Saltar ao contido

Felús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felús omeia de al-Ma'mun, AH 219 (834-835 d. C.), cuñado en Xerusalén.

O felús[1] (árabe: فلس, romanizado: fals, plural fulus) foi unha moeda medieval de cobre do mundo musulmán producida por primeira vez polo califato omeia (661-750 d.C.) a finais do século VII.[2]

A moeda deriva do follis,[3] unha moneda romana de cobre e, máis tarde, tamén moeda bizantina. Orixinalmente, o felús cuñouse seguindo o padrón bizantino, de maneira que 48 feluses equivalían a un dirham de prata.[2]

Felús do califa samánida Mansur I ibn Nuh. AH 350-365 (961-976 d.C), cuñado en Bukhara.

Como é habitual na maioría das moedas islámicas, o felús era anicónico e adoitaba presentar unha escrita árabe ornamentada en ambas as faces. Na época do califatio abbásida, nestas inscricións mencionábase o nome do gobernante emisor, así como o lugar e o ano da cuñaxe. A partir do século X, o felús foi perdendo progresivamente a súa importancia no sistema monetario, aínda que recuperou valor no emirato de Bukhara e como principal moeda circulante en Exipto nos séculos XIV e XV, cando un dirham equivalía a 24 feluses. Producíronse moi diversas emisións de feluses ata o século XIX, cun peso variable entre un gramo e dez gramos ou mesmo máis.[2]

Felús peninsular do Emirato de Córdoba.

Na Península Ibérica, os feluses cuñáronse ocasionalmente, de xeito exclusivo durante a época inicial da invasión musulmá, no século VIII da Héxira (séculos IX e X d.C.), e no reino nazarí de Granada.[4]

A existencia desta pequena peza de cobre foi fonte de controversia para os xuristas musulmáns: cabe citar a Al-Maqrîziy, quen no seu Ighathah (1405) e sobre todo en al-Nuqud al-Islamiyyah («A moeda do islam», 1415), advertía de que «os muslmáns non deberían utilizar máis que o dinar de ouro e o dirham de prata nas súas transaccións».[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome procede do árabe marroquí flus (pl. fulus), e este termino deriva, pola súa vez, do grego antigo phóllis (φόλλις), que chegou ao árabe a través do arameo. É probable que o termo actual en galego fose tomado da forma plural árabe.

Moedas modernas

[editar | editar a fonte]
Moeda marroquí de 4 falús de AH 1290 (1873/4 d.C.), cuñada na ceca de Fez.

Na Idade Moderna, o felús deu orixe a outras moedas:

  1. "Felús". En Digalego. Dicionario de galego.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Fels". En Münzen Lexikon (Reppa.de).
  3. "Felús". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 84.
  4. Rodríguez Lorente, J. J. (1982). Páxina 12.
  5. Abdullah, A. (2020). Páxina 2.
  6. "Bahrain: Dinar (1965-date)". Numista.com
  7. "Iraq: Dinar (1931-date)". Numista.com
  8. "Jordan: Dinar (1949-date)". Numista.com
  9. "Kuwait: Dinar (1960-1990 and 1991-date)". Numista.com
  10. "Yemen: North Yemen: Rial (decimalized, 1974-1990)". Numista.com
  11. "United Arab Emirates: Dirham (1973-date)". Numista.com
  12. "Marocco: Falus". Numista.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]