Saltar ao contido

A filla do mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La hija del mar»)

A filla do mar
Vigo. 1859. Imp. y Enc. de D. J. Compañel.
Título orixinalLa hija del mar
Autor/aRosalía de Castro
OrixeGalicia
Linguacastelá
Xénero(s)Narrativa
EditorialImprenta de J. Compañel
Data de pub.1859
Seguido porFlavio
Na rede
BNE: XX1867563
editar datos en Wikidata ]

A filla do mar (orixinalmente La hija del mar) é unha novela en lingua castelá de Rosalía de Castro, publicada en 1859. Xa no século XXI foi traducida ao galego e publicada por Toxosoutos.

Características

[editar | editar a fonte]
Imprenta de J. Compañel, na rúa Real de Vigo.

É unha novela romántica, de carácter folletinesco. Está adicada a Manuel Murguía, con quen Rosalía casara en 1857. Foi publicada en Vigo, pola imprenta de Juan Compañel. En maio de 1976 saíu unha edición da librería-editorial compostelá Galí.

A obra inclúe un prólogo no que a autora defende a súa condición de muller escritora, expoñendo o seu dereito a publicar este texto narrativo de ficción, se ben considera que a mediados do século XIX a muller aínda tiña problemas para publicar un texto de carácter intimista.

A novela ten influencia por autores dos gustos románticos da época. Así, hai citas de autores como Carl Franz Van der Velde, Ossian, George Sand, José Zorrilla, Lord Byron, Xoán da Cruz, Maria Susanna Cummins, Bernardin de Saint-Pierre, Charlotte Turner Smith, Goethe, Delphine de Girardin e Victor Hugo, amais do poeta culterano Luis de Góngora.

En 2001 foi publicada en galego, co título de A filla do mar, pola Editorial Toxosoutos, nunha tradución de Olga Patiño Nogueira (ISBN 84-95622-33-5).[1]

A acción sitúase en Muxía, preto do Santuario da Virxe da Barca. A novela conta as vivencias tráxicas de dúas mulleres: Esperanza é unha nena orfa rescatada dun naufraxio nun con por un mariñeiro, que é entregada á súa nai adoptiva, Teresa, unha muller expósita que xa ten un fillo pequeno, se ben este morre ao pouco de recibir a pequena. Teresa, que vive de coidar o gando, cría e coida a Esperanza.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]