Marte
|
Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa. Forma parte dos chamados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o planeta interior máis afastado do Sol. É, en moitos aspectos, o máis parecido á Terra.
Aínda que en aparencia podería parecer un planeta morto, non o é. Os seus campos de dunas seguen sendo mecidos polo vento marciano, os seus casquetes polares cambian coas estacións e ata parece que hai algúns pequenos fluxos estacionais de auga.[1]
Tycho Brahe mediu con gran precisión o movemento de Marte no ceo. Os datos sobre o movemento retrógrado aparente (os chamados "lazos")[2][3] permitiron a Kepler achar a natureza elíptica da súa órbita e determinar as leis do movemento planetario coñecidas como leis de Kepler.
Forma parte dos planetas superiores á Terra, que son aqueles que nunca pasan entre o Sol e a Terra. As súas fases (porción iluminada vista desde a Terra) están pouco marcadas, feito que é fácil de demostrar xeométricamente. Considerando o triángulo Sol-Terra-Marte, o ángulo de fase é o que forman o Sol e a Terra vistos desde Marte. Alcanza o seu valor máximo nas cuadraturas cando o triángulo STM é rectángulo na Terra. Para Marte, este ángulo de fase non é nunca maior de 42°, e o seu aspecto de disco giboso é análogo ao que presenta a Lúa 3,5 días antes ou logo da Lúa chea. Esta fase, visible cun telescopio de afeccionado, non logrou ser vista por Galileo, quen só supuxo a súa existencia.
Exploración
[editar | editar a fonte]As sondas Viking foron os primeiros aparellos humanos en tocar o planeta en 1976, levado a cabo experimentos que aínda se seguen interpretando corenta anos despois.[4]
En setembro de 2021, o rover da sonda Perseverance recolleu a primeira mostra de chan marciano.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Marte ten casquetes polares que conteñen auga e dióxido de carbono xeados. Posúe a maior montaña do sistema solar, o Monte Olimpus, que ten 25 km de altura. Marte ten unha atmosfera moi fina, cunha presión na superficie de 7,5 milibares (a da Terra ten 1013 mb), estando composta nun 95% por dióxido de carbono e moi pouco osíxeno.
Forma parte dos denominados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o primeiro dos planetas exteriores á órbita terrestre. É, posibelmente, o máis semellante á Terra.
Tycho Brahe mediu con gran precisión o movemento de Marte no ceo. Os datos sobre o movemento retrógrado aparente permitiron a Johannes Kepler achar a natureza elíptica da súa órbita e determinar as leis do movemento planetario coñecidas como leis de Kepler.
Auga e atmosfera
[editar | editar a fonte]Marte ten un lugar especial na imaxinación popular debido á crenza de que o planeta é ou foi habitado no pasado. Esta idea xurdiu debido ás observacións realizadas a fin do século XIX por Percival Lowell. Percival Lowell observaba canles e áreas que mudaban de tonalidade coas estacións do ano e imaxinou Marte habitado por unha civilización antiga que loitaba para non morrer de sede. De feito, o que Percival Lowell observou ou non existía ou eran leitos secos ou mudanzas naturais na coración do planeta debido a tempestades de area. De xeito máis recente, a polémica en torno da existencia da vida en Marte foi reavivada coa descuberta dun meteorito marciano con posíbeis vestixios de vida.
A misión ExoMars ten previsto recoller máis datos, mais cada vez hai máis evidencia de que no pasado Marte tiña unha atmosfera máis densa e grosa, con auga abonda para escavar unha estrutura dendrítica de fluxos de auga na súa superficie, habida conta de que hai zonas con vales de ata dous km de largo e 200 metros de profundidade con características fluviais.[6]
Crese que Eridania tivo no seu momento (hai máis de 3000 millóns de anos) o maior lago de Marte, con máis auga que o resto de lagos marcianos xuntos e unhas tres veces a agua que contén o Mar Caspio na actualidade.[7]
O polo sur marciano adoita estar cuberto cunha capa de 1,5 km de espesor de xeo, cunha extensión duns 400 km.[8]
No 2021, Mars Express (que orbita o planeta dende 2003), corroborou diversos datos: o 95 % da atmosfera marciana está constituída por dióxido de carbono, o planeta ten tres capas de ozono (unha permanente, outra asociada a estacións no hemisferio norte e outra a estacións no hemisferio sur) entre 100 e 1000 veces máis tenues que na Terra.[9]
No 2024, TGO e CaSSIS teñen revelado resto de sales (cloruros), zonas salgadas na superficie marciana, nos arredores de Terra Sirenum e outros, delantado a evaporación de auga nelas,[10]
Estrutura interna
[editar | editar a fonte]Ao igual que a Terra, Marte experimentou diferenciación planetaria, resultando nun denso e metálico núcleo reodeado por materiais menos densos.[11] Os actuais modelos do interior do planeta calculan un núcleo duns 1794 km ± 65 km de radio, formado principalmente por ferro e níquel cun 16–17% de xofre.[12] Este núcleo de sulfuro de ferro é parcialmente fluído, e ten o dobre de concentración dos elementos máis lixeiros existentes no núcleo terrestre.[13] O núcleo está rodeado por un manto de silicatos que formou moitos dos elementos tectónicos e volcánicos do planeta, pero que agora semella estar latente. Ademais de silicio e osíxeno, os elementos máis abundantes na codia marciana son ferro, magnesio, aluminio, calcio e potasio. O espesor medio da codia de Marte é duns 50 km, chegando a un máximo de 125 km. A codia da Terra, cunha media de 40 km, ten só un terzo do grosor da de Marte en comparación co tamaño dos dous planetas.[13] A misión InSight prevista para o 2016 usará un sismómetro para limitar mellor os modelos do interior do planeta.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A superficie de Marte é caótica en moitos sectores e conserva as pegadas de grandes cataclismos que non teñen equivalente na Terra. Especúlase que as zonas volcánicas poderían ter covas de tamaño 100 ou 1000 veces maior que as terrestres, que no futuro poderían dar acubillo a colonias no seu interior.[14]
Unha característica do hemisferio norte é a existencia dun enorme avultamento que contén o complexo volcánico de Tharsis. Nel atópase o Monte Olimpo, o maior volcán do sistema solar, cunha altura calculada de entre 21 e 26 km[15] e a súa base ten un largo de 600 km. As coladas de lava crearon un zócolo cun bordo que forma un cantín de 6 km de altura. Hai que engadir a grande estrutura colapsada de Alba Patera. As áreas volcánicas ocupan o 10 % da superficie do planeta. Algúns cráteres amosan sinais de actividade recente e teñen petrificada nas súas abas. A pesar destas evidencias, non foi ata maio de 2007 cando o Spirit descubriu cun alto grao de certeza o primeiro depósito volcánico signo dunha antiga actividade volcánica na zona denominada Home Plate,[16] situada na base interior do cráter Gusev. Unha das mellores probas é a que os investigadores chaman bomb sag (a marca da bomba). Cando se atopan a lava e a auga, a explosión lanza cara a arriba anacos de roca, algúns dos cales volven caer e encaixan en depósitos máis brandos.
Próximo ao ecuador e cunha lonxitude superior aos 3000 km, unha largura de ata 600 km e unha profundidade de ata 8 km, Valles Marineris é un canón que se formou polo afundimento do terreo a causa da formación do avultamento de Tharsis.[17]
Hai unha evidencia clara de erosión en varios lugares de Marte, tanto polo vento como pola auga. Existen na superficie longos vales sinuosos semellantes a leitos de ríos. Eses inmensos vales poden ser o resultado de fracturas ao longo das que correron grandes cantidades de lava e, posteriormente, de auga. A superficie do planeta conserva verdadeiras redes hidrográficas, hoxe secas. Todos estes detalles da superficie suxiren un pasado con outras condicións ambientais en que a auga causou estes leitos mediante inundacións catastróficas.
Ao igual que a Lúa e Mercurio, Marte non presenta tectónica de placas activa, como a Terra. Non hai evidencias de movementos horizontais recentes na superficie tales como montañas por pregamento tan comúns na terra. Non obstante, a Mars Global Surveyor en órbita arredor de Marte detectou en varias rexións do planeta extensos campos magnéticos de baixa intensidade. Este achado inesperado dun probable campo magnético global, activo no pasado e agora desaparecido, pode ter interesantes implicacións para a estrutura interior do planeta.
O hemisferio norte de Marte contén tres grandes cuncas, Utopía, Acidalia e Arcadia, das que a primeira é a maior cunca de impacto coñecida do Sistema Solar, cun diámetro de 3300 km, case dobre da dimensión N-S do deserto do Sáhara.[18]
Rotación
[editar | editar a fonte]Coñécese con exactitude o que tarda a rotación de Marte debido a que as manchas que se observan na súa superficie, escuras e ben delimitadas, son excelentes puntos de referencia. Foron observadas por primeira vez en 1659 por Christiaan Huygens que asignou á súa rotación a duración dun día. En 1666, Giovanni Cassini fixouna en 24 h 40 min, valor moi aproximado ao real. Trescentos anos de observacións de Marte deron por resultado o valor de 24 h 37 min 22,7 x para o día sideral. Marte rota en sentido antihorario, ao igual que a Terra.[19]
Da duración do día sideral dedúcese que o día solar ten en Marte unha duración de . O día solar medio ou tempo entre dous pasos consecutivos do Sol medio por o meridiano do lugar, dura . O día solar en Marte ten, igual que o da Terra, unha duración variable. Porén, en Marte a variación é maior pola súa elevada excentricidade.
Traslación
[editar | editar a fonte]O ano marciano dura 1 ano 321 días e 7 horas terrestres, ou 668,6 días marcianos.
Datos varios
[editar | editar a fonte]- masa: 0,11 da masa da Terra
- densidade relativa media: 3,95
- gravidade á superficie: 0,38 G (1 G = 9,8 m/s²)
- área superficial: 0,28 da área da Terra
- maior distancia ao Sol: 249 200 000 quilómetros
- maior aproximación á Terra: 78 390 000 quilómetros
- período orbital: 687 días terrestres
- duración dun día marciano: 24 horas 39 minutos e 35 segundos.
- temperatura máis baixa: -187 °C
- satélites: 2, Fobos (do grego "medo") e Deimos (do grego "pánico")
- inclinación da súa órbita en relación á eclíptica: 1° 51'
Lúas
[editar | editar a fonte]Marte ten dúas lúas naturais relativamente pequenas, Fobos e Deimos, cunha órbita próxima ao planeta. A teoría máis aceptada é que sexan asteroides capturados, pero a súa orixe segue sendo incerta. Ámbolos dous satélites foron descubertos en 1877 por Asaph Hall, e foron bautizados así polos personaxes Fobos (pánico/medo) e Deimos (terror/pavor) que, na mitoloxía grega, acompañaban ao seu pai Ares, deus da guerra, á batalla. Ares é como os romanos coñecían a Marte.
Órbita
[editar | editar a fonte]A órbita de Marte[20] é moi excéntrica (0,09): entre o seu afelio e o seu perihelio, a distancia do planeta ó Sol difire nuns 42,4 millones de quilómetros. Grazas ás excelentes observacións de Tycho Brahe, Kepler deuse conta desta separación e chegou a descubrir a natureza elíptica das órbitas planetarias consideradas ata entón como circulares.
Este efecto ten unha grande influencia no clima marciano, a diferenza de distancias ó Sol causa unha variación de temperatura duns 30 °C no punto subsolar entre o afelio e o perihelio.
Se dentro desa órbita se debuxa a da Terra, cuxa elipse é moito menos alongada, pode observarse tamén que a distancia da Terra a Marte está suxeita a grandes variacións. No momento da conxunción, é dicir, cando o Sol está situado entre ambos planetas, a distancia entre estes pode ser de 399 millóns de quilómetros e o diámetro aparente de Marte é de 3,5". Durante as oposicións máis favorables esa distancia queda reducida a menos de 56 milloóns de quilómetros e o diámetro aparente de Marte é de 25", alcanzando unha magnitude de -2,8 (sendo entón o planeta máis brillante con excepción de Venus). Dada a pequenez do globo marciano, a súa observación telescópica presenta interese especialmente entre os períodos que preceden e seguen ás oposicións.
Asteroides troianos
[editar | editar a fonte]Marte posúe, como Xúpiter, algúns asteroides troianos nos puntos de Lagrange L4 e L5; os tres asteroides recoñecidos oficialmente pola Unión Astronómica Internacional e o Minor Planet Center son: 5261 "Eureka", 101429 VF31 e o 121514 UJ7. Tamén se descubriron en Marte os seguintes asteroides troianos: 1999 UJ7 (no punto L 4),1998 VF31, 2001 DH47, 2001 FG24, e 2001 FR127 (no punto L 5). Os asteroides coorbitales 1998 QH56 e 1998 SD4 non se consideran como Troianos porque non son estables e serán afastados pola gravitación de Marte nos próximos 500.000 anos.
Vida
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Véxase tamén: Vida en Marte.
As teorías actuais que predín as condicións nas que se pode atopar vida requiren a dispoñibilidade de auga en estado líquido. É por iso tan importante a súa procura, aínda non achada neste planeta. Tan só púidose atopar auga en estado sólido (xeo) e especúlase que baixo terra poden darse as condicións ambientais para que a auga se manteña en estado líquido. Trazas de gas metano foron detectadas na atmosfera de Marte en 2003 [21][22][23][24][25] o cal é considerado un misterio, xa que baixo as condicións atmosféricas de Marte e a radiación solar, o metano é inestable e desaparece despois de varios anos, o que indica que debe de existir en Marte unha fonte produtora de metano que mantén esa concentración na súa atmosfera, e que produce un mínimo de 150 toneladas de metano cada ano.[26][27] Planéase que a futura sonda Mars Science Laboratory, inclúa un espectrómetro de masas capaz de medir a diferenza entre 14C e 12C para determinar se o metano é de orixe biolóxica ou xeolóxica.[28] No entanto, no pasado existiu auga líquida en abundancia e unha atmosfera máis densa e protectora; estas son as condicións que se cren máis favorables que houbo de desenvolverse a vida en Marte. O meteorito ALH84001 que se considera orixinario de Marte, foi atopado na Antártida en decembro de 1984 por un grupo de investigadores do proxecto ANSMET e algúns investigadores consideran que as formas regulares poderían ser microorganismos fosilizados.[29][30][31]
Exploración
[editar | editar a fonte]A exploración de Marte está chea de problemas. O primeiro satélite que conseguiu fotografar Marte con éxito foi o Mariner 4, durante un sobrevoo en 1965. Os soviéticos conseguiron aterrar unha sonda en 1974, mais a primeira misión cientificamente importante foi a sonda Viking I americana en 1976. Unha das máis exitosas misións a Marte foi a sonda Mars Pathfinder que enviou un vehículo robot que recolleu moita información sobre a superficie marciana. Recentemente, o que ten máis éxito de todos os proxectos é a Mars Global Surveyor, que fotografou Marte cunha resolución moito maior do que puideron facer as misións anteriores .
Os dous satélites de Marte teñen forma de pataca. Por seren tan pequenos - Fobos, 28 km de diámetro, e Deimos, 16 km - só foron descubertos en 1877. Outras misións máis recentes exitosas son as dos robots de exploración "Spirit" (Espírito) e o seu irmán xemelgo "Opportunity" (Oportunidade).
O Spirit foi lanzado o 10 de xuño do 2003 e, despois de viaxar 487 millóns de quilómetros, chegou á superficie de Marte e descendeu en paracaídas ata o cráter Gusev o 4 de xaneiro de 2004. O Opportunity á súa vez foi lanzado a 7 de xullo de 2003. Pousou o día 25 de xaneiro de 2004 en Meridiani Planum, no pólo norte.
Xa a sonda Beagle2, da Axencia Espacial Europea (ESA), enviada a través da sonda orbital Mars Express, non deu sinais de funcionamento despois da chegada ao "planeta vermello".
A Mars Science Laboratory, bautizada como Curiosity, foi lanzada dende a Terra o 26 de novembro de 2011, e chegou a Marte o 6 de agosto do ano 2012. É máis grande e máis avanzada que os Mars Exploration Rovers, cun rango de movemento de 90 m/h. Entre os seus instrumentos atópase un láser químico de mostraxe que pode deducir a composición das rochas a unha distancia de 7 metros.
No ano 2008 a NASA anunciou MAVEN, unha misión robótica para 2013 para proporcionar información sobre a atmosfera de Marte. Tras comezar a misión EXOMars coa posta en órbita do Trace Gas Orbiter, en conxunto con Roscosmos, no 2018 a ESA lanzou o seu primeiro Rover cara ao planeta; o ExoMars Rover Rosalind Franklin, que comezou a operar no 2020,[32] capaz de perforar 2 metros o solo para buscar moléculas orgánicas.
No 2019 Mars Express, vehículo da ESA en órbita, explora a superficie de Marte, tomando fotos, entre outros, do Nirgal Vallis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nahum Mendez Chazarra. Una (Breve) Geología de Marte Journal of Feelsynapsis (JoF). ISSN: 2254-3651. 2012.(2): 34-41
- ↑ Coñécense popularmente como "lazos" ás traxectorias aparentes con forma de lazo que describen os planetas cando son excedidos pola Terra.
- ↑ "APOD: 2010 June 13 - Retrograde Mars". apod.nasa.gov. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Moon and Mars superoxides for oxygen farming". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-04.
- ↑ mars.nasa.gov. "NASA's Perseverance Rover Collects First Mars Rock Sample". NASA Mars Exploration (en inglés). Consultado o 2022-03-30.
- ↑ esa. "Huellas de antiguos cauces en Marte". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-02-22.
- ↑ "Take a trip to Mars’s largest lake". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2024-08-07.
- ↑ "¡Oh, roja Navidad! Observadas unas figuras festivas cerca del polo sur marciano". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-20.
- ↑ "Better understanding of Earth’s atmospheric chemistry from studying Mars?". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-07-24.
- ↑ "Mermaid on salty Mars". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2024-08-08.
- ↑ Nimmo, Francis; Tanaka, Ken (29 de novembro de 2004). "Early crustal evolution of Mars". Annual Review of Earth and Planetary Sciences 33: 133–161. doi:10.1146/annurev.earth.33.092203.122637.
- ↑ Rivoldini, A.; Van Hoolst, T.; Verhoeven, O.; Mocquet, A.; Dehant, V. (xuño de 2011). "Geodesy constraints on the interior structure and composition of Mars". Icarus 213 (2): 451–472. doi:10.1146/annurev.earth.33.092203.122637. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ 13,0 13,1 Dave, Jacqué (26 de setembro de 2003). "APS X-rays Reveal Secrets of the Martian Core". Argonne National Laboratory. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ "Take refuge in a cave – on the Moon". Caves & pangaea blog. 2020-08-20. Consultado o 2020-08-22.
- ↑ A altura varía segundo a fonte consultada. A ESA indica tres medidas da altura: 22 km aquí y aquí, 24 km aquí y 26 km aquí. A NASA ofrece 21 km aquí, 25 km aquí e 26 km aquí.
- ↑ "News NASA's Mars Rover Finds Evidence of Ancient Volcanic Explosion" (en inglés). 3 de maio de 2007. Consultado o 23 de setembro de 2016.
- ↑ / Valle Marineris. Nave Viking 1970. Consultado o 8 de abril de 2011
- ↑ "Martian brain freeze". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-30.
- ↑ Anderson, Howard C. "Una webcam capta la rotación de Marte desde la Tierra Imagen astronomía diaria - Observatorio". Observatorio (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2016.
- ↑ Fotos de Marte realizadas polo telescopio de alta resolución montado sobre a nave Mars Reconnaissance Orbiter
- ↑ Mumma, M. J.; Novak, R. E.; DiSanti, M. A.; Bonev, B. P., "A Sensitive Search for Methane on Mars" (abstract only). American Astronomical Society, DPS meeting #35, #14.18.
- ↑ Michael J. Mumma. "Mars Methane Boosts Chances for Life". Skytonight.com. Arquivado dende o orixinal o 20-02-2007. Consultado o 16-08-2008.
- ↑ V. Formisano, S. Atreya T. Encrenaz, N. Ignatiev, M. Giuranna (2004). "Detection of Methane in the Atmosphere of Mars". Science 306 (5702): 1758?1761. doi:10.1126/science.1101732.
- ↑ V. A. Krasnopolskya, J. P. Maillard, T. C. Owen (2004). "Detection of methane in the martian atmosphere: evidence for life?". Icarus 172 (2): 537?547. doi:10.1016/j.icarus.2004.07.004.
- ↑ ESA Press release. "Mars Express confirms methane in the Martian atmosphere". ESA. Arquivado dende o orixinal o 24-02-2006. Consultado o 16-08-2008.
- ↑ Vladimir A. Krasnopolsky (febreiro 2005). "Some problems related to the origin of methane on Mars". Icarus. Volume 180 (Issue 2): 359–367. doi:10.1016/j.icarus.2005.10.015. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2008. Consultado o 01 de novembro de 2013.
- ↑ "Mars Express". European Space Agency. agosto 2008. Consultado o 17-08-2008.
- ↑ Remote Sensing Tutorial, Section 19-13a Arquivado 21 de outubro de 2011 en Wayback Machine. - Missions to Mars during the Third Millennium, Nicholas M. Short, Sr., et al., NASA
- ↑ Crenson, Matt (06-08-2006). "After 10 years, few believe life on Mars". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 09-08-2006. Consultado o 06-08-2006.
- ↑ McKay, David S., et al. (1996) "Search for Past Life on Mars: Possible Relic Biogenic Activity in Martian Meteorite ALH84001". Science, Vol. 273. non. 5277, pp. 924 - 930. URL accessed August 17, 2008.
- ↑ McKay D. S., Gibson E. K., ThomasKeprta K. L., Vali H., Romanek C. S., Clemett S. J., Chillier X. D. F., Maechling C. R., Zare R. N. (1996). "Search for past life on Mars: Possible relic biogenic activity in Martian meteorite ALH84001". Science 273: 924?930. PMID 8688069. doi:10.1126/science.273.5277.924.
- ↑ esa. "River relic spied by Mars Express". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marte |