Saltar ao contido

Moeda de 5 cents da ocupación alemá dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de 5 cents da
ocupación alemá dos Países Baixos [1]
A/: Dúas cabezas de cabalos saxóns cruzadas, baixo o Sol. Fita debaixo.

Lenda: NEDERLAND.

R/: Valor facial dentro dun aro. Espiga de millo á dereita e nove ondas á esquerda. Data partida. Marca de ceca baixo o millo.

Lendas: 10 CENTS

A moeda de 5 cents dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1943 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Caracterización

[editar | editar a fonte]

A moeda cuñouse en cinc nos anos 1941, 1942 e 1943, na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da vinteava parte do florín neerlandés.[1]

.A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas dun cent, 2½ cents, 10 cents e 25 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas.[1][2]

A súa tiraxe total foi de 51 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:[1]

  • 1941: 32.200.000 pezas.
  • 1942: 11.800.000 pezas.
  • 1943: 7.000.000 pezas.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "5 Cents - German Occupation". Numista.com
  2. "Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]