Saltar ao contido

Moeda de 2½ cents da ocupación alemá dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de 2½ cents da
ocupación alemá dos Países Baixos [1]
A/: Xanela redonda típica das granxas frisoas para a entrada dos bufos nos celeiros, flanqueada por dous cisnes estilizados.

Lenda: NEDERLAND.

R/: Castro ondas e unha espiga á dereita. Data nunha fita. Valor facial. Marca de ceca no exergo.

Lendas: 2½ CENTS

A moeda de 2½ cents dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1943 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Caracterización

[editar | editar a fonte]

A moeda cuñouse en cinc nos anos 1941 e 1942 na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da corentaava parte do florín neerlandés.[1]

.A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas dun cent, 5 cents, 10 cents e 25 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas.[1][2]

A súa tiraxe total foi de 27,8 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:[1]

  • 1941: 27.600.000 pezas.
  • 1942: 200.000 pezas (a maioría delas non entraron en circulación e foron refundidas).
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "2½ Cents - German Occupation". Numista.com
  2. "Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]