkenbergska bolaget. Schildt, Helsinqui 1918
- Ur sagovärld och verklighet: Del 1 : Sagor. Schildt, Helsinqui 1919
- Ur sagovärld och verklighet: Del 2 : Äventyr i krig och fred. Schildt, Helsinqui 1919
- Framtidsdrömmar: flickroman. Schildt, Helsinqui 1921
- Trollhedens saga och andra sagor. Schildt, Helsinqui 1921
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moisala, Pirkko; Valkeila, Riitta (1994). Musiikin toinen sukupuoli, Naissäveltäjiä keskiajalta nykyaikaan (en finés). Kirjayhtymä. pp. 16, 213. ISBN 951-26-3937-8.
- ↑ "Edith Sohlström" (en inglés). geni.com. Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ Haapanen, Toivo (1948). Musiikin tietokirja (en finés). Helsinqui: Otava. p. 458.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Koivisto, Nuppu (24 de agosto de 2020). "Edith Sohlström (1870–1934): säveltäjä ja urheiluaktiivi". rondolehti.fi (en finés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ "Localización da tumba de Edith Sohlström no cemiterio de Käppärä" (en finés). kirkkoporissa.fi. Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ "Suomalaisia Klassisia Suosikkisävelmiä 2" (en finés). Naxos.
- ↑ Välimäki, Susanna; Koivisto, Nuppu (8 de febreiro de 2019). "A series of articles celebrates historical Finnish women who wrote music" (en inglés). Finnish Music Quarterly. Consultado o 7 de decembro de 2020.
- ↑ "Holme, Vivan" (en finés). kirjasampo.fi. Consultado o 7 de decembro de 2020.