Hato de Foces
Hato de Foces | |
---|---|
Orixe | Huesca, Aragón |
Período | 1977 - 2011 |
Xénero(s) | Música folk |
Membros | Marise Aguilar, Alfredo Callén García, Salvador Cored, Jorge Marsó, Carlos Montull, José Luis Ochoa Hortelano, Olga Orús, Josu Ubierna |
Na rede | |
Hato de Foces é un grupo musical aragonés do xénero folk que foi fundado en Huesca.
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo naceu en 1977 cando un grupo de amigos amantes da música tradicional comezaron a xuntarse a cantar e interpretar cancións de grupos como Nuestro Pequeño Mundo, Nuevo Mester de Juglaría, Oskorri, Jarcha, La Bullonera, etc... grupos que foron referentes para "Hato de Foces". Non foi até o ano 1981, despois dun exitoso concerto, que o o seu traballo se converte en regular. A partir dese intre, o grupo adícase a difundir a música tradicional aragonesa, tanto vocal como instrumental, buscando nos cancioneiros ou recollendo cancións por tradición oral. Deste xeito, recuperaron cancións populares en risco de esquecemento, recuperando tamén instrumentos como a gaita de boto aragonesa.
Hato de Foces toma o seu nome dun lugar de Semontano no que os pastores, ó facerse noite, se gorecen coas súas ovellas. O disco Hato de Foces (1999) dedicáronllo a Rafael Andolz. O grupo deixa os escenarios o 8 de agosto de 2011, despois de máis de 35 anos de traballo ter feito 550 concertos.
Compoñentes
[editar | editar a fonte]- Marise Aguilar (voz)
- Alfredo Callén García (baixo e voz)
- Salvador Cored (gaita de boto, frauta travesa, mandolina , bandurria, laúde e guitarra)
- Jorge Marsó (batería e percusión)
- Carlos Montull (guitarra , laúde )
- José Luis Ochoa Hortelano (voz, laúde, guitarra e frautas doces, entre outros instrumentos).
- Olga Orús (voz)
- Josu Ubierna (acordeón)
Discografía
[editar | editar a fonte]- Amadruga (1983)
- En plena calle (1985)
- Tradición y fiesta (1986)
- Cuarto creciente (1989)
- Cantar de camino (1992)
- Hato de Foces (1999)
- Errekeerre (2002)
- Estrella de Paz (2002)
- Chino Chano (2006)
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Actualización de Música Folk, Guadalaxara (1987)
- Grupo Folk mas votado polos oíntes de Radio Nacional de España (1989)
- Medalla de Antena 3 (1985)
- Folklorista Altoaragonés (1983, 1984 e 1986)
- Grupo mas votado polos oíntes do programa Trébede de RNE - Radio 3
- Premio Parrilla de Oro, Huesca 2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina sobre Hato de Foces na Gran Enciclopedia Aragonesa Arquivado 11 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)