Museo do Futbol Club Barcelona
Museo do Futbol Club Barcelona | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | sports museum (en) ![]() ![]() | |||
Sede | Camp Nou ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona ![]() | |||
Localización | Camp Nou ![]() | |||
Código postal | 08028 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1984 ![]() | |||
Inauguración | 24 de setembro de 1984 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 3.500 m² ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | FC Barcelona e Fútbol Club Barcelona ![]() | |||
Visitantes anuais | 1.506.022 ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | fcbarcelona.com… ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Museu del Futbol Club Barcelona ou Museu President Núñez é o museo do Futbol Club Barcelona situado nas instalacións do Camp Nou, en Barcelona. Exhibe todos os trofeos conseguidos por todas as seccións deportivas do club catalán ao longo da historia, e todo tipo de obxectos relacionados cos seus equipos, xogadores e masa social. Inaugurado o 24 de setembro de 1957, actualmente é un dos museos máis visitados de Cataluña cunha media anual de visitantes nos últimos anos superior ás 1.200.000 visitas.
Historia
[editar | editar a fonte]A idea de facer un Museo do Barça, foi unha idea que xa tivo entre os anos vinte e trinta, Joan Gamper, fundador do club. Finalmente con todo, non foi ata as Festas da Mercè de 1957, cando se inaugurou. O museo ocupa unha superficie de 3.500 metros cadrados. Ademais dos trofeos, o museo ofrece audiovisuais en varios idiomas que explican a historia do club, e todo tipo de obxectos relacionados co equipo, xogadores e a masa social.
En 2000, durante a presidencia de Joan Gaspart i Solves, pasouse a chamar Museu President Núñez, na honra do expresidente Josep Lluís Núñez, fundador do museo.
Ademais dos obxectos relacionados coa historia do Futbol Club Barcelona, o Museo tamén conta cunha gran cantidade de obras artísticas de temática deportiva dalgúns artistas cataláns, como Salvador Dalí, Joan Miró, Antoni Tàpies, Josep Segrelles ou Josep Maria Subirachs.
Ademais, o museo ten en exposición permanente a Colección Futbolart, propiedade de Pablo Ornaque, e considerada unha das melloras coleccións privadas do mundo sobre o fútbol, con obxectos de todo tipo, algúns dun valor incalculable.
En 2007 o museo alcanzou a súa cifra récord de visitas anuais, chegando a un total de 1.397.574 visitantes.
No ano 2010 o museo realizou cambios moi destacados, adaptándose ao século XXI cun gran número de seccións audiovisuais, no chamado "Camp Nou Experience". A mañá do 9 de setembro do mesmo ano, rexistrou a cifra de 20 millóns de visitas nos 26 anos de existencia do museo. A afortunada recibiu a benvida do presidente Sandro Rosell, unha camiseta conmemorativa, un vale de agasallo de 300 euros por á tenda do Barça, e a posibilidade de pisar o céspede do Camp Nou.
Servizos
[editar | editar a fonte]O Museo ofrece a posibilidade de ter unha visita guiada que, ademais da entrada ao museo, permite visitar espazos normalmente restrinxidos ao público. A visita guiada permite acceder á tribuna presencial, de maneira que calquera visitante pode gozar das espectaculares vistas do estadio do Camp Nou sentado na cadeira de brazos presidencial, os vestiarios, as salas de prensa e o propio céspede do Camp Nou.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Entrada ao Museo
-
Botas de Ronald Koeman que levou na final de Wembley
-
Camiseta de Maradona
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |