La pelota vasca, la piel contra la piedra
Euskal pilota: larrua harriaren kontra / La pelota vasca: la piel contra la piedra | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La pelota vasca, la piel contra la piedra |
Director | Julio Medem |
Produtor | Alicia Produce, S.L. |
Guión | Julio Medem |
Música | Mikel Laboa |
Fotografía | Javier Aguirre Jon Elicegui Ricardo de Gracia |
Montaxe | Julio Medem |
Estrea | 2003 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Documental |
Na rede | |
La pelota vasca, la piel contra la piedra é un filme documental dirixido por Julio Medem e estreado no 2003. Trata acerca da situación do País Vasco e Navarra, na que relata a situación do éuscaro, a historia de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e os Grupos Antiterroristas de Liberación (GAL), a situación dos presos de ETA, e as vítimas e ameazados do terrorismo, ademais de aspectos da historia do País Vasco e Navarra (cunha visión sobre os 7 territorios do País Vasco), desde as Guerras Carlistas, pasando polo bombardeo de Guernica ata a presentación do Plan Ibarretxe.
Características
[editar | editar a fonte]O documental mestura imaxes aéreas do País Vasco, momentos diversos dun partido de pelota vasca, escenas de diversas películas anteriores sobre do tema do que trata, imaxes de diversos medios de comunicación e anacos de entrevistas a diversas persoas relacionadas con esta terra.
É un proxecto feito para 5 soportes: libro, cine, serie de televisión de 3 capítulos (emitida por TV3), páxina web (mediante uns vídeos a descargas, os Frontóns e Pelotaris) e DVD, aínda que tamén se fixo unha curtametraxe para o colectivo ¡Hay motivo!.
Tras un visionado da montaxe provisional da película, Mireia Lluch Bramón, filla de Ernest Lluch (asasinado por ETA), decidiu dar parte da herdanza do seu pai para a montaxe de son da película. Durante o visionado vese unha escena da manifestación contra o asasinato de Ernest Lluch, na que Gemma Nierga (directora de La Ventana, programa da Cadena SER no que colaboraba o político), dixo a frase seguinte (que levantou moita polémica):
Estou convencida de que Ernest, ata coa persoa que lle matou, dialogaría: vostedes (dirixíndose ós políticos), que poden, dialoguen por favor.
Ademais das entrevistas gravadas por Medem, a película incorpora fragmentos de películas como Edurne, modista bilbaína (1924), El Mayorazgo de Basterretxe (1929), Around the World with Orson Welles (1955), Pelotari (1964), Ogro (1980), Pelota (1984), Vacas (1992), Días contados (1994), 40 ezetz (1999) e Yoyes (2000), así como de reportaxes de televisión.
Críticas
[editar | editar a fonte]Probablemente é un dos documentais españois máis controvertidos da historia. Debido a algúns elementos como o que se entrevistase a Arnaldo Otegi, o Partido Popular negouse a que ningún dos seus membros formasen parte do elenco de entrevistados, aínda que si tomaron parte un membro de Unión do Pobo Navarro (asociado ó PP en Navarra) e o secretario xeral de Unidad Alavesa, partido que daquela estaba coaligado co PP en varios parlamentos, ademais de Alfredo Marco Tabar na edición de 7 horas do DVD. Segundo explicou Gustavo de Arístegui no programa La Ventana, o motivo da non participación é que aínda que a cinta critica fortemente a ETA, non critica tanto ó nacionalismo vasco.
Tampouco ningún preso de ETA quixo tomar parte, aínda que si un ex-preso.
Tres dos ameazados por ETA que participan no documental, Gotzone Moura, Iñaki Ezkerra e Antonio Elorza estiveron en desacordo coa montaxe final da cinta e pediron a retirada das súas entrevistas. Medem respondeu que non era posible retirala antes da súa estrea en cines, pero non apareceron nos vídeos da web nin na montaxe de 7 horas do DVD.
O día da súa presentación no Festival de cine de San Sebastián, a Asociación de Vítimas do Terrorismo pediu ó alcalde, Odón Elorza (participa na longametraxe) a retirada da cinta do festival, aínda que esta non se produciu.
Así mesmo, durante a Gala dos Premios Goya 2004, desde a semana anterior á Gala, a AVT convocou unha manifestación de protesta porque entre as nomeadas estaba o documental de Julio Medem, que segundo eles equiparaba a vítimas con vitimarios; entre as pancartas destacaban as de Non a Medem, e Non ó Pelota Vasco: a caluga contra a bala. Recordaban con isto as chapas dicindo Non á guerra (de Iraq) que actores e directores non dubidaron en levar durante a XVII edición dos Premios Goya.
Pola súa banda, os asistentes pecharon filas arredor do seu compañeiro, e luciron adhesivos como Medem Si. ETA Non ou Non ó Terrorismo, Si á liberdade de Expresión. O documental non gañou o premio, aínda que as votacións se decidiran un mes antes (polo que a manifestación non tivo influencia no resultado).
Participantes
[editar | editar a fonte]Estes son os que participan no filme - documental (cando a entrevista é noutro idioma, subtitulado evidentemente, indícase entre paréntese):
- Alberto Catalán. Secretario Xeral de Unión del Pueblo Navarro (UPN, partido que se presentaba en coalición co PP en Navarra).
- Daniel Múgica. Fillo de José Javier Múgica, concelleiro de UPN en Leiza, asasinado por ETA en 2001.
- Pablo Mosquera. Secretario Xeral de Unidad Alavesa (UA, partido que se presentaba en coalición co PP na provincia de Áraba). Actualmente, colaborador de La Voz de Galicia un día á semana na sección de "Opinión".
- Felipe González. Presidente do Goberno Español de 1982 a 1996 co Partido Socialista Obrero Español (PSOE).
- Juan Manuel Eguiagaray. Ex-ministro de Industria do PSOE.
- Gotzone Mora. Membro da Executiva do Partido Socialista de Euskadi. Ameazada por ETA.
- Txiki Benegas. Expresidente do Partido Socialista de Euskadi.
- Gregorio Peces Barba. "Pai" da Constitución Española representando ó PSOE. Ex-Presidente do Congreso dos Deputados.
- Patxi López. Secretario Xeral do Partido Socialista de Euskadi.
- Odón Elorza. Alcalde de Donostia co Partido Socialista de Euskadi desde 1991.
- Ana Urchueguía. Alcaldesa de Lasarte, Guipúscoa, co Partido Socialista de Euskadi. Ameazada por ETA.
- Ramón Etxezarreta. Concelleiro de Cultura en Donostia polo Partido Socialista de Euskadi. Ameazado por ETA.
- Eduardo Madina. Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Euskadi. Vítima dun atentado de ETA polo que perdeu unha perna.
- Maixabel Lasa. Viúva de Juan María Jáuregui (Gobernador Civil de Guipúscoa polo PSE-EE, e asasinado por ETA). Directora de Atención ás vítimas do Goberno Vasco.
- Javier Madrazo. Coordinador Xeral de Ezker Batua-Berdeak.
- Xabier Arzalluz. Expresidente do PNV.
- Carlos Garaikoetxea. Lehendakari de 1980 a 1985 co PNV. Ex-Presidente de Eusko Alkartasuna (EA).
- José Antonio Ardanza. Lehendakari de 1985 a 1998 co PNV.
- Juan José Ibarretxe. Lehendakari desde 1998 co PNV.
- Joseba Arregui. Ex Conselleiro de Cultura do PNV.
- José Ángel Cuerda. Exalcalde de Vitoria co PNV.
- Begoña Errazti. Presidenta de Eusko Alkartasuna.
- Jean Grenet. Alcalde de Baiona, capital do departamento dos Pireneos Atlánticos, Francia.
- Patxi Zabaleta. Secretario Xeral do Colectivo Aralar (escisión de Batasuna que condena os atentados terroristas, con presenza nos Parlamentos do País Vasco e Navarra).
- Julen Madariaga. Cofundador de ETA. Membro do Colectivo Aralar.
- Txomin Zuluaga. Profesor de Ciencias Políticas. Fundador de Herri Batasuna e HASI.
- Arnaldo Otegi. Secretario Xeral de Batasuna (esquerda independentista que non condena os atentados de ETA, ilegalizada)
- Txema Montero. Ex-avogado abertzale. Membro da Fundación Sabino Arana.
- Carmen Galdeano. Filla de Xabier Galdeano, asasinado polo GAL en 1985, Presidenta de Exerat (Organismo Xurídico que pide o achegamento dos presos vascos).
- Anika Gil. Por presunta colaboración con ETA é detenida pola Garda Civil de Pamplona. Tras 5 días en comisaría en (febreiro de 2002) é posta en liberdade sen cargos. Denunciou que fora torturada en prisión.
- Eva Suárez. Presidenta de Amnistía Internacional España.
- Teo Santos. Ertzaina. Sindicato Er.NE (Sindicato Independente da Ertzaintza).
- Cristina Sagarzazu. Viúva de Ramón Doral, ertzaina asasinado por ETA en 1996.
- Hur Gorostiaga. Creador do periódico "Le journal du Pays Basque" (en vasco).
- Antoni Batista. Periodista. Escritor. Crítico musical. Redactor de "La Vanguardia".
- Iñaki Ezkerra. Periodista. Escritor. Ameazado por ETA.
- Mariano Ferrer. Periodista.
- Antonio Álvarez Solís. Periodista.
- Iñaki Gabilondo. Periodista. Director e presentador de Hoy por Hoy (Cadena SER). Actual Director de Informativos de Cuatro TV
- Javier Angulo. Periodista.
- Xabier Eguzkitze. Bertsolari, presentador TV. Periodista. (en vasco)
- Javier Ortiz. Periodista (El Mundo), ensaísta e editor.
- Jesús Altuna. Historiador e antropólogo.
- Tomás Urzainqui. Historiador e escritor.
- Juan Pablo Fusi. Historiador.
- Jean Louis Davant. Escritor, membro da Euskaltzaindia (en vasco)
- José María Satrustegi. Escritor-humanista, etnógrafo, membro da Euskaltzaindia (en vasco)
- Jean Gratien Haritschelhar. Presidente da Euskaltzaindia (en vasco)
- Ander Manterola. Investigador etnográfico.
- Paco Etxeberria. Médico Forense.
- Ramón Zallo. Doutor en Ciencias de la Información.
- José María Garmendia. Catedrático de Historia Contemporánea.
- Fernando Reinares. Catedrático de Ciencias Políticas. Experto en "Terrorism Prevention Branch" das Nacións Unidas.
- Antonio Elorza. Catedrático de Ciencias Políticas. Escritor. Ameazado por ETA.
- Ramón Alzate. Psicosociólogo.
- Imanol Zubero. Doctor en Socioloxía. Membro de Gesto por la Paz.
- José Ignacio Ruiz de Olabuenaga. Catedrático de Socioloxía e Ciencias Políticas.
- Javier Elzo. Catedrático de Socioloxía. Ameazado por ETA. (en parte da entrevista aparece o seu escolta de costas).
- Ramón Saizarbitoria. Sociólogo. Escritor en vasco.
- Bernardo Atxaga. Escritor en éuscaro.
- Kirmen Uribe. Licenciado en Filoloxía Vasca, poeta e escritor en vasco (en vasco)
- Javier Sádaba. Filósofo.
- Antxon Lafont. Expresidente da Cámara de Comercio de Bayona. Empresario.
- Txentxo Bengoetxea. Músico.
- Fermin Muguruza. Músico. (en vasco)
- Sabino Ayestarán. Catedrático de Psicoloxía. Franciscano.
- Iñaki Villota. Sacerdote.
- Alec Reid. Sacerdote redentarista. Portavoz das Conversacións de Paz para Irlanda do Norte. (en inglés)
- Harry Barnes. Ex-director do Centro Carter para a resolución de conflitos. Estados Unidos. (en inglés)
- Jonan Fernández. Fundador de Elkarri (movemento social pola paz, o diálogo e o acordo no País Vasco)
- Varios familiares de presos de ETA en viaxe á prisión de Huelva.
Na edición especial en DVD de La Pelota Vasca, La Piel Contra la Piedra, así coma nos vídeos da web, inclúense outras participacións:
- Alfredo Marco Tabar. Avogado. Membro do PP. Redactor do Estatuto de Autonomía.
- Ernesto Ladrón de Guevara. Fundador do Foro de Ermua. Unidad Alavesa.
- Emilio Guevara. Redactor do Estatuto de Autonomía do País Vasco.
- Francisco Letamendia. Profesor de Ciencias Políticas. Ex-dirixente de ETA político - militar.
- Mario Zubiaga. Profesor de Ciencias Políticas.
- Mertxe Aizpurua. Periodista. Directora do Diario Gara.
- Alberto Surio. Periodista. Correspondente político de "El Diario Vasco".
- Lola Valverde. Historiadora.
- Iñaki Egaña. Historiador.
- José Antonio Azpiazu. Historiador.
- Arantxa Urretabizkaia. Historiadora, editora e escritora.
- Laura Mintegi. Historiadora, periodista e escritora.
- Ángel Rekalde. Escritor. Ex-preso.
- Nestor Bastarretxea. Escultor.
- Maite Aristegi. Avogada. Membro da EHNE (Asociación de Agricultores do País Vasco)
- Ramón Múgica. Notario.
- Mikel Erentxun. Músico.
- Oier Gorosabel. Pacifista.
- Joseba Zulaika. Antropólogo. Dr. do Centro de Estudios Vascos. University of Nevada Library, Reno. (entrevistado o 8 de decembro de 2003, con posterioridade á estrea da película nos cines).