Johan Vasquiz de Talaveira
Aparencia
(Redirección desde «Joan Vasquez de Talaveira»)
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Johan Vasquiz de Talaveira foi un trobador castelán do século XIII.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que estudosos como Ramón Menéndez Pidal e Carolina Michaëlis propuñan a súa orixe galega, estudosos como Tavani e António Resende de Oliveira sosteñen que o máis probable é que sexa de Talavera de la Reina, de aí o sobrenome de Talaveira, puido pertencer a unha familia da pequena nobreza.[2][3] Estivo activo na corte de Afonso X[4] e na de Sancho IV.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvanse 19 obras, ademais dunha cantiga de amigo de dubidosa autoría.[5] Divídense en: sete cantigas de amigo, cinco cantigas de escarnio e maldicir, catro cantigas de amor e tres tenzóns[6] con Pedro Amigo de Sevilha, Johan Airas e Lourenço.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Johan Vasquiz de Talaveira | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-03-05.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-03-05.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-05.
- ↑ "La lírica gallego-portuguesa en la corte de Alfonso X. Autores y textos II | Área de Filoloxía Románica | GI-1350 Románicas" (en castelán). Consultado o 2021-03-05.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-05.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 447. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.