Teatro Bolshoi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Teatro Bolshoi | |
---|---|
Vista da fachada en 2012. | |
Enderezo | Praza Teatralnaya, 1 |
Cidade | Tverskoy |
País | Rusia, Imperio Ruso e Unión Soviética |
Arquitecto/s | Joseph Bové |
Inauguración | 28 de marzo de 1776 |
Reapertura | 28 de outubro de 2011 |
Na rede | |
https://bolshoi.ru/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Teatro Bolshoy (Большо́й теа́тр, [bʌlʲ 'ʃɔj tʲɪ'atr], en galego pronunciaríase coma balxoi) é tanto un teatro como unha Compañía de teatro, danza e ópera con sede en Moscova, Rusia, e unha unidade adicional en Joinville, Brasil. A palabra Bolshoy significa "grande" en ruso.
A compañía foi fundada en 1776 por Peter Urussov e Michael Maddox. Despois de tres anos de se presentar nun recinto privado, adquiriu o teatro Petrovsky, onde durou ata o incendio que destruíu o edificio en 1805.
O edificio que actualmente funciona como sede foi construído en 1825 sobre os restos do teatro Petrovsky, deseñado polo arquitecto Ossip Ivanovitch Bovet. Este teatro é, despois do Scala, o maior teatro de Europa.
Nun principio, o Teatro Bolshoy era un foro exclusivo para a arte rusa; as óperas presentadas servían como contrapeso á forte influencia italiana do século XIX. Entre os compositores predilectos estaba Mikhail Glinka. Actualmente, toda tempada teatral comeza cunha ópera de Glinka.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Teatro Bolshoi |