Festival Internacional de Cine de Xixón
Festival Internacional de Cine de Xixón | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Acrónimo | FICX |
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1963 |
Sede | Xixón |
País | España |
43°31′46″N 5°40′38″O / 43.52931, -5.67732 | |
Na rede | |
https://ficx.tv/ano/2024/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Festival Internacional de Cine de Xixón, tamén coñecido polas súas siglas FICX, é un certame cinematográfico que se celebra en Xixón (Asturias).[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Festival remóntase ao ano 1963. Xurdiu a iniciativa de Isaac del Rivero Sr., debuxante e publicista, quen o dirixiu durante as súas primeiras 19 edicións, presentando a súa dimisión en decembro de 1981.[2]
O primeiro ano no que se celebrou recibiu o nome de Certame Internacional de Cine y TV Infantil. Entre 1964 e 1968 conservou o mesmo nome, aínda que cambiando a parte final "infantil" por "para nenos". Entre 1969 e 1976 a TV deixou de aparecer no nome oficial do certame. A partir de 1977 e até 1987 (con pequenas variantes en 1984, 1986 e 1987) utilizou o nome de Certame Internacional de Cine para a Infancia e a Mocidade. Aínda que xa en 1986 empezou a antepor a este nome o de Festival Internacional de Cine de Xixón, este nome non quedará como o único até a edición do ano 1988. As súas orixes como festival para a infancia e a mocidade, primeiro do mundo nesta especialidade, explican o especial interese que este festival prestou sempre ao público máis novo. Todos os anos hai un xurado composto por mozos entre 17 e 25 anos, que se selecciona entre aqueles que o solicitan.
En 1995 foi nomeado director José Luís Cienfuegos, tras a destitución de Juan José Plans. Naquel momento o Festival dependía da Sociedad Mixta de Turismo y Festejos de Gijón, S.A, que se ocupaba de actividades tanto turísticas como culturais da cidade. O actual director, Alejandro Díaz Castaño, foi elixido en 2017 tras un concurso público, en substitución de Nacho Carballo, destituído en 2016.
A reinauguración do Teatro Jovellanos e o progresivo aumento das actividades culturais, musicais e de lecer da cidade levou a devandita sociedade, a principios de 1996, a dividirse en dous, formándose, en maio de 1996 a Entidade Mercantil Artístico-Musical Teatro Municipal Jovellanos de Xixón, S.A., que posteriormente pasou a chamarse Divertia S.A., e que hoxe en día organiza o evento xunto co Concello da cidade.
Esta entidade ocúpase da xestión do Teatro Jovellanos, da área de Festexos da cidade e tamén da organización do Festival Internacional de Cine de Xixón.
Ao longo dos últimos anos pasaron polo Festival de Xixón algúns dos máis prestixiosos profesionais do cine independente do mundo. Visitaron este festival, entre outros, Darren Aronofsky, Abbas Kiarostami, Aki Kaurismäki, Todd Haynes, Pedro Costa, Paul Schrader, Joao Cesar Monteiro, Seijun Suzuki, Jem Cohen, Kenneth Anger, Ulrich Seidl, Hal Hartley, Lukas Moodysson, Tsai Ming-liang, Claire Denis, Todd Solondz, Bertrand Bonello, Apichatpong Weerasethakul, Monte Hellman, Ruben Östlund, Philippe Garrel, Lisandro Alonso, John Carroll Lynch, Whit Stillman, Víctor Erice, José Luís Corda, Tizza Covi e Rainer Frimmel, Isabel Coixet ou Carla Simón.
Durante a celebración do Festival Internacional de Cine de Xixón organízanse cursos, mesas redondas, encontros cos directores e concertos diarios, ademais de festas con música en directo. Desde 2017, o festival leva a cabo unhas xornadas de encontros profesionais coñecidas como os FICX Industry Days.
O FICX outorga varios premios nas diferentes seccións competitivas do seu programa contando cun Xurado Internacional (formado por profesionais de diferentes países), un Xurado Novo (formado por mozos de entre 17 e 26 anos) e, desde 2005 un Xurado FIPRESCI (Federación Internacional de Críticos Cinematográficos), e tamén colabora noutras iniciativas co obxecto de promover a industria cinematográfica en Asturias.
Na 50ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón, engadíronse novas seccións ás xa existentes, como AnimaFICX, sección creada para longametraxes e curtametraxes de animación. Na súa 55 edición creouse unha sección dedicada ao cine non recente, proxectado en formato fotoquímico (35mm), e na súa 56 edición arrinca unha colaboración co Festival de Donostia, baixo o nome CROSSROADS - ZINEMALDIA | FICX.[3]
Palmarés do festival
[editar | editar a fonte]
Premio Principado de Asturias á Mellor Longametraxe
[editar | editar a fonte]- 1994: Kabloonak de Claude Massot (Canadá).
- 1995: Heavy de James Mangold (Estados Unidos).
- 1996: Floating Life de Clara Law (Estados Unidos).
- 1997: Xianggang zhizao de Fruit Chan (Hong Kong)
- 1998: Orphans de Peter Mullan (Reino Unido).
- 1999: Abendland, de Fred Kelemen (Alemaña).
- 2000: Last Resort de Paweł Pawlikowski (Reino Unido).
- 2001: Hundstage de Ulrich Seidl (Austria).
- 2002: Lilja 4-ever, de Lukas Moodysson (Suecia).
- 2003: Schultze Gets the Blues de Michael Schorr (Alemaña).
- 2004: Vento di Terra de Vincenzo Marra (Italia).
- 2005: Ultranova de Bouli Lanners (Bélxica).
- 2006: Sehnsucht de Valeska Grisebach (Alemaña).
- 2007: Bang Bang Wo Ai Shen de Lee Kang-Sheng (Taiwán).
- 2008: Liverpool de Lisandro Alonso (Arxentina).
- 2009: La Pivellina, de Tizza Covi e Rainer Frimmel (Italia, Austria).
- 2010: Marţi, după Crăciun, de Radu Muntean (Romanía).
- 2011: La guerre est déclarée, de Valérie Donzelli (Francia)
- 2012: About the Pink Sky, de Keiichi Kobayashi (Xapón)[4]
- 2013: Ida de Paweł Pawlikowski (Polonia)
- 2014: Titli, de Kanu Behl (India)
- 2015: Ji-geum-eun-mat-go-geu-ddae-neun-teul-li-da de Hong Sang-soo (Corea do Sur)
- 2016: Glory de Kristina Grozeva e Petar Valchanov (Bulgaria)
- 2017: En attendant les barbares, de Eugène Green (Francia, 2017)
- 2018: Hotel by the River, de Hong Sang-soo (Corea do Sur, 2018)
- 2019: Vitalina Varela, de Pedro Costa (Portugal, 2019)
- 2020: (ex aequo)
- Marygoround, de Daria Woszec (Polonia, 2020)
- 9 fugas, de Fon Cortizo (España, 2020)
Premio Principado de Asturias á Mellor Curtametraxe
[editar | editar a fonte]- 1994: mencións especiais (non foi premio até 1995):
- Xicu'l Toperu de Gonzalo Tapia Suárez (España);
- High Castle de Michio Harada;
- Stand Back de Blaise Chakir (Alemaña).
- 1995: Ventimiglia de Fulco Lorenzo e Marc van Uchelen (Países Baixos).
- 1996: Esposados de Juan Carlos Fresnadillo (España).
- 1997: Possum de Brad McGann (Nova Zelandia).
- 1998: Hund de Clemens Schönborn (Alemaña).
- 1999: Hongos de Manuel Salazar (España).
- Mención especial: De zone de Ben van Lieshout (Países Baixos).
- 2000: Better or Worse? de Jocelyn Cammack (Reino Unido).
- 2001: Les chaussettes sales de David Lanzmann (Francia).
- 2002: Am see de Ulrike von Ribbeck (Alemaña).
- 2003: 7:35 de la mañana de Nacho Vigalondo (España).
- 2004 (ex aequo):
- 2005: Flesh' de Edouard Salier (Francia).
- 2006: Primera nieve de Pablo Agüero (Francia, Arxentina).
- 2007: Liudi iz kamnya de Leonid Rybakov (Rusia).
- 2009: Bingo de Timur Ismailov (Países Baixos).
- 2010: Coming Attractions de Peter Tscherkassky (Austria, 2010).
- 2011: (ex aequo)
- At the Formal de Andrew Kavanagh (Australia)
- Meteor de Christoph Girardet e Matthias Müller (Alemaña).
- 2012: Abgestempelt (Punched), de Michael Rittmannsberger (Austria)
- 2013: (ex aequo)
- Parvaneh de Talkhon Hamzavi
- Cargo Cult de Bastien Dubois
- 2017: La bouche, de Camilo Restrepo (Francia)
- 2018: Imperial Valley, de Lukas Marxt (Austria, 2018) | Premio "Arcu Atlánticu": La casa de Julio Iglesias, de Natalia Marín (España, 2018)
- 2019: Lonely Rivers, de Mauro Herce (España, 2019)
- 2020: To grow under a wild cherry tree, de Agata Olteanu (Romanía, 2020)
Premio ao Mellor Director/a
[editar | editar a fonte]Director/a | Obra | Ano |
---|---|---|
Claude Massot (Gañador/a) | Kabloonak. | 1994 |
Michael Rymer (Gañador/a) | Angel Baby. | 1995 |
Clara Law (Gañador/a) | Floating Life. | 1996 |
Tom Tykwer (Gañador/a) | Winterschläfer. | 1997 |
Thomas Vinterberg (Gañador/a) | Festen. | 1998 |
Zhang Yuan (Gañador/a) | Guo nian hui jia. | 1999 |
Lukas Moodysson (Gañador/a) | Tillsammans. | 2000 |
Majid Majidi (Gañador/a) | Baran. | 2001 |
Iain Dilthey (Gañador/a) | Das Verlangen. | 2002 |
Michael Schorr (Gañador/a) | Schultze Gets the Blues. | 2003 |
Pablo Trapero (Gañador/a) | ''Familia rodante''. | 2004 |
Jean-Marc Vallée (Gañador/a) | ''CRAZY''. | 2005 |
Maziar Miri (Gañador/a ex aequo) | Be Ahestegi... (Gradually...). | 2006 |
Mahamat Saleh Haroun (Gañador/a ex aequo) | Daratt. | 2006 |
Aleksey Balabanov (Gañador/a) | Gruz 200. | 2007 |
Lynn Shelton (Gañador/a) | Humpday Humpday. | 2009 |
Kelly Reichardt (Gañador/a) | Meek’s Cutoff. | 2010 |
Ruben Östlund (Gañador/a) | Play | 2011 |
Lee Sang-Woo (Gañador/a) | Barbie. | 2012 |
Jeremy Saulnier (Gañador/a) | Blue Ruin. | 2013 |
Ana Urushadze (Gañador/a) | Scary Mother.[5] | 2017 |
Radu Jude (Gañador/a ex aequo) | I Do Not Care if We Go Down in History as Barbarians. | 2018 |
Dominga Sotomayor (Gañador/a ex aequo) | Tarde para morir joven. | 2018 |
Lou Ye (Gañador/a) | Saturday Fiction. | 2019 |
Premio ao Mellor Actor
[editar | editar a fonte]- 1994: Szabolcs Hajdu, por Jó éjt királyfi.
- 1995: Jason Andrews, por Rhythm Thief.
- 1996: Manuel Alexandre, por El ángel de la guarda.
- 1997: Lothaire Bluteau, por Bent.
- 1998: Gary Lewis, por Orphans.
- 1999: Guillaume Depardieu, por Pola X.
- 2000: Michael Nyquist, por Tillsammans.
- 2001: John Cameron Mitchell, por Hedwig and the Angry Inch.
- 2002: Adam Sandler, por Punch-Drunk Love.
- 2003: Konstantin Lavronenko, Vladimir Garin e Ivan Drobronravov (ex aequo), por Vozvrashcheniye.
- 2004: Mohammed Khouas, por Lila dit ça.
- 2005: Mark O'Halloran e Tom Murphy (ex aequo), por Adam & Paul.
- 2006: Shia LaBeouf, Channing Tatum, Martin Compston, Adam Scarimbolo e Peter Anthony Tambaki (ex æquo), por A Guide to Recognizing your Saints.
- 2007: Mathieu Amalric, por La question humaine.
- 2009: Mark Duplas e Joshua Leonard, por Humpday.
- 2010: Mimi Brănescu, por Marţi, după Crăciun.
- 2011: Jérémie Elkaïm, por La guerre est déclarée.
- 2012: Yosef Carmon, por Epilogue.
- 2013: Alexandre Landry por Gabrielle
- 2017: Harry Dean Stanton (póstumo) por Lucky
- 2018: Ki Joo-bong, por Hotel by the River
- 2019: Marc Maron, por Sword of Trust
- 2020: Conrad Mericoffer, por Poppy Field (Romanía, 2020 )
Premio á Mellor Actriz
[editar | editar a fonte]- 1994: Ghita Norby, por Det bli'r i familien.
- 1995: Renee Humphrey e Alicia Witt (ex aequo), por Fun.
- 1996: Dina Panozzo, por Fistful of Flies.
- 1997: Samantha Morton, por A flor de piel .
- 1999: Hilary Swank, por Boys Don't Cry.
- 2000: Dina Korzun, por Last Resort.
- 2001: Eva Löbau, por Ich werde dich auf Händen tragen.
- 2002: Oksana Akinshina, por Lilja 4-ever.
- 2003: Frances McDormand, por La calle de las tentaciones (Laurel Canyon).
- 2004: Graciana Chironi, por Familia rodante.
- 2005: Tilda Swinton, por Thumbsucker.
- 2006: Sima Mobarak-Shahi, Shayesteh Irani, Ayda Sadeqi, Golnaz Farmani e Mahnaz Zabihi, (ex aequo) por Offside.
- 2007: Marie-Christine Friedrich, por Tout est pardonné.
- 2009: Patricia Gerardi, por La Pivellina.
- 2010: Mirela Oprișor e Maria Popistașu, por Marţi, după Crăciun.
- 2011: Valérie Donzelli, por La guerre est déclarée.
- 2012: Golshifteh Farahani, por The Patience Stone.
- 2013: Agata Kulesza por Ida
- 2017: Kim Min-hee por On the Beach at Night Alone
- 2018: Olivia Colman, por La Favorita
- 2020: Grazyna Misiorowska, por Marygoround (Polonia, 2020)
Premio ao Mellor Guión
[editar | editar a fonte]- 1994: Istvan Kardos, por Jó éjt királyfi.
- 1995: James Mangold, por Heavy.
- 1996: Karine Sudan, por Miel et cendres.
- 1997: Fruit Chan, por Made in Hong-Kong.
- 1998: Hans Christian Schmid, por 23.
- 1999: Andrew McGahan, por Praise.
- 2000: Lukas Moodysson, por Tillsammans.
- 2001: Majid Majidi, por Baran.
- 2002: Paul Thomas Anderson, por Punch-Drunk Love.
- 2003: Vladimir Moiseyenko e Alexander Novototsky, por El regreso.
- 2004: Ziad Doueiri, por Lila dit ça.
- 2005: Jean-Marc Vallée e François Boulay, por CRAZY.
- 2006: John Cameron-Mitchell, en colaboración cos seus actores, por Shortbus.
- 2007: Ariel Rotter, por El otro.
- 2009: Philippe Liorel, Emmanuel Courcol e Olivier Adam, por Welcome.
- 2010: Benjamin Heisenberg, e Martin Prinz, por Der Räuber.
- 2011: Santiago Mitre, por El estudiante.
- 2012: Amir Manor, por Epilogue
- 2013: Paweł Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz por Ida
- 2017: Stephan Komandarev, por Directions
- 2018: Hong Sang-soo, por Hotel by the River
Premio Gil Parrondo á Mellor Dirección Artística
[editar | editar a fonte]- 1994: Angelika Kraus, por Der olympische sommer.
- 1995: Alexei Aguzarov, pola curtametraxe Mausoleum.
- 1996: Therese Deprez, por I Shot Andy Warhol.
- 1997: Alexander Manasse, por Winter sleepers: soñadores.
- 1998: Jacques Rouxel, por Zonzon.
- 1999: Harmony Korine, por Julien, Donkey Boy.
- 2000: Chris Wong, por Xilu xiang.
- 2001: Ek Iemchuen, por Fah talai jone.
- 2002: Daniel Bradford, por The Good Girl.
- 2003: Natascha E. Tagwerk, por Schultze Gets the Blues.
- 2004: Antoine Platteau, por À tout de suite.
- 2005: Patrice Bricault-Vermette, por CRAZY.
- 2006: Jody Asnes, por Shortbus.
- 2007: Antoine Platteau, por La question humaine.
- 2008: David Polonskey, por Waltz with Bashir.
- 2009: Gustavo Ramírez, por Mal día para pescar.
- 2010: Vali Ighigheanu, por Aurora.
- 2011: Elena Zhukova, por Fausto.
- 2012: Dragan Denda, por Djeca.
- 2013: Katarzyna Sobanska e Marcel Slanwinski por Ida de Paweł Pawlikowski
Premio Especial do Xurado
[editar | editar a fonte]- 1994: Sakali leta, de Jan Hrebejk.
- 1995 (ex aequo):
- N'oublie pas que tu vas mourir, de Xabier Beauvois;
- Alpsee (curtametraxe), de Matthias Muller.
- 1996: Kevin Corrigan, Steve Parlavecchio, Lee Holmes e Matthew Hennessey, por Bandwagon.
- 1997: Gummo, de Harmony Korine.
- 1998: Beshkempir, de Aktan Abdykalikov.
- 1999: Rang-e khoda, de Majid Majidi.
- 2000: Zamani barayé masti asbha, de Bahman Ghobadi.
- 2001: Maria Hofstätter, por Días perros.
- 2002: Heremakono, de Abderrahmane Sissako.
- 2003: El regreso, de Andrei Zvyaginstsev.
- 2004: Wild Side, de Sébastien Lifshitz.
- 2005 (ex aequo):
- Iron Island, de Mohammad Rasoolof;
- Workingman's Death de Michael Glawogger.
- 2006: Hei Yan Quan, de Tsai Ming-Liang.
- 2007: El silencio antes de Bach, de Pere Portabella.
- 2009: Le roi de l'evasión, de Alain Guiraudie.
- 2010: Tilva Rosh, de Nikola Ležaic.
- 2011: Iceberg, de Gabriel Velázquez.
- 2012: Beyond The Hills, de Cristian Mungiu.
- 2013: Los insólitos peces gato de Claudia Sainte-Luce
- 2016: Glory de Kristina Grozeva e Petar Valchanov
- 2017: Karim Moussaoui, por Until the Birds Return
- 2017: Ramón Lluís Bande, por Cantares de una revolución
Mención Especial do Xurado de Cine Español
[editar | editar a fonte]- 2020: Transoceánicas, de Meritxell Colell Aparicio e Lucía Vassallo
Premio FIPRESCI
[editar | editar a fonte]- 2005: Ultranova, de Bouli Lanners.
- 2006: Sehnsucht, de Valeska Grisebach.
- 2007: Cochochi, de Laura Amelia Guzmán e Israel Cárdenas.
- 2008: Una semana solos, de Celina Murga.
- 2009: Francesca, de Bobby Paunescu.
- 2010: Meek’s Cutoff , de Kelly Reichardt.
- 2011: Terri, de Azazel Jacobs.
- 2012: The Patience Stone, de Atiq Rahimi.
- 2013: Henri de Yolande Moreau
- 2017: Manuel, de Dario Albertini
- 2018: Winter Flies, de Olmo Omerzu
- 2020: Chaco, de Diego Mondaca
Premio do Xurado Novo á Mellor Longametraxe
[editar | editar a fonte]- 1994 (ex aequo):
- Kabloonak, de Claude Massot.
- The Imitators, de Richie Winearls.
- 1995: Fun, de Rafal Zielinski.
- 1996: Fistful of Flies, de Monica Pellizzari.
- 1997: Adam & Eva, de Hannes Holm e Mans Herngren.
- 1998: Buffalo 66, de Vincent Gallo.
- 1999: El color del paraíso, de Majid Majidi.
- 2000: Tillsammans, de Lukas Moodysson.
- 2001: Late Night Shopping, de Saul Metzstein.
- 2002: Lilja 4-ever, de Lukas Moodysson.
- 2003: Jeux d'enfants, de Yann Samuell.
- 2004: Lila dit ça, de Ziad Doueiri.
- 2005: CRAZY, de Jean-Marc Vallée.
- 2006: Offside, de Jafar Panahi.
- 2007: Juno, de Jason Reitman.
- 2008: Waltz with Bashir, de Ari Folman.
- 2009: Welcome, de Philippe Lioret.
- 2010: Blue Valentine, de Derek Cianfrance.
- 2011: El estudiante, de Santiago Mitre.
- 2012: The Patience Stone, de Atiq Rahimi.
- 2013: Ida de Paweł Pawlikowski
- 2020: Como el cielo después de llover, de Mercedes Gaviria Jaramillo
Premio do Xurado Novo á mellor curtametraxe
[editar | editar a fonte]- 1994 - Xicu'l Toperu de Gonzalo Tapia Suárez
- 1995 - Ventimiglia de Fulco Lorenzo e Marc Van Uchelen
- 1996 -
- Esposados de Juan Carlos Fresnadillo
- Te lo mereces de Felipe J. Luna (España)
- 1997 - Hilda Humphrey de Nick Lyon (Alemaña)
- 1998 - Los Díaz Felices de Chiqui Carabante (España)
- 1999 - El Beso de la Tierra de Lucinda Torre (España)
- 2000 - Who's my favourite girl? de Adrian J. McDowall (Reino Unido)
- 2001 - La primera vez de Borja Cobeaga (España)
- 2002 - Rosso Fango de Paolo Ameli (Italia)
- 2003 - L'homme sans tête de Juan Solanas (Francia - Arxentina)
- 2004 - Flatlife de Jonas Geinaert (Bélxica)
- 2005 - Tube Poker dirixido por Simon Levene (Reino Unido)
- 2006 - Noen Ganger Gjør Det Vondt dirixido por Geir Henning Hopland (Noruega)
- 2007 - Le Mozart des pickpockets dirixido por Philippe Pollet-Villard (Francia)
- 2008 - Varmints dirigido por Marc Craste (Francia)
- 2009 - L'homme est le seul oiseau qui porte sa cage dirixido por Claude Weiss (Francia)
- 2010 - Todos vós sodes capitáns dirixido por Óliver Laxe (España)
- 2011 - Voice Over dirixido por Martín Rosete (España)
- 2012 - Abgestempelt de Michael Rittmannsberger (Austria)
- 2013 - La prima legge di Newton de Piero Messina
Premio á Mellor Longametraxe Española
[editar | editar a fonte]- 2020: Entre perro y lobo, de Irene Gutiérrez
Premio Nacional de Cinematografía Nacho Martínez
[editar | editar a fonte]- 2018, Juan Diego
- 2017, Verónica Forqué
- 2016, Lluís Homar
- 2015, José Sacristán
- 2014, Imanol Arias
- 2013, Carmelo Gómez
- 2012, Luis San Narciso; Premio de Honor 50º aniversario, Gil Parrondo.
- 2011, Montxo Armendáriz
- 2010, Charo López
- 2009, Ángela Molina
- 2008, Mercedes Sampietro
- 2007, Marisa Paredes
- 2006, Maribel Verdú
- 2005, Assumpta Serna
- 2004, Eusebio Poncela
- 2003, Gonzalo Suárez
- 2002, Juan Echanove
- 2019, Ernesto Alterio.[6]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Web Municipal del Ayuntamiento de Gijón". Ayuntamiento de Gijón (en castelán). Consultado o 2021-09-13.
- ↑ "El Festival Internacional de Cine de Gijón cumple 50 años". viajes.nationalgeographic.com.es (en castelán). 2012-11-19. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-13.
- ↑ # (2021-09-03). "Festival Internacional de Cine de Gijón". El Comercio (en castelán). Consultado o 2021-09-13.
- ↑ EFE (2012-11-24). "‘About the pink sky’, del japonés Kobayashi gana en Gijón". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-09-13.
- ↑ EFE (2017-08-18). "La película "Scary Mother" de Ana Urushadze, premiada en festival de Sarajevo". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-09-13.
- ↑ "Los actores Javier Gutiérrez y Ernesto Alterio, premiados por el Festival de Cine de Gijón" (en castelán). 29 de outubro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2020.