Marcha dos Voluntarios
义勇军进行曲 義勇軍進行曲 | |
---|---|
Yìyǒngjūn Jìnxíngqǔ | |
En galego: Marcha dos voluntarios | |
Himno de | República Popular da China |
Letra | Tian Han[1] |
Música | Nie Er[1] |
Adoptado | 27 de setembro de 1949 (de facto)[2] 1 de xullo de 1997 (en Hong Kong)[3] 20 de decembro de 1999 (en Macau)[4] 14 de marzo de 2004 (adoptado a nivel constitucional)[5] |
Mostra da música | |
A Marcha dos voluntarios é o himno nacional da República Popular da China, escrito polo compositor e poeta Tian Han e coa súa música composta por Nie Er.[1][6] O tipo de ritmo desta composición é unha marcha. Foi tocada por primeira vez no ano de 1934 en Shanghái proclamándose tanto a súa letra como a súa música como himno nacional. No ano 2004 a Marcha dos Voluntarios foi engadida á Constitución da República Popular da China no seu artigo 136.[2][3][4][5]
Orixes como himno nacional
[editar | editar a fonte]A marcha dos voluntarios foi escrita por Tian Han durante 1934 na República da China.[6][1] As historias populares suxiren que foi escrita en papel de tabaco antes de ser arrestado en Shanghái e ser encarcerado polo Kuomintang no ano de 1935. A canción, con alteracións menores, rexurdiu como tema patriótico no ano de 1935 na película fillos e fillas en tempo de tormenta, unha historia sobre un intelectual que vive os horrores da guerra Chino-Xaponesa. Foi unha das cancións que foron promovidas secretamente pola poboación durante a Resistencia Anti-Xaponesa. O relanzamento da canción deuse no álbum Hong Kong da casa EMI no mesmo ano de 1935.[7][8]
Foi usada como himno nacional por primeira vez na conferencia Internacional de Praga, antiga Checoslovaquia en febreiro de 1949. Ao mesmo tempo que en Pequín se tomaba o control por parte das forzas da Chinesa Comunista durante a Guerra Civil China.[8]
En xuño o comité formado polo Partido Comunista da China decidiu facelo o himno nacional oficial de maneira pronta, unha vez que se tivo o control. A finais de agosto o comité recibira preto de 6926 mostras de "a marcha dos voluntarios", as cales eran suxeridas polo pintor Xu Beihong e sustentada animosamente polos membros do consello. Finalmente foi apoiada por Mao Zedong o 27 de setembro de 1949.[2]
Revolución Cultural e historia recente
[editar | editar a fonte]A Marcha dos Voluntarios foi restaurada polo Congreso Nacional Popular en 1978, pero con letras diferentes; ademais estas letras non foron moi ben acollidas, pois causaban moita confusión entre os cidadáns. Durante a Copa Mundial de Voleibol de 1981 na China ambas as letras foron cantadas simultaneamente polos fans.[9] O 4 de decembro de 1982, o Congreso Nacional Popular resolveu e retornou á versión orixinal de 1935 como Himno Oficial. Significativamente esas letras non mencionaban nada sobre o Partido Comunista da China nin tampouco sobre Mao Zedong.
O Congreso Nacional Popular promulgou como oficial a canción no ano 2004 atendendo á Constitución da República Popular da China. O himno é mencionado antes que a bandeira.[5]
Letras
[editar | editar a fonte]Letras oficiais e orixinais
[editar | editar a fonte]Simplificado (oficial) |
ao galego | ||||
起來!不願做奴隸的人們! |
!ٿِ لَىْ! بُ يُوًا ظْ نُ لِ دْ ژٍ مٌ
!بَا وَع مٌ دْ سُؤ ژِوْ، جُ چعْ وَع مٌ سٍ دْ چْا چعْ |
[tɕʰì.lǎɪ̯ ‖ pǔ.ʏ̯ɛ̂n tswô̞ nǔ.lî tɤ ɻə̌n.mən ‖] |
Чилэ! Буйүан зуә нулиди жынмын! |
¡Levantádevos, aqueles que rexeitan ser escravos! |
Letras alteradas (1978–82, nunca aprobadas na constitución)
[editar | editar a fonte]Simplificado (con Pinyin) |
Tradicional | Dungano |
---|---|---|
|
前進!各民族英雄的人民! |
Чянҗин! Гә минзў йинщүнди жынмын, |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 https://books.google.com/books?id=HaGPDQAAQBAJ&pg=PA11&dq=起来!不愿做奴隶的人们!+把我们的血肉,筑成我们新的长城!+中华民族到了最危险的时候,+每个人被迫着发出最后的吼声%E3%80%82+起来!起来!起来!+我们万众一心,+冒着敌人的炮火,前进!+冒着敌人的炮火,前进!+前进!前进!进!&hl=en&sa=X&ved=0ahUKEwj0m8CXpu3pAhVdRhUIHX14AAwQ6AEILjAB#v=onepage&q=起来!不愿做奴隶的人们!%20把我们的血肉,筑成我们新的长城!%20中华民族到了最危险的时候,%20每个人被迫着发出最后的吼声%E3%80%82%20起来!起来!起来!%20我们万众一心,%20冒着敌人的炮火,前进!%20冒着敌人的炮火,前进!%20前进!前进!进!&f=false 《告别与重建: 读懂二十一世纪中国》。吴克立 著
世界华语出版社。2016年11月22日。11页。 - ↑ 2,0 2,1 2,2 https://en.wikisource.org/wiki/Resolution_on_the_Capital,_Calendar,_National_Anthem_and_National_Flag_of_the_People%27s_Republic_of_China Resolution on the Capital, Calendar, National Anthem, and National Flag of the People's Republic of China. First Chinese People's Political Consultative Conference in Beijing. 27 de setembro de 1949. (Alojado en Wikisource.)
- ↑ 3,0 3,1 https://en.wikisource.org/wiki/Basic_Law_of_the_Hong_Kong_Special_Administrative_Region Basic Law of the Hong Kong Special Administrative Region, Annex III. Seventh National People's Congress in Beijing. 4 de abril de 1990. (Alojado en Wikisource.)
- ↑ 4,0 4,1 https://en.wikisource.org/wiki/Basic_Law_of_the_Macao_Special_Administrative_Region Basic Law of the Macao Special Administrative Region, Annex III. Eighth National People's Congress in Beijing. 31 de marzo de 1993. (Alojado en Wikisource.)
- ↑ 5,0 5,1 5,2 https://en.wikisource.org/wiki/Constitution_of_the_People%27s_Republic_of_China Constitution of the People's Republic of China, Amendment IV, §31. Tenth National People's Congress in Beijing. 14 de marzo de 2004. (Alojado en Wikisource.)
- ↑ 6,0 6,1 6,2 https://books.google.com/books?id=OgO8DwAAQBAJ&pg=PT163&dq=起来!不愿做奴隶的人们!+把我们的血肉,筑成我们新的长城!+中华民族到了最危险的时候,+每个人被迫着发出最后的吼声%E3%80%82+起来!起来!起来!+我们万众一心,+冒着敌人的炮火,前进!+冒着敌人的炮火,前进!+前进!前进!进!&hl=en&sa=X&ved=0ahUKEwj0m8CXpu3pAhVdRhUIHX14AAwQ6AEIKDAA#v=onepage&q=起来!不愿做奴隶的人们!%20把我们的血肉,筑成我们新的长城!%20中华民族到了最危险的时候,%20每个人被迫着发出最后的吼声%E3%80%82%20起来!起来!起来!%20我们万众一心,%20冒着敌人的炮火,前进!%20冒着敌人的炮火,前进!%20前进!前进!进!&f=false 《沈默的群山》。許祚祿著
安徽文藝出版社。2016年1月1日。 - ↑ https://books.google.co.uk/books?id=-daxO76KmV8C&pg=PA217 Chi, Robert. 'The March of the Volunteers': From Movie Theme Song to National Anthem (in inglés). Re-envisioning the Chinese Revolution: The Politics and Poetics of Collective Memories in Reform China, pp. 217 ff. Woodrow Wilson Center Press (Washington), 2007.
- ↑ 8,0 8,1 https://www.academia.edu/1493511/International_Avant-Garde_and_the_Chinese_National_Anthem Liang Luo. International Avant-garde and the Chinese National Anthem: Tian Han, Joris Ivens, and Paul Robeson (en inglés). The Ivens Magazine, No. 16. European Foundation Joris Ivens (Nijmegen), outubro de 2010. Consultado 2015-01-22.
- ↑ Gonga.com
- ↑ http://www.gov.cn/guoqing/guoge/index.htm gov.cn.
- ↑ http://www.gov.cn/guoqing/guoge/index.htm gov.cn.
- ↑ The PRC anthem Arquivado 25 de novembro de 2010 en Wayback Machine. from the PRC's official government webportal (www.gov.cn)
- ↑ https://web.archive.org/web/20070929123328/http://www.xdj.gov.cn/ShowArticle.asp?ArticleID=6675 存档副本. Consultado 2007-04-12. Archivado 2007-09-29.
- ↑ https://web.archive.org/web/20100901143054/http://baike.yp001.com/stamp_show.asp?id=160 邮币卡大百科 → 邮票 → J字邮票 → J.46:中华人民共和国成立三十周年(第三组). 邮票互动网. 2011-01-05. Archivado 2010-09-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcha dos Voluntarios |