Eva Castiñeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1926 Agranzón, España |
Morte | 2010 (83/84 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pandeireteiras |
Josefa Eva Castiñeira Santos,[1] máis coñecida como Eva Castiñeira,[2] nada en Agranzón (San Martiño de Ozón, Muxía) en 1926 e finada en 2010, foi unha cantareira galega.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende cativa cantaba nas festas, bailes e romarías xunto con súa irmá Engracia e outras veciñas.[3] Emigrou á Coruña, onde traballou no servizo doméstico. Viviu no barrio de San Pedro de Visma.[3]
En 1981 participou como convidada nun concerto de Milladoiro, de modo que foi a primeira pandeireteira en acompañar un grupo folk.[3] Foi gravada tamén para o álbum Recolleita, de Pablo Quintana, canda o cego dos Vilares, e as súas melodías tamén foron inseridas no álbum Galicia no país das maravillas, de Milladoiro.[3]
Homenaxes e influencia
[editar | editar a fonte]Leilía dedicoulle o seu disco Consentimento (2012).
A súa obra está presente en Xabier Díaz, concretamente o "Valse de Agranzón", e en Luar na Lubre, en concreto no disco Mar maior (2012).
Foi escollida, xunto con Adolfina Casás, Rosa Casás, Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada nas Letras Galegas de 2025.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Nadal e as Cantareiras das Letras Galegas 2025". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-12-22. Consultado o 2025-01-08.
- ↑ "Presentación DLG2025". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-08.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Boullón Agrelo, Ana. "Da tradición á vangarda". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02.
- ↑ As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025