Loretta Martin
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Loretta Martin | |
---|---|
concerto en Compostela, 03-04-2008 | |
Orixe | A Coruña, |
Período | 2002 - actualidade |
Xénero(s) | Rock, Funk |
Selo(s) discográfico(s) | Falcatruada |
Membros | Brais Morán, Fran Sanz, Miguel Cabana |
Antigos membros | Alberto López, Raquel de Ana, Pablo Nistal, Ion Rivero, Iago Otero |
Na rede | |
www.lorettamartin.net | |
Loretta Martin é un grupo de música coruñés formado no ano 2002, como un proxecto musical que pretendía desenvolver un estilo próximo ao rock e ao blues, tendo como principais influencias a bandas anglófonas dos sesenta e setenta como os Rolling Stones, Steve Miller Band ou os Beatles. Toma o seu nome dun personaxe da canción "Get Back" deste último grupo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 2003, coa incorporación de novos membros, a banda vai abrindo o abano das súas referencias e comeza a experimentar sons máis próximos ao funk e ás músicas do Brasil, sendo Lenine, Zuco 103, Jamiroquai, -123min, Fundación Tony Manero ou Seu Jorge algúns dos referentes máis recoñecibles.
No ano 2004 gravan dúas cancións para o recompilatorio "Campus Sons" despois de ser os segundos clasificados do concurso co mesmo nome no 2003. A finais dese ano, a banda sofre importantes cambios, coa saída dalgúns membros e a incorporación do batería Iago Otero. A partir dese momento, a actividade do grupo aumenta notablemente e antes de rematar o ano gravan e autoeditan a súa segunda maqueta (a primeira, gravada no 2003, non chegou a ser editada nunca) que inclúe tres cancións; as 500 unidades fabricadas remátanse en tan so tres meses.
No ano 2006, despois dun 2005 moi intenso no tocante ao directo, gravan e dan á luz o seu primeiro traballo: Paraiso distante, autoproducido por eles mesmos e editado posteriormente por Falcatruada a comezos de 2007. Despois da gravación, coincidindo coa edición do disco, Ion Rivero, sae da banda, co que a formación reducirase a Brais Morán (voz e guitarra), Fran Sanz (baixo) e Iago Otero (batería).
Nos meses entre a gravación e a saída do disco a actividade de directo, xestionada pola propia banda, aumentou notablemente, marcando unha tendencia ascendente e constante que se manterá durante os dous anos seguintes. Pronto superan os cen concertos, tendo percorrido toda Galiza e facendo incursións en Cataluña e Portugal. Tamén foron o abreconcertos da Fundación Tony Manero na súa xira galega de celebración do seu décimo aniversario (e quinto de Loretta Martin) e compartiron palco con bandas como Ruxe Ruxe, Lamatumbá, Super Furry Animals, The Homens, Terrakota, Narf, Marful, Los Suaves ou Safari Orquestra.
A finais de 2008 Iago Otero abandona a banda e pouco tempo despois fai o mesmo Fran Sanz, membro fundador xunto con Brais Morán, co que levaba tocando desde o ano 1999.
A comezos de 2010 o grupo reúnese de novo, desta volta con Miguel Cabana á batería. Un ano despois, en febreiro de 2011, gravan nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero en Friol o que será o seu novo disco, "Despois da Mandinga" e que verá a luz en marzo de 2012.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Campusons. Rock universitario en galego Vol. 1 (Sons Galiza, 2005). Recompilatorio do concurso do mesmo nome, participan con dous temas xunto a Javier Ferreirós, Kastomá e Fai Tun Flai.
- Paraíso distante (Falcatruada, 2006). Primeiro traballo.
- "As cores do solpor"
- "Experiencias"
- "De repente"
- "Paraíso distante"
- "Waikiki"
- "Modus vivendi"
- "Diva"
- "Sombras"
- "Non somos nada"
- "Agora"
- "Todo o que nos fai pensar"
- "Dende as terras do leste"
- Despois da Mandinga (Autoedita,2012).
- "Formas"
- "Saio só"
- "Déixate levar"
- "Apple Tea"
- "Vida"
- "Quen"