Moeda de 25 cents da ocupación alemá dos Países Baixos
Aparencia
Moeda de 25 cents da ocupación alemá dos Países Baixos [1] | |
---|---|
A/: Barco viquingo no mar.
Lenda: NEDERLAND. |
R/: Valore facial e data entre dúas pólas. Data.
Lendas: 25 CENTS |
A moeda de 25 cents dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1943 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.
Caracterización
[editar | editar a fonte]A moeda cuñouse en cinc nos anos 1941, 1942 e 1943, na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da cuarta parte do florín neerlandés.[1]
.A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas dun cent, 2½ cents, 5 cents e 10 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas.[1][2]
A súa tiraxe total foi de 76 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:[1]
- 1941: 34.600.000 pezas.
- 1942: 27.800.000 pezas.
- 1943: 13.600.000 pezas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "25 Cents - German Occupation". Numista.com
- ↑ "Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Krause, C. L.; Mishler, C. (1972). World Coins. 1ª ed. Crause Publications. Páxina 505.