God Save the King
God Save the King | |
---|---|
God Save the Queen | |
En galego: Deus salve ao Rei | |
Himno de | Estados Nacional Nova Zelandia Reino Unido Real Antiga e Barbuda Australia Bahamas Barbados Belize Canadá Granada Saint Kitts e Nevis Tuvalu Xamaica Depedencias Bermudas Guernsey Illa de Jersey Real Illa de Man |
Letra | Descoñecido |
Música | Descoñecido |
Adoptado | 1745 |
Mostra da música | |
"God Save the King" (Deus Salve ao Rei) ou "God Save the Queen" (Deus Salve a Raíña), dependendo do xénero do monarca reinante, é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias.
God Save the King (Deus Salve o Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade. "Deus Salve a Raíña" (por mor de que na actualidade a coroa británica a ostenta a raíña Sabela II) é un dos dous himnos nacionais de Nova Zelandia (xunto con "Deus Defenda Nova Zelandia"), e o himno real de Australia e o Canadá.
Hai que aclarar que non existe unha versión autorizada no Reino Unido. O himno non foi xamais adoptado oficialmente por Proclamación Real nin Lei do Parlamento. En xeral, cántase só unha (ou de cando en cando, dúas) das estrofas.
Era polo pasado o himno nacional da maior parte dos países do Commonwealth; aínda que a maioría deles teñan agora o seu propio himno nacional, varios (dos cales Australia, Nova Zelandia e o Canadá) o recoñecen en tanto que himno real.
Letra[1]
[editar | editar a fonte]Letra orixinal en inglés | Versión en galego | En francés (empregada na parte francófona do Canadá) |
---|---|---|
God save our gracious Queen, Thy choicest gifts in store, O Lord, our God, arise, Not in this land alone, From every latent foe, Lord grant that Marshal Wade |
Deus salve a nosa gloriosa Raíña, Os mellores presentes; Ó Deus, noso Deus, veña Non apenas neste país, A todo inimigo latente, Que Deus permita que o Mariscal Wade |
Dieu protège la reine |
Observacións:
With heart and voice to sing
|
Interpretación no Reino Unido
[editar | editar a fonte]A versión máis interpretada nos actos oficiais foi proposta polo rei Xurxo V, quen se consideraba como un experto nela (por mor do número de veces que o escoitara). Unha orde do exército foi emitida en 1933, establecendo as normas para o tempo, a dinámica e a orquestración. Estas instrucións inclúense como que o Exército establece o tempo, a dinámica a orquestración.
Ata a última parte do século XX, os asistentes ao teatro e os concertos esperaban de pé, mentres se interpretaba o himno trala celebración do espectáculo. Nos cines, a tendencia do público de saír durante os créditos fixo que se suprimira esta formalidade.
O himno continua sendo interpretado en eventos tradicionais como o Campionato de Wimbledon e The Proms, entre outros.
Nos medios audiovisuais
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente interpretábase antes do fin das emisións da BBC (agás BBC Two que nunca chegou a ter esta tradición), e tras a introdución das cadeas privadas de televisión esta práctica foi adoptada por algunhas filiais de ITV ata a década dos 1980, pero continuou no final das emisións da BBC One ata o 8 de novembro de 1997 cando a cadea comezou a conectar con BBC News pola noite. Hoxe en día esta tradición mantense en BBC Radio Four, que acostuma emitir o himno antes de conectar con BBC World Service.
O himno tamén se emite antes da Mensaxe de Nadal da Raíña de Inglaterra, agás en 2007 que foi emitido ao final da mensaxe. Tamén é utilizado para dar avisos sobre a Casa Real, coma a morte dalgún membro, neste caso é interpretado dun xeito máis solemne.
Adaptacións musicais
[editar | editar a fonte]Compositores clásicos
[editar | editar a fonte]Ao redor de 140 compositores incluíndo Beethoven, Haydn, Clementi, J.C.Bach, Liszt, Brahms, Carl Maria von Weber, Niccolò Paganini, Johann Strauss (pai), e Edward Elgar utilizaron o himno nalgunha das súas composicións.
Rock
[editar | editar a fonte]Algúns grupos de rock coma Sex Pistols ou Queen, tamén fixeron adaptacións do God Save the Queen para algúns acontecementos importantes en Inglaterra.[2]