Miriam Rodríguez Gallego
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1996 (28 anos) Pontedeume (España) |
Actividade | |
Ocupación | artista, compositora e cantante |
Período de actividade | 2016 - |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Guitarra, voz, ukelele, Batería, piano e Tambor |
Participou en | |
2017 | Operación Triunfo 2017 |
19 de setembro de 2012 | La voz |
28 de setembro de 2011 | Tu cara me suena |
Familia | |
Irmáns | Efrén Rodríguez |
Sitio web | miriamrodriguezmusic.com |
Miriam Rodríguez Gallego, nada en Pontedeume o 30 de setembro de 1996, é unha cantante e compositora galega.[1] Saltou á fama grazas á súa participación no concurso musical de Televisión Española Operación Triunfo. Despois do seu paso polo programa de televisión, asinou coa discográfica Universal e iniciou a súa carreira musical compondo e interpretando «Hay algo en mi», canción promocional da serie Vis a vis no seu salto a FOX España, na que máis adiante realizaría un cameo. O seu segundo sinxelo foi «NO», xunto a Pablo López Jiménez, e o seu álbum debut, «Cicatrices», foi publicado o 23 de novembro de 2018.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]É filla de Ramón e Marité, e ten un irmán máis vello, Efrén.[3] Estudou bacharelato de Artes escénicas en Ferrol e posteriormente trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos de arte dramática e interpretación.[4]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Empezou cantando en vodas e dando pequenos concertos en salas e bares de Galicia.[5] Tamén participou na serie da televisión galega Serramoura.[6] En 2013, con 17 anos, gañou o concurso Canta Ferrol.[7] Tamén participou no musical Vivan os nenos e en concursos como Talentos Almeda e o Festival da canción de Xalleira.[5] En 2016 publicou o seu primeiro sinxelo Me cansé de esperar, que realizou xunto ao actor Chechu Salgado.[6]
Operación Triunfo
[editar | editar a fonte]En outubro de 2017 deuse a coñecer que era unha dos 18 seleccionados para entrar á Academia de Operación Triunfo.[8] O 23 de outubro de 2017 pisou por primeira vez o escenario de Operación Triunfo, interpretando o tema «No te pude retener» de Vanesa Martín. Dita actuación permitiulle ser unha das 16 concursantes que entraban a formar parte da novena edición do talent musical.[9]
Entre as súas actuacións máis importantes destacaron «Runnin» de Naughty Boy e Beyoncé que cantou xunto a Agoney na gala 1, «I Wanna dance With Somebody» de Whitney Houston que cantou na gala 8, e «What About Us» de Pink, tema que a clasificou para a final do concurso na gala 11.[10][11]
Durante o transcurso do programa, a galega estivo proposta para abandonar a academia en diversas ocasións. A primeira foi na gala 4, onde cantou «La media vuelta» de Luís Miguel. Tamén na seguinte gala foi unha das 4 concursantes propostas para a expulsión, esta vez xunto ao seu compañeiro de dúo Luís Cepeda, co que cantou «Estoy hecho pedacitos de ti» de Antonio Orozco.[12] Na gala 6 volveu a non convencer ao xurado coa súa interpretación do tema «Que te quería» da Quinta Estación.[13] O seu último nomeamento foi na gala 9, na que cantou «Dramas y comedias» de Fangoria.[14] A pesar diso, Miriam nunca estivo exposta á expulsión por parte do público, pois tanto os seus profesores como os seus compañeiros salvárona en todas as ocasións.
Na gala 11, Miriam clasificouse para a final do programa despois de interpretar «País Tropical» xunto a todos os seus compañeiros, «Cuando duermes» de Cómplices xunto a Alfred García, e «What About Us» de Pink en solitario. Miriam conseguiu 36 puntos dun máximo de 40, situándose así en segunda posición por detrás de Amaia Romero, que conseguiu a máxima puntuación.[10] Na final do programa celebrada o 5 de febreiro, Miriam interpretou «Invisible» de Malú, canción coa que conseguiu entrar na final a tres xunto a Amaia Romero e Aitana. Na segunda volta, cantou «No te pude retener» de Vanesa Martín, tema co que se estreou no concurso. Tras as votacións, descubriuse que Miriam obtivera un 12 % do apoio do público, quedando así en terceira posición.[15]
Candidatura a Eurovisión
[editar | editar a fonte]Ao ser unha das finalistas, optou a ser a representante española no Festival de Eurovisión celebrado en Lisboa en maio de 2018. Na gala de Eurovisión celebrada o 29 de xaneiro de 2018, cantou tres cancións coas que optaba a ser elixida como representante para ir a Eurovisión. Xunto aos seus compañeiros finalistas Amaia Romero, Ana Guerra, Aitana e Alfred García cantou unha versión do himno da edición «Camina», que só conseguiu un 1% dos votos.[16] En dúo, xunto a Agoney, interpretou «Magia», tema composto por David Otero e o grupo Funambulista que conseguiu un 7 % do apoio do público.[17] Finalmente, interpretou como solista o tema «Lejos de tu piel», de Steve Robson e adaptada por Funambulista que acaparou un 8% dos votos.[18]
Xira Operación Triunfo
[editar | editar a fonte]Tras saír da academia de Operación Triunfo, Miriam, xunto aos seus compañeiros, embarcouse na xira do programa que a levou por diversas cidades españolas. Nos distintos concertos, a galega interpretou cancións corais xunto aos demais concursantes, o seu sinxelo "Hay algo en mi" sendo a primeira concursante en cantar unha canción propia, así como "Euphoria" de Loreen xunto a Thalía Garrido, e «What About Us» de Pink e "Invisible" de Malú en solitario.[19]
Traxectoria tras OT
[editar | editar a fonte]En marzo de 2018, Miriam acudiu aos Premios Dial celebrados no Centro Internacional de Feiras e Congresos de Tenerife, xunto a algúns dos seus compañeiros de OT 2017.[20]
Case tres meses despois do final do programa que lle deu visibilidade para o gran público, Miriam estreou o seu primeiro sinxelo «Hay algo en mi» composto por ela mesma. O devandito sinxelo formou parte da banda sonora da promoción da terceira tempada da serie Cara a cara da cadea FOX España. En apenas 3 días, o videoclip da canción obtivo máis dun millón de reproducións en YouTube. O 7 de novembro de 2018 participou no programa "Lo siguiente" de Televisión Española. O 9 de xaneiro de 2019 anunciou que sería a co-coach de Pablo López no programa La voz.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Produtora | Posición | Vendas (España) |
---|---|---|---|---|
2018 | Universal Music | 5 | 9.000 | |
1 | 20.000 | |||
2020 | La Dirección De Tu Suerte
Data de publicación: 03/04/2020 |
Universal Music | 10 | |
2024 | Lineas Rojas
Data de publicación: 23/02/2024 |
Sony Music |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Composición | Posición |
---|---|---|---|
2018 | "Magia" | David Otero e Funambulista | 65 |
"Lejos de tu piel" | Steve Robson (adaptada por Funambulista) | 58 | |
"Hay algo en mí" | Miriam Rodríguez | 23 | |
"No" | Miriam Rodríguez e Pablo López | 38 | |
2019 | "Mejor sin miedo" | Miriam Rodríguez | |
2019 | "Más de lo que ves" | Miriam Rodríguez | |
2019 | "La diferencia" | Miriam Rodríguez | |
2020 | "Desperté" | Miriam Rodríguez | |
2020 | "No se quien soy" | Miriam Rodríguez |
Filmografía
[editar | editar a fonte]Series de televisión
[editar | editar a fonte]Series de televisión | ||||
---|---|---|---|---|
Ano | Título | Personaxe | Cadea | Notas |
2016 | Serramoura | Isabel | TVG | 2 episodios |
2019 | Cara a cara | Presa do coro | FOX España | 1 episodio |
Programas de televisión
[editar | editar a fonte]Programas de televisión | ||||
---|---|---|---|---|
Ano | Título | Personaxe | Cadea | Notas |
2017 - 2018 | Operación Triunfo | Concursante (3ª finalista) | A 1 | 17 programas |
2018 | Lo siguiente | Invitada | A 1 | 1 programa |
2019 | La Voz | Asesora de Pablo López | Antena 3 | 12 programas |
2020 | La Voz 7 | Adestradora en liña | Antena 3 | 12 programas |
Land Rober | Invitada | TVG | 1 programa | |
2021 | El concurso del año | Concursante | Cuatro | |
La Voz 8 | Adestradora en liña | Antena 3 | 12 programas | |
2023 | Tu cara me suena 10 | Concursante | 16 programas |
Premios
[editar | editar a fonte]- 2018 - Premio 'Girl Gang' nos Cosmo Awards (con Aitana, Amaia Romeu e Ana Guerra).[21]
- 2019 - Premio Cadea Dial.[22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lo Siguiente. "Miriam Rodriguez en el programa Lo Siguiente de TVE.".
- ↑ Merillas, Sergio L. "Las 'Cicatrices' de Miriam Rodríguez, al descubierto el 23 de noviembre. El día 28 de diciembre de 2018 rompió el escenario del Palau Sant Jordi gracias a su imperial golpe de tacón cantando NO!".
- ↑ "«Miriam, sobre todo, disfruta de OT»".
- ↑ "Operación Triunfo 2017 | Miriam es concursante de OT - RTVE.es".
- ↑ 5,0 5,1 "Miriam, Luis y Roi, así son los concursantes gallegos de «Operación Triunfo 2017»".
- ↑ 6,0 6,1 "Miriam, la finalista de «OT» que pasó por «Serramoura»".
- ↑ "El sorprendente pasado televisivo de los concursantes de OT 2017".
- ↑ "Operación Triunfo: Estos son los 18 concursantes de OT 2017".
- ↑ "El "catastrófico' regreso de Operación Triunfo".
- ↑ 10,0 10,1 "Operación Triunfo ya tiene a sus cuatro primeros finalistas".
- ↑ "Operación Triunfo - Miriam canta "What about us" de Pink en la Gala 11 de OT". rtve.es. 16-01-2017. Consultado o 01-04-2019.
- ↑ "OT 2017: Los mejores momentos de la Gala 5".
- ↑ "Operación Triunfo: Eurovisión, expulsado y nominados de la noche".
- ↑ "OT 2017: Expulsado, nominados y resumen de la gala 9 de Operación Triunfo".
- ↑ "Gala final de OT 2017: Amaia, ganadora de Operación Triunfo".
- ↑ "OT: El estrepitoso fracaso de ‘Camina’ en la gala especial Eurovisión 2018".
- ↑ "OT 2017: Miriam y Agoney al unísono para Eurovisión 2018".
- ↑ "OT 2017: Miriam apuesta por 'Lejos de tu piel' como candidata a Eurovisión".
- ↑ "Lista completa con las canciones del concierto de OT".
- ↑ "Los chicos de 'Operación Triunfo' ponen el broche de oro a los Premios Cadena Dial".
- ↑ Aitana, Amaia, Ana Guerra e Miriam Rodríguez, premiadas nos Cosmo Awards
- ↑ "Pedro Guerra, Malú, Cepeda y Vanesa Martín, premios Cadena Dial". ISSN 1134-6582.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Miriam Rodríguez Arquivado 06 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en Universal España
- Ficha de Miriam Rodríguez en RTVE
- Miriam Rodríguez Gallego na IMDb (en inglés). en (inglés)