Saltar ao contido

Müslüm Maqomayev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMüslüm Maqomayev

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(az) Müslüm Məhəmməd oğlu Maqomayev Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1942 Editar o valor en Wikidata
Bakú, Acerbaixán Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 2008 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlley of Honor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónBaku Academy of Music (en) Traducir
Asaf Zeynally Music School in Baku (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, compositor de bandas sonoras, compositor, cantante de ópera, memorialista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, ópera e pop operático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Participou en
2007Visiting Dmitry Gordon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTamara Sinyavskaya Editar o valor en Wikidata
PaisMagomed Magomaev Editar o valor en Wikidata  e Ayşət Maqomayeva Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Магомаев Муслим Магометович)
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi
Muzykal’naya entsiklopediya (en) Traducir, (vol:3, sec:Магома́ев Муслим Магомето­вич) Editar o valor en Wikidata
Páxina webmagomaev.info Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0536439 Spotify: 20mh1R2iszLiPKWFJVgXaF iTunes: 719565708 Last fm: Муслим+Магомаев Musicbrainz: 37177120-189b-418f-a01c-284ff0ed9d6c Discogs: 805293 IMSLP: Category:Magomayev,_Muslim Allmusic: mn0001540399 WikiTree: Magomayev-1 Find a Grave: 92064117 Deezer: 5264408 Editar o valor en Wikidata

Muslim Mahammad oglu Magomayev, nado en Bakú o 17 de agosto de 1942 e finado en Moscova o 25 de outubro de 2008, foi un cantante azarí, coñecido na antiga Unión Soviética nas décadas de 1960 e 1970 como "o Rei" [1] e o "Sinatra Soviético" [2] e que logrou un status de icona en Rusia, o seu nativo Acerbaixán e outros países do bloque soviético polo seu talento vocal e o seu carisma[3].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Muslim Magomayev procede dunha das dinastías de artistas azarís máis recoñecidas, o seu avó Muslim Magomayev (1885–1937), fora un dos fundadores da moderna música clásica no seu país, o seu pai, Mahammad Magomayev, fora pintor e a súa nai, Aishet Magomayeva, fora unha actriz.Obituario The Washington Post</ref>. Magomayev aprendeu a tocar o piano de neno, tomando leccións de voz á idade de catorce anos, e logo estudou composición e piano no Conservatorio de Bakú. Interpretou en público por vez primeira aos 19 nun festival internacional para xente nova en Helsinqui. Ao ano seguinte, en 1962, cantou, en Moscova durante os días de Cultura Azarí, unha aria do Fausto de Gounod e a canción Khotyat li russkie voyni" nun concerto de gala no Palacio de Congresos do Kremlin, converténdose nunha celebridade inmediatamente. Un ano despois deu o seu primeiro concerto en solitario en Moscova nunha sala ateigada e pasou a ser solista do Teatro da Ópera e do Ballet de Acerbaixán. Muslim colleu fama na URSS como cantante de ópera coas interpretacións de "Il barbiere di Siviglia" de Rossini e polas arias da obra de Puccini "Tosca", da de Hajibeyov "Koroghlu" e "Shah Ismayil" composta polo seu avó.[4]

Na tempada 1964–1965, Muslim foi artista visitante en La Scala de Milán, e logo actuou no Teatro Bolshoi. Máis tarde mudou para a música popular, converténdose nun ídolo pop, facéndose unha figura de culto en toda a URSS, vendendo millóns de álbums. En 1966 e 1969 Magomayev interpretou no Olympia de París. Como compositor escribiu varias bandas sonoras de filmes e mais tamén actuou nalgúns deles, presentando así mesmo programas na televisión e na radio dedicados a importantes músicos do século XX. A principios da década de 1970 mudouse a Moscova, traballando no teatro.

En 1998, Magomayev puxo fin oficialmente á súa carreira musical, dando despois só unhas poucas funcións coa súa dona Tamara Sinyavskaya.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]