Maurice Gendron
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1920 ![]() Grez-sur-Loing, Francia ![]() |
Morte | 20 de agosto de 1990 ![]() Grez-sur-Loing, Francia ![]() |
Educación | Conservatory of Nice (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista, profesor de música, profesor universitario ![]() |
Empregador | Conservatorio de París ![]() |
Xénero artístico | Música clásica ![]() |
Profesores | Gérard Hekking ![]() |
Alumnos | Sonia Wieder-Atherton e Charles Medlam (en) ![]() ![]() |
Instrumento | Violoncello ![]() |
Familia | |
Fillos | François-Eric Gendron ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Maurice Gendron, nado o 16 de decembro de 1920 en Niza (Francia) e finado o 20 de agosto de 1990 en Grez-sur-Loing (Francia), foi un violonchelista e profesor francés. É considerado un dos mellores violonchelistas franceses do século XX. Gendron tocou con moitas estrelas do panorama musical do seu tempo como Benjamin Britten ou Rudolf Serkin. O seu Stradivarius do século XVIII, que se chegou a coñecer como o "Ex-Gendron" é tocado actualmente pola violonchelista alemá Maria Kliegel.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maurice Gendron naceu nunha familia pobre, fillo de mai violinista que tocaba na orquestra do teatro, e dun pai que os abandonou pronto. Gendron recibiu as súas primeiras leccións de violín aos catro anos, mais sen moito pracer. Pasou aos cinco anos a tocar o violonchelo, que pronto lle comezaría a gustar.
O seu primeiro mestre, levouno con dez anos a escoitar a Emanuel Feuermann, quedando conmovido pola súa interpretación. Coñeceu ao seu ídolo, tomando leccións cando lle era posible, mais non podía permitirse ir a Viena, Zürich ou Nova York. En 1934, aos 14 anos, recibiu o primeiro premio do Conservatorio de Niza, e tres anos despois foise estudar ao Conservatorio de París con Gerard Hekking.
O seu delicado estado de saúde impediulle combater na segunda guerra mundial. Negouse a tocar para os alemáns e uniuse á resistencia. Despois da Guerra, realizou o seu debut en Londres no Wigmore Hall o 2 de decembro de 1945, acompañado por Benjamin Britten na súa interpretación das sonatas de Gabriel Fauré e Claude Debussy.
En decembro de 1945, estreou en Europa occidental o primeiro concerto para violonchelo de Prokofev coa London Philharmonic Orchestra de Londres baixo a dirección de Walter Susskind, recibindo a exclusividade durante tres anos. Máis tarde, Gendron lembraba en broma: "Así é como comecei: ninguén quería escoitar a Maurice Gendron, mais todo o mundo quería escoitar Prokofev!"[Cómpre referencia].
A súa amizade con Britten levouno a unha dolorosa desilusión cando o compositor británico abandonou un proxecto que lle ía dedicar.
Para o seu debut en Nova York, elixiu facer unha homenaxe a Emanuel Feuermann, morto durante a Guerra, tocando o concerto de Dvorak, o concerto en Re maior de Haydn.
Formou un trío con Yehudi Menuhin e Hephzibah Menuhin que durou 25 anos.[1]
En 1970, converteuse en profesor do Conservatorio de París.
Foi daquela cando se viu envolto nun grave accidente no que se feriu o hombreiro, mais en 1985 volveu a Londres a tocar un concerto en conmemoración do 40 aniversario do seu debut. Morreu o 20 de agosto de 1990.
É o pai do actor François-Eric Gendron.
Profesor
[editar | editar a fonte]Gendron dou clases na Yehudi Menuhin School e dende 1970 no Conservatorio de París. Entre os seus alumnos salientan Colin Carr, Chu Yibing e Jacqueline du Pré, entre moitos outros.
As súas ideas da interpretación violonchelística están resumidas no libro "L'Art du Violoncelle", escrito en colaboración con Walter Grimmer e publicado en 1999 por Schott [ED 9176; ISMN M-001-12682-3].
Repertorio
[editar | editar a fonte]Gravou a meirande parte dos principais concertos para violonchelo con direcotres como Bernard Haitink, Raymond Leppard e Pau Casals, e con orquestras como a do Wiener Staatsoper, a London Symphony Orchestra e a London Philharmonic Orchestra. Realizou tamén multitude de gravacións de obras para violonchelo e piano con pianistas como Philippe Entremont e Jean Françaix. Tamén realizou unha célebre gravación das Suites para Violonchelo de J.S. Bach.[2]
Gendron foi o primeiro violonchelista moderno que tocou o concerto en Si bemol de Boccherini na súa forma orixinal en lugar da versión de Grützmacher. Realizou tamén a estrea en Europa occidental do concerto para violonchelo de Prokofev.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Audiophile Audition". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2011.
- ↑ Gramophone