Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel
O Premio Nobel outórgano anualmente a Real Academia das Ciencias de Suecia, a Academia Sueca, o Instituto Karolinska e o Comité Noruegués do Nobel ás persoas que fan contribucións sobresaíntes nos campos da química, física, literatura, paz, fisioloxía ou medicina e economía.[1] Todos os galardóns, excepto o premio de economía, foron instituídos acatando as indicacións do testamento de 1895 de Alfred Nobel, que ademais sinala que os premios deben ser administrados pola Fundación Nobel. O Premio Nobel de Economía, ou Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel, foi establecido en 1968 polo Banco de Suecia, que é o banco central deste país, para as contribucións sobresaíntes no campo da Economía.[2]
Cada premio é outorgado por un comité independente; así, a Real Academia das Ciencias de Suecia entrega os premios de Física, Química e Economía; a Academia Sueca entrega o premio de Literatura; o Instituto Karolinska entrega o premio de Fisioloxía ou Medicina; e o Comité do Nobel entrega o premio da Paz.[3] Cada receptor obtén unha medalla, un diploma e un premio en efectivo que variou ao longo dos anos.[2] En 1901, os gañadores dos primeiros Premios Nobel recibiron 150 782 coroas suecas, o que equivale a 8 192 489 coroas suecas a decembro de 2013. Entre 2001 e 2011, os anos en que se entregaron os premios de maior contía, os gañadores foron premiados con 10 millóns de coroas suecas, e a partir do 2012 con 8 millóns.[4] Os premios son entregados en Estocolmo (Física, Química, Fisioloxía ou Medicina, Literatura e Economía) e Oslo (Paz) nunha cerimonia anual celebrada o 10 de decembro, aniversario da morte de Nobel.[5]
A data de 2018, o premio foi outorgado a 853 homes, 51 mulleres e 24 organizacións.[6][7][8] Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel, a primeira foi Marie Curie, quen gañou o de Física en 1903 xunto ao seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel.[7][9] Marie Curie tamén a única muller que gañou o Premio Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 gañou o de Química. A súa filla, Irène Joliot-Curie, gañou o de Química en 1935, polo que son a única parella de nai e filla que gañaron esta distinción.[7] Dezasete mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, trece o de Literatura, once o de Fisioloxía ou Medicina, cinco o de Química, tres o de Física e só unha muller o de Economía.[10] 2009 foi o ano en que máis mulleres resultaron gañadoras do premio, cun total de cinco mulleres premiadas nese ano.
Gañadoras
[editar | editar a fonte]Ano | Imaxe | Premiada | País | Categoría | Motivación |
---|---|---|---|---|---|
1903 | Marie Curie (compartido con Pierre Curie e Henri Becquerel) |
Polonia Francia |
Física | «En recoñecemento aos extraordinarios servizos que prestaron coas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel».[9] | |
1905 | Bertha von Suttner | Imperio Austrohúngaro | Paz | Presidenta honoraria da Oficina Internacional pola Paz, Berna, Suíza. Autora de Lay Down Your Arms.[11] | |
1909 | Selma Lagerlöf | Suecia | Literatura | «En recoñecemento ao elevado idealismo, a vívida imaxinación e a percepción espiritual que caracterizan os seus escritos».[12] | |
1911 | Marie Curie | Polonia Francia |
Química | Polo seu descubrimento do radio e do polonio.[13] | |
1926 | Grazia Deledda | Italia | Literatura | «Polos seus escritos inspiradamente idealistas, que con claridade plástica debuxan a vida na súa illa natal e que con profundidade e simpatía tratan os problemas humanos en xeral».[14] | |
1928 | Sigrid Undset | Noruega | Literatura | «Principalmente polas súas poderosas descricións da vida dos nórdicos durante a Idade Media».[15] | |
1931 | Jane Addams (compartido con Nicholas Murray Butler) |
Estados Unidos | Paz | Socióloga, pioneira do traballo social e o feminismo, presidenta da Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.[16][17] | |
1935 | Irène Joliot-Curie (compartido con Frédéric Joliot-Curie) |
Francia | Química | «Pola súa síntese de novos elementos radioactivos».[18] | |
1938 | Pearl S. Buck | Estados Unidos | Literatura | «Polas súas descricións ricas e verdadeiramente épicas da vida campesiña en China e polas súas obras mestras biográficas».[19] | |
1945 | Gabriela Mistral | Chile | Literatura | «Pola súa poesía lírica que, inspirada por poderosas emocións, fixo do seu nome un símbolo das aspiracións idealistas de todo o mundo latinoamericano».[20] | |
1946 | Emily Greene Balch (compartido con John Raleigh Mott) |
Estados Unidos | Paz | Anteriormente profesora de Historia e Socioloxía, presidenta honoraria da liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.[21] | |
1947 | Gerty Theresa Cori (compartido con Carl Ferdinand Cori e Bernardo Houssay) |
Estados Unidos | Fisioloxía ou Medicina | «Polo seu descubrimento do proceso da conversión catalítica do glicóxeno».[22] | |
1963 | Maria Goeppert-Mayer (compartido con J. Hans D. Jensen e Eugene Wigner) |
Estados Unidos | Física | «Polos seus descubrimentos sobre a estrutura de capas nuclear».[23] | |
1964 | Dorothy Crowfoot | Reino Unido | Química | «Por determinar as estruturas de importantes substancias bioquímicas por medio de técnicas de raios X».[24] | |
1966 | Nelly Sachs (compartido con Samuel Agnon) |
Alemaña Suecia |
Literatura | «Pola súa destacada escritura lírica e dramática, que interpreta o destino de Israel con forza conmovedora».[25] | |
1976 | Betty Williams | Reino Unido | Paz | Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (Movemento pola Paz de Irlanda do Norte), despois renomeado Community of Peace People (Comunidade de Xente Pacífica).[26] | |
Mairead Maguire | Reino Unido | Paz | Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (despois renomeado Community of Peace People)[26] | ||
1977 | Rosalyn Sussman Yalow (compartido con Roger Guillemin e Andrew Schally) |
Estados Unidos | Fisioloxía ou Medicina | «Polo desenvolvemento do radioinmunoanálises das hormonas peptídicas».[27] | |
1979 | Tareixa de Calcuta | India Macedonia do Norte |
Paz | Líder das Misioneiras da Caridade, Calcuta.[28] | |
1982 | Alva Myrdal (compartido con Alfonso García Robles) |
Suecia | Paz | Exministra do gabinete sueco, diplomática e escritora.[29] | |
1983 | Barbara McClintock | Estados Unidos | Fisioloxía ou Medicina | «Polo seu descubrimento dos elementos xenéticos móbiles».[30] | |
1986 | Rita Levi-Montalcini (compartido con Stanley Cohen) |
Italia Estados Unidos |
Fisioloxía ou Medicina | «Polo seu descubrimento dos factores de crecemento».[31] | |
1988 | Gertrude Elion (compartido con James W. Black e George H. Hitchings) |
Estados Unidos | Fisioloxía ou Medicina | «Polo seu descubrimento de importantes principios no tratamento con fármacos».[32] | |
1991 | Nadine Gordimer | Suráfrica | Literatura | «Quen a través da súa magnífica escritura épica -en palabras de Alfred Nobel- foi de gran beneficio para a humanidade».[33] | |
Aung San Suu Kyi | Myanmar | Paz | «Pola súa loita non violenta pola democracia e os dereitos humanos».[34] | ||
1992 | Rigoberta Menchú | Guatemala | Paz | «En recoñecemento ao seu traballo pola xustiza social e a reconciliación etno-cultural baseada no respecto dos dereitos dos pobos indíxenas».[35] | |
1993 | Toni Morrison | Estados Unidos | Literatura | «Quen en novelas caracterizadas pola súa forza visionaria e transcendencia poética, dá vida a un aspecto esencial da realidade estadounidense».[36] | |
1995 | Christiane Nüsslein-Volhard (compartido con Edward B. Lewis e Eric F. Wieschaus) |
Alemaña | Fisioloxía ou Medicina | «Polos seus descubrimentos sobre o control xenético do desenvolvemento embrionario temperán».[37] | |
1996 | Wisława Szymborska | Polonia | Literatura | «Pola poesía que con precisión irónica permite ao contexto histórico e biolóxico saír á luz nos fragmentos da realidade humana».[38] | |
1997 | Jody Williams (compartido coa Campaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersonais) |
Estados Unidos | Paz | «Polo seu traballo para a prohibición e limpeza de minas antipersoais».[39] | |
2003 | Shirin Ebadi | Irán | Paz | «Polos seus esforzos pola democracia e os dereitos humanos. Centrouse especialmente na loita polos dereitos das mulleres e os nenos».[40] | |
2004 | Elfriede Jelinek | Austria | Literatura | «Polo seu fluxo musical de voces e contravoces en novelas e obras teatrais que con extraordinario celo lingüístico revelan o absurdo dos clixés da sociedade e o seu poder subxugante».[41] | |
Wangari Maathai | Kenya | Paz | «Pola súa contribución ao desenvolvemento sustentábel, a democracia e a paz».[42] | ||
Linda B. Buck (compartido con Richard Axel) |
Estados Unidos | Fisioloxía ou Medicina | «Polo seu descubrimento dos receptores olfactivos e a organización do sistema olfactivo».[43] | ||
2007 | Doris Lessing | Reino Unido | Literatura | «Narradora épica da experiencia feminina, quen con escepticismo, ardor e poder visionario someteu unha civilización dividida ao escrutinio».[44] | |
2008 | Françoise Barré-Sinoussi (compartido con Harald zur Hausen e Luc Montagnier) |
Francia | Fisioloxía ou Medicina | «Polo seu descubrimento do virus da inmunodeficiencia humana».[45] | |
2009 | Elizabeth Blackburn (compartido con Carol Greider e Jack Szostak) |
Australia Estados Unidos |
Fisioloxía ou Medicina | «Polo descubrimento de como os cromosomas son protexidos polos telómeros e a encima telomerase».[46] | |
Carol W. Greider (compartido con Elizabeth Blackburn e Jack Szostak) |
Estados Unidos | ||||
Ada E. Yonath (compartido con Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz) |
Israel | Química | «Polo estudo da estrutura e función dos ribosomas».[47] | ||
Herta Müller | Alemaña Romanía |
Literatura | «Quen, coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposuídos».[48] | ||
Elinor Ostrom (compartido con Oliver E. Williamson) |
Estados Unidos | Economía | «Pola súa análise do goberno económico, especialmente os bens comúns».[49] | ||
2011 | Ellen Johnson-Sirleaf | Liberia | Paz | «Pola súa loita sen violencia pola seguridade das mulleres e o dereito da muller a participar plenamente no labor de consolidación da paz»[50] | |
Leymah Gbowee | |||||
Tawakel Karman | Iemen | ||||
2013 | Alice Munro | Canadá | Literatura | «Mestra do conto contemporáneo»[51] | |
2014 | May-Britt Moser (compartido con John O'Keefe e Edvard I. Moser) |
Noruega | Fisioloxía ou Medicina | «Polos seus descubrimentos de células que constitúen un sistema de posicionamento no cerebro»[52] | |
Malala Yousafzai (compartido con Kailash Satyarthi) |
Paquistán | Paz | «Pola súa loita contra a represión dos nenos e mozos, e polo dereito de todos os nenos á educación».[53] | ||
2015 | Tu Youyou (compartido con William C. Campbell e Satoshi Ōmura) |
China | Fisioloxía ou Medicina | «Polos seus descubrimentos relativos a unha terapia novidosa contra a Malaria».[54] | |
Svetlana Alexievich | Belarús | Literatura | «Polos seus escritos polifónicos, un monumento ó sufrimento e coraxe no noso tempo».[55] | ||
2018 | Donna Strickland (compartido con Gérard Mourou e Arthur Ashkin) |
Canadá | Física | «Polo seu método de xerar pulsos ópticos ultracurtos de alta intensidade».[56] | |
Frances Arnold (compartido con Gregory Winter e George Smith) |
Estados Unidos | Química | «Pola evolución dirixida das encimas».[57] | ||
Nadia Murad (compartido con Denis Mukwege) |
Iraq | Paz | «Polos seus esforzos en poñer fin á violencia sexual como arma de guerra e conflito armado».[58] | ||
Olga Tokarczuk | Polonia | Literatura | «Por unha imaxinación narrativa que con paixón enciclopédica representa o cruzamento de fronteiras como forma de vida»[59] | ||
2019 | Esther Duflo (compartido con Abhijit Banerjee e Michael Kremer) |
Francia Estados Unidos |
Economía | «Pola súa aproximación experimental para aliviar a pobreza global»[60] | |
2020 | Andrea M. Ghez
(compartido con Roger Penrose e Reinhard Genzel) |
Estados Unidos | Física | «Polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro da nosa galaxia»[61]. | |
Emmanuelle Charpentier | Francia | Química | «Polo desenvolvemento dun método para a edición do xenoma».[62] | ||
Jennifer Doudna | Estados Unidos | ||||
Louise Glück | Estados Unidos | Literatura | «Pola súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual».[63] | ||
2021 | Maria Ressa (compartido con Dmitry Muratov) | Paz | |||
2022 | Carolyn Bertozzi[64]
(compartido con Morten Meldal e K. Barry Sharpless) |
Estados Unidos | Química | ||
Annie Ernaux[65] | Francia | Literatura | |||
2023 | Anne L'Huillier[66] (compartido con Pierre Agostini[67] e Ferenc Krausz)[67] | Francia | Física | «Polos seus experimentos, que proporcionaron á humanidade novas ferramentas para explorar o mundo dos electróns dentro dos átomos e moléculas».[68] | |
Katalin Karikó[69] (compartido con Drew Weissman)[70] | Estados Unidos Hungría | Fisioloxía ou Medicina | «(as súas investigacións)... foron fundamentais para desenvolver vacinas eficaces de ARNm contra COVID-19 durante a pandemia que comezou a principios de 2020»[71] | ||
Narges Mohammadi[72] | Irán | Paz | «...pola súa loita contra a opresión das mulleres en Irán e pola súa loita por promover os dereitos humanos e a liberdade para todos».[73] | ||
Claudia Goldin[74] | Estados Unidos | Economía | «...proporcionou o primeiro relato completo dos ingresos das mulleres e da participación no mercado laboral ao longo dos séculos».[75] | ||
2024 | Han Kang[76] | Corea do Sur | Literatura | «..pola súa intensa prosa poética que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana».[77] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alfred Nobel – The Man Behind the Nobel Prize". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Nobel Prizes and Laureates". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize Awarding Institutions". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize Amounts". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize Award Ceremonies". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "All Nobel Prizes". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Nobel Prize Awarded Women". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ "Nobel Prize Awarded Organizations". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Nobel Prize in Physics 1903". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Economics 2009". Nobel Foundation (en inglés). 12 de outubro de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1905". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1909". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize in Chemistry 1911". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1926". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1928". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1931". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Jane Addams - Biographical". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize in Chemistry 1935". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1938". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1945". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1946". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1947". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 1963". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize in Chemistry 1964". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1966". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ 26,0 26,1 "Nobel Peace Prize 1976". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1977". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1979". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1982". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1983". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1986". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1988". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1991". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1991". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1992". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1993". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1995". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 1996". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 1997". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 2003". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Peace Prize 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 2007". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2008". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Chemistry 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Nobel Prize in Economics 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Peace Prize 2011". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize in Literature 2013" (PDF). Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2014". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Peace Prize 2014". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "The Nobel Prize in Literature 2013" (PDF). Nobel Foundation. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 2015". Nobel Foundation. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2018". Nobel Foundation. Consultado o 13 de outubro de 2018.
- ↑ "Nobel Prize in Chemistry Is Awarded to 3 Scientists for Using Evolution in Design of Molecules". Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ "Nobel Peace Prize for anti-rape activists Nadia Murad and Denis Mukwege". Consultado o 5 de outubro de 2018.
- ↑ "Nobel Prize in Literature 2018". Nobel Foundation. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ Nobel Prize 2019 nobelprize.org
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17.
- ↑ "The Nobel Prize in Chemistry 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17.
- ↑ "All Nobel Prizes 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17.
- ↑ "Nobel de Química consagra primeira mulher da temporada; americano vence pela segunda vez". RFI (en portugués). 2022-10-05. Consultado o 2022-10-08.
- ↑ García Higueras, Laura (6 de outubro de 2022). "Annie Ernaux, la maestra de la autoficción, gana el Premio Nobel de Literatura 2022". eldiario.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ 67,0 67,1 Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Criado, Miguel Ángel (2 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Medicina 2023 para Katalin Karikó y Drew Weissman por la vacuna de la covid". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Criado, Miguel Ángel (2 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Medicina 2023 para Katalin Karikó y Drew Weissman por la vacuna de la covid". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ García Díaz, Sara (6 de outubro de 2023). "Premio Nobel de la Paz 2023: Nargis Mohammadi ganadora, en directo". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "The Nobel Peace Prize 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Redacción (9 de outubro de 2023). "El Nobel de Economía es para Claudia Goldin por estudiar la aportación de las mujeres en el mercado de trabajo". rtve.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "The 2023 economic sciences laureate". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Santirso, Jaime (10 de outubro de 2024). "Han Kang, premio Nobel de Literatura 2024". abc.es (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 2024.
- ↑ "The Nobel Prize in Literature 2024". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]O Galilibros ten un manual sobre: A ciencia ten nome de muller |