Estatua do Cristo Redentor
Estatua do Cristo Redentor | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estatua colosal de Xesús, atracción turística, lugar de peregrinación, estatua colosal, estatua e monumento ![]() | |||
Localización | ||||
Enderezo | Parque Nacional da Tijuca - Alto da Boa Vista, Rio de Janeiro - RJ ![]() | |||
Localización | Morro do Corcovado (pt) ![]() ![]() | |||
| ||||
Estado | Brasil | |||
Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro | |||
Concello | Río de Xaneiro | |||
Subprefeitura (pt) ![]() | Grande Tijuca (pt) ![]() | |||
Região administrativa (pt) ![]() | Tijuca (pt) ![]() | |||
Bairro (pt) ![]() | Alto da Boa Vista (pt) ![]() ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 1920 ![]() | |||
Inauguración | 12 de outubro de 1931 ![]() | |||
Material usado | Formigón armado e esteatito (pt) ![]() ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 30,1 m e 8 m ![]() | |||
Implicados | ||||
Arquitecto(s) | Albert Caquot, Paul Landowski e Gheorghe Leonida ![]() | |||
Creador | Paul Landowski e Carlos Oswald (pt) ![]() ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben declarado patrimonio polo IPHAN | ||||
Data | setembro de 2008 | |||
Identificador | 1478 | |||
| ||||
Patrimonio rexistrado polo Inventario de Monumentos RJ | ||||
Identificador | 1205 | |||
Na rede | ||||
corcovado.com.br ![]() | ||||
![]() ![]() | ||||
[ Wikidata ] |
O Cristo Redentor ou Cristo de Corcovado é unha estatua de 30,1 metros cun pedestal de 8 metros de Xesús de Nazaret cos brazos abertos, situada a 709 metros sobre o nivel do mar, na cidade de Río de Xaneiro, no Brasil, especificamente na cima do cerro do Corcovado. Foi inaugurado o 12 de outubro de 1931, despois de aproximadamente cinco anos de obras.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1921, no marco da conmemoración polo centenario da independencia do Brasil, xurdiu a idea de facer unha grande estatua dun Cristo Redentor monumental, cos brazos apertos. Cinco anos despois comezaría a obra de máis de mil toneladas de cemento armado que combina enxeñaría, arquitectura e escultura e que rechamantemente, dadas as características do proxecto e a época da súa construción, non se cobrou ningunha vida durante a súa execución.[1]
O enxeñeiro brasileiro Heitor dá Silva Costa é o escollido para dirixir os traballos. Vai rodearse do escultor francés Paul Landowski a quen confiará a construción do monumento. A súa realización presentouse en 1922 pero a obra realmente comezou en 1926. Isto é o resultado das numerosas modificacións que concirnen ao proxecto pero tamén dificultades de financiamento.
A pedra utilizada para o monumento de 38 metros de altura (estatua e pedaña) é a esteatita ("pedra-xabón"), pola súa resistencia aos efectos do tempo e das variacións climáticas. En 1928, a construción experimentoualgunhas modificacións. A armazón metálica foi substituída por unha estrutura en formigón armado. Ademais, a forma da estatua foi traballada para darlle unha forma de cruz.
Hoxe en día, aos seus 700 metros de altura sobre o nivel do mar, o Cristo Redentor é o miradoiro panorámico máis famoso do Brasil e a icona carioca máis fotografada polos turistas que visitan ese país.[1] A estatua foi inaugurada o 12 de outubro de 1931 en presenza dun cardeal[quen?] e en presenza dun xefe de Goberno provisional[quen?]. A estatua coñeceu traballos pola visita do Papa Xoán Paulo II en 1980 logo en 1990.
Para mellorar as visitas, unha escaleira mecánica e un ascensor panorámico foron construídos en 2003. Trátase do monumento do Río de Xaneiro máis visitado con 1,8 millóns de visitadores ao ano.[2]
Características da estatua
[editar | editar a fonte]- O peso aproximado da cabeza é de 30 toneladas
- A cabeza mide 3,75m
- A man mide 3,20m
- Cada man pesa 8 toneladas
- A distancia entre os extremos das mans é de 28 m,
- A lonxitude da túnica é de 8,5m
- Pesa 1.145 toneladas
- A superficie da pedaña é de 100 m².
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "O Cristo Redentor". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2014.
- ↑ "La Statue du Christ Rédempteur - Encyclopédie gratuite". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estatua do Cristo Redentor ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en portugués)
![]() |
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |