Saltar ao contido

Lista de pontes do río Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lista de pontes sobre o río Ulla dende o seu nacemento ata a desembocadura (Tómase como lugar de inicio a parroquia de Olveda). Ademais das diversas pontes de diferentes épocas e materiais, tamén existen pasos formados polas pedras do río para uso de persoas e incluso gando especialmente na época de pouca auga. Estas zonas anchas do río con pouca profundidade reciben tamén o nome de vaos. En total suman máis de 60 as pontes que salvan o río.[1]

# Nome Lugar  Estrada   Descrición Imaxe
A Ulloa
Pontella Olveda (Antas de Ulla) No nacemento do río a auga pasa por debaixo dun camiño de terra. No verán ou principios do outono o regato baixa con pouca auga e fórmase unha charca antes da pontella.
Ponte baixo a LU-1809 LU-1809
Pontella Viloíde (Monterroso) Dúas pontes pequenas, ou pontellas, moi pretas unha da outra na parroquia de Viloíde.
Pontella
Ponte de Curuxás Dá acceso ao lugar de Curuxás, tamén en Viloíde.
Ponte vella Illoá, Valboa (Monterroso) Ponte pequena de pedra.
Ponte nova Ponte de formigón con varandas de ferro.
Ponte do Muíño de Illoá Valboa (Monterroso) O muíño conta cunha pequena pontella no seu canal que bebe do Ulla. Data do ano 1892.
Ponte de Valboa
Ponte da Graña Fente (Monterroso) De cemento, formigón e ferro. Está moi preto do muíño de Santo Antón da Graña.
Ponte de Fente De cemento, formigón, ferro e pedra. Está á beira do muíño das Abelairas que recibe as augas do ulla a través dunha canle que pasa por debaixo da fachada principal e cruza a pista baixo terra volvendo de novo ó curso do río.
Ponte de Porta Mirón ou Porte Mirón Une Naia (Antas de Ulla) e Fente(Monterroso) De pedra con varandas de ferro.
Pontella ou ponte das Pedras Une Naia (Antas de Ulla) e Frameán (Monterroso) O río, con pouco caudal, cruza a través duns tubos de cemento.
Ponte das Quendas Une Naia (Antas de Ulla) e Esporiz (Monterroso) CP-3302 Conta con dous arcos de pedra.
Varias pontes e pasos Une Naia (Antas de Ulla) e Esporiz (Monterroso) Na área recreativa da Peneda atopamos unha primeira ponte de madeira, unha pontella de pedra, unhs pasos de pedra e unha pontella de madeira sobre a canle dun muíño.
Ponte da Peneda CP-3304 Situada o carón da área recreativa da Peneda.
A Ponte Pedriña Antas de Ulla Ponte de pedra cun arco, sobre ela pasaba un antigo camiño medieval.
Ponte nova da Ponte Pedriña Une Dorra (Antas de Ulla) e Esporiz (Monterroso)  N-640  Ponte de formigón cunha estrada de dobre carril.
Ponte de Ribadulla Une Dorra e Bidouredo (Monterroso) Ponte moderna pero austera, construída en formigón.
Ponte do Muíño do Coto ou ponte de Vilapoudre Une Vilapoucre (Antas de Ulla) e Pedraza (Monterroso) De pedra e formigón está o lado do muíño do Coto de considerables dimensións.
Ponte do Corgo Une Alvidrón (Antas de Ulla) e Pedraza (Monterroso) Ponte antiga de lousas de pedra situado cerca do muíño que lle dá nome. O muíño foi rehabilitado como residencia particular.
Ponte Mercé Pidre (Palas de Rei) CP-4002 De orixe medieval conta cun arco oxival e outro de medio punto. Recibe o nome da capela da Mercé, situada na marxe dereita do río.
Pontes dos Gavieiros Unen Amarante (Antas de Ulla) e Pidre (Palas de Rei) Ponte dun muíño en ruínas.
Ponte de Vilariño ou de Santa Mariña de Castro CP-4003 Ponte de formigón. Cerca desta ponte existen varios pasos de pedra para cruzar a pé. No verán pódense observar como asoman estas puntos.
Ponte de Frádegas, Frádigas ou das Augas Une Amarante (Antas de Ulla) e Cabana (Palas de Rei) O carón dun antigo balneario de augas que se atopa en ruínas.
Ponte de Ramil Entre Ramil (Agolada) e Mácara (Palas de Rei) CP-4008 Une dúas parroquias de mesmo nome (Ramil) pero de distinto concello. Preto da ponte cando o río vai baixo pódese cruzar a pé por pasos de pedra.
Ponte de Basadre Entre Basadre (Agolada) e Mácara (Palas de Rei) Ponte de piares de pedra, plataforma de formigón e varandas de ferro.
Ponte do Roucón Une Basadre co monte Basadre (Agolada) Ponte de formigón con varandas de ferro.
Entre A Ulloa e A Ulla
Muíño das Canizas Une Barazón (Santiso) e Eidián (Agolada) O muíño (reconvertido nun mesón) conta cunha ponte peonil que une as dúas localidades.
? Entre Barazón (Santiso) e Eidián (Agolada) Cerca do muíño de Galegos, en ruínas, existían uns pasos de pedra. Descoñéceso o lugar exacto destes pasos.
Ponte Nova Une Santiso e Agolada. AC-840

PO-840

Ponte moderna que une os concellos de Santiso e Agolada onde confluén tamén o río Furelos co Ulla. Ó carón atópase a Ponte Arcediago.
Ponte Arcediago Une Arcediago (Santiso) con Berredo (Agolada) Está o cáron mesmo da anterior ponte, é de pedra e dálle o nome á parroquia de San Xoán da Ponte Arcediago. Existen documentos que datan esta ponte no ano 1228.
Pontella e pasos Entre Arcediago (Santiso) e Berredo (Agolada) Varios pasos na área recreativa da Cornella. Hai unha pontella e varios pasos para acceder a unha insua no río. Nesta área celébrase cada ano a Festa do Río.
Ponte da Cornella Ponte de formigón que toma o nome da localidade da Cornella en Berredo.
Ponte de Mourazos Une Mourazos (Santiso) e Berredo (Agolada) Moi próxima a esta ponte hai unha pedra da que podería ser a ponte máis antiga sobre o Ulla. Conta cunha inscrición en latín: "LABORABERVNT ISTA PONTE IN ERA DCCC ET FV IT PERFECTA X KLS M (AIAS)" que significa: "Construíron esta ponte no ano 862 e rematouse o 22 de abril". A pedra está do revés e pódese ler cando o río vai baixo.
Ponte da Pena Entre Pena (Santiso) e O Sexo (Agolada) A ponte formaba parte do antigo muíño de mesmo nome, ambos derruidos.
Ponte da Agra Une Belmil (Santiso) e Agra (Agolada)
Encoro de Portodemouros Portodemouros, Vila de Cruces AC-905

PO-905

Polo encoro pasa a AC-905 e transfórmase na PO-905 unindo as provincias da Coruña e Pontevedra.
Ponte de San Xusto Vila de Cruces CP-0605 Moi cerca está a vella ponte de mesmo nome case desaparecida debido a construción do encoro.
Ponte Basebe Une Novefontes (Touro) e Salgueiros (Vila de Cruces). Por ela pasa un Camiño Real e dúas rutas de sendeirismo. Moi cerca atópanse os restos da Ponte Remesquide.
Ponte Remesquide Unen Ribeira (Touro) e Obra (Vila de Cruces) Ponte de madeira na área recreativa de mesmo nome. A ponte vella era de pedra e madeira e estaba en mal estado. Foi rehabilitada no 2015.[2] Está pegada á ponte nova de mesmo nome nun punto de gran riqueza natural do río..

Estado da ponte antes da súa reconstrución no 2015.

Ponte moderna de Remesquide Inaugurada o 26 de maio de 1985.
A Ulla
Pasos peonís Illas de Gres Nas Illas de Gres existen varios pasos peonís que unen as illas coa ribeira.
Ponteledesma Ledesma, Boqueixón Antiga ponte de pedra con moitas reformas na historia e que data polo menos do século XV. Por ela pasa unha variante do camiño de Santiago e no pasado unha vía romana.
Nova Ponteledesma Ledesma, Boqueixón AC-960

PO-960

Levantada a finais do século XX une as provincias de A Coruña e Pontevedra e por ela pasan a AC-960 e a PO-960.
Viaduto do Gundián Ponte Ulla (Vedra) Sostén a liña de ferrocarril Zamora-A Coruña. Moi cerca creese que existiu unha pasarela de madeira para facilitar o acceso o antigo convento de San Xoán da Cova desaparecido cara o ano 1571.
Viaduto do Ave Ponte Ulla (Vedra) Finalizado en 2011 leva o tramo de alta velocidade A Coruña-Santiago-Ourense.
Ponte Ulla Une Ponte Ulla (Vedra) e San Xiao de Arnois (A Estrada) Unha ponte medieval na vila de mesmo nome que tamén recibiu o nome de Ponte de Asnoys ou de Arnois. Sábese que existiu en 1197 e foi destruída no 1571 e 1708 en ambas ocasións por unha subida do río.
Nova ponte da Ulla  N-525  Construída a principios do anos 1970, por ela discorre a N-525.
Viaduto do Ulla Entre Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) e Arnois (A Estrada).  AP-53  Tamén coñecido como viaduto de Reguenga foi inaugurado en decembro de 2002. Por ela transcorre a Autoestrada Central Galega (AP-53) que une Santiago de Compostela (AP-9) e o Alto de Santo Domingo (Dozón).
Ponte de Sarandón Une as parroquias de San Miguel de Sarandón (Vedra) e Ribeira (A Estrada) PO-7021 Ponte antiga con varias reconstrucións a última data do ano 1929.
Ponte de Ximonde. Une as parroquias de San Miguel de Sarandón (Vedra) e Paradela (A Estrada) Ponte colgante peonil levantada en 2012 no lugar onde xa houbera outra ponte similar e que quedara derruida no inverno do ano 2000.
Ponte de Pontevea Unen as parroquias de Reis (Teo) e Couso (A Estrada) Ambas sitúanse moi cerca e na vila de mesmo nome. A máis vella data do século XIV e a nova soporta a estrada AC-841 unindo os concellos de Teo e A Estrada.
Ponte nova de Pontevea. AC-841
Ponte de Xirimbao Une as parroquias de Reis (Teo) e San Xurxo de Vea (A Estrada) Uso peonil. Atópase na área recreativa de Xirimbao.
O Ullán
Ponte de Sinde Une San Pedro de Carcacía (Padrón) e San Miguel de Barcala (A Estrada). DP-6503 En Carcacía tamén se atopa o Canaliño da Mercé, un paso en forma de V invertida que permitía o paso de persoas cando o río ía baixo.
Ponte de Herbón Herbón (Padrón) Une a localide de Herbón partida polo río.
Viaduto da Autoestrada da AP-9 Herbón (Padrón)  AP-9  Foi inaugurada en 1991.
Ponte do tren Entre Santa María de Iria Flavia (Padrón) e San Xulián de Pontecesures. Vía do tren que une Santiago e Vilagarcía de Arousa.
Ponte de Pontecesures. Une as vilas de Santa María de Iria Flavia (Padrón) e San Xulián de Pontecesures.  N-550  De orixe medieval une igualmente Iria Flavia e Pontecesures.
Ponte das Torres do Oeste en Catoira Une as vilas de Santa Baia de Oeste (Catoira) e Santa María de Isorna (Rianxo). AC-553 Viaduto de formigón inaugurada no 1981 de 987 metros de longo e un falso arco de 97 metros de luz.
Viaduto do río Ulla. Entre Catoira e Rianxo. Trátase da última ponte levantada sobre o río Ulla e a última ademais do seu curso moi preto da súa desembocadura. Inaugurouse no ano 2014 e por ela pasa a liña de alta velocidade.[3]
  1. As Pontes do Río Ulla. Asociación Raiceiros / Andavira Editora. 2013. ISBN 978-84-8408-729-8. 
  2. Benito, J. (7 de setembro de 2015). "Recta final de las obras en el puente de Requemesquide". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 07/02/2025. 
  3. Garcia, Alba (9 de xaneiro de 2015). "O viaduto do AVE sobre o Ulla quedará rematado este ano". Canal 7 Rias Baixas. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2015. Consultado o 30 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]