Mercedes Siles Molina
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Xaén, España |
Presidenta Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación | |
2020 – febreiro de 2023 – Pilar Paneque (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Málaga |
Director de tese | Antonio Fernández López (en) |
Actividade | |
Ocupación | matemática, alxebrista |
Alumnos | Miguel Gómez Lozano (pt) , Juana Sánchez Ortega (pt) , María Dolores Sánchez Segura (en) , Hannes Bierwirth (en) e José Félix Solanilla Hernández (en) |
Obra | |
Doutorando | Gonzalo Aranda Pino (en) e Yolanda Cabrera Casado (en) |
Mercedes Siles Molina, nada en Xaén en 1966, é unha matemática española, catedrática de Álxebra da Universidade de Málaga, especializada en álxebra non conmutativa; en concreto, en álxebras non asociativas e teoría de aneis.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Mercedes Siles naceu en Xaén e pouco despois trasladouse cos seus pais a Madrid, onde estudou nun colexio; posteriormente trasladouse a Málaga, onde continuou os seus estudos nun instituto público.[2]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Sempre estivo vinculada á Universidade de Málaga (UMA). En 1989 obtivo a licenciatura en Ciencias Matemáticas, con grao e nota de sobresaínte, pola Universidade de Málaga (UMA), onde se doctorou (cum laude por unanimidade) en 1992 coa tese Regularidad fuerte e inversos generalizados en sistemas de Jordan. Iniciou a súa actividade docente no curso 1989-90, en 1994 pasou a ser Profesora Asociada e un ano máis tarde Profesora Titular Interina. En novembro de 1996 accedeu a unha praza de Profesora Titular de universidade que ocupou ata decembro de 2009, cando gañou o concurso a Cátedra na área de Álxebra; dende entón é Catedrática de Álxebra no Departamento de Álxebra, Xeometría e Topoloxía da UMA. Ten impartido clases na licenciatura, o grao, o mestrado e o doutoramento en Matemáticas. Foi coordinadora do Mestrado e do Doutorado en Matemáticas da Universidade de Málaga, e tamén do Mestrado en Álxebra, Xeometría e Aplicacións da Universidade de Dakar (Senegal). Tamén foi investigadora visitante nas Universidades de Colorado, en Colorado Springs (USA); no Center of Ring Theory (Athens, Ohio, USA); Kent State University (Ohio); University of Maribor (Eslovenia); Queen’s University, Belfast (Northern Ireland); Universidade de Panamá, entre outras; así como en diversos centros de investigación e universidades españolas.[3]
Entre 2006 e 2011 foi coordinadora da área de Física e Matemáticas da Axencia Andaluza de Avaliación. Tamén ten evaluado diversas actividades científicas en España, Estados Unidos, India, Rusia e Suráfrica, entre outros.[1] Tamén leva realizado unha importante tarefa na cooperación internacional, colaborando con universidades e organismos no Senegal, Marrocos, Tunisia, Indonesia, Turquía, o Perú, Panamá, México, Cuba, o Brasil, Palestina, Colombia, Exipto, Venezuela, Ecuador e Suráfrica. Esta colaboración ten sido realizada a través da invitación de investigadores e investigadoras para a realización de proxectos de investigación conxuntos, organizando congresos e escolas de investigación, impartindo cursos, dirixindo teses de doutoramento etc.
Colaborou co Comité Español de Matemáticas (CEMat) para a incorporación de España como estado membro ao Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas(CIMPA). En 2011 tivo lugar a adhesión e dende entón Mercedes Siles é Responsable Científica do CIMPA, membro do seu “Equipo África”; e do seu equipo directivo.
É Secretaria da Comisión de Desenvolvemento e Cooperación do CEMat e presidiu o Comité de Cooperación para o desenvolvemento da Real Sociedad Matemática Española(RSME), da que foi responsable de Proxectos Culturais, así como Vicepresidenta Primeira. Preside o Comité Español de Matemáticas. Dende maio de 2019 é presidenta do CEMat.[4]
Dende o 19 de febreiro de 2020 é directora da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).[5]
Leva realizado contribucións singulares en ámbitos moi diversos. No das matemáticas, o seu traballo máis citado é un libro publicado por Springer (Leavitt path algebras), único no seu campo. No cultural, creou as exposicións El Sabor de las Matemáticas e Universos Paralelos Dialogando, polas que foi invitada ao MoMath (Nova York); puxo en marcha en España o PiDay. Creou o programa steMatEsElla, patrocinado por Accenture, para potenciar o talento das mozas en disciplinas STEM. Colaborou na posta en marcha do nodo andaluz de AMIT e foi Premio Meridiana 2012. Tamén é membro da Sociedade de Honor Sigma Xi.[6]
Xestión e avaliación[3]
[editar | editar a fonte]- AGAE (Agencia Andaluza de Evaluación). Coordinadora da área de Matemáticas e Física.
- ANEP: Avaliación de proxectos de investigación.
- ANECA: Membro do Comité Asesor 1 da CNEAI (2019). Directora dende febreiro de 2020.
- AKKORK (Agency for Quality Assurance in Higher Education and Career Development, Rusia). Avaliación de mestrados.
- NSA (National Security Agency, USA). Avaliación de proxectos de investigación.
- EPSRC (Engineering and Physical Sciences Research Council, UK). Avaliación de proxectos de investigación.
- NRF (National Research Foundation, South Africa). Avaliación de proxectos de investigación; premios.
- Universidade de Colorado, Colorado Springs (USA). Avaliación de prazas de profesorado.
- SACNAS (South African Council for Natural Scientific Professions, South Africa). Avaliación de investigadores.
- AMMSI awards committee (African Mathematics Millennium Science Initiative). Membro dende a súa creación en setembro de 2015.
Investigación
[editar | editar a fonte]As súas áreas de interese inclúen: estruturas alxebraicas non asociativas (álxebras de evolución, sistemas de Lie e de Jordan); módulos e aneis asociativos (en particular álxebras de camiños de Leavitt) e análise funcional. A súa área de traballo é a álxebra non conmutativa; en concreto, as álxebras non asociativas e a teoría de aneis. As súas líñas de investigación prioritarias son: Álxebras de camiños de Leavitt, que son as asociadas a grafos nas que as propiedades do grafo e da álxebra están en estreita conexión, e Álxebras de evolución, que son as que modelan a xenética non mendeliana. A incorporación desta líña é recente e está especialmente interesada nas súas aplicacións en colaboración con xenetistas.[1]
É investigadora principal do grupo de investigación da Universidade de Málaga Álgebras no asociativas y álgebras de grafo. Dirixe un equipo que atrae investigadores de Alemaña, Australia, Brasil, EEUU, Indonesia, Panamá e Turquía. Ademais, é asesora científica en varias universidades latinoamericás e membro do comité científico de varios congresos e premios internacionais.[1]
Foi responsable científica durante seis anos dol Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas (Francia) e conferenciante en Europa e EEUU; así como organizadora de escolas de investigación no Brasil, Colombia, Cuba, Irán, Marrocos, México, Palestina, Panamá, o Perú, o Senegal e Turquía. Nos últimos anos os seus proxectos de investigación teñen atraído a persoal postdoc e investigadores de Australia, Brasil, Alemaña, Indonesia, Irán, Panamá, Eslovenia, Turquía, USA e España.[6]
Leva publicados máis de cincuenta traballos de investigación, dirixido seis teses de doutoramento e participado en máis de corenta proxectos de investigación a nivel rexional, nacional e internacional. Entre as súas publicacións, destaca Algebras of quotients of Lie algebras (2004) por ser un traballo pioneiro, ao aparecer nel por primeira vez a noción de álxebra de cocientes en álxebras de Lie. Este traballo marcou unha inflexión na súa carreira científica: en 2004 constituíu o grupo de investigación do que é responsable dende entón, e que leva traballado e obtido financiamento de xeito ininterrompido dende aquela. Os seus traballos (algúns deles en colaboración) sobre álxebras de camiños de Leavitt foron importantes para determinar a estrutura destas álxebras. Nun artigo máis recente Evolution algebras of arbitrary dimension and their decompositions (2016) inicia unha nova líña de investigación en álxebras (non asociativas) que constitúen modelos para a reprodución non sexual (non mendeliana).[1]
Traballa en dúas líñas de investigación. Unha delas está relacionada cos grafos (frechas e vértices); a outra é de álxebras non asociativas. As álxebras non asociativas están moi relacionadas coa física, coa mecánica cuántica, e tamén coa explicación do universo. A través dos grafos pódense resolver problemas de utilidade na vida diaria.[2]
Divulgación
[editar | editar a fonte]Mercedes Siles cre firmemente que as matemáticas deben achegarse á sociedade e, con este obxectivo, dende 2011 está desenvolvendo unha intensa actividade no ámbito da divulgación das Matemáticas. Considera que as matemáticas están en todas partes, participan en cada unha das actividades da nosa vida diaria e que descubrilas é un reto que estimula a imaxinación, nos depara sorpresas gratas e pode levarnos a valoralas máis.[2]
Con motivo do Centenario da RSME, concibiu os proxectos “El sabor de las Matemáticas” e “Universos paralelos dialogando”, traballos realizados xunto có cociñeiro malagueño José Carlos García e o matemático e fotógrafo Pedro Reyes.[7]
Colabora en programas de radio como Julia en la onda, de Onda Cero, onde impartíu varias MASTERCLASS: Mercedes Siles nos enseña a encriptar un mensaje con el método Vigenère[8] ou Algunos vertebrados, como las ratas, poseen un sentido cuantitativo.[9] Ou en prensa escrita, con artigos como ¿Cualquier punto puede considerarse el centro del universo?[10]
Está moi concienciada có tema da equidade entre homes e mulleres. Entre 2008 e 2016 foi membro da Comisión de Igualdade da Universidade de Málaga. É socia de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas) dende 2009, e en 2011 colaborou na creación do nodo andaluz de AMIT do que foi a súa primeira vicepresidenta. Como tal, organizou Tertulias frente al mar,[11] dous ciclos de charlas nas que se debatía en torno á igualdade.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Leavitt path algebras. Gene Abrams, Pere Ara, Mercedes Siles Molina. Springer. 2017[12]
- Las matemáticas son cultura. Mercedes Siles Molina. Grupo Editorial 33, D.L. 2014.[13]
- A course on Leavitt path algebras. Mercedes Siles Molina. Philosophy. 2015. Libro que recopila un curso sobre álxebras de camiños de Leavitt impartido por Mercedes Siles na Universidade de Monastir en abril de 2009.[14]
- Graph algebras: bridging the gap between analysis and algebra. Gonzalo Aranda Pino, Mercedes Siles Molina, Francesc Perera Domènech. Málaga: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Málaga, 2007. 978-84-9747-177-0[13]
- Strong regularity and generalized inverses in Jordan systems. Mercedes Siles Molina. (Tesis doctoral) Antonio Fernández López (dir. tes.). Universidad de Málaga (1992).[14]
Artigos [12][14]
[editar | editar a fonte]- Squares and associative representations of two dimensional evolution algebras. Maria Inez Cardoso Gonçalves, Daniel Gonçalves, Dolores Martín Barquero, Cándido Martín González, Mercedes Siles Molina. 2018
- Gráfico C ∗ -Álgebras, and Their Relationship to Leavitt Path Algebras. Gene Abrams, Pere Ara, Mercedes Siles Molina. 2017
- Classification of three-dimensional evolution algebras. Yolanda Cabrera Casado , Mercedes Siles Molina, M. Victoria Velasco. 2017
- Evolution algebras of arbitrary dimension and their decompositions. Yolanda Cabrera Casado, Mercedes Siles Molina, M. Victoria Velasco. 2016
- Morita Equivalence and Morita Invariant Properties: Applications in the Context of Leavitt Path Algebras. Mercedes Siles Molina, José Félix Solanilla Hernández. 2016
- Chain conditions for Leavitt path algebras. Gene Abrams, Gonzalo Aranda Pino, Francesc Perera, Mercedes Siles Molina. 2009
- Socle theory for Leavitt path algebras of arbitrary graphs. Gonzalo Aranda Pino, Dolores Martín Barquero, Cándido Martín González , Mercedes Siles Molina. 2008
- Non-simple purely infinite rings. Gonzalo Aranda Pino, Ken R. Goodearl, Francesc Perera, Mercedes Siles Molina. 2008
- The socle of a Leavitt path algebra. Gonzalo Aranda Pino, Dolores Martín Barquero, Cándido Martín González , Mercedes Siles Molina. 2007
- Finite-dimensional Leavitt path algebras. Gene Abrams, Gonzalo Aranda Pino, Mercedes Siles Molina. 2007
- Algebras of quotients of path algebras. Mercedes Siles Molina. 2007
- Exchange Leavitt path algebras and stable rank. G Aranda Pino, Enrique Pardo, M Siles Molina. 2006
- Associative and Lie algebras of quotients. Francesc Perera, Mercedes Siles Molina. 2005
- Left Quotient Associative Pairs and Morita Invariant Properties. Mercedes Siles Molina. 2004
- Left Quotient Associative Pairs and Morita Invariant Properties. Miguel Gómez Lozano, Mercedes Siles Molina. 2004
- Goldie theorems for associative pairs. Arsenio Fernández-López, Eulalia García Rus, Martha Lozano, Mercedes Siles Molina. 1998
- Strong regularity and generalized inverses in jordan systems. Antonio Fernández López, Eulalia García Rus, Esperanza Sánchez Campos, Mercedes Siles Molina. 1992
Teses de doutoramento dirixidas[13]
[editar | editar a fonte]- Evolution algebras. Yolanda Cabrera Casado. Tese doutoral dirixida por Mercedes Siles Molina (dir. tes.), María Victoria Velasco Collado (dir. tes.). Universidade de Málaga (2016).
- Equivalencias de morita y álgebras de caminos de Leavitt. José F. Solanilla Hernández. Tese doutoral dirixida por Mercedes Siles Molina (dir. tes.). Universidade de Málaga (2013).
- Maximal graded algebras of quotients and structure of prime strongly nondegenerate lie algebras. Hannes Bierwirth. Tese doutoral dirixida por Mercedes Siles Molina (dir. tes.). Universidade de Málaga (2012).
- Una visión creativa de las magnitudes y su medida en educación infantil. Maria Dolores Sanchez Segura. Tese doutoral dirixida por Emelina López González (dir. tes.), Mercedes Siles Molina (dir. tes.). Universidade de Málaga (2008).
- Associative and lie algebras of quotients zero product determined matrix algebras. Juana Sánchez Ortega. Tese doutoral dirixida por Mercedes Siles Molina (dir. tes.). Universidade de Málaga (2008).
- On maximal left quotient systems and leavitt path algebras. Gonzalo Aranda Pino. Tese doutoral dirixida por Mercedes Siles Molina (dir. tes.). Universidade de Málaga (2005).
- Sobre anillos de cocientes y órdenes Fountain-Gould. Miguel Gómez Lozano. Tese doutoral dirixida por Mercedes Siles Molina (dir. tes.). Universidade de Málaga (2001).
Premios e recoñecementos[3]
[editar | editar a fonte]- Presidenta do Comité Español de Matemáticas (CEMat).
- Membro do Comité Executivo do CEMat.
- Vicepresidenta da Real Sociedade Matemática Española.
- Vocal da Xunta de Goberno da RSME.
- Presidenta do Comité de Cooperación e Desenvolvemento (CDC) da RSME.
- Secretaria do Comité de Desenvolvemento e Cooperación do Comité Español de Matemáticas.
- Responsable Científica do Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas (CIMPA, establecido en Francia) durante seis anos, dende que España se converteu en membro; durante este período foi responsable de 14 escolas de investigación.
- Organizadora/membro do Comité Científico de escolas de investigación EMALCA, EMA, CIMPA en: Irán, Marrocos, Panamá, Senegal e Suráfrica.
- Representación de España en: EURAXESS, ICIAM, EMS, CIMPA etc.
- Membro das seguintes asociacións, sociedades e centros científicos: CIMPA, EMS, EWM, RSME, Thales, así como da sociedade de Honor SigmaXi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Mercedes Siles Molina". AMIT (en castelán). 2016-06-21. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Mercedes Siles UMA". Cafó conciencia. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2020. Consultado o 30 marzo 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Mercedes Siles Molina - Aneca". www.aneca.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ López, Nerea Diez (2019-05-31). "La vicepresidenta de la RSME, Mercedes Siles Molina, nueva presidenta del CEMat". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Mercedes Siles Molina, nueva directora de ANECA - Aneca". www.aneca.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ 6,0 6,1 "Mercedes Siles". lastop100 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "HDL Mercedes Siles, la belleza y el sabor de las Matemáticas". Youtube. Consultado o 30 marzo 2020.
- ↑ "Mercedes Siles nos enseña a encriptar un mensaje con el método". OndaCero (en castelán). 2020-02-10. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Mercedes Siles Molina: "Algunos vertebrados, como las ratas, poseen un sentido cuantitativo"". OndaCero (en castelán). 2020-02-03. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "¿Cualquier punto puede considerarse el centro del universo?". Fundación Dr. Antoni Esteve (en castelán). 2019-12-04. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Tertulias_frente_al_mar". webpersonal.uma.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2019. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ 12,0 12,1 "Mercedes Siles Molina - Google Scholar Citations". scholar.google.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 "Mercedes Siles Molina". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 "Mercedes Siles Molina Semantic Scholar". www.semanticscholar.org (en inglés). Consultado o 2020-03-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Conferencia de divulgación: Recetas matemáticas y fórmulas culinarias.
- Vídeo: La belleza y el sabor de las matemáticas.
- Vídeo: Promoción do talento matemático entre as nenas.11F 2017.
- The center and Lie structure of a Leavitt path algebras