Saltar ao contido

John Richardson (naturalista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Richardson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1787 Editar o valor en Wikidata
Dumfries, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 1865 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Grasmere, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrasmere (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaDistrito dos Lagos Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalMedicina
EducaciónUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, Ictioloxía e medicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, ornitólogo, botánico, ictiólogo, zoólogo, cirurxián, biólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1825–) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaRichardson Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaRichardson Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMary Stiven (1ª, en 1818)
Mary Booth (2ª, en 1833)
Mary Fletcher (3ª, en 1847) Editar o valor en Wikidata
PaisGabriel Richardson Editar o valor en Wikidata  e Anne Mundell Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ричардсон Джон)
Dictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Richardson-19002 Find a Grave: 11274190 Editar o valor en Wikidata

John Richardson, nado en Dumfries o 5 de novembro de 1787, e finado en Grasmere (Cumbria Inglaterra), o 5 de xuño de 1865, foi explorador, médico cirurxián, militar e naturalista escocés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

John Richardson realizou os seus estudos de Medicina na Universidade de Edimburgo e obtivo o seu diploma no famoso Royal College de Ciruexiáns de Londres en 1807. Durante 48 anos foi médico da Royal Navy. Navegou entre 1807 e 1814 por España, Quebec, Madeira e o mar Báltico.

Richardson no seu estudio.

Desde 1819 a 1822 participou na Expedición Coppermine, a primeira expedición de John Franklin, polas costas árticas canadenses, xunto con George Back, encargándose das seccións de botánica ictioloxía e xeoloxía.

Tamén participou na segunda expedición de Franklin (1824-1827), na que se recoñeceron máis de 1500 km de costas. A pesar de terríbeis penurias, recolleron unha colección moi rica.

Entre 1848 e 1849 dirixiu unha expedición de rescate para buscar a expedición perdida de Franklin. Pero foi unha expedición sen éxito e nin sequera acharon o navío de Franklin.

Richardson foi o autor de numerosos traballos de historia natural, especialmente de ictioloxía. Publicou, con William Swainson, a Fauna Boreali Americana.

Estudou as aves levadas de regreso por William Edward Parry na súa viaxe de 1821-1823 cara ao Gran Norte.

Un dos seus bisnetos, Nevill Francis Mott, foi un renomeado físico británico que recibiu o Premio Nobel de Física en 1977 polas súas investigacións teóricas sobre o comportamento electrónico de sistemas magnéticos.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado cabaleiro en 1846, e laureado coa Royal Medal da Royal Society en 1856.

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
  • Fauna Boreali-Americana or The Zoology of the northern parts of British America. Murray, Londres 1829–1831.
  • Icones Piscium, 1843.
  • An Arctic Searching Expedition, 1851.
  • Catalogue of Apodal Fish in the British Museum, 1856.
  • Yarrell's history of British Fishes, 2ª ed. 1860.
  • The Polar Regions, 1861.
  • The Zoology of the voyage of H.M.S. Erebus & Terror, under the command of Captain Sir James Clark Ross during the years 1839 to 1843. Janson, Londres 1844–1875.
  • The Museum of Natural History. Nova York, 1862.

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]