Herba dos pitos
Herba dos pitos | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Aquilegia vulgaris' (L.) | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
A herba dos pitos, Aquilegia vulgaris, é unha especie de plantas do xénero Aquilegia, familia Ranunculaceae, nativa das zonas tépedas de Europa e Asia. Outros nomes comúns son paxariños e bonetes.[8]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta herbácea perenne que alcanza 1,2 m de altura, talos delgados e con lanuxe, e follas de cor verde escuro, as basais grandes e pecioladas, diminuíndo o seu tamaño ao longo do talo, as superiores son trilobuladas. Talo floral erecto de 3-6 cm con varias flores que xorden agrupadas de cor azul violeta, ás veces brancas que caen flacidamente.
Historia
[editar | editar a fonte]De aquelegus, que toma auga, ou de aquila, polo aspecto das flores. Antigamente as sementes empregáronse para facer perfumes afrodisíacos e dise que as cortesás as mastigaban para exercer mellor o seu oficio, as vestais romanas (virxes consagradas) tiñan prohibido o contacto con esta planta. Foi cultivada nos xardíns medievais. A casa de Guisa, na Francia renacentista, fixo desta flor o seu escudo de armas.Os contrabandistas navarros usábana como amuleto cando ían cruzar a fronteira.
Esta especie foi descrita en Galicia en 1905 no primeiro tomo da Flora descriptiva é ilustrada de Galicia de Baltasar Merino.[9]
Toxicidade
[editar | editar a fonte]Aquilegia vulgaris é unha planta tóxica. Contén aquilegina, un glucósido que libera cianuro de hidróxeno ao hidrolizarse no tubo dixestivo, pola acción dun encima chamado β-glucosidasa.
O envelenamento produce síntomas temperáns similares ao envelenamento por acónito, formigueo na boca e na pel, seguidos de axitación, pulso débil, descoordinación, convulsións e morte. Aínda que a súa toxina non é tan potente como a aconitina, se non se actúa, a morte sobrevén por parálise cardíaca ou respiratoria. O tratamento é hospitalario, hai que provocar o vómito tan pronto como se sospeite intoxicación e pedir atención médica urxentemente.
As sementes, moídas e maceradas en aceite de oliva, póñense na cabeza para repeler os piollos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Aquilegia vulgaris foi descrita por Carlos Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 533. 1753.[10][11] A A. vulgaris:
- descrita por Richards. no 1823 en Bot. App., ed. 2: 21. é Aquilegia brevistyla de Hook.[12]
- descrita por Thunb. no 1784 en Fl. Jap. (Thunberg) 232. 1784 é Aquilegia flabellata de Siebold & Zucc[13].
- Etimoloxía
Ver: Aquilegia
vulgaris: epíteto latino que significa "común, vulgar".[14]
- Sinonimia[15]
NOTA: Os nomes que presentan ligazóns son sinónimos noutras especies:
- Aquilegia alba Huftelen
- Aquilegia aggericola Jord.
- Aquilegia arbascensis Timb.-Lagr.
- Aquilegia collina Jord.
- Aquilegia cornuta Gilib.
- Aquilegia cyclophylla
- Aquilegia glaucophylla Steud.
- Aquilegia longisepala Zimmeter
- Aquilegia mollis Jeanb. & Timb.-Lagr.
- Aquilegia nemoralis Jord.
- Aquilegia platysepala Rchb.
- Aquilegia praecox Jord.
- Aquilegia ruscinonensis Jeanb. & Timb.-Lagr.
- Aquilegia silvestris Neck.
- Aquilegia speciosa
- Aquilegia versicolor Salisb.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.gbif.org/species/3929407
- ↑ Saussurea 18: 77 1987.
- ↑ https://www.gbif.org/species/6710356
- ↑ https://www.gbif.org/species/7773796
- ↑ https://www.gbif.org/species/7798333
- ↑ https://www.gbif.org/species/3929369
- ↑ https://www.gbif.org/species/8291369
- ↑ "herba dos pitos". Termos esenciais de botánica : [galego-español-inglés]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. 2004. p. 51. ISBN 84-9750-377-5.
- ↑ Flora descriptiva é ilustrada de Galicia. Tomo I, páxina 71
- ↑ "Aquilegia vulgaris". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de maio de 2013.
- ↑ Aquilegia vulgaris en PlantList
- ↑ https://www.gbif.org/species/8156159
- ↑ https://www.gbif.org/species/7756348
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ https://www.gbif.org/search?q=Aquilegia%20vulgaris
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba dos pitos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
- Breedlove, D.E. 1986. Flora de Chiapas. Listaxes Floríst. México 4: i–v, 1–246.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. Fl. N. Amer. 3: i–xxiii, 1–590.
- Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. En H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (terceira edición). New York Botanical Garden, Nova York.
- Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (segunda edición) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Jørgensen, P. M. & C. Ulloa Ulloa. 1994. Seed plants of the high Andes of Ecuador---A checklist. AAU Rep. 34: 1–443.
- Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Cat. Vasc. Pl. Ecuador, Monogr. Syst. Bot. Miss. Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Missouri Botanical Garden, St. Louis.
- Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
- Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
- Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
- Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.