Saltar ao contido

Moeda dun cent da ocupación alemá dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda dun cent da
ocupación alemá dos Países Baixos [1]
A/: Cruz con círculos no medio e nos extremos. Fita debaixo coa lenda.

Lenda: NEDERLAND.

R/: Castro ondas e unha espiga á dereita. Data nunha fita. Valor facial. Marca de ceca no exergo.

Lendas: 1 CT

A moeda dun cent dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1944 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Caracterización

[editar | editar a fonte]

A moeda cuñouse en cinc ininterrompidamente entre os anos 1941 e 1944, na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da centésima parte do florín neerlandés.[1]

A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas de 2½ cents, 5 cents, 10 cents e 25 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas.[1][2]

A súa tiraxe total foi de 373,4 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:[1]

  • 1941: 31.800.000 pezas.
  • 1942: 241.000.000 pezas.
  • 1943: 71.000.000 pezas.
  • 1944: 29.600.000 pezas.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "1 Cent - German Occupation". Numista.com
  2. "Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]