Jasper Johns
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1930 (94 anos) Augusta, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Carolina do Sur Sumter High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | pintor, artista gráfico, gravador, ilustrador, artista visual, fotógrafo, diseñador de vestuario, deseñador, escultor, artista |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta, Natureza morta e figura |
Movemento | Neodadaísmo (pt) |
Representante | Artists Rights Society e Matthew Marks Gallery (en) |
Mecenas | Robert Rauschenberg |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) |
27 de xuño de 1968 | Documenta 4 |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | UbuWeb |
Sitio web | jasperjohns.com |
|
Jasper Johns, nado en Augusta, Xeorxia o 15 de maio de 1930 é un pintor, escultor e artista gráfico estadounidense que integrou á súa expresión pictórica unha serie de elementos da Arte Pop.
Vida
[editar | editar a fonte]Creceu en Allendale, Carolina do Sur. Estudou na universidade de Carolina do Sur entre 1947 e 1948, para despois trasladarse á Parsons The New School for Design de Nova York en 1949. Alí coñeceu a Robert Rauschenberg, Merce Cunningham e John Cage, cos que comezou a desenvolver a súa obra. Entre 1952 e 1953 estivo destinado en Sendai, Xapón, durante a guerra de Corea.
Obra
[editar | editar a fonte]En 1951 comezou a pintar obras que se centraban en temas como bandeiras estadounidenses, números e letras do alfabeto escolar. Pintaba con obxectividade e precisión, aplicando grosas capas de pintura de modo que o propio cadro convertése nun obxecto e non só na reprodución de obxectos reconocíbeis. Esta idea de arte-como obxecto se converteu nunha poderosa influencia, bastante forte, na escultura e a pintura posteriores. Nalgúns cadros Johns engadía obxectos reais sobre o lenzo, como regras compases, entre outros. A principios de 1978 volveu abrir unha senda ao expor na cidade de Nova York un ciclo de catro obras tituladas As estacións. Considérase que estas pinturas, de 1,9 metros por 1,27 metros, foron especialmente significativas para a historia da arte estadounidense.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jasper Johns |