Miguel-Anxo Murado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1965 (59 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Xénero artístico | Narrativa, ensaio, poesía, teatro, guión, xornalismo |
Familia | |
Irmáns | Antonio Murado |
Premios | |
| |
Miguel-Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor, xornalista e guionista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É irmán do pintor Antonio Murado e da arquitecta Clara Murado.
Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. Realizou un máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.
Comezou a súa traxectoria literaria aos 17 anos, en 1983, ao gañar o premio Café Gijón de novela curta en castelán coa obra Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos, un conxunto de relatos, ao que seguiu en 1986 De soños e derribos (máis tarde titulado Memoria de derribos), Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno do Xapón (2000), Lapidario (2003) e O soño da febre (2007).
Dentro do seu labor como guionista, traballou para as series de ficción Pratos combinados, A familia Pita e Mareas vivas e mais para as longametraxes La ley de la frontera (dirixida en 1995 por Adolfo Aristarain) e Fisterra (1999, Xavier Villaverde); na actualidade continúa este labor en series, como Aldán e Eva (1990), Tres días de abril (2010) ou Salgadura (2013), e documentais, como Lendas do mar (1986), Galicia, cruce de miradas (2007) e O incerto Señor Cunqueiro (2011).
A maior parte da súa actividade profesional dedicouna ao xornalismo. Formou parte do Consello de Redacción da revista Luzes de Galiza e colaborou con distintos medios galegos (entre eles, Tempos Novos e El Correo Gallego). Traballou como correspondente de guerra nos Balcáns (en 1991 e mais en 1993), onde cubriu o sucedido en Croacia e Bosnia. Entre 1998 e 2003 residiu en Oriente Medio, onde exerceu como oficial de prensa para as Nacións Unidas, como xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e, logo, do Ministerio para Belén (2000). Tras esta etapa continuou o seu labor xornalístico como correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada e mais para a axencia de noticias Europa Press. Outra das súas liñas de traballo desenvolveuse no ámbito radiofónico, concretamente na cadea Radio Círculo (Madrid), que dirixiu entre 2004 e 2005.
Actualmente colabora con La Voz de Galicia como articulista ("Escrito en cafeterías" e "Libro de horas") e analista internacional. Nesta súa especialidade, traballa tamén para outros medios de comunicación españois (como no programa "A vivir que son dos días"[1] da Cadena Ser) e para prestixiosos medios internacionais: a cadea británica BBC World Service, BBC 4, Rusia Today TV e os xornais The New York Times[2] e The Guardian[3], entre outros[4][5].
Xurxo Borrazás considera que ten un estilo propio, unha prosa desapaixonada.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]En galego
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- De soños e derribos, 1986. Publicado como Memoria de derribos en 1993, Galaxia.
- Lista de correos (relato curto). Contos do Castromil, 1992.
- Pedro e o lobo, 1992. Adaptación do conto tradicional ruso para a banda deseñada debuxada por Miguelanxo Prado.
- Ruído. Relatos de guerra, 1995, Galaxia. Traducido ao castelán[7] e ao inglés.[8]
- Mércores de cinza, 1997, Galaxia. Traducido ao inglés.[9]
- O soño da febre, 2007, Galaxia. Traducido ao castelán: El sueño de la fiebre. Lengua de trapo.[10]
- Fin de século en Palestina, 2008, Galaxia. Traducido ao castelán: Fin de siglo en Palestina. Lengua de trapo.[11]
- Escrito en cafeterías, 2014, Galaxia.[12]
- Libro de horas, 2016, Galaxia.
- Tres minutos no aire (2019). Galaxia. 232 páxs. Colaboracións no programa Diario cultural da Radio Galega.[13][14]
- A cantiga da burata (2024). A Coruña: Medulia. 120 páxs. ISBN 978-84-10324-15-2.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Bestiario dos descontentos, 1985, Xerais, ilustrado por Antonio Murado. Traducido ao inglés: A Bestiary of discontent, 1993, The Edwin Meller Press.[15]
- Lapidario dos heterodoxos, 1990, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Reeditado por Tris-Tram.
- Lapidario, 2004, Xerais.
Teatro
[editar | editar a fonte]- A grande noite de Fiz, 1994,[16] estreada en 1992.
- Historias peregrinas, 1995,[17] estreada en 1995; reestreada en 2010.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Luis Pimentel, unha fotobiografía, 1990, biografía de Luís Pimentel, Xerais.
- Caderno do Xapón, 2000, Galaxia.
Tradución
[editar | editar a fonte]- As cidades invisibles, de Italo Calvino, 2000, Xerais.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia.
- Materia prima, 2002, Xerais.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
En castelán
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Metamorfosis benezianas, 1983. Ediciones Polar.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Otra idea de Galicia, 2008, Debate. Traducido ao galego: Outra idea de Galicia, 2013, Debate.
- La Segunda Intifada. Historia de la revuelta palestina, 2008.
- La invención del pasado. Verdad y ficción en la historia de España, 2013, Debate.
Guías de viaxe
[editar | editar a fonte]- Santiago de Compostela. 2002. Coautoría con Suso de Toro.
- Santiago de Compostela. Anaya.
- Santiago de Compostela. Anaya. Edición de peto.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Premio Café Gijón en 1983 por Metamorfosis benecianas.
- Finalista do Premio Esquío de poesía en 1990 co poemario Lapidario dos heterodoxos.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en galego en 1996 por Ruído, relatos de guerra.
- Durante tres anos seguidos, recibiu o premio Carlos Velo de guión cinematográfico da Xunta de Galicia por Tres días sen facer nada, A grande noite de Fiz e Fronteira.
- Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego en 2005 polo artigo "Chamadas perdidas"[18] (publicado en La Voz de Galicia cinco días despois dos atentados de Madrid e recollido en 2014 na súa obra Escrito en cafeterías).
- En 2008 recibiu o Premio da Crítica Galicia, dentro da sección de Creación Literaria, o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais o Premio Losada Diéguez pola súa obra narrativa O soño da febre.
- Ao ano seguinte volveu ser galardoado co Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais co Premio Ánxel Casal e o Premio Frei Martín Sarmiento polo relato autobiográfico Fin de século en Palestina.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor guión | Salgadura | Nomeado[19] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A vivir que son dos días Arquivado 13 de abril de 2014 en Wayback Machine., con Javier del Pino (Cadena Ser).
- ↑ Artigo de Murado en The New York Times.
- ↑ Artigos de Murado en The Guardian.
- ↑ Artigos de Murado en The Huffington Post.
- ↑ Intervención na cadea RTE.
- ↑ Borrazás, Xurxo (2020-06-12). "Murado e o desapaixonamento". Praza Pública. Consultado o 2020-06-15.
- ↑ "Ruido: relatos de guerra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-10.
- ↑ "Soundcheck: Tales from the Balkan Conflict". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10.
- ↑ "Ash Wednesday". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10.
- ↑ "El sueño de la fiebre". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-10.
- ↑ "Fin de siglo en Palestina". Lengua de Trapo (en castelán). Consultado o 2019-07-10.
- ↑ "Ficha do libro na Editorial Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 30 de abril de 2014.
- ↑ "Tres minutos no aire". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ Penelas, Patricia (xullo, agosto, setembro 2019). "Filosofía no aire". Grial LVII (223): 78–79. ISSN 0017-4181.
- ↑ "A Bestiary of discontent". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10.
- ↑ Representada por Teatro do Noroeste Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Representada por Teatro do Noroeste Arquivado 15 de abril de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Nova do premio Arquivado 03 de maio de 2014 en Wayback Machine. Fernández del Riego ao mellor artigo xornalístico.
- ↑ "XII Premios Mestre Mateo". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2014. Consultado o 14 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Miguel-Anxo Murado
- Obras de Miguel-Anxo Murado Arquivado 08 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
- Entrada de Miguel-Anxo Murado en AVG, o soportal do audiovisual galego (Consello da Cultura Galega).
- Entrevista a Miguel-Anxo Murado en La 2 (programa La aventura del saber) a propósito da súa obra La invención del pasado.
- Entrevista a Miguel-Anxo Murado no blog Criticalia (sección "Parlamento das Letras").