Estopa (grupo)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Estopa | |
---|---|
Orixe | Cornellà de Llobregat, Barcelona, España |
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | Rumba-Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG |
Membros | David e José Manuel Muñoz Calvo |
Na rede | |
www.estopa.com | |
Estopa é un dúo español de música creado en 1999, formado polos irmáns David e José Manuel Muñoz Calvo. O grupo é oriúndo de Cornellà de Llobregat (Barcelona), aínda que a súa familia descende do pobo de Zarza Capilla, en Estremadura.
Co seu primeiro disco conseguiron unhas vendas superiores a 1 000 000 copias, logrando así o recoñecemento no seu país natal e despois en países latinoamericanos como México, Chile, Cuba e a Arxentina. Os seus outros sete discos seguiron a fórmula que tanto éxito lles deu: rumbas canallas e urbanas. Son grandes admiradores de Joaquín Sabina. Venderon ao redor en total, máis de 3 500 000 a nivel internacional e nacional.
Discografía
[editar | editar a fonte]Teñen 3 500 000 copias vendidas aproximadamente entre tódolos seus discos:
- Estopa (1999) - 1 200 000 copias vendidas
- Destrangis (2001) - 800.000 copias vendidas
- Más Destrangis (2002) - 200.000 copias vendidas
- ¿La calle es tuya? (2004) - 600.000 copias vendidas
- Voces de ultrarumba (2005) - 500.000 copias vendidas
- Allenrok (2008) - 220.000 copias vendidas.
- Estopa X Anniversarivm (2009)
Premios e honras
[editar | editar a fonte]Ao cabo da súa carreira discográfica recibiron numerosos premios, como son entre outros:
- Premio Amigo 2000 ao Artista revelación.
- Premio Amigo 2000 ao mellor grupo Español.
- Premio Ondas 2000 ao Artista revelación Español.
- Premio Ondas 2004 ao Mellor Álbum por ¿La calle es tuya?.
- Premio da Cadena Dial ao disco SuperDial máis votado.
- Premio ao mellor vídeo musical na V edición dos premios da música con "Cacho a cacho".
- Premio Honra cidade natal de Cornellà.
- Fillos adoptivos de Zarza Capilla, Estremadura.